fr

Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

27 nov. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android 10 M+ de téléchargements · note de 4,7+ iOS bientôt

Épisodes

Noticias 13.30 h | Xoves, 14 de novembro de 2024 14.11.2024

En Noticias 13.30 h volvemos hoxe de novo a nosa mirada informativa cara as zonas afectadas pola DINA. Neste caso facémolo a través da voz da farmacéutica tudense Marta Morais que vive en Valencia. Amais recollemos citas destacadas coma a presentación hoxe ás 20 h da tradución ao galego de "Carmen de Cometa" de Francisco Sánchez, que realizou Laureano Alonso. Amais coñecemos máis polo muído coa co...

Noticias 13.30 h | Mércores, 13 de novembro de 2024 13.11.2024

Abrimos Noticias 13.30 h con diferentes obras que se van acometer no municipio; e volvemos a Valencia para coñecer o labor dos voluntarios nas zonas afectadas. As citas e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Martes, 12 de novembro de 2024 12.11.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta do próximo inicio das obras de apertura da rúa Ourense cara a avenida de Portugal. Volvemos sobre o pleno extraordinario celebrado en outubro pola corporación municipal de Tui coas palabras do alcalde, Enrique Cabaleiro. Recollemos amais a convocatoria do II Concurso de Escaparates de Nadal de Tui, a actividade do Espazo Xoves, ou o Campamento Nadal Centro Soci...

Noticias 13.30 h | Luns, 11 de novembro de 2024 11.11.2024

Neste 11 de novembro en Noticias 13.30 h continuamos coa nosa mirada informativa nas zonas afectadas pola DINA. Hoxe facémolo a través do traballo de Cáritas. Recollemos amais o mentoring para a dixitalización do comercio local que pon en marcha o Concello de Tui. Outras novas lévannos as citas para os próximos día co cinema e a solidariedade, e aos resultados deportivos.

Noticias 13.30 h | Venres, 8 de novembro de 2024 08.11.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coa mirada informativa posta de novo nas zonas afectadas pola DINA, e hoxe recollemos como axudar de forma efectiva a través do Banco de Alimentos. En crónica política local resumimos a conversa con Nico Montes, voceiro do PP, tras o pleno extraordinario de outubro. Avanzamos o eventos solidario organizado por Protección Civil de Tui en favor de ACEESCA e Galiclown que se...

Noticias 13.30 h | Xoves, 7 de novembro de 2024 07.11.2024

En Noticias 13.30 h coñecemos o labor que as ONG’s realizan nas zonas afectadas pola DINA a través da Cruz Vermella, e tamén o traballo dos equipos de emerxencia con Protección Civil de Tui. Damos conta do inicio do programa Coida o Corpo en Tui, e da Bonotoloto que deixou en Tui case 780 mil euros. Ímos ao teatro con Elefante Elegante que mañá estará no Teatro Municipal e coa Mostra Miguel Tronco...

Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de novembro de 2024 06.11.2024

Abrimos Noticias 13.30 h dando conta de como podemos axudar ás persoas afectadas pola #dina, e coñecendo o labor que hoxe realizan en Alfafar os voluntarios de Protección Civil. O crecemento do turismo en Tui no mes de outubro, as citas do día e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h | Martes, 5 de novembro de 2024 05.11.2024

Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo as conclusións da reunións celebradas onte en Tui e hoxe da Mancomunidade sobre a coordinación das axudas ás persoas afectadas pola dana en Valencia en conversa co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Amais recollemos a entrevista coa voceira do BNG Carmen Núñez, sobre o pleno da pasada semana. Os datos do paro en outubro, o peche hoxe ás 23 h para solicitar a part...

Noticias 13.30 h | Luns, 4 de novembro de 2024 04.11.2024

Reunión ás 19 h na casa do concello de Tui informativa de coordinación sobre a axuda ás persoas damnificadas pola dana en Valencia. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén que voluntario de Protección Civil de Tui sairon hoxe cara a zona afectada. Amais a valoración do pleno da pasada semana por José Palacín de C21, e o inicio das obras de humanización na contorna do Mercado de Sa...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coordinación axuda dana Valencia 04.11.2024

Hoxe luns ás 19 h haberá unha reunión na casa do concello de Tui co obxectivo de abordar a coordinación da axuda ás zonas afectadas pola dana en Valencia e informar do trámites realizados na fin de semana. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro.

Noticias 13.30 h | Xoves, 31 de outubro de 2024 31.10.2024

Os asuntos tratados onte pola corporación municipal en pleno centran boa parte do informativo deste xoves. Amais repasamos a citas destes días, dende a presenza do CDG en Tui , as propostas vinculadas ao Samaín, e outros eventos da fin de semana.

Noticias 13.30 h |Mércores, 30 de outubro de 2024 30.10.2024

Hoxe ás 20 h a corporación tudense celebra pleno extraordinario que se poderá seguir na nosa sintonía. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Volvemos sobre o proxecto Far Pace presentado onte en Ciudad Rodrigo. As bolsas de estudo para ensinanzas musicais, obras de mantemento nos campos de fútbol Álvarez Durán e A Gándara, xunto a presenza do CDG mañá en Tui, e o estudo sobre o Camiño Portugués de A...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Presentación proxecto FAR PACE 29.10.2024

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou hoxe en Ciudad Rodrigo na presentación do proxecto FAR PACE “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da raia”. En Noticias 13.30 h explicou os obxectivos deste proxecto, financiado con fondos europeos, no que xunto a Tui participan Valença, Almeida, Marvao e Ciudad Rodrigo. En Tui acometerase a restauración do Baluarde do Diaño xunto a out...

Noticias 13.30 h | Martes, 29 de outubro de 2024 29.10.2024

Abrimos Noticias 13.30 h en Ciudad Rodrigo onde o alcalde de Tui asiste á presentación do proxecto FAR_PACE “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da raia”. Amais repasamos os asuntos que a corporación municipal tratará mañá en pleno extraordinario. As citas destacadas da semana coma o concerto hoxe do coro Anton Bruckner na Catedral, e a segunda proxección do Cine Club Tui, e a prese...

Noticias 13.30 h | Luns, 28 de outubro de 2024 28.10.2024

Abrimos o Noticias 13.30 h deste luns dando conta dos asuntos que a corporación municipal de Tui tratará en pleno este mércores ás 20 h. Repasamos dúas citas destacadas no ámbito cultural esta semana en Tui, o xoves ás 21 h no Teatro Municipal o CDG con "Terceiro acto" e mañá ás 18 h na Catedral o concerto do coro Anton Bruckner. Amais recollemos outras novas e o deporte.

Noticias 13.30 h | Venres, 25 de outubro de 2024 25.10.2024

Obras en Martínez Padín, no edificio do Náutico e no baluarte do Diaño son tres das actuacións ás que se referiu o alcalde de Tui na nosa sintonía. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Repasamos amais a ampla variedade de citas para esta fin de semana en Tui e na comarca nas que destaca a IV Feira da Cabaza de Tui. Tamén damos conta dos encontros deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de outubro de 2024 24.10.2024

Abrimos Noticias 13.30 h co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, coñecendo os investimentos previstos en Tui no proxecto Visit Miiño Plus, e dando conta de obras en infraestruturas coma a ponte sobre o río Cotarel que se reabriu ao tráfico estes días. A celebración do Día da Biblioteca, que vén de recibir un premio María Moliner, xunto ao Roteiro Nocturno do Samaín, e outras novas de Tui e da comarc...

Noticias 13.30 h | Mércores, 23 de outubro de 2024 23.10.2024

Hoxe celebrouse en Faro o cumio ibérico entre os gobernos de España e Portugal. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Onde damos conta da apertura do prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, e tamén o programa de actvidade da Feira da Cabaza desta fin de semana. Falamos da obra do tudense Carlos Fer que se expón na Coruña e do curso de Cogomelos, que vai ter lugar en Areas, entre ou...

Noticias 13.30 h | Martes, 22 de outubro de 2024 22.10.2024

Os orzamentos da Xunta para 2025 contemplan un investimento de 16,5 millóns de € no Baixo Miño. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Repasamos a programación da IV Feira da Cabaza que este sábado comeza no Mercado de San Antonio en Tui. O inicio da temporada dos clubs de lectura coa presenza de Rexina Vega, xunto a outras citas da semana e o deporte con novos éxitos de deportistas tudenses completa...

Noticias 13.30 h |Luns, 21 de outubro de 2024 21.10.2024

A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño centra boa parte do Noticias 13.30 h de hoxe. Recollemos as citas que chegan esta semana e os resultados deportivos da fin de semana. Pechamos coas palabras de Jose Font no peche de Día a Día ante a súa xubilación.

Noticias 13.30 h | Venres, 18 de outubro de 2024 18.10.2024

O próximo xoves 24 estará en Tui o proxecto Nós, que gravarán as voces da cidadanía que desexe colaborar con esta iniciativa. Repasamos amais todas as citas da fin de semana e o deporte.

Noticias 13.30 h | Xoves, 17 de outubro 2024 17.10.2024

O IES San Paio manterá o departamento de portugués coa condición de que o próximo curso pase a ser primeira lingua estranxeira. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos as declaracións de Alberto Viso, xefe deste departamento. A cultura e o lecer son grandes protagonistas da actualidade esta semana. Hoxe hai contacontos na biblioteca e mañá un espectáculo teatral e musical no teatro tude...

Noticias 13.30 h | Mércores, 16 de outubro de 2024 16.10.2024

Hoxe, 16 de outubro, é o Día das Escritoras. A Biblioteca Municipal vaino celebra ás 19.30 h cun acto dedicado a Emilia Rosende. Así o recollemos en Noticias 13.30 h. Destacamos amais as distintas citas culturais desta semana, xunto a oferta formativa da aula da UNED, ou a inauguración musical do inicio do curso na Escola da Banda de Música Popular de Tui. Tamén coñecemos a situación nos campament...

Noticias 13.30 h | Martes, 15 de outubro de 2024 15.10.2024

A crónica cultural e de lecer centra parte do Noticias 13.30 h de hoxe. Dende o Obradoiro de skate que este domingo se vai celebrar en Tui dentro do programa Boas Vibes, ás citas no Teatro hoxe con Ghazafelhos para público escolar e o venres con Catro Cores, ou o Día das Escritoras que mañá a Biblioteca tudense dedica a Emilia Rosende. Tamén recollemos que o recoñecido cineasta portugués João Pedr...

Noticias 13.30 h | Luns, 14 de outubro de 2024 14.10.2024

Esta fin de semana comezan as actividades e obradoiros do programa Boas Vibes en Tui. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta de que Emilia Rosende será a protagoanista do Día das Escritoras na Biblioteca Municipal de Tui, e dos máis de 310 alumnos/as e profesorado de todos os centros educativos de Tui que mañá asistirán a unha representación teatral no teatro tudense. Outras novas d...

Écoute le podcast Informativos sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics