fr

Radio Municipal de Tui

Informativos

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Radio Municipal de Tui

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

10 juil. 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android près de 10 M de téléchargements · note de 4,8 iOS bientôt

Épisodes

Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG | Rolda pleno setembro 01.10.2025

Con Carmen Núñez, voceira do BNG, continuamos a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación tras o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro.

Noticias 13.30 h | Martes, 30 de setembro de 2025 30.09.2025

Estas son as novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta mediodía presentouse a imaxe de marca do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui - A CSIF solicitou a suspensión inmediata da actividade no edificio da Axencia Tributaria en Tui, tras confirmarse niveis de radón extremadamente altos - Hoxe ás 18.30 h farase entrega dos premios AJE aos que optan catro mulleres da comarca do Ba...

Noticias 13.30 h | Luns, 29 de setembro de 2025 29.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O concello de Tui cambiará as luminarias das parroquias por tecnoloxía led - Abrimos rolda tras o pleno ordinario de setembro co concelleiro non adscrito, José Palacín - A colaboración entre a Cámara de Comercio de Tui e o IGAPE facilitou a participación e sete empresas galegas en Marmomac, feira referencia na industria da pedra n...

Ent. José Palacín, concelleiro non adscrito | Rolda pleno setembro 29.09.2025

Abrimos hoxe con José Palacín, concelleiro non adscrito, a rolda de conversas posterior ao pleno ordinario celebrado o pasado xoves pola corporación municipal de Tui.

Noticias 13.30 h | Venres, 26 de setembro de 2025 26.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Repasamos os asuntos aprobados onte en pleno: crédito para o cambio de luminarias nas parroquias, convenio coa CHMS para unha nova ponte sobre o arroio Cotarel, e o traslado dos fentos da praza da Inmaculada - A Garda Civil de Tui lidera a operación LAKE, coordinada por EUROPOL, coa participación de máis de 40 países na loita cont...

Noticias 13.30 h | Xoves, 25 de setembro de 2025 25.09.2025

Estas son as novas que hoxe recollemos no Noticias 13.30 h deste xoves, 25 de setembro de 2025.

Noticias 13.30 h | Mércores, 24 de setembro de 2025 25.09.2025

Este é o informativo Noticias 13.30 h do mércores, 24 de setembro de 2025.

Noticias 13.30 h| Martes, 23 de setembro de 2025 23.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A corporación municipal de Tui abordará este xoves en pleno o convenio coa CHMS e o crédito para a renovación do alumeado público - Medio Ambiente inviste máis de 300 mil euros na erradicación de acacia negra no Parque Natural Monte Aloia - O Paseo da Corredoira acolleu onte á tarde a concentración convocada pola Coordinadora Gale...

Ent. Grupo de Participación Infantil e Xuvenil "Partuicipando" - Actividade e invitación 22.09.2025

O grupo de participación infantil e xuvenil de Tui, Partuicipando, inicia unha nova temporada de actividade. Coñecemos que é este grupo, que actividades realiza, as próximas citas que teñen con Elisa, Eva, Antón, Xiana, Iria, Alma e Álvaro. Tamén nos deixaron un convite para que a infancia e a mocidade tudense de 9 a 17 anos se sume a Partuicipando. As persoas interesadas poden contactar co no 604...

Noticias 13.30 h| Luns, 22 de setembro de 2025 22.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Tui alzou a voz contra o xenocidio da poboación palestina en Gaza o pasado venres concentrándose na praza do Concello - A Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina convoca unha concentración hoxe ás 20 h diante da Praza da Inmaculada - Este sábado comeza a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui co conc...

Noticias 13.30 h| Venres, 19 de setembro de 2025 19.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A praza do Concello acolle hoxe ás 20 h un acto público contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza - Colocación das novas sinais informativas da zona azul gratuíta de aparcamento, que entrará en vigor tras a aprobación definitiva da ordenanza reguladora - Música, teatro, maxia e cinema na programación cultural de outono de Tui n...

Noticias 13.30 h| Xoves, 18 de setembro de 2025 18.09.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h: - Onte comezaron as obras no muro dos xardíns de Troncoso - Suso Vila conducirá este sábado a visita polo patrimonio xudeu da Eurocidade Tui-Valença dentro do Setembro Xudeu - Esta fin de semana celébrase a Festa Das Dores Guillarei - Un centenar de participantes competirán no Concurso Nacional de Saltos en Tui - Ainhoa Lameiro,...

Ent. Sandra González,alcaldesa de Tomiño | Inauguración do Espazo Isaura Gómez 18.09.2025

O Espazo Isaura Gómez de Tomiño abrirá as súas portas este sábado ás 12 h, e o a longo da próxima semana haberá distintas visitas para dar a coñecer os servizos que acolle coma a Biblioteca Municipal, o arquivo, a Aula CEMIT, así coma tamén o Servizo de Atención Temperá, SAT, do Baixo Miño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, deu conta do traballo realizado ao longo dos últimos anos para facer...

Noticias 13.30 h | Mércores, 17 setembro de 2025 17.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui traballa no proxecto de medidas urxentes tras o desprendemento de pedras da cornixa do Teatro Principal - A Garda Civil de Tui detén a dous veciños da Guarda coma presuntos autores de dous roubos con forza e a un veciño da Cañiza por un presunto delito de tráfico de drogas - Até o xoves 25 pódense solicitar as ax...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Inicio obras Augusto González Besada e outros 16.09.2025

En Noticias 13.30 h o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, deu conta do inicio das obras na rúa Augusto González Besada e os cambios de tráfico que conleva. Tamén se referiu á entrada en vigor dos orzamentos de 2025, e a renovación do alumeado público. Avanzou que entre os temas que irán ao pleno ordinario deste mes, está un convenio coa CHMS para a construción dunha nova ponte sobre o río Tripes na...

Noticias 13.30 h | Martes, 16 setembro de 2025 16.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da conta do inicio das obras en Augusto González Besada, da entrada en vigor do orzamento de 2025, da renovación do alumeado público e dos asuntos a tratar no próximo pleno ordinario - O PP de Tui cualifica de “temeridade” que o goberno local recorra a un préstamo de 3,1 millóns de € do IDAE pa...

Noticias 13.30 h | Luns, 15 de setembro de 2025 15.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Comezan as obras na rúa Augusto González Besada que conlevan cambios de dirección en dúas rúas do centro urbano - Mañá preséntase o estudo de mobilidade da Eurocidade Tui–Valença no marco das xornadas de “Mobilidade Urbana Sustentable” que van ter lugar na Biblioteca Municipal de Valença - A limpeza das faixas secundarias, clave n...

Noticias 13.30 h | Venres, 12 de setembro de 2025 12.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Eurocidade Tui–Valença acollerá o vindeiro martes na Biblioteca Municipal de Valença, a acción de capacitación “Mobilidade Urbana Sustentable” - O grupo parlamentario Socialista reclamou na Comisión 3ª do Parlamento que asuma as competencias que lle corresponden no mantemento e xestión do conservatorio profesional de Música de T...

Noticias 13.30 h | Xoves, 11 de setembro de 2025 11.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - O Concello de Tui investiu 176.800 € na mellora do pavillón de Randufe - “Sefarad” de Luis Ismael é a película que esta tarde se proxecta no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela dentro da programación do Setembro Xudeu e no Parador de Turismo de Tui pode desgustarse un menú sefardí durante todo o mes - Até mañá está aberta...

Noticias 13.30 h | Mércores, 10 de setembro de 2025 10.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - Esta semana comezan seis cursos na Aula da UNED de Tui - Xornada de Portas Abertas na sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas situada no IES Indalecio Pérez Tizón - Numerosas persoas concentráronse en Tui rexeitando a participación dun equipo israelí na Volta Ciclista a España - Xa está aberto o prazo de inscrición para partic...

Noticias 13.30 h | Martes, 9 de setembro de 2025 09.09.2025

Estas son as principais novas que recollemos en Noticias 13.30 h: - A Volta Ciclista España pasa hoxe por Tui. Está convocada unha concentración en solidariedade con Palestina - O xoves continúan as actividades do Setembro Xudeu coa proxección da película “Sefarad” - Hoxe o Cineclub Tui proxecta o filme “Sala de Profesores” - Aberto o prazo de inscrición para o club de lectura María Tydeska - A au...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes | Paso da Volta Ciclista a España por Tui 09.09.2025

A partir das 14.30 h está previsto o paso da Volta Ciclista a España por Tui, polo que xa dende media hora antes se cortará o tráfico nas rúas por onde pasará. Os ciclistas chegarán dende Salceda, e accederán ao centro urbano dende Guillarei pasando pola Avenida da Concordia, rúa Ourense, e Colón, para continuar en dirección ao alto de San Antoniño. Deunos todos os detalles Rafael Estévez, concell...

Noticias 13.30 h | Luns, 8 de setembro de 2025 08.09.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Mañá debido ao pase da Volta Ciclista a España non se poderá estacionar dende ás 9 h na avenida da Concordia, na rúa Ourense, rúa Colón e na rúa Compostela - Hoxe e mañá hai cortes na estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia - Esta mañá comezou un novo curso escolar en todos os centros educativos tudenses - Técnicos...

Noticias 13.30 h | Venres, 5 de setembro de 2025 05.09.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - A praza do Pracer acolle hoxe o concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos” do Setembro xudeu - Mañá celébrase o Festival Boas Vibes na Alameda de San Domingos - Randufe pecha a súa Semana Cultural cunha noite de rock e dúas actuacións na igrexa da Guía - O domingo comezan as Festas na honra á Virxe da Gu...

Noticias 13.30 h | Xoves, 4 de setembro de 2025 04.09.2025

Estas son as principais novas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h: - Hoxe e mañá está cortada ao tráfico a estrada de subida ao Parque Natural do Monte Aloia á altura do parque da Macoca até a cruzamento coa estrada que vai a Circos - O “Setembro xudeu” en Tui comeza mañá ás 21.30 h na praza do Pracer co concerto de música sefardí á luz das candeas “Arvolicos lejanos” - O Concello de Tui pon a...

Écoute le podcast Informativos sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics