Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Valladares

Kategória

Society

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. szept. 29.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Martes 28/12/2021 28.12.2021

Deses titulares de prensa que abraian porque parecen de mentira lemos os mais divertidos destes últimos meses. Os de animais e narcotráfico son un filón. Tamén conversamos con Cecilia, xornalista en Gciencia de como escollen as novas e da linguaxe a empregar para comprendelas ben. E para bailar vaivos selección musical deste ano. Os gustos e os formatos de escoitados colaboradores neste ano do Esp...

Luns 27/12/2021 27.12.2021

A merendaaar!!! Esta semana familias traede o bocadillo ata Valladares. As tardes están animadas no auditorio. Ábrese o telón ás 18h: Luns: 'cantos de nadal' con Emilio Rúa e 'debuxos con area' de Marcos Escudero Martes: circo co clown Jano e a acróbata Lila Star. Mércores: xogos populares de Eira Xandobeleira e a comedia Saaabor! Xoves: contos de nadal con Tarabelos

Venres 24/12/2021 24.12.2021

Hoxe pasamos o rato con xente falando das rutinas navideñas. .un primeiro lixeiriño. Bisqué, unha crema de mariscos. .nadaliñas do cantaautor Emilio Rúa. .de rondallas? A de Freixo non sae. A de Valladares se non chove moito, pode. Domingo hai certame en Mos. .agasallos e cativos. Bebés reborn .para o brunch do 25, conto de nadal na SER: Pinocho .Algún que outro plan cultureta pola cidade e arredo...

Xoves 23/12/2021 23.12.2021

Se non lle escribístedes a carta os reis e queredes ser orixinais, preguntas a María Lado. Ven de impartir un obradoiro de escrita creativa no Museo do Mar neste outono. E para cantar as panxoliñas, a banda xuvenil 'King Kids', dende a Maison Escola de Música e Danza en Mos-Porriño.

Mércores 22/12/2021 22.12.2021

Primeiro día do inverno e primeiro día de vacacións para os cativos… e nós a ritmo de glues, o blues galego. Seguimos o soniquete da lotería co Cadelo Lunático. Se non toca… apuntádevos a San Silvestre de Pontevedra. Correndo quitades as penas e o frío e igual vos toca o lacón. Currádevos o disfraz!

Martes 21/12/2021 21.12.2021

Vos coleccionades, o que? Hoxe, 'diógenes' con elegancia. Cada un coa súa tolemia, nas tendas de videoxogos non dan abasto cos monecos Funko Pop. Para paseo con glamour, Allariz. Aí vai a voltiña polo patrimonio deste martes conversando con María, a concelleira de turismo.

Luns 20/12/2021 20.12.2021

Andan as Tanxugueiras polo medio na palabra do ano. En nada xa poderemos escoitar 'Terra', a canción para o festival de Benidorm. Falamos con elas e co seu mánager para ver como se manexa todo este boom dende unha productora pequeniña PlayPlan.

Venres 17/12/2021 17.12.2021

Mercadiños de nadal. Un paseo estupendo por eles no que coñecemos artesáns con luz propia : Las flores de Greta, dende Morgadáns estampando flores para o mundo. E outra de ocio navideño, Pequeártiko. Teatro para a familia, títeres, musicais, clowns... na sala Ártika.

Xoves 16/12/2021 16.12.2021

Imprimir en 3D, que pedimos os vigueses? Conversamos coa La Factoría 3D Violín e piano para acompañarnos de música. Irene Cebada e Brais González van estar tocando no auditorio de Valladares o domingo. E unha peli para rematar, El amor en su lugar.

Mércores 15/12/2021 15.12.2021

Falamos cos organizadores do Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán). E deixámonos invadir polo espíritu navideño. Hoxe coas panxoliñas. No concerto de nadal da Coral Casablanca imos escoitar unha moi especial, a que soñou Javier Gil un decembro de hai 20 anos e titulou así: 'Luces en el árbol'

Martes 14/12/2021 14.12.2021

Mentres percorremos o mosteiro de Poio (os dous claustros, a escaleira, a igrexa, o xigantesco canasto, os mosaicos... ) as dúas voces que vos acompañaron durante esta tempada imos falando a vida mesma. Por certo, tamén os rapaciños da escola infantil Monte Alba fixeron a súa camiñada ata o muiño da Senra.

Luns 13/12/2021 13.12.2021

Nin luces, nin árbol, nin belén. Para algunhas familias o nadal chega coas charrascas, as castañuelas e os cristos das rondallas. Conversamos con xente que vive esta tradición intensamente en Valladares. E tamén coas Lerchas, dúas comediantas da Estrada, que estiveron hai uns días neste auditorio. As findes súbense ós escearios e pola semana, andan coas palas: a da excavadora e mais a da panadería...

Venres 10/12/2021 10.12.2021

Entre outras cousiñas, esta maña de venres traemos un paseo polo Bosque da Lingua polos Montes de Couso e unha conversa con Paula Carballeira sobre os contos de medo.

Xoves 09/12/2021 09.12.2021

‘O nome da rosa’, un clásico de manta e sofá para amantes das novelas detectivescas e das historias ambientadas no medievo… Falamos da peli e fedellamos no oficio de atopar as verbas axeitadas para que non se perda detalle na trama, ambientación… con Maite Jiménez, a orfebre das palabras que fixo a traducción ó galego. Outra historia. O proxecto moi bonitiño no que anda metida Bicos de Papel e o x...

Martes 07/12/2021 03.12.2021

Tenras e bonitas. Tres historias no Esperta entre festivos: .a vida da matemática María Wonenburger .os contos da avoa de Cris De Caldas .e as 'vivécdotas' na música durante mais de 50 anos con José, o director emérito da banda de Valladares

Venres 03/12/2021 03.12.2021

Divertida e cómica. Conversamos coa actriz Diana Sieira. Cine, teatro, circo e agora, monólogos. Iso trae este domingo ata o auditorio de Valladares. Para esta ponte loooonga van algunhas ideas mais. Cousiñas como pasear. Charlamos con Juan, guía no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Xoves 02/12/2021 02.12.2021

O Campo das Laudas. Un camposanto simbólico e un aula ó aire libre. Na historia das persoaxes ás que se adican as lápidas recoñecemos de quen vimos sendo. Acompañados do Capitán Gosende, hoxe: do tempo da República ó verán do 36 en Cerdedo. E tamén cine, que é xoves. 'No' de Pablo Larraín, sobre a campaña publicitaria para chamar á xente ás urnas e derrocar a dictadura en Chile no 88.

Mércores 01/12/2021 01.12.2021

O Camiño de Santiago da para todos: -Dende Quiroga, Carlos Álvarez embarcouse hai unha década cos peregrinos VIP en Turigrino Viajes. -De Tui a Compostela, no camiño portugués media ducia de empresas, ademáis de correos e os taxis, lévanlles o equipaxe. -'A natureza no camiño'. Xogo de mesa para coñecer algúns animais e plantas ó longo da peregrinaxe. E os mércores, unha de deportes: fútbol gaélic...

Martes 30/11/2021 30.11.2021

Paseamos pola estación de buses de Vigo con Verdegaia e falamos do seu estado de abandono actual e das suxerencias para a nova estación intermodal. Na voltiña polo patrimonio, imos ata o Escorial galego, o colegio de Nuestra Señora de la Antigua. Aí en Monforte tamén percorremos a ponte vella e o Parador. Ademáis, coñecemos a lenda da coroa de lume.

Luns 29/11/2021 29.11.2021

Os que tendes cans, xa coñecedes de sobra este voso mundo. O resto dos mortales, imos descubrilo: Ramalladas. Un "hoteliño" para o can. Levan desde o ano 77 educándoos. Ímonos sorprender da sabiduría que aporta a experiencia. E como a nosa relación cos animais de compañía evoluciona, as clínicas veterinarias dun tempo, hoxe son hospitais. Achegámonos ata Vetland en Beade.

Venres 26/11/2021 25.11.2021

O xardín botánico da Fundación Sales. Moitos cativos o coñecen ben, van de excursión cos coles mirar o nenúfar. Imos de tour coa bióloga que nos recibe alí. E tamén viaxamos ata Finlandia para escoitar boa música. A que selecciona Lois Atanes no seu O Recanto do Corcovado.

Xoves 25/11/2021 25.11.2021

Coñecemos o "tesouro" da Colexiata, o órgano. Conversamos coa xente que lle arranxou as tripas Organería Acitores. A recomendación cinéfila: 'Ultima noche en el Soho'.

Mércores 24/11/2021 24.11.2021

Toc-toc, fanados! Recóllense dentes de leite. Onde? No Culturgal esta finde para o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana. Imos coñecer porque son un tesouro. Outro banco: o de xoguetes, para os cativos que non teñen. Cada niño un juguete. E unha app, con xogos tradicionais galegos. Ó chou. http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/

Martes 23/11/2021 23.11.2021

Do tranvía e as estacións que percorrían Vigo-Baiona. Coruxo, Panxón e Ramallosa, ruperadas para usos sociais. Escoitamos a proposta dos veciños de San Miguel de Oia para a de Canido. Compañeros del metal, o naval está fatal. Diso conversamos con Xulio, da CIGA.

Luns 22/11/2021 22.11.2021

Comezamos a semana con música e retranca para levar as "desfeitas" da vida cotidiana. Escoitamos: "A rente" o novo disco do Amijo da peluquera, que ven sendo Marcos Escudero. Conversamos con Bruno Centelle de SOS Groba sobre os eólicos. Explicado moi sinxelo e coas nosas palabras.

Hallgasd a(z) ESPERTA VALLADARES podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.