fr

Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

27 nov. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android 10 M+ de téléchargements · note de 4,7+ iOS bientôt

Épisodes

Noticias 13.30 h | Mércores, 21 de maio de 2025 21.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A concelleira de Patrimonio, Ana Núñez, revela as novidades do afundimento na rúa Mártires de Sobredo - A xestión da biomasa nas faixas secundarias en Tui debe realizarse antes do 31 de maio - O BNG reúnese en Tui o venres para analizar a situación do Miño transfronteirizo - Mañá preséntase o catálogo da exposición “Borders” de Ja...

Noticias 13.30 h | Martes, 20 de maio de 2025 20.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Simulacro de rescate esta mañá no río Miño dentro dos exercicios MARSEC da Armada - Un afundimento na rúa Mártires de Sobredo saca a luz unha galería subterránea - Até o 2 de xuño pódense presentar as solicitudes para as fogueiras de San Xoán - "Historias fabulosas coa maxia” con Elisa Alfaya e Ian Hamilton chega ás 17.30 h na Sal...

Noticias 13.30 h | Luns, 19 de maio de 2025 19.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou a pasada fin de semana na Romaría de San Telmo en Huelva - Elisa Alfaya e Ian Hamilton presentan mañá na Biblioteca Municipal “Historias fabulosas coa maxia” - O Cineclub Tui proxecta mañá Dolls de Takeshi Kitano - Este xoves primeira charla IV Xornadas Educativas organizadas polas A...

Noticias 13.30 h | Venres, 16 de maio de 2025 16.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Este mediodía rexistrouse un escape de gas na rúa Ourense ao romper unha tubaxe do subministro - Libros, música e espectáculos mañá na Feira do Libro Galego en Tui - A XXII Romaría Cabalar do Val do Louro reunirá esta fin de semana en Pontellas a máis de 1.000 cabalos - Este domingo celebrarase a XXII Romaría "Os nosos fariñeiros....

Ent. Jacinto Lara, artista - Inauguración da exposición Borders 15.05.2025

O artista Jacinto Lara, natural de Córdoba, e afincado agora en Galicia inaugura hoxe xoves, ás 19.30 h a exposición “Borders” na Sala Municipal de Exposicións de Tui, no edificio Francisco Sánchez. Presenta sobre todo obras pictóricas pero tamén esculturas, como explicaba en Noticias 13.30 h, onde convidou a acudir á inauguración e a visitar a exposición.

Noticias 13.30 h | Xoves, 15 de maio de 2025 15.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta tarde inaugúrase na Oficina de Turismo de Tui, Mercarte, unha tenda efémera de cinco creadoras locais - A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle dende hoxe a obra de Jacinto Lara - Convocada unha reunión para constituír unha Plataforma Cidadá de Afectados no ámbito do SU 11 do PXOU de Tui - Do 23 ao 27 de xuño vaise leva...

Ent. Ana Núñez, concelleira Conxunto Histórico e María Ferreirós, técnicas - Axudas ARI 14.05.2025

Até o 10 de xuño pódense solicitar ás axudas para a rehabilitación de vivendas no Conxunto Histórico de Tui. A segunda convocatoria da Fase 13 conta cun orzamento de case 70 mil euros. A concelleira de Conxunto Histórico, Ana Núñez, e a técnica da ARI, María Ferreiros, explicaron as actuacións subvencionables e o trámite a realizar.

Noticias 13.30 h | Martes, 13 de maio de 2025 13.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui abre o prazo de solicitude de axudas á Rehabilitación de Edificios e Vivendas - Máis de 650 escolares participan mañá na XVI Tui Le no Teatro Municipal - Abertas as inscricións para os campamentos de verán do CB Tui, da Escola da Banda de Música de Tui e da Raiola en Caldelas - Tui acolle esta fin de semana o Cam...

Noticias 13.30 h | Luns, 12 de maio de 2025 12.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Mercado de San Antonio de Tui ofrece taquillas intelixentes para recoller a compra fóra do horario habitual - Play-Doc 2025 premia a “Deuses de pedra” na competición galega e a “7 paseo con Mark Brown” na internacional. - Lisi da Silva presenta esta tarde en Tui as súas primeiras novelas - Hoxe conmemórase o Día Mundial da Fibro...

Noticias 13.30 h | Xoves, 8 de maio de 2025 08.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Cine galego, internacional e retrospectivas centran a segunda xornada do Festival Play Doc - Concerto de Fin de Grao de tres alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Tui - Hoxe conmemórase o Día Mundial da Cruz Vermella - Este domjngo comeza o ciclo de andainas saudables organizado pola Eurocidade Tui- Valença co Trilho E...

Noticias 13.30 h | Mércores, 7 de maio de 2025 07.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Consorcio de Augas do Louro alerta de chamadas e visitas dunha empresa allea ao servizo - A actuación de Su Garrido Pombo e a proxección de “Queres saír podes entrar” de Pablo Villalobos inauguran a 21ª edición de Play Doc no Teatro Municipal. - A xornalista Laura Martínez Alarcón presenta esta tarde na Sala Félix Rodríguez en T...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo | Valoración datos turismo abril 06.05.2025

Datos positivos do turismo do mes de abril en Tui, segundo as estatísticas recollidas pola Oficina de Turismo. Case 3 mil persoas pasaron por este punto de información, mil máis que no mesmo mes de 2024. A concelleira de Turismo, Ana Núñez, valorou estes datos en Noticias 13.30 h.

Noticias 13.30 h | Martes, 6 de maio de 2025 06.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro baixa en 7 persoas, até as 937 en Tui no mes de abril - A Oficina de Turismo de Tui rexistra un incremento de 1.000 persoas no mes de abril en comparación a 2024 - Mañá comeza a 21ª edición de Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui. - Xarope Tulú presenta hoxe na Bibliioteca Municipal o contacontos para bebés “...

Noticias 13.30 h | Luns, 5 de maio de 2025 05.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - As prazas da Armada, Fromista e Pracer de Tui serán reformadas - Play Doc comeza este mércores cunha sesión de música en directo con Su Garrido e a proxección do filme “Queres saír podes entrar” - O programa “Tui en letras” comeza mañá co contacontos “Bichocas” a cargo de Xarope Tulú. - O cineclub Tui retoma as súas proxeccións cu...

Noticias 13.30 h | Venres, 2 de maio de 2025 02.05.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Un turismo cochou contra tres vehículos estacionados esta pasada madrugadada en Areas - A Xunta adxudicou por 16.3 millóns de € o treito Areas-Po 350 da autovía Tui-A Guarda - O Concello de Tui rematou as obras de remodelación das pistas de tenis de Areas - A Catedral de Tui acolleu esta mañá un funeral polo papa Francisco - Mañá...

Noticias 13.30 h | Mércores, 30 de abril de 2025 30.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Problemas no transporte do lixo a SOGAMA tras o apagón pode conlevar acumulacións puntuais nos contedores - A Xunta renovará o ascensor do IES San Paio - A Oficina de Turismo de Tui recibe a certificación de calidade turística SICTED na Gala Provincial de Turismo - O 7 de maio comeza o Festival Play Doc en Tui cunha variada progra...

Noticias 13.30 h | Martes, 29 de abril de 2025 29.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui volve á normalidade tras o gran apagón de onte recuperando o subministro eléctrico ás 4.30 h - Foi suspendida a procesión de San Telmo, a verbena e a tirada de fogos ao decretarse o nivel 2 de emerxencia - O alcalde, Enrique Cabaleiro agradeceu o comportamento da poboación e o labor dos corpos de seguridade e de emerxencias -...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Situación tras apagón 29.04.2025

Normalidade no funcionamento dos servizos municipais tras o apagón rexistrado no día de onte. Esta mañá volveron funcionar os grupos de presión para o abastecemento de agua de Caldelas, Guillarei, Rebordáns e Ribadelouro. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen daba conta da situación vivida no día grande das Festas de San Telmo, onde tivo que ser suspendida a procesión, a ver...

Noticias 13.30 h | Venres, 25 de abril de 2025 25.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui prepárase para vivir a fin de semana grande das festas de San Telmo - O grupo de teatro San Fins de Rebordáns pecha a XV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal - Tui vivirá esta fin de semana unha nova edición da Concentración Cabalar de San Telmo - Falece un home ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Cald...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Festas de San Telmo 2025 25.04.2025

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo hoxe balance da primeira semana das festas de San Telmo na nosa sintonía e convidaba á veciñanza a desfrutar desta fin de semana das celebracións.

Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de abril de 2025 24.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - G Face estará hoxe en concerto no Espazo Feiral dentro das festas de San Telmo - O Espazo da rúa Camilo José Cela acolle o segundo concerto do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música - O grupo de teatro Chirlomirlo de Randufe estrea esta noite “Arraiadas” no Teatro Municipal - Nova concentración ás portas do IES San Paio r...

Ent. Ángez Sánchez, codirector de Play Doc 23.04.2025

Ángel Sanchez, codirector de Play Doc, presentou hoxe as películas galegas que estarán en competición no festival. Avanzou amais a proxección de curtas de Bernardino de Lamas nunha sesión acompañada musicalmente polo Conservatorio e a Escola de Música de Tui.

Noticias 13.30 h | Mércores, 23 de abril de 2025 23.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui rexistra un boom turístico na Semana Santa - Teatro, canto coral e música hoxe nas festas de San Telmo - Play Doc da a coñecer os doce filmes galegos que competirán no festival - Esta semana comezan tres novos cursos na Aula da UNED de Tui - Mañá celébrase un Escape Room no Espazo Xove de Tui - ...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Turismo | Balance turístico Semana Santa 23.04.2025

A concelleira de Turismo e Comercio, Ana Núñez, destacou na Radio Municipal de Tui o “boom turístico” rexistrado na Semana Santa na cidade, tal e coma reflicten as estatísticas da Oficina de Turismo. Tamén destacou que o IV Encontro de Viños da Raia, celebrado dentro das festas de San Telmo, rexistrou a maior afluencia das edicións realizadas até o momento.

Noticias 13.30 h | Martes, 22 de abril de 2025 22.04.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Canto coral, danza e teatro hoxe nas festas de San Telmo en Tui - Continúa a festa do Meixón en sete establecementos tudenses - A Concentración Cabalar de San Telmo celebrarase este ano tres días e incorpora novidosas actividades - Hoxe ás 23 h remata o prazo de inscrición na Carrera Popular de San Telmo - O tudense Edu Sousa é un...

Écoute le podcast Informativos sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics