Fóra de Mapa
Fóra de Mapa
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
#34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división 10.04.2023 1:39:27
A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas...
#33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest 25.02.2023 1:12:47
Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.
#32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo 07.02.2023 1:22:00
A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.
#31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade 25.12.2022 1:29:13
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa in...
#30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial 17.12.2022 1:23:27
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo...
#29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca 08.12.2022 1:16:15
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conqui...
#28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis 26.07.2022 1:03:41
O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar d...
#27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb 28.06.2022 39:35
O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.
#26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza 24.05.2022 1:16:49
O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (fala...
#25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía 02.05.2022 1:46:57
Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialect...
#24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara 18.04.2022 42:57
Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén...
#24. O irlandés. Un idioma con estado que resiste a pesar da hexemonía do inglés 08.04.2022 1:04:14
O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativ...
#23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas 21.03.2022 1:37:37
Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero a súa identidade diferenciada fundamentase nunha s...
#22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca 07.03.2022 1:02:00
Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que grazas á lexislación aplicada tanto por Dinamarca como...
#21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria) 21.02.2022 1:12:58
A República de Moldavia é un país cunha identidade complexa debido á súa diversidade étnica e a súa especial relación con Rumanía. Ademais é un estado feble por dous conflitos étnicos, o de Gagauzia -que parece estar solucionado polo momento- e o de Transnistria, que durante os últimos 30 anos teñen afectado o desenvolvemento económico e político de Moldavia.
#20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís 07.02.2022 1:58:31
Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande que a comarca de Pontevedra, pero esencial pra co...
#19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade 24.01.2022 1:12:53
A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser oficial, como é norma en Francia, goza de bastant...
#CapítuloEspecial. Músicas Fóra de Mapa. Pimba, levenslied, manele, discopolo, turbofolk... e outras músicas marxinadas 06.01.2022 1:02:54
Neste episodio especial, e moito menos serio, centrarémonos en músicas fóra do mapa, ou sexa, estilos moi populares en diferentes países pero sobre os que recaen estereotipos negativos e son rexeitados polas elites culturais. Falaremos da música pimba en Portugal, levenslied en Flandres e nos Países Baixos, turbofolk nos estados da ex-Iugoslavia, manele en Rumanía, chalga en Bulgaria, skilladika e...
#18. Eslovaquia. Mil anos á sombra de checos e húngaros mais que agora discrimina ás súas minorías 20.12.2021 1:14:40
O pobo eslovaco foi durante mil anos unha nación subalterna, nunca tivo un estado de seu até ben entrado o século XX e o seu despertar nacional foi máis serodio que o dos veciños checos ou húngaros. A pesar diso, a nación eslovaca foi capaz de construír un estado estable mais con importantes eivas democráticas, en especial no que afecta aos dereitos e representación da minoría húngara.
#17. Linguas artificiais. O esperanto, o interlingua e outras linguas artificiais auxiliares 06.12.2021 1:18:48
Nos últimos 150 anos creáronse varias linguas co fin de facilitar a comunicación entre os falantes de diferentes idiomas. O esperanto, o interlingua e outras son idiomas artificiais e non ligados a ningún estado. A pesar de non teren un territorio propio si existen comunidades de falantes espallados por todo o mundo que empregan estas linguas tanto para se comunicaren como para crear contidos cult...
#16. Os Silesios. Unha minoría rexurdida e negada polo nacionalismo polaco 22.11.2021 1:31:43
Silesia é unha rexión de fronteira na que durante séculos conviviron polacos, alemáns ou checos. Durante o século XIX e XX xurdíu unha identidade propia e mestiza, diferenciada da polaca. Tras décadas de políticas asimilacionistas a lingua e identidade silesias están a rexurdir a pesar do crecente nacionalismo étnico polaco.
#15. Normandía. Unha rexión no centro da historia de Europa 08.11.2021 55:07
Normandía é unha rexión transfronteiriza, compartida entre Francia e as illas anglonormandas. No seu territorio decidiuse a historia de Europa varias veces e hoxe mantén unha forte identidade cultural propia, tamén lingüística, aínda que o estatus da lingua normanda sexa diferente no continente e nas illas.
#14. Südtirol. Unha ponte entre o mundo xermánico e o latino 25.10.2021 51:28
Südtirol está na fronteira entre o mundo xermano e latino, mais a pesar de disputas e conflitos durante máis dun século, a rexión foi capaz de xestionar esta diversidade cultural, lingüística e identitaria grazas ao seu autogoberno.
#13. Macedonia. Unha ensalada de pobos e disputas 11.10.2021 1:03:45
Macedonia foi durante séculos un crisol de culturas, pobos e linguas, e isto provocou disputas identitarias até hoxe. Neste episodio centrámonos na historia desta rexión europea e analizamos os conflitos internos e externos de Macedonia do Norte que impiden a súa integración na UE, e máis a situación da minoría macedonia en Grecia.
#12. Estremadura. Unha rexión cunha grande e descoñecida diversidade lingüística 28.06.2021 1:19:36
Estremadura contén unha importante diversidade lingüística que até hai pouco sempre foi invisibilizada, descoñecida ou desprezada. A pesar de que moitos falantes non teñen conciencia lingüística, o estremeñu aínda é usado por centos de miles de persoas, especialmente no noroeste da rexión. Ademais o portugués é falado nalgunhas zonas da raia e no municipio de Olivença, aínda que a súa vitalidade é...
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics