Descifrando a Historia
Descifrando a Historia
Análise da Historia de GaliciaInstagram e TikTok: @descifrandohistoria iVoox e SpotifyPor David Gesteira
Szerző
Descifrando a Historia
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. jún. 19.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Historia do conflito lingüístico a finais do s. XX, con José João Rodrigues 15.01.2024 1:06:01
A finais do s. XX e xa en democracia había dúas posibilidades para o galego: a norma isolacionista e a norma reintegracionista. Finalmente optouse pola isolacionista e hoxe queremos explicar o porque, os seus protagonistas e demais cuestións que nos fan preguntar, porque falamos e escribimos así o galego?
Os sorprendentes achados no Castro de Soutolobre-Lourido, con Francisco Hervés 01.01.2024 41:21
Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.
Da orixe da lingua galega nos albores da Idade Media, con Souto Cabo 15.12.2023 36:38
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos co filólogo Souto Cabo para coñecer as orixes do noso idioma. Cando se comezou a falar en galego? E a escribir? Todo iso e máis neste trepidante episodio no que desciframos as orixes de algo moi noso. Comparte e dálle ao gústame, está na túa man que o proxecto continúe!
A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos: Carmiña Sierra, con Aurora Marco 01.12.2023 33:13
Neste 75 episodio de Descifrando a Historia falamos con Aurora Marco de Carmiña Sierra, a primeira muller socia do Seminario de Estudos Galegos. Cunha vida moi comprometida con Galicia e a liberdade, merece a pena escoitar o que foi a vida desta muller nada en Pontecesures e exiliada en Venezuela para que o franquismo non a perseguise. Se che gustou dálle a gústame e comparte, só así é unha forma...
O recoñecemento do Reino medieval de Galicia, con Francisco Rodríguez 15.11.2023 1:02:07
As dúbidas con respecto a existencia do Reino de Galicia na Idade Media asáltannos constantemente. É por iso que buscamos respostas antes especialistas no tema. Fai meses foi o historiador Andrade Cernadas e hoxe tócalle a Francisco Rodríguez. Ambos recoñecen a súa existencia pero hai diferenzas en canto aos aspectos concretos dese reino. Atentos e desfrutade. Dádelle ao gústame e compartide coas...
A morte no Reino de Galicia: cultos, ritos e celebracións con Xosé Manuel Sánchez 01.11.2023 53:56
Neste 73 episodio de Descifrando a Historia falamos sobre o tratamento da morte por parte dos galegos no Reino medieval de Galicia. Facemos un repaso moi interesante desde o século V ata o XV. Se che gustou dalle ao "gústame" e comparte para poder continuar con este traballo!
Cando vivir deixa de ser ilegal: o contrabando na raia con Natalia Jorge 16.10.2023 52:25
Neste episodio 72 de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Natalia Jorge Pereira para saber máis do contrabando na raia entre Portugal e Galicia. Un tema moi interesante do cal temos bastante información pero que nos queda por saber moitas cousas. Se che gustou dalle ao gústame e comparte só así nos farás crecer e que se sigan facendo podcast da nosa historia
O conflito medieval entre Santiago e Roma con Henrique Egea 01.10.2023 56:08
Roma intentou minguar o poder da sé compostelá porque lle preocupaba que seguise crecendo... ou iso afirma o noso invitado de hoxe o profesor Henrique Egea. Falamos de todo o que envolveu este tema e as consecuencias irreversibles que tivo na nosa terra, Galicia. Dálle ao gústame e comparte para facernos crecer!
As mulleres na Galicia medieval: campesiñas, nobres... con Miguel García-Fdez 15.09.2023 1:16:49
Neste 70 episodio de Descifrando a Historia realizamos unha panorámica histórica da muller na Galicia Medieval. Para tal fin acompañounos Miguel García-Fernández, o cal é todo un especialista. Foi un programa formidable. Se che gustou dalle ao gústame e comparte, só así nos farás crecer!
Un protagonista inesperado nos Séculos Escuros, con Perfecto Ramos 01.09.2023 57:19
No s. XVII, un inquisidor de Crecente, coñecido como Gregorio Lobariñas intentou publicar unha historia de Galicia en galego. Coñecido como As Galegadas, foi a Madrid ata dúas veces para que lle desen o visto e prace. Por cuestións do destino non a puido publicar pero deixounos constancia de que, as elites cultas de Galicia, empregaban o galego máis que para uso oral. Pode ser o inicio a reformula...
Delitos, violencia e poder na Galicia durante o franquismo con Tamara López 16.08.2023 41:58
Neste 68 episodio de Descifrando a Historia falamos coa historiadora Tamara López sobre a delincuencia no franquismo, os castigos, a violencia exercida polo estado, a violencia de xénero, o tema dos abortos e moito máis. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!
Juana de Vega, o legado dunha muller polifacética 01.08.2023 52:19
Juana de Vega deixou un legado que merece a pena coñecer. De ideas progresistas cunha estancia na corte real, e exiliada xunto co seu marido debido a temas políticos. Forma parte desa Coruña das mulleres do século XIX que fai falla reivindicar. Se che gustou comparte! Fainos crecer!
Historia e historias das cidades galegas, con Manuel Gago e Rubén Ventureira 15.07.2023 1:39:04
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Manuel Gago e Rubén Ventureira sobre as cidades galegas co motivo da exposición Cidades no Tempo da cal forman parte. Se che gusta comparte e subscríbete! Fainos crecer!
Un documento único: o Parroquial Suevo, con José Carlos Sánchez Pardo 01.07.2023 34:48
Neste 65 episodio do podcast falamos con José Carlos Sánchez Pardo, arqueólogo e historiador, ao redor dun documento único que temos en Galicia: o Parroquial Suevo. Este documento aporta moita luz á hora de estudar unha das etapas máis importantes da nosa historia: o Reino Suevo. Realmente apaixonante. Neste breve panorámica vas saber o básico que se debe ser deste tema. Se che gustou, comparte!
Meigas e bruxas na historia de Galicia: unha panorámica con Rodrigo Pousa 15.06.2023 32:02
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Rodrigo Pousa, estudoso e coñecedor das bruxas e meigas en Galicia. Son diferentes conceptos? Cando nacen? Só condenaban as mulleres ou tamén os homes? Todas esas respostas e máis neste fantástico episodio! Sigue a Descifrando a Historia nas súas redes sociais e comparte se che gustou!
O clientelismo político na Galicia do s. XIX 01.06.2023 45:29
Caciquismo ou clientelismo? Neste programa 63 de Descifrando a Historia falamos co historiador Xosé Ramón Veiga para saber como era o clientelismo político na Galicia do s. XIX. Favores, corrupción, votos, sufraxio... todos estes temas neste magnífico podcast.
A figura de Fernández del Riego e outras cuestións transversais 17.05.2023 1:05:42
Hoxe é día 17 de maio de 2023 e é un evento especial para a cultura e lingua galega porque celebramos o noso día. Este ano a figura homenaxeada é Francisco Fernández del Riego, un dos creadores deste día ala polo ano 1963. En Descifrando a Historia falamos con Ramón Nicolás e Malores Villanueva para que nos desen as claves desta figura e deste día tan especial para tod@s nós. Comparte e dálle ao g...
A toponimia galega: orixe, historia e demais cuestións con Ana Boullón 01.05.2023 54:43
Neste episodio número 61 de Descifrando a Historia falamos coa académica e filóloga Ana Boullón para que nos contase cousas sobre a nosa toponimia. Desde as súas prinicpais características, como diferencialas, ata a súa historia e demais. Programa moi interesante para falar dunhas das nosas peculiaridades que máis nos distingue como territorio.
Os xudeos no sur de Galicia: expulsión, Inquisición e demais con Suso Vila 15.04.2023 1:10:55
A comunidade xudea estivo presente na Galicia medieval e moderna. Para saber máis sobre ela falamos co historiador Suso Vila, o cal nos fixo unha panorámica bastante completa dos feitos históricos máis importantes. Desde a súa convivencia cos cristiáns ata a súa expulsión, a Inquisición, o papel do país veciño Portugal, etc. Dalle ao gústame comparte! Segue a Descifrando a Historia nas súas redes...
Non se entendería Galicia sen a emigración a América, conversa con Raul Soutelo Vázquez 01.04.2023 1:32:37
Neste programa número 59, falamos da emigración a América: perfil social do emigrante, causas, consecuencias, Galicia como rexión europea que máis emigrantes aportou, etc. Se queres saber as respostas e moito máis, escoita podcast que che vai dar a panorámica necesaria a algo que marcou profundamente o destino da nosa terra. Sigue a Descifrando a Historia en todas as súas redes sociais e dalle ao...
Arqueoloxía de xénero e o estudo da sociedade galega 15.03.2023 49:55
Neste episodio nº 58 de Descifrando a Historia falamos con Celtia Rodríguez arredor da arqueoloxía e máis concretamente a arqueoloxía de xénero: que é, como está o tema en Galicia, etc. Dalle ao gústame para apoiar o podcast e sigue a Descifrando a Historia no Twitter e no Instagram!
A Galicia folclorizada do franquismo, con Beatriz Busto Miramontes 01.03.2023 58:39
Neste episodio falamos con Beatriz Busto Miramontes sobre a imaxe de Galicia no franquismo, como se comezou a falar dunha Galicia, fermosa, meiga, mítica, dócil e idealizada. A propaganda do réxime provocou que moitos deses estereotipos chegasen ata nós a día de hoxe. Se che gustou dalle ao gústame e comparte!
O xurdimento dos castelos en Galicia, con Carlos Lixó 15.02.2023 1:12:46
Neste podcast número 56 falamos co historiador Carlos Lixó sobre a orixe e xurdimento dos castelos en Galicia, se foi unha dinámica europea, cales eran as súas funcións principais, cando se abandonan, dos castelos da fronteira con Portugal, etc. Sigue a Descifrando a Historia en Twitter e Instagram!
Cando nace a galaicofobia? E moito máis... con Alexandre Peres Vigo 01.02.2023 57:51
Neste episodio de Descifrando a Historia falamos con Alexandre Peres Vigo para que nos explicara e nos falara de cando xorde a galaicofobia ou galegofobia. Como se foron creando eses estereotipos que evolucionaron co paso da historia pero que ata día de hoxe chegan anós. Terá explicación política? Quizais económica? Escoita o podcast e coñeceras de primeira man como foi evolucionando este fenómeno...
O agrarismo, unha das claves das melloras do campesiñado galego, con Miguel Cabo 17.01.2023 53:29
O agrarismo foi un movemento social protagonizado polo campesiñado galego a finais do século XIX e principios do XX para buscar unha mellora nas condicións técnicas, de propiedade, etc. das súas terras e a súa relación con respecto a elas. Para analizar o agrarismo contamos co profesor Miguel Cabo, unha das persoas que máis estudou este tema e que expón neste podcast de xeito moi claro. Dalle ao g...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.