fr

Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

10 juil. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android près de 10 M de téléchargements · note de 4,8 iOS bientôt

Épisodes

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno xullo 07.08.2025

Abrimos hoxe con Carmen Núñez, voceira do BNG, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.

Noticias 13.30 h | Mércores, 6 de agosto de 2025 06.08.2025

Estas son as principais novas que hoxe mércores, 6 de agosto, recollemos en #Noticias1330h: - O Campamento de Verán Igual É + celebra a súa terceira quenda - O V Foro Resonancias e o concerto de Clara Peya protagonistas hoxe en Música no Claustro - Valença celebra festas na honra a Nossa Senhora do Faro - O piloto tudense Saúl Vaz participou no Campionato de España X-30 Sénior ...

Noticias 13.30 h | Martes, 5 de agosto de 2025 05.08.2025

Estas son as prinicipais novas deste martes, 5 de agosto, que recollemos en Noticias 13.30 h: - O paro subiu no Baixo Miño en 38 persoas en xullo até os 2.362 desempregados - Con José Palacín, concelleiro non adscrito abrimos hoxe a rolda de conversas tras o pleno ordinario do pasado xoves - O próximo luns entregaranse en Tui os premios da campaña Merca no teu comercio - A violinista tudense Raque...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno xullo 05.08.2025

Abrimos hoxe con José Palacín, concelleiro non adscrito, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.

Noticias 13.30 h | Luns, 4 de agosto de 2025 04.08.2025

Neste luns, 4 de agosto, estas son parte das novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Alerta por altas temperaturas no sur da provincia de Pontevedra - Unhas 50 comunidades de montes do Baixo Mñ¡iño, Val Miños e Vigo e máis de 300 veciños/as do Distrito Forestal XVIII coordínanse en labores de vixilancia ante o alto risco de incendios - Tui será un dos municipios beneficiarios do programa Conce...

Noticias 13.30 h | Venres, 1 de agosto de 2025 01.08.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Onte a corporación municipal celebrou pleno ordinario - Última hora con respecto aos incendios forestais - Ás 21 h Mário Lúcio actúa no festival Música no Claustro. A entrada é libre - Mañá sábado a Eurocidade Tui-Valença acolle IV Encontro Ibérico AUDI 2025 - Esta fin de semana celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns e a festa de...

Noticias 13.30 h | Xoves, 31 de xullo de 2025 31.07.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h - Última hora con respecto aos incendios forestais - Ás 20 h comeza o pleno ordinario no Concello de Tui con 13 puntos na orde do día - Cristina Bordas, catedrática de Musicoloxía da Complutense de Madrid, abrirá o Foro Resonancias no marco de Música no Claustro - Ás 22 h o CineClub Tui proxecta “La prima cosa bella” - Esta fin de semana c...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Incendio forestal en Rebordáns 30.07.2025

Este mediodía orixinouse un incendio na parroquia tudense de Rebordáns, En Noticias 13.30 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicaba que o foco afecta a unha zona moi sensible pola proximidade a unha urbanización, á A55 e ao Parque Natural Monte Aloia. Cos medios aéreos e terrestres que estaban nese momento a traballar na zona afectada a situación estaba controlada. O rexedor tudense facía u...

Noticias 13.30 h |Mércores, 30 de xullo de 2025 30.07.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en noticias 13.30 h - Rexistrado un incendio forestal na parroquia de Rebordáns. - Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, da conta da situación no incendio forestal rexistrado este mediodía - Este mediodía gardouse un minuto de silencio na praza do concello en sinal de do pola traballadora do SAF do Porriño asasinada onte no Concello do Porriño - A cor...

Noticias 13.30 h | Martes, 29 de xullo de 2025 29.07.2025

Estas son as prinicipais noticias de hoxe martes, 29 de xullo: - A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario - Estabilizada a situación en Salvaterra tras o incendio forestal rexistrado onte - Este venres comeza Música no Claustro co lema "Identidades" - Citas para hoxe * Ás 20 h visita guiada ao mosteiro de San Fins en Valença * Ás 20.30 h o Cineclub Tui proxecta “Mirai, a m...

Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra - Incendio Forestal 29.07.2025

Unha superficie de 50 hectáreas viuse afectada polo incendio forestal rexistrado onte na parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, segundo esta mañá explicou a alcaldesa, Marta Valcárcel. Onte pola proximidade ás casas a Xunta estableceu a situación 2, e na loita contra as lapas interviron numerosos medios tanto terrestres coma aéreos. A rexedora explicou coma esta mañá a situación está cont...

Noticias 13.30 h | Luns, 28 de xullo de 2025 28.07.2025

Estas son as principais novas que recollemos hoxe luns, 28 de xullo, en Noticias 13.30 h: - Adif licita por 6 millóns a redacción dos proxectos de renovación do tramo Ourense-Guillarei, na Liña do Miño - Ignacio Grueiro tomará posesión este mércores coma Comandante do Cabo Fradera - Máis de 200 persoas asistiron ás actividades coas que Tui reivindicou a súa capitalidade do Camiño Portugués - Hoxe...

Noticias 13.30 h | Xoves, 24 de xullo de 2025 24.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A representante do touroperador Tui, visitou onte o Concello de Tui para seguir afondando nas relacións coa cidade - Prosegue a programación “Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués” con concerto de Germán Díaz, camiñada e espectáculo de danza e música con Furia Sotelo - A unidade móbil de Doazón de Sangue está ho...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras Avda Portugal e outras 23.07.2025

Con Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui falamos hoxe en Noticias 13.30 h das obras realizadas na Avenida de Portugal, que hoxe foron visitadas polo rexedor e polo subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, xunto a outras autoridades. Tamén deu conta das solicitudes que plantexa o rexedor sobre a iluminación das entradas da A55, da entrada que vai dende a Avenida de Portugal até o novo enlace...

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de xullo de 2025 23.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta mañá inauguráronse as obras acometidas na Avenida de Portugal de Tui - A titular do Xulgado de Instrucción nº2 de Tui decretou o ingreso en prisión, eludible cunha fianza de 150 mil euros, para o mozo de 25 anos veciño de Murcia detido como suposto conductor do BMW implicado no accidente mortal do Rosal - Esta tarde o historiador...

Noticias 13.30 h | Martes, 22 de xullo de 2025 22.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Posto a disposición xudicial nos Xulgados de Tui o mozo que presuntamente conducía o coche involucrado no accidente mortal no Rosal a pasada semana - O Camiño de Santiago protagoniza as catro actividades previstas esta semana en Tui, - O Cineclub Tui proxecta esta tarde “A extraordinaria viaxe de T.S Spivet”, de Jean-Pierre Jeunet - A...

Noticias 13.30 h | Luns, 21 de xullo de 2025 21.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O pavillón do CEIP de Randufe conta con nova cuberta tras un investimento superior aos 100 mil euros - A Deputación destinará máis de 67.000 euros a Tui para financiar a mellora do firme na vía municipal entre a EP-2502 e a PO-342 en Ribadelouro - O Concello de Tui e a Red de Juderías de España realizarán novas accións de carácter prom...

Noticias 13.30 h | Venres, 18 de xullo de 2025 18.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui recibe a visita do novo director xerente da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, Iñaki Echeveste - Máis de 2.000 persoas gozaron dos dous primeiros concertos do XIII IKFEM Festival Tui - Valença, que continúa até este domingo. - Esta noite a Alameda de San Domingo acollerá, ás 22.30 h ES, o concerto de James Rhodes, dent...

Noticias 13.30 h | Xoves, 17 de xullo de 2025 17.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Segunda xornada do IKFEM Festival Tui- Valença na que hoxe Milhanas e Fillas de Casandra serán protagonsitas - O concerto inaugural do Festival IKFEM deste ano 2025, protagonizado pola Gala CaixaSon congregou onte nas Cortinas de San Francisco a 1.500 persoas - A aula CEMIT de Tui acollerá o luns 11 e o martes 12 de agosto os obradoiro...

Noticias 13.30 h | Mércores, 16 de xullo de 2025 16.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O IKFEM Festival Tui-Valença comezou esta mañá en Tui co Foro CaixaSon e esta noite na Fortaleza de Valença celebrarase a Gala Caixason - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse o luns con representantes da Plataforma Cidadá de afectados polo Su 11 de Tui, logo de que presentasen a solicitude de modificación do planeamento urbaní...

Noticias 13.30 h | Martes, 15 de xullo de 2025 15.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui completou o cambio da iluminación nos accesos á cidade dende Randufe e Guillarei - Esta mañá foi presentado o IKFEM Festival Tui-Valença nas Cortinas de San Francisco, na Fortaleza de Valença - Onte celebrouse o 11º Encontro de Networking ao que asistiron máis de 30 empresarios de Galicia e Norte de Portugal de MERCAT...

Noticias 13.30 h | Luns, 14 de xullo de 2025 14.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Avanzan a bo ritmo as obras de recuperación da senda do río Caselas, na parroquia tudense de Caldelas - Mañá martes presentarase nas Cortinas de San Francisco, en Valença, o IKFEM Festival Tui-Valença - A Garda Civil de Pontevedra da por concluída a operación Amorín - Pancenteo coa detención dun home de 21 anos que fuxiu na primeira fa...

Noticias 13.30 h | Venres, 11 de xullo de 2025 11.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue visitou o inicio das obras do treito da autovía Tui-A Guarda, entre o enlace do polígono de Areas e a PO-350 - O próximo martes presentarase o IKFEM Festival Tui-Valença que celebrará a súa décimo terceira edición do mércores 16 ao domingo 20 - Mañá sáb...

Noticias 13.30 h | Xoves, 10 de xullo de 2025 10.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, repasa a situación das diferentes obras que se están a acometer en Tui - A Garda Civil de Tui investiga a un varón de 60 anos, das Neves como presunto autor dun delito contra a saúde pública - Tui percibirá achegas da Deputación para a oficina de Turismo - Cinco visitas guiadas e unha conferencia co...

Noticias 13.30 h | Mércores, 9 de xullo de 2025 09.07.2025

Estas son parte da novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asinaron onte o convenio de colaboración para executar a reforma da rúa Coruña - Pechamos a rolda de conversas tras o pleno da pasada semana co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro - Catro médicos menos, persoal que cubre as quendas dos facultativ...

Écoute le podcast Informativos sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics