Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Municipal de Tui
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. nov. 17.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
O paro baixa en todos os concellos do Baixo Miño a excepción do Rosal 04.04.2017 2:36
O paro baixou no pasado mes de marzo en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui.
Noticias 13:30h - Martes, 4 de abril de 2017 04.04.2017 27:23
Estes son parte dos titulares desta xornada: O paro baixou en 130 persoas no Baixo Miño, un descenso liderado por Tomiño e Tui Os feirantes amosan o seu malestar polo cambio de ubicación dos postos nas festas de #SanTelmo2017 e o goberno reafirma a súa aposta pola Finca de Patazumba alexándoos 200 metros do centro de saúde e o PAC. Medio Ambietne pon en marcha o servizo de atención aos visitantes...
Noticias 13.30h - Luns, 3 de abril de 2017 03.04.2017 26:13
A actualidade do día e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h
O Concello de Tui retira os mastros da Corredoira por "seguridade e imaxe" 03.04.2017 1:00
O Concello de Tui vén de retirar os 21 mastros para bandeiras instalados no Paseo de Corredoira debido ao seu mal estado e falta de uso, segundo apunta o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato. Co visto e prace de Patrimonio, o Concello tomou a decisión despois de comprobar que supoñían un perigo para os peóns e co obxectivo de dar unha imaxe mais aberta e limpa do paseo.
Aprobados seis proxectos con cargo ao remanente de tesourería no pleno ordinario de marzo en Tui 31.03.2017 4:20
Apoio amplo da corporación municipal de Tui onte á noite en pleno para destinar 697.175,72€ do remanente de tesourería a seis proxectos a executar, que foran acordados xa en comisión informativa. Votaron a favor o PSOE, AtT, BNG, Son de Tui, PP, C21 e Ciudadanos Tudenses, e abstívose José Manuel Sousa de APTUI. Quedou sobre a mesa a licitación do servizo de limpeza viaria. Por unanimidade a corpor...
As citas da fin de semana de 1 e 2 de abril en Tui 31.03.2017 5:06
As citas para a fin de semana en Tui inclúen a apertura dos actos da Semana Santa co pregón a cargo de D. Ignacio Domínguez o domingo na Catedral. Amais a Asociación Un Máis celebra este domingo o Día Mundial do Autismo”. Non faltará a música con concertos de Javier Navas Quartet e Pequeña Gran Compañía, entre outras citas.
Tui e Valença avanzan na tramitación para dotar de personalidade xurídica á Eurocidade 31.03.2017 3:24
O Concello de Tui estivo presente, co concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e un técnico municipal, na reunión celebrada na Eurocidade Verín Chaves coa presenza tamén da deputación, de Valença e dos concellos de Tomiño e As Neves. O concelleiro tudense da Eurocidade, Miguel Capón,fixo unha valoración positiva deste encontro, ao que salientaba que por primeira vez asistiron os técnicos do concel...
Noticias 13.30h - Venres, 31 de marzo de 2017 31.03.2017 30:57
A actualidade do día, as citas da fin de semana e o encontros deportivos en Noticias 13.30h
Noticias 13:30h - Xoves, 30 de marzo de 2017 30.03.2017 29:56
- A corporación municipal de Tui celebra esta tarde pleno ordinario onde se votarán proxectos con cargo ao remanente - Mil nenos abrazaron hoxe a Vella Ponte Internacional - José Manuel Sousa valora os proxectos presentados hoxe a pleno e fala da reunificación da dereita tudense - Alumnado do Indalecio Pérez Tizón participa en roteiros en Celanova e Ourense - Salvaterra inicia a construcción dunha...
Noticias 13:30h - Mércores, 29 de marzo de 2017 29.03.2017 27:34
- O alcalde de Tui pide mellorar a sinalización do Camiño Portugués ademais de oficializar totalmente o trazado e potenciar a promoción - Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense, da conta dos proxectos que se levan a pleno e explica as conversas de reunificación da dereita en Tui - Sara García e Ángel Sánchez, directores do Play-Doc fan unha valoración positiva do festival, tanto por públ...
Tui presentou hoxe un novo folleto turístico no que reúne a oferta hostaleira, de lecer e patrimonial 28.03.2017 8:10
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, presentaron esta mañá o novo folleto turístico da cidade. Editáronse 20 mil exemplares en castelán, portugués e inglés que recollen de xeito conxunto a oferta hostaleira, de actividade de lecer, e patrimonial do municipio.
Noticias 13.30h - Martes, 28 de marzo de 2017 28.03.2017 26:38
A actualidade deste martes, 28 de marzo, en #Noticias1330h
O dique da Guarda estará reparado en 6 meses segundo a conselleira do Mar 27.03.2017 2:09
A Consellería do Mar prevé rematar en seis meses a reparación e reforzo do dique do porto da Guarda, danado en febreiro polo temporal Kurt, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan e non existan imprevistos. Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a visita que realizou esta mañá a esta obra, que comezou nos últimos días. Tamén destacou que esta actuación, na que se inv...
O alumnado do CRA fixo hoxe una showcooking no Parador dentro do proxecto “Afroita-t ben” 27.03.2017 2:28
Os 80 alumnos do colexio rural Clara Torres de Tui realizaron una hoxe una showcooking no Parador de Turismo dentro do proxecto que están a desenvolver baixo o lema de “Afroita-t ben”. Este proxecto forma parte do plan Proxecta da Consellería de Educación que busca promover hábitos saudables. Así nolo explicaba a directora do CRA, Teresa Domínguez.
40 empresas do polígono de Areas contarán con cobertura de Fibra nas vindeiras semanas 27.03.2017 2:10
O polígono industrial de Areas en Tui contará con internet de alta velocidade a través de fibra óptica no vindeiro mes de abril. O despregue desta tecnoloxía, que permitirá velocidade de até 350 megas, está sendo levado a cabo pola empresa R ao abeiro do plan da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega.
Noticias 13.30h - Luns, 27 de marzo de 2017 27.03.2017 26:36
A actualidade deste luns e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Venres, 24 de marzo de 2017 24.03.2017 25:08
A actualidade do día, as citas para a fin de semana e os deportes en Noticias 13.30h
REPORTAXE | Así é o obradoiro de Súper 8 do Play-Doc 24.03.2017 6:19
O festival internacional de documentais ofrece un curso de Super 8 organizado pola Agrupación Cinematográfica Galega, que desembocará na creación dunha película colectiva filmada en Tui
Os veciños do barrio do Monte en Caldelas teñen garantido o abastecemento cun novo depósito 24.03.2017 1:46
Os veciños do barrio do Monte en Caldelas teñen garantido o abastecemento cun novo depósito. O Consorcio do Louro executou a obra con fondos propio dando resposta a unha vella demanda veciñal.
Noticias 13.30h - Xoves, 23 de marzo de 2017 23.03.2017 23:39
En Noticias 13.30h contamos a actualidade deste xoves, 23 de marzo.
A Comandancia Naval coordina a busca da muller desaparecida no Miño á que se suman mergulladores e unha unidade canina 23.03.2017 1:18
Ás 8:00 horas desta mañá retomouse o operativo de busca da muller que onte caia ao río Miño dende a Ponte Internacional de Tui, despois de que se rematara onte en torno ás 19:40 horas sen resultado. A operación, coordinada pola Comandancia Naval do Miño en colaboración coa Marinha Portuguesa, está composta por 3 embarcacións da Comandancia ademais do Cabo Fradera e 2 da Marinha Portuguesa. Nos pró...
O Consorcio do Louro celebra hoxe unha Xornada de Portas Abertas co gallo do Día Mundial da Auga 22.03.2017 5:53
A presentación dunha APP e do II Concurso Infantil de Debuxo foron dúas das novas dadas a coñecer esta mañá polo Consorcio do Louro co gallo do Día Mundial da Auga, no que celebran unha xornada de portas abertas nas súas instalacións. Tamén visitaron as obras acometidas para a implantación dun sistema de control de alivios con fondos propios.
Noticias 13.30h - Mércores, 22 de marzo de 2017 22.03.2017 29:00
A actualidade deste 22 marzo, Día Mundial da Agua, en Noticias 13.30h.
AFAGA duplica as prazas de atención a enfermos de alzheimer en Tui 21.03.2017 6:53
Tui acollerá unha das seis unidade de atención de enfermos de Alzheimer que se poñen en marcha en Galicia. Permitirá duplicar o número de usuarios ao que atende Afaga Alzheimer e traballar tamén na preveción.
Noticias 13.30h - Martes, 21 de marzo de 2017 21.03.2017 26:48
O que acontece en Tui e na comarca do Baixo recollémolo a diario nos informativos da Radio Municipal de Tui
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.