Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
27 nov. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Noticias 13.30h - Luns, 27 de marzo de 2023 27.03.2023 30:29
Noticias 13.30h no que lles contamos a sinatura entre o concello de Tui e Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a recuperación da desembocadura do Caselas, a programación da xornada 'Mulleres Conectadas', as citas e todo o deporte local da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 24 de marzo de 2023 24.03.2023 26:48
Noticias 13.30h no que lles contamos os actos que proseguen en Tui polo 8M, falamos de Compostaxe e a campaña de seguimentos de composteiros e das distintas informacións dos concellos do Baixo Miño. Tamén, as citas e o deporte local da fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 23 de marzo de 2023 23.03.2023 26:15
Noticias 13.30h deste xoves 23 de marzo para ampliar o programa da Semana Santa de Tui, o balance de peregrinos do pasado mes de febreiro, distintas achegas para concellos do Baixo Miño, citas para estes días e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 22 de marzo de 2023 22.03.2023 13:46
Noticias 13.30h no que lles contamos as tarefas de limpeza das rúas afectadas e distintas actuacións polos incendios na madrugada do pasado luns en Tui. Tamén, a presentación da Semana Santa tudense, citas para estes días e o deporte local.
Noticias 13.30 h - Martes, 21 de marzo de 2023 21.03.2023 25:52
En Informativos 13.30 h deste martes 21 de marzo recollemos a posta a disposición xudicial da detida como presunta autora dos incendios en Tui, a situación actual da empresa Ganomagoga e os resultados deportivos da fin de semana, entre outras novas.
Noticias 13.30 h - Luns, 20 de marzo de 2023 20.03.2023 28:04
Os feitos ocorridos esta pasada madrugada con 21 coches calcinados e 5 focos diferentes no conxunto histórico de Tui centran o relato informativo de hoxe.
Noticias 13.30h - Venres, 17 de marzo de 2023 17.03.2023 29:26
Educación e empresa centran os primeiros minutos deste tempo de Noticias 13.30h no que repasamos as citas da fin de semana e as competicións deportivas.
Noticias 13.30h - Xoves, 16 de marzo de 2023 16.03.2023 28:56
Noticias 13.30h para contarlles que Tui está a cabeza en investimento en educación na provincia e en Galicia. Tamén o coworking de empredemento da Deputación que albergará a cidade, as citas culturais e festivas deste días e todo o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 15 de marzo de 2023 15.03.2023 28:56
Noticias 13.30h deste mércores 15 de marzo coa crónica do pleno extraordinario da corporación de Tui. Tamén, a reunión da Plataforma de Afectados do Polígono de Areas co deputado do BNG Manuel Lorenzo, o novo cartel das Festas de San Telmo e o deporte local.
Noticias 13.30h - Martes, 14 de marzo de 2023 14.03.2023 28:54
Noticias 13.30h deste martes 14 de marzo de 2023 para contarlles os detalles do pleno extraordinario de Tui desta tarde, un novo concurso de méritos para prazas de médicos en Tui e Tomiño e as distintas citas culturais e deportivas destes días.
Noticias 13.30h - Luns, 13 de marzo de 2023 13.03.2023 27:41
Noticias 13.30h deste luns 13 de marzo de 2023 para contarlles os detalles do pleno extraordinario que celebra a corporación de Tui mañá. Tamén, as conclusións do Congreso de Educación, a presentación da candidatura do PP de Nico Montes en Tui e o deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 10 de marzo de 2023 10.03.2023 30:23
Noticias 13.30h deste venres 10 de marzo para contarlles os puntos a tratar no pleno extraordinario de Tui do próximo luns. Tamén, a previa do Congreso de Educación, crónica política, as citas culturais e todo o deporte da fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 9 de marzo de 2023 09.03.2023 24:00
Noticias 13.30h deste xoves 9 de marzo para contarlles a rolda de prensa conxunto dos concellos do sur da provincia polos danos das tormentas do Nadal. Tamén, os actos do 8M en Tui, as citas da fin de semana e a BTT da Eurocidade no deporte.
Noticias 13.30h - Mércores, 8 de marzo de 2023 08.03.2023 29:52
Noticias 13.30h deste 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, onde repasamos todos os actos de Tui e dos concellos da comarca. Tamén recollemos máis detalles sobre o Congreso de Educación e falamos das xornadas de defensa de proxectos no festival de cine Ventura no Teatro Municipal.
Noticias 13.30h - Martes, 7 de marzo de 2023 07.03.2023 27:08
Noticias 13.30h deste martes 7 de marzo de 2023 para contarlles o programa do 8M en Tui e nos concellos do Baixo Miño. Tamén, a visita do delegado territorial da Xunta, Luís López, ao Programa Integrado de Emprego de Tui e o programa do I Congreso de Educación da Eurocidade.
Noticias 13.30h - Luns, 6 de marzo de 2023 06.03.2023 30:18
Noticias 13.30h deste luns 6 de marzo para contarlles os actos previsto polo 8M na semana do Día Internacional da Muller. Tamén, a crónica política, citas culturais para estes días e os nomes propios do deporte da pasada fin de semana.
Noticias 13.30h - Venres, 3 de marzo de 2023 03.03.2023 31:42
Noticias 13.30h deste venres 3 de marzo para contarlles a sentenza que avala a actuación do concello de Tui nas obras da Pousa do Bispo. Tamén, a colocación da pasarela sobre o Louro, datos do paro, citas e deporte local da fin de semana.
Noticias 13.30h - Xoves, 2 de marzo de 2023 02.03.2023 28:38
Noticias 13.30h deste xoves 2 de marzo para contarlles a presentación da candidatura de Enrique Cabaleiro á alcaldía de Tui polo PSdeG-PSOE. Tamén, o remate das Xornadas Rosendo Salvado coa ponencia desta tarde e o resto de citas para estes días.
Noticias 13.30h - Mércores, 1 de marzo de 2023 01.03.2023 28:52
Noticias 13.30h deste mércores 1 de marzo para contarlles a nosa conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a presentación do proxecto 'Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo' na cidade. Tamén, as citas do día e o deporte local.
Noticias 13.30 h - Martes, 28 de febreiro de 2023 28.02.2023 28:17
A actualidade de hoxe vén marcada pola visita da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ás obras de acceso ao Parque Empresarial de Areas. Damos conta ademais das Xornadas Rosendo Salvado, o Festival do Teatro Grecolatino, demais citas da xornada e deporte local.
Noticias 13.30 h - Luns 27 de febreiro de 2023 27.02.2023 29:43
O comezo hoxe das Xornadas Rosendo Salvado, as inscricións para o I Congreso Internacional de Educación e "Kaminos: de Sefarad al Nuevo Mundo", protagonizan a actualidade de hoxe, coas citas da xornada e o deporte local.
Noticias 13.30 h - Venres, 24 de febreiro de 2023 24.02.2023 23:52
A saída dende Tui esta mañá da segunda etapa de O Gran Camiño marca parte da actualidade deste venres. Amais damos conta do Congreso Internacional de Educación que se celebrará en marzo na Eurocidade, as citas da xornada e o deporte.
Noticias 13.30h - Xoves, 23 de febreiro de 2023 23.02.2023 26:11
En Noticias 13.30h deste xoves 23 de febreiro de 2023 damos conta dos cortes de tráfico pola saída da Volta Ciclista O Gran Camiño e polas obras na A55; as actividades polo Día de Rosalía; e o deporte local.
Noticias 13.30h - Mércores, 22 de febreiro de 2023 22.02.2023 29:09
En Noticias 13.30h deste mércores 22 de febreiro de 2023 damos conta da inauguración das obras realizadas en Ribadelouro. En clave política, falamos da actualidade de Tui co voceiro do Partido Popular, José Ángel Fernández, abrimos páxina de citas e tamén o deporte local.
Noticias 13.30h - Luns, 20 de febreiro de 2023 20.02.2023 26:02
Noticias 13.30h deste luns 20 de febreiro para dar conta do corte na A55 que se realizará esta semana, das citas de Entroido en Tui na comarca e dos resultados deportivos desta fin de semana.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics