Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Luns 8/07/2024 08.07.2024 1:58:58
Ata Cuba chegaron as regueifas. Bieito Lobariñas andivo por alí e víunolo contar contar. Ademais, coñecemos o programa +Bosques da Deputación de Pontevedra. Falamos con Sergio Portela, un dos seus guías.
Venres 05/07/2024 05.07.2024 1:59:10
Primeira finde de xullo e a axenda está chea! Porpostas na casa, que remata o Vigosaxforum. E fóra, que Indra Sesti DI Lucca, profesora de canto da Escola de Música, está de concerto en Cambados.
Xoves 04/07/2024 04.07.2024 1:59:56
Ás veces cumprimos as nosas promesas… e baixamos dar unha volta pola Feira do Libro de Vigo. A que non atopamos foi a Beto Luaces, pero deunos unha entrevista falando da súa última obra “Vicus, un lugar elevado” que ven de saír do prelo.
Mércores 3/07/2024 03.07.2024 1:58:13
Hoxe voltamos á terraza co directo. Conversa sobre os montes de Valladares co seu presidente. E nos deportes deste imos de visita ó ximnasio, que está no Teleclube.
Martes 2/07/2024 02.07.2024 1:59:43
Hoxe o directo saiu á terraza!! Paseamos polas Ons, coñecendo o seu patrimonio arqueolóxico. E xa que estamos nas illas, imos ata Cortegada co libro de Ángela Banzas, ‘La sombra de la rosa’.
Luns 1/07/2024 01.07.2024 2:01:03
Un pouquiño de todo no programa do luns. Origamis de flores con Anaquiños de papel. E música, da man de Suso Valcárcel, que anda mais contento que un cuco co master da súa nova canción.
Venres 28/06/2024 28.06.2024 1:59:59
De ostras, mellor dito de ostreiros. Imos falar con Jose Alberto, un dos dous que quedan dan Pedra. Ademais, coñeceremos un pouquiño máis das marsopas da man do Oceanográfico de Vigo. E saberemos da proposta que nos fan nesta nova edición do Vigo Saxforum en Valladares.
Xoves 27/06/2024 27.06.2024 1:59:30
Proposta de música en vinilo.. pero da de escoitar en gramófono. Alejo Amoedo presenta ”A mansión dos anxos”. Ademais, conversa sobre o III Festival Iacobus Maris e último aviso para ir visitar a exposición de fotografías de Mary Quintero que está na sede da Deputación de Pontevedra.
Mércores 26/06/2024 26.06.2024 2:02:12
No programa deste mércores imos coñecer ao equipo de orientación da Universidade de Vigo. Iso, nos deportes (https://fegado.es/). E, ademáis, conversa con alguén que sabe de orientarse, un piloto de voos intercontinentais de Valladares.
Martes 25/06/2024 25.06.2024 1:59:09
Veña, que xa estamos no verán! Imos ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Coñecerémolas sobre o papel, cos libros de Triqueta Verde. E, xa que andivemos recollendo as herbas para lavar a cara, vai a proposta de Las flores de Greta.
Luns 24/06/2024 21.06.2024 1:58:01
Sodes de botar unhas gotas ao café? Ou de tomar un chupito de herbas? Da historia da caña do país, do augardente, de onde se destila, ou se destilaba, que agora apenas hai alambiques nas casas. Conversa de vagar no recuncho da radio pero tamén visitaremos o Centro de Interpretación da caña do país en Valga. E falaremos coa xente de Barafunda que fan o Conxuro da Queimada.
Venres 21/06/2024 21.06.2024 1:59:36
Esta fin de semana a axenda está repleta, que o domingo son as fogueiras! Empezamos na casa, que mañá pola tarde hai xuntanza moteira no torreiro que organizan dende o Grupo Motero 4 Amigos, e despois damos unha volta coñecer as propostas de festa, que son moitas!
Xoves 20/06/2024 20.06.2024 2:02:03
O San Xoán chama ás portas e no centro cultural xa están a organizar a fogueira. Falamos coa xente de Ecoloxistas en Acción que xa deron a coñecer as súas bandeiras negras. E conversa co IKFEM, que este ano estrean Orquesta Sinfónica da Eurorrexión.
Mércores 19/06/2024 19.06.2024 1:59:14
No deporte, quedamos na casa que venres é o fin de curso do patinaxe! Ademais, falamos das propostas de escape room que ofrecen dende EuRural e imos ata Ortigueira coñecer a lenda do seu dragón.
Martes 18/06/2024 18.06.2024 1:59:44
Conversa coa xente de Nós Mesmas, que estamos no mes do Orgullo Crítico LGTBI+. Ademais, falamos con Zeltia Irevire, que anda metida nun novo proxecto, “Desfacer o medo”. E miramos cara o mar, coñecer da man do IEO que son e como están os fondos de maërl das rías galegas.
Luns 17/06/2024 17.06.2024 2:00:08
Un paseo pola natureza coa Senda do Moucho para empezar ben o luns. Ademáis, coñecemos a proposta desta edición do Sinsal, #sinsalsenrastro e o espectáculo “Universo entre Canciones”, que fusiona arte e ciencia.
Venres 14/06/2024 14.06.2024 1:59:23
Unha volta pola casa, ver a que andan no piso de arriba, que nós estamos nun recunchiño da cafetería. E paseo da man da ONG Igaxes por Panxón que teñen exposición de fotografías de Fuco Reyes.
Xoves 13/06/2024 13.06.2024 2:00:43
Todo pode pasar cando o #espertavalladares baixa a Vigo. Desta volta paramos na Galería Maraca. Ademais, coñecemos as bicicletas de Beadebikes, un revival das de hai 200 anos. E conversa con Caruncho, que presentan disco e están de 30 aniversario.
Mércores 12/06/2024 12.06.2024 2:03:34
Conversa con Santi Vieitez sobre o fútbol femenino, que ven de presentar un libro sobre as súas características difenciais. E xa que estamos lectores proposta: “52 días a bordo del Botafogo”, de Yago Presa Tomé. Ademáis falaremos con Javi Maneiro, que sacou disco en solitario.
Martes 11/06/2024 10.06.2024 2:00:42
Cando viaxades… sodes de traer souvenirs para vós ou para a familia? No Liste teñen unha exposición temporal sobre eles! Ademáis un café no Paparra, que eles son de coleccionar matrículas. E imos ata Vaidhé, unha tenda de cousas bonitas, incluidos recordos de Vigo.
Luns 10/06/2024 10.06.2024 1:58:41
Un ratiño de conversa coas Fillas de Cassandra, que volveron a Radio Valladares. Ademáis paseo pola biblioteca coñecer a sección de adultos, e unha recetiña, que hai que aprender a cociñar!
Venres 07/06/2024 07.06.2024 2:00:39
Conversas variadas: . unha de música, a de Guadi Galego . libros, un paseo coñecendo a biblioteca do Centro Cultural . maxia, coa xente de Magia en la Manga que nos recibiu na súa casa
Xoves 06/06/2024 06.06.2024 1:59:44
50 anos de matrimonio… a ver quen chega! Recibimos na radio aos que o celebraron este ano, Antonio e Saladina, Abel e Benedita e Gregorio e Nieves, e máis a Tere e Marisa, que estiveron na organización da festa… que eso tamén ten historia!
Mércores 05/06/2024 05.06.2024 2:02:31
Tivemos visita no recunchiño da radio, recibimos a Juan del Arco, xogador de balonmán, que esa tempada decidiuse a deixar as canchas. Dese proceso, do seu futuro… conversa de vagar. E tertulia a carón dunha partida de dominó.
Martes 03/04/2024 03.06.2024 2:00:24
Visitamos a EMAO. O edificio en si xa ten moito que contarnos, pero o seu contido é do máis variado, percorremos a exposición do mapa do coiro en España… todo un descubrimento. E coñecemos a receita do leite mazado.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.