Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Luns 22/05/2023 22.05.2023 1:59:52
Luns cultureta… falamos co escritor e ilustrador Anxo Fariña e depois… un conto, unha historia familiar que comeza nos anos 40 do pasado século, no Ribeiro, en Sadurnín. Ah! O Esperta hoxe ten trible ración de toxos.
Venres 19/05/2023 19.05.2023 1:59:41
Volve o Sinsal, no seu formato primavera, con propostas deste e doutro lado do Miño. Ademáis falamos con xente da coral que este sábado actúan no auditorio dentro do programa das Letras Galegas, e conversa con César, o director da banda, que están o domingo.
Xoves 18/05/2023 18.05.2023 2:01:28
Un pouco de todo que estamos de luns… ou mellor dito de xoves. Propostas dende Matamá, que andan a organizar as I Xornadas de ‘Os instrumentos musicais da tradición galega’. Ademais, achegarémonos ata o Balneario de Mondariz, a ver que están a argallar dende Realidad Alternativa e quedamos na casa que este domingo hai asamblea.
Mércores 17/05/2023 16.05.2023 2:00:29
Desfrutade este especial Letras Galegas, que en lugar do directo, deixámosvos con dúas horas de música!
Martes 16/05/2023 16.05.2023 2:03:25
Os martes vai patrimonio, e éste vai moito. Falamos con Martín López Nores do proxecto rurAllure, imos ao fondo da ría de Ribadeo coñecer os pecios que alí se atopan e conversa con Jasper e Nébeda, que veñen presentar ao Centro Veciñal e Cultural a súa LOITA AMADA.
Luns 15/05/2023 15.05.2023 1:59:53
Na semana das Letras Galegas achegámonos ao homenaxeado deste ano cun cómic “Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil”, detrás do que anda Antón Mascato e Pepe Carreiro. Ademáis maios, San Isidro labrador… e repentismo transoceánico con Wilson Saliwonczyk. E comeza o Miúdo Fest no Territorio Cultural Pedriñas.
Venres 12/05/2023 12.05.2023 2:00:13
Os artistas do colectivo Pekolejo andan pintando o mural dun atún xigante na entrada do pavillón e falamos con eles. Ademáis, conversa con Alecrín Monicreques e a súa peculiar homenaxe a Fernández del Riego. E algo de música soul viguesa con Carolina, a tremenda voz de La Negra.
Xoves 11/05/2023 11.05.2023 1:59:49
Comeza a tempada de curros. O da Valga, en Oia é este domingo. Se os cabalos tiveran un santo patrono, cal sería? Imos preguntarllo ó historiador Xoán Carlos Abad, que sabe moito dos da provincia e os recolleu nun libro. E ademais, coñecemos a unha poeta made in Valladares, Iria Bragado.
Mércores 10/05/2023 10.05.2023 2:02:00
Quen non andivo por Cesantes querendo voar como os do kitesurf? Conversammos coa xente de TMKiteClub Cesantes. E logo, pés na terra, que domingo hai andaina polos Montes de Vigo e coñecemos os 4 roteiros para patear. Ademáis, unha de fanzine, coa Cooperativa de Educación Alalá.
Martes 09/05/2023 09.05.2023 2:00:04
Os poemas de Celso Emilio dan para moito. A compositora Carme Rodríguez deulle para crear a peza 'Preludio da noite sulagada', que interpretou a Orquesta Clásica de Vigo no seu peche de tempada. As experiencias do cineasta Rubén Riós na webserie ‘Arrieiros somos’, colleu xeito de libro. Rematamos Esperta con outro estilo musical, Calle del Ruido que ven de versionar ós portugués Xuto.
Luns 08/05/2023 08.05.2023 2:02:09
Para comenzar a semana, que tal a vista atrás? Imos saber dos ‘intringulis’ do concurso de piano de Vigo co seu director artístico, Pablo Galdo. Tamén nos metemos nos fogóns do Paparra, bocatas e mais bocatas. E un libro, ‘El secreto de las hermanas Asorey’ de Marta Estévez. Para perder o tempo: https://www.udeuschle.de/panoramas/makepanoramas.htm
Venres 05/05/2023 05.05.2023 2:02:32
Venres cultureta. Ven o día da muiñeira e houbo quen lle fixo unha ó pulpo, o gaiteiro Isidro Vidal, que vai e sacar disco. Ademais, coñecemos a proposta que tanto presta en Saians, as Picnic Sesions. E para rematar, todas estas findes de maio hai celebración das Letras Galegas no CVCV. Un programa do mais variado.
Xoves 04/05/2023 04.05.2023 1:59:22
A piques de rematar o festival Creativa achegámonos á galería Maraca coñecer a súa proposta cultural. Último paseo con Ruth Matilda Anderson… imos á taberna… e despois de furancho a Gondomar, á de Martín en Mañufe.
Mércores 03/05/2023 03.05.2023 2:00:14
Coñecedes a marcha nórdica? Falamos con Naza Tilve desta disciplina deportiva. Seguimos paseando pola exposición “Fragmentos de onte”, desta volta paramos na zona adicada a roupa de gala. E conversa con Javirroyo, que ven de presentar o seu libro “Dibujo, luego pienso”.
Martes 02/05/2023 02.05.2023 1:59:23
Despois dun fin de semana largo toca volver á rutina, pero con calma. Imos ata Pontevedra para que nos falen das propostas desta edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Un paseo pola exposición “Fragmentos de onte” (Asociación Etnográfica Sete Espadelas) e música, coñecemos a Amorodo, que presenta novo EP, “O monstro segue aí”.
Venres 28/04/2023 28.04.2023 2:00:10
Esta fin de semana celébrase o Play-Doc en Tui, falamos coa organización. Ademáis, escoitaredes o noso paseo polo Casco Vello e xa que estamos por alí parada na Taberna A Mina, para explicarnos ben de que vai o seu particular Tinder.
Xoves 27/04/2023 27.04.2023 1:59:13
Portugal e Xapón no mesmo programa. Conversa con Acordeireta, que estivo de concerto con MJ Pérez e CRUA na Sala Rebullón celebrando o 25 de abril. E paseo polo Casco Vello onde podemos atopar unha pequeniña pastelería xaponesa, Sen. Por certo, na Escola Oficial de Idiomas están a celebrar a semana xaponesa e onte poideron degustalos na ceremonia do té. Ah, e recomendación literaria, “Desfiladero”...
Mércores 26/04/2023 26.04.2023 2:00:30
Nos deportes coñecemos o traballo da Fundacio Isidre Esteve na nosa cidade. Ademáis, plan na casa que os últimos venres de mes hai contacontos! O venres (19:30) é o turno de A Galiña Carolina, contado por María Comesaña e Raúl Alonso. E poñemos rumbo ao mar para falar coa xente do IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación que está a traballar no proxecto PELACUS, unha campaña para ver como lle...
Martes 25/04/2023 25.04.2023 2:00:00
Mel De Galicia estivo presente no Salón Gourmet, falamos coa presidenta da IXP, da experiencia nesta cita gastronómica. E patrimonio. Desta volta subimos ao Galiñeiro da man do equipo de arqueólogos que baixo a dirección de Mario Pereiro está a descubrir a súa historia.
Luns 24/04/2023 24.04.2023 1:59:48
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estrea xunta directiva. Falamos con eles. Ademais, unha viaxe polo tempo… imos coñecer a botica de Doade, en Beariz. Quizais serva de inspiración para os concursos do Museo Liste sobre a menciña popular. Bulide!
Venres 21/04/2023 21.04.2023 2:02:30
Unha de pasear os lugares onde vivimos, andaina de Valladares. Vai pola XIV edición, e inda que o trazado sexa sempre dar voltas ó Alba, o percorrido ten variantes cada ano. Ademáis, conversa coa xente de Ataque Escampe que estrean disco, “Cabalgata”. E un chisco de ideas culturetas para esta finde.
Xoves 20/04/20203 20.04.2023 2:00:19
As citas presenciais nas administracións son un dereito dos cidadáns… falamos diso co avogado Diego Gómez. De dereitos, de igualdade e diversidade conversaron en Santiago no II Congreso LGTBIQ+ de Galicia. E alí estivo Marcos Barreira, coordinador clube da diversidade no IES Valadares. E tamén damos unha volta pola casa, para ver a que se anda na área veciñal e cultural. https://www.derechoadminis...
Mércores 19/04/2023 19.04.2023 1:59:19
O balonmán vigués pode presumir de exportar canteira. Desta volta falamos con Roi Sánchez, adestrador do Club Balonmano Burgos. Ademáis imos ata as Illas Atlánticas para falar dos morcegos que alí habitan e conversa coa costureira Bego Martínez sobre o traxe tradicional galego.
Martes 18/04/2023 18.04.2023 1:59:22
De pedras, do que queda gravado nelas. Un programa completiño para este martes. Imos ata Madrid, ao Museo Arqueolóxico Nacional falar de instrumentos antiguos, da 'vetrina 0'. Tamén facemos parada en Oia, coñecer ao canteiro Xabi Garrido e as súas cunchas reflectantes para os peregrinos.
Luns 17/04/2023 17.04.2023 2:00:38
Un paseo polo mar, con calma, que comeza a semana. A Asociación Piueiro ven de presentar a reedición de “De mar a mar”, de Feliciano Rolán. Ademáis coñecemos que é o que se sube aos barcos, que comen, con Frutas Araújo. E achegamonos ao último proxecto no que andan metidos en Polo Correo do Vento en colaboración coa Deputación de Pontevedra, un paseo moi xeitoso polas Letras Galegas nos seus 60 an...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.