Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
27 nov. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Noticias 13.30 h | Xoves, 30 de xaneiro de 2025 30.01.2025 28:15
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres ás 20 h a representación de “Fado Alexandrino” co Teatro Nacional São João - Dúas tudenses, Cristina Rodríguez de O Fuchique e Claudia Montes de Altitude, candidadas ao premio Iniciativa Empresarial de AJE que se entrega esta tarde - Preto de 250 deportistas participarán este sábado en Tui...
Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de xaneiro de 2025 29.01.2025 26:03
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Día de loito oficial en Tui polo pasamento de Xosé Martínez Tato. Ás 18 h terá lugar o funeral na igrexa de San Francisco - O BNG presentará este venres no pleno provincial unha moción rexeitando os parques eólicos mariños de Pinzón e Roleira polas afeccións no sur da provincia - O Teatro Municipal acolle este venres ás 20 h “Fado Ale...
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de xaneiro de 2025 28.01.2025 27:45
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Onte faleceu Xosé Martínez Tato, concelleiro do BNG de Tui, persoa implicada e comprometida en moi diversos ámbitos. - O Concello de Tui declara mañá un Día de Loito Oficial polo pasamento de Xosé Martínez Tato - Un home de 32 anos, veciño de Mos, foi detido pola Garda Civil de Tui como presunto autor de dous roubos en Tui - A tomiñes...
Ent. José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 2:05
"Era unha especie de pedáneo universal, con entrega, honestidade e imparcialidade no servizo público". Así lembra José Manuel Palacín, voceiro de Converxencia 21, ao recentemente falecido Xosé Martínez Tato.
Ent. Nico Montes, voceiro do Partido Popular | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 1:39
O voceiro do Partido Popular, Nico Montes, destacou na nosa sintonía o "compromiso que sempre mantivo Xosé Martínez Tato coa nosa cidade. Era unha persoa boa, xusta e que defendía sempre os seus valores con pasión e respecto". Mañá mércores será Día de Loito Oficial no Concello de Tui.
Ent. Carmen Núñez do BNG | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 2:19
“Unha persoa necesaria, comprometida, sempre disposto a traballar polo ben común”. Así definía Carmen Núñez, voceira do BNG, a Xosé Martínez Tato. O concelleiro do BNG falecía onte á tarde. Era membro da corporación municipal dende 2013. Destacou polo seu compromiso, traballo e implicación en moi diversos ámbitos.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Pasamento de Xosé Martínez Tato 28.01.2025 5:31
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, avanzaba na nosa sintonía á a declaración mañá mércores dun Día de Loito Oficial polo pasamento do concelleiro do BNG Xosé Martínez Tato. Destacaba Enrique Cabaleiro a dimensión humana de Tato, o seu compromiso, e a súa implicación no ámbito social da cidade.
Noticias 13.30 h | Luns, 27 de xaneiro de 2025 27.01.2025 29:09
Estes son os principais titulares de hoxe: - Balance da presenza de Tui en FITUR - Árbores caídas, contedores movidos e o levantamento dunha chapa no tellado da E.I. Galiña Azul, entre as incidencias rexistradas en Tui pola borrasca Herminia - O Concello de Tui conmemorou hoxe acendendo seis candeas o Día Internacional en memoria das vítimas do holocausto - Hoxe celebrouse no P.N. Monte Aloia a tr...
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural | Incidencias pola borrasca Herminia 27.01.2025 1:44
Numerosas incidencias as deixadas esta fin de semana en Tui pol borrasca Herminia. Numerosas árbores caídas, contedores desprazados, anegamentos, e o levantamento dunha chapa do tellado da escola infantil Galiña Azul, foron parte desas incidencias. Así nolo contou o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Balance actividade en FITUR 24.01.2025 5:41
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance en Noticias 13.30 h, o venres 24 de xaneiro, da presenza de Tui en FITUR, onde mantiveron diversos encontros para a promoción da cidade e do 800 aniversario da Catedral. Destacou os encontro co CEO do grupo TUI, coa directora de Paradores, ou co presidente do Clúster de Turismo.
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de xaneiro de 2025 24.01.2025 27:38
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Éxito en FITUR cun balance positivo por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro - Campaña “Para lembrar” do Xeodestino Galicia Suroeste - O Espazo Sociocultural de Tui acollerá mañá a entrega dos premios de arquitectura Gran de Area 2024, ás 19:00 horas - Unha unidade de Doazón de Sangue está estes días en Tui - Citas da fin de semana - E...
Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de xaneiro de 2025 23.01.2025 28:49
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui, presente en FITUR - A conselleira María Martínez e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, visitaron as obras de acondicionamento que se están a executar nun treito da antiga N-551, en Tui - Seis espectáculos conforman a programación do primeiro trimestre no Teatro Municipal de Tui - Terceira edición...
Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xaneiro de 2025 22.01.2025 26:28
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui recuperará o 1,2 millóns de euros investidos no desentullo de Paramos ao fallar a favor do Concello a Audiencia Nacional - Con Nico Montes do PP continuamos as conversas cos grupos políticos da corporación - A presenza de especies exóticas un dos problemas que sofre o Miño na actualidade - Seis espectáculos conforman a programació...
Ent. Nico Montes, voceiro do PP | Rolda xaneiro 2025 22.01.2025 17:56
Hoxe con Nico Montes, voceiro do Partido Popular, continuamos a rolda de conversas dos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Abordamos a modificación da ordenanza do lixo aprobada no pleno de decembro, o balance de 2024, os retos que no seu parecer debe asumir o concello este ano, xunto a outros temas de actualidade.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Fallo do recurso do Concello contra o Ministerio de Interior por Paramos 21.01.2025 2:41
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a súa satisfacción polo fallo da Audiencia Nacional a favor do Concello de Tui no recurso contencioso administrativo interposto contra o Ministerio do Interior reclamando a cantidade íntegra dos gastos do desentullo e desamiantado do barrio da Torre en Paramos, tras a explosión de maio de 2018. Así o Ministerio deberá aboar a cantidade total de 1,2 milló...
Noticias 13.30 h | Martes, 21 de xaneiro de 2025 21.01.2025 23:48
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - A Audiencia Nacional falla a favor do Concello de Tui e o Ministerio deberá aboar o 1,2 millóns de euros do desentullo de Paramos - Convocadas ás axudas da ARI dos Camiños de Santiago - O próximo luns celébrase a romaría de San Xulián no Monte Aloia - O cineclub Tui proxecta hoxe “En corpo e mente” - Tui acollerá o 1 de febreiro o Cam...
Noticias 13.30 h | Luns, 20 de xaneiro de 2025 20.01.2025 29:35
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - A Eurocidade Tui-Valença acolle o próximo venres 31 a representación de “Fado Alexandrino” - O BNG oponse ao derribo da casa da Finca Patazumba e propón alternativas para a apertura da rúa Ourense - Balance positivo da X Mostra da Camelia Cidade de Tui cunha gran afluencia de público - Quinto posto para os Abandeirados da Rondalla O M...
Noticias 13.30 h | Venres, 17 de xaneiro de 2025 17.01.2025 35:02
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O xeodestino Galicia Suroeste leva a súa campaña “Para lembrar” a FITUR - Seguimos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación con Carmen Núñez do BNG - ACITUI prepara a campaña San Solterín - O Claustro da Catedral acolle a X Mostra da Camelia Cidade de Tui - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro será a cuarta en actuar ma...
Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda xaneiro 2025 17.01.2025 23:01
Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal para abordar a ordenanza do lixo aprobada no pleno do mes de decembro, facer balance de 2024 e dar conta dos retos que consideran ten Tui para este ano.
Ent. Eva María Pérez, do Comité de Empresa de Levantina | Manifestación contra o ERE de Levantina 16.01.2025 7:14
Esta mañá os traballadores de empresa Levantina, de Porriño, manifestáronse en protesta do ERE plantexado pola compañía, que suporá o cese da actividade industrial e 95 despidos que afectarán a 17 traballadores tudenses. Hoxe falamos con Eva María Pérez, membro do Comité de Empresa que daba conta das reivindicacións dos empregados.
Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de xaneiro de 2025 16.01.2025 30:02
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Tui conmemorará o centenario do polifacético Manuel Lago González - Abrimos rolda de conversas cos grupos políticos da corporación con José Manuel Palacín, voceiro de C21 - Traballadores de Levantina manifestáronse hoxe reclamando unha alternativa ao ERE. - A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro participar o sábado no certame de rondalla...
Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de xaneiro de 2025 15.01.2025 27:43
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - O Concello de Tui investiu 68 mil euros na mellora do punto limpo municipal - A RAG confirma a celebración en Tui dun acto conmemorativo do centenario de Manuel Lago - Sairán autobuses de Tui para a manifestación pola Sanidade Pública convocada para mañá en Vigo - Teresa Portela falou hoxe da súa ‘vida olímpica’ en Tui - ...
Ent. José Palacín, voceiro de Converxencia 21 | Rolda xaneiro 2025 15.01.2025 16:16
A ordenanza do lixo aprobada no pleno do mes de decembro, balance de 2024 e retos municipais para este 2025 foron parte dos temas que esta mañá abordamos con José Palacín, voceiro de Converxencia 21. Con el abrimos unha nova rolda de conversas cos grupos políticos da corporación municipal de Tui.
Noticias 13.30 h | Martes, 14 de xaneiro de 2025 14.01.2025 22:39
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Retencións esta mañá na estrada Tui-A Guarda en Areas por traballos de asfaltado dun tramo da vía - A padexeira olímpica Teresa Portela ofrecerá mañá unha charla no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela - O Claustro da Catedral de Tui acollerá esta fin de semana a X Mostra da Camelia organiza por ATUCA - A Rondalla O Moste...
Noticias 13.30 h | Luns, 13 de xaneiro de 2025 13.01.2025 28:19
Estes son os principais titulares de hoxe en Noticias 13.30 h - Cortado dende hoxe o cruzamento entre a Avenida da Concordia á rúa Rollo polo inicio das obras da rúa Ourense, en Tui - Avanza a revitalización e rehabilitación do Conxunto Histórico con novos proxectos viabilizados en 2024 e outros de envergadura previstos para este ano - Tui recibirá 1.161.484€ do Plan + Provincia Tui euros, e 184.0...
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics