Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
27 nov. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Noticias 13.30 h | Xoves, 29 de febreiro de 2024 29.02.2024 22:41
O novo enlace ao parque empresarial de Areas posto en servizo onte ten unha lonxitude de 630 metros e supuxo un movemento de terras superior aos 230 mil m3. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto a outras novas de Tui e da comarca. Recollemos as citas do día coma a conferencia de Díaz Fierro sobre Rosendo Salvado ou o Día Mundial das Enfermidades Raras. En deportes hoxe falamos de tiro con arco...
Noticias 13.30 h | Mércores, 28 de febreiro de 2024 28.02.2024 21:31
A posta en servizo do acceso ao Parque Empresarial de Areas dende a A55 e a vía de altas presentacións é a noticia de portada en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta doutras novas de Tui e da comarca, as citas do día coa mesa redonda sobre Rosendo Salvado e o deporte.
Noticias 13.30 h | Martes, 27 de febreiro de 2024 27.02.2024 21:04
Remataron a obras de renovación da tarima da terraza do Centro de Especializado de Tecnificación Deportiva en Tui, co que o Concello continúa a súa aposta por manter as instalacións deportivas nas mellores condicións. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais recollemos outras novas con nome propio coma o tudense Adri Vila, gañador do Campionato Internacional de Baristas de F...
Noticias 13.30 h |Luns, 26 de febreiro de 2024 26.02.2024 24:00
O Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui é un dos temas dos que falamos hoxe en Noticias 13.30 h. Repasamos outras novas de Tui e da comarca, as citas e a información deportiva.
Noticias 13.30 h |Venres, 23 de febreiro de 2024 23.02.2024 23:07
O Concello de Tui trasladou á Deputación de Pontevedra o proxecto para a construción dunha rotonda en Ribadelouro para evitar o paso de camións pola Magdalena. Está é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto ao paso e remate en Tui este domingo da volta ciclista O Gran Camiño. A citas nas que destacan a celebración do Día de Rosalía e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h | Xoves, 22 de febreiro de 2024 22.02.2024 22:59
A presentación da Guía de Separación de Residuos que terá lugar ás 17 h, as actividades polo Día de Rosalía, as Xornadas Rosendo Salvado, e a nova temporada do Club de Lectura "Tempo de Mulleres" son parte das novas que recollemos en #Noticias1330 h. Tamén falamos da participación do tudense Adri Vila no Baristas Foz, outras citas do día e o deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de febreiro de 2024 21.02.2024 25:07
Comezamos Noticias 13.30 h falando das obras que se están executando na Avenida de Portugal e na praza de abastos en Tui. A presentación da Guía de Residuos do Concello de Tui que terá lugar mañá xoves, o recoñecemento de The QHair recibido por Naldo Costas, o evento benéfico con Mara que terá lugar este sábado en Goián, os cursos que comezan na UNED, xunto a outras citas e o deporte con protagoni...
Noticias 13.30 h | Mares, 20 de febreiro de 2024 20.02.2024 25:02
Tui acolle hoxe dúas representacións teatrais do Festival de Teatro Grecolatino. Está unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as actividades previstas en Tui, Tomiño e O Rosal para celebrar o Día de Rosalía. As actividades do Espazo Xove, outras citas e o deporte forman parte tamén deste tempo de información.
Noticias 13.30 h | Luns, 19 de febreiro de 2024 19.02.2024 25:46
Os resultados electorais do 18F no Baixo Miño, a enquisa que realiza o Concello de Tui para coñecer os hábitos de compra da cidadanía, as citas desta semana, e os resultados deportivos da fin de semana, forman parte do Noticias 13.30 h deste luns, 19 de febreiro de 2024.
Noticias 13.30 h | Venres, 16 de febreiro de 2024 16.02.2024 26:30
O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de trazado da autovía Tui-A Guarda entre a Po-350 e Estás. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto á consulta pública do concello de Tui previa á elaboración dunha nova ordenanza de taxi, a detención de dúas persoas coma presuntos autores de tres delitos de roubo con forza e outro en grao de tentantiva en Tui, Tomiño e na Guarda. R...
Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de febreiro de 2024 15.02.2024 20:52
En Noticias 13.30 h damos conta da consulta pública que abre o Concello de Tui previa á elaboración dunha nova ordenanza do servizo de taxi. Falamos de comercio pola campaña solidaria de San Valentín de ACITUI, e das citas para estes días coma a inauguración da exposición de Uxía Romero esta tarde ou a actuación de Roi Borrallas mañá no Teatro Municipal. Pechamos coas novas deportivas.
Noticias 13.30 h | Mércores, 14 de febreiro de 2024 14.02.2024 27:11
En Noticias 13.30 h recollemos o resumo da conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorando o pleno do 1 de febreiro no que se rescindiu o contrato para a construción do aparcamento subterráneo. Tamén damos conta da licitación por parte da Xunta da redacción dos proxectos de rehabilitación de tres edificios na Área Rexurbe de Tui. Falamos tamén de comercio e da celebración do Entroido en T...
Noticias 13.30 h | Luns, 12 de febreiro de 2024 12.02.2024 30:10
En Noticias 13.30 h recollemos o minuto de silencio gardado hoxe diante da casa do concello en memoria dos dous garda civís falecidos en acto de servizo en Barbate. Amais escoitamos as palabras do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença no concerto celebración do 12º aniversario da Eurocidade coa presentación da Banda de Música da Eurocidade. A crónica política, o Entroido e o deporte,...
Noticias 13.30 h | Venres, 9 de febreiro de 2024 09.02.2024 27:28
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, anunciou hoxe que nuns meses Tui e Valença contarán cun proxecto piloto de mobilidade entre os centros históricos. Fíxoo na véspera do 12º aniversario da Eurocidade. Recollemos a valoración de Nico Montes, voceiro do PP, do pleno do pasado 1 de febreiro en Tui. Amais repasamos todas as citas da fin de semana, protagonizadas polo Entroido con aprazamentos do Ven...
Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de febreiro de 2024 08.02.2024 27:06
Carlota deixa fortes ventos e choivas ao seu paso por Galicia. Así o contamos en Noticias 13.30 h . Lembramos que segue pechado un tramo da Avenida de Portugal en Tui. En crónica política recollemos a valoración de Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, do pleno celebrado o pasado día 1. As citas, o Entroido e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h |Mércores, 7 de febreiro de 2024 07.02.2024 28:08
A programación do Entroido e do Teatro Municipal de Tui, e a presentación do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença centran os primeiros minutos de Noticias 13.30 h deste mércores, 7 de febreiro. Tamén falamos doutras citas, do curso de iniciación ao ioga na Aula da UNED, da Semana da Educación de Tomiño e do Entroido en Salceda e Valença.
Noticias 13.30 h |Martes, 6 de febreiro de 2024 06.02.2024 24:40
O corte de tráfico na Avenida de Portugal, e as accións de protesta dos agricultores portugueses que manteñen cortada a rotonda de acceso a Valença entre as avenidas Miguel Dantas e de España abren hoxe Noticias 13.30 h. Recollemos a valoración do pleno da semana pasada en Tui por José Palacín de C21, as citas e o deporte.
Noticias 13.30 h | Luns, 5 de febreiro de 2024 05.02.2024 26:50
Comezamos Noticias 13.30 h lembrando o corte de tráfico na Avenida de Portugal por obras que comezaron esta mañá. Amais damos conta do inicio da redacción do proxecto da autovía de Areas á Po-350, das críticas do PP de Tui pola xestión do proxecto aparcamento subterráneo, da presenza de Tui nunha xornadas de compostaxe en Asturias, as citas para esta semana e os resultados deportivos.
Noticias 13.30 h | Venres, 2 de febreiro de 2024 02.02.2024 28:09
Os acordos adoptados onte pola corporación de Tui en pleno, a reunión do director da Axencia Galega de Infraestruturas con empresarios de Areas, o corte dun tramo da avenida de Portugal en Tui dende o luns, xunto as citas destacadas da fin de semana e o deporte hoxe venres en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Xoves, 1 de febreiro de 2024 01.02.2024 20:13
Hoxe ás 19 h celébrase pleno no concello de Tui. Esté un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á mobilización dos agricultores portugueses, a recadación de 5 mil euros para a AECC na San Silvestre tudense, as citas para estes días, e o deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores,31 de xaneiro de 2024 31.01.2024 24:09
Hoxe en Noticias 13.30 h damos conta da orde do día do pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui. Falamos do sorteo dunha experiencia gastronómica e de aloxamento dentro da campaña de promoción do comercio tudense. A sanidade, as citas e o deporte están tamén presentes neste tempo de información.
Notiicas 13.30 h |Martes, 30 de xaneiro de 2024 30.01.2024 23:50
O cambio da parada de taxis en Tui cara a rúa Ourense, a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para este domingo, as citas culturais, e as propostas de Entroido, xunto ao deporte, forman parte hoxe do Noticias 13.30 h deste martes, 30 de xaneiro.
Noticias 13.30 h | Luns, 29 de xaneiro de 2024 29.01.2024 20:00
Os proxectos que o Concello de Tui vai redactar para a Avenida da Concordia e para Areas dentro da Rede Ágora abren hoxe luns Noticias 13.30 h. Damos conta amais do inicio, da man de Contraproducións, da programación no Teatro Municipal de Tui. O Entroido, citas formativas e o deporte, completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h |Venres, 26 de xaneiro de 2024 26.01.2024 24:18
A aprobación do Plan de Dinamización da Área Rexurbe de Tui e a valoración da mesma polo alcalde de Tui, abre o tempo de Noticias 13.30 h. Falamos amais da programación nos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal, o prazo de inscrición para o Entroido, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de xaneiro de 2024 25.01.2024 24:05
O turismo segue a protagonizar a actualidade desta xornada coa celebración de Fitur. Así o recollemo en Noticias 13.30 h onde damos conta amais da enquisa para coñecer o nivel de dixitalización do comercio local, a apertura da inscrición no desfile de Entroido en Tui, a exposición “Cartografía da Raia” e o posto 16ª do TOP 100 de Forks do restaurante Beldade, entre outras novas.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics