fr

Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

27 nov. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android 10 M+ de téléchargements · note de 4,7+ iOS bientôt

Épisodes

Noticias 13.30 h - Luns, 30 de maio de 2022 30.05.2022

Tui é un dos 121 municipios españois que está a redactar a súa Axenda Urbana que marca a planificación do municipio na próxima década. Esta é unha novas que recollemos hoxe en Noticias 13.30 h . Tamén damos conta do inicio do ciclo de actividades sobre Rosendo Salvado, recollemos outras novas de Tui e da comarca, e falamos dos destacados resultados deportivos da fin de semana logrados por deportis...

Noticias 13.30 h - Venres, 27 de maio de 2022 27.05.2022

Recollemos os acordos tomados onte pola corporacón de Tui en pleno, contamos o ciclo de activdades dedicado a Rosendo Salvado que foi presentado esta mañá, e as citas para a fin de semana en Tui e no Baixo Miño en Noticias 13.30 h. Tamén falamos de deporte e das competicións nacionais e internacionais nas que participan padeeiros tudenses e da comarca.

Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de maio de 2022 26.05.2022

A actualidade deste xoves, 26 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h. Repasamos os asuntos que tratará hoxe a corporación de Tui en pleno, falamos do vehículo autónomo e do operativo de seguridade no Camiño Portugués, xunto ás citas do día e o deporte.

Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de maio de 2022 25.05.2022

Hoxe a vella ponte internacional está pechada ao tráfico até media tarde debido a probas do vehículo autónomo. Así o contamos en Noticias 13.30 h, onde recollemos os asuntos que a corporación municipal de Tui tratará mañá xoves en pleno, xunto a outras novas e citas do día.

Noticias 13.30 h - Martes, 24 de maio de 2022 24.05.2022

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves ás 20 h. En Noticias 13.30 h recollemos os asuntos a tratar. Tamén damos conta do acto conmemorativo dos 4 anos da explosión no barrio da Torre en Paramos que tivo lugar onte, xunto a outras novas.

Noticias 13.30 h - Luns, 23 de maio de 2022 23.05.2022

Hoxe cúmprense 4 anos da explosión rexistrada no barrio da Torre en Paramos, polo que a Asociación de Afectados convoca un acto ás 20.30 h. Esta é unha das novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h, xunto a posta en marcha da Aula Mentor, a situación da sanidade no Rosal, as citas culturais e o deporte.

Noticias 13.30 h - Luns, 16 de maio de 2022 16.05.2022

A actualidade deste luns, 16 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h . Recollemos as celebracións das Letras Galegas e os cambios debido á previsións da choiva, pero tamén outras novas do día.

Noticias 13.30 h - Venres, 13 de maio de 2022 13.05.2022

A actualidade informativa deste venres, 13 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h onde recollemos todas a citas da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Xoves, 12 de maio de 2022 12.05.2022

A actualidade informativa deste xoves, 12 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h. As novas de Tui e da comarca, as citas do día e o deporte.

Noticias 13.30 h - Mércores, 11 de maio de 2022 11.05.2022

O Concello de Tui solicitou un obradoiro de emprego para recuperar a senda fluvial do Furnia. Esta é unha novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao exercicio de seguridade marítica realizado hoxe no Miño co simulacro dun accidente naútico. Tamén as citas para os próximos días e o deporte.

Noticias 13.30 h - Martes, 10 de maio de 2022 10.05.2022

A actualidade deste martes, 10 de maio de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta da autorización de Patrimonio ao proxecto de humanización da Corredoira que o alcalde define coma "clave". Tamén recollemos a presentación das feiras de Artesanía e do Libro que esta ponte se celebra en Tui.

Noticias 13.30 h - Luns, 9 de maio de 2022 09.05.2022

A autorización de Patrimonio ao proxecto de humanización do Paseo da Corredoira é a noticia que hoxe recollemos en portada. Repasamos as películas premiadas en Play Doc, citas para esta semana, e a crónica do deporte da fin de semana.

Noticias 13.30 h - Venres, 6 de maio de 2022 06.05.2022

Por diante temos unha intensa fin de semana de actividade, onde destaca a celebración de Play Doc, pero hai tamén outras cidades culturais, musicais e deportivas que recollemos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h - Xoves, 5 de maio de 2022 05.05.2022

A celebración de Play Doc marca a actualidade informativa deste xoves, 5 de maio. Tamén recollemos os datos do paro que baixou en 34 persoas no Baixo Miño en abril, e a positiva evolución do turismo en Tui. Amais hoxe presentouse a Andaina Solidaria Tudense.

Noticias 13.30 h - Martes, 4 de abril de 2022 04.05.2022

A actualidade deste martes, 4 de abril, vén macada pola inauguración esta tarde de Play Doc. Pero tamén falamos do inminente comezo das obras na Catedral, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui, da Semana Internacional de Concienciación sobre a compostaxe, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Martes, 3 de maio de 2022 03.05.2022

En Noticias 13.30 h recollemos a actualidade deste martes, 3 de maio, marcada polo comezo mañá de Play Doc, e pola presentación hoxe do Trail do Aloia. Tamén damos conta da inauguración esta tarde da exposición "Lebres coma gacelas" entre outras novas da actualidade e o mundo do deporte.

Noticias 13.30 h - Luns, 2 de maio de 2022 02.05.2022

A tres días de que comece Play Doc repasamos a xornada inaugural en Noticias 13.30 h. Tamén recollemos outras novas coma a inauguración mañá da exposición "Lebres coma Gacelas" en Tui.

Noticias 13.30 h Venres, 29 de abril de 2022 29.04.2022

A presentación de Play Doc, un festival que cumpre a súa maioría de idade é a noticia que hoxe recollemos en portada en Noticias 13.30 h. Amais repasamos as cita da fin de semana e do deporte.

Noticias 13.30 h - Xoves, 28 de abril de 2022 28.04.2022

En Noticias 13.30 h recollemos hoxe presentación do XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico da Eurocidade que se vai celebrar este sábado, 30 de abril. A presenza do cinema galego en Play Doc é outra das novas da xornada, xunto a distintas citas da semana e o deporte.

Noticias 13.30 h - Mércores, 27 de abril de 2022 27.04.2022

A actualidade informativa deste 27 de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Damos conta das próximas citas que haberá en Tui coma Play Doc ou a Feira de Artesanía.

Noticias 13.30 h - Martes, 26 de abril de 2022 26.04.2022

A actualidade informativa deste martes, 26 de abril de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos a visita da conselleira de Medio Ambiente a Tui para coñecer as catro vivendas do conxunto histórico que vai rehabilitar a Xunta, e a presentación en Pontevedra dun novo selo de Correos dedicado a Tui. Tamén damos conta do remate das festas de San Telmo e do deporte.

Noticias 13.30 h - Venres, 22 de abril de 2022 22.04.2022

A actualidade informativa deste de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe centramos boa parte do informativo nas festas de San Telmo, coas voces dos seus protagonistas.

Noticias 13.30 h - - Xoves, 21 de abril de 2022 21.04.2022

A actualidade informativa deste xoves, 21 de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Hoxe centramos boa parte do informativo na programación das festas de San Telmo, pero tamén falamos de Tui Le e do Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade.

Noticias 13.30 h - Mércores, 20 de abril de 2022 20.04.2022

A actualidade deste mércores, 20 de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Importante afluencia de turistas e peregrinos durante a Semana Santa a Tui segundo constantan os datos da Oficina Municipal de Turismo. Repasamos a programación de hoxe nas Festas de San Telmo e as actividades deportivas coma a carreira e a andainda que se celebran na fin de semana, entre outras novas.

Noticias 13.30 h - Martes, 19 de abril de 2022 20.04.2022

A actualidade deste martes, 19 de abril de 2022, en Noticias 13.30 h. Recollemos a aprobación unánime en pleno da corporación de Tui da cesión de algo máis de 158 m2 para a construción da pasarela na desembocadura do río Louro. A programación das festas para hoxe e a presentación da Carreira de San Telmo e da Feira Cabalar, forman parte da actualidade do día.

Écoute le podcast Informativos sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics