Fóra de Mapa

Fóra de Mapa

O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.

Auteur

Fóra de Mapa

Catégorie

History

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

13 juin 2026

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android 5 M+ de téléchargements · note de 4,8 iOS bientôt

Épisodes

#Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb 19.05.2025

O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo. Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e mái...

Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes 12.05.2025

Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo. Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola. Logo de instalarse nos...

#Petisco lixeiro. Os gregos pónticos da URSS 11.04.2025

Os gregos do mar Negro chegaron a territorio controlado por Moscova en diferentes vagas durante os séculos XVIII-XIX e XX debido a migracións económicas e provocadas por conflitos e limpezas étnicas en Anatolia. Coa chegada do comunismo a estas latitudes esta Hélade adaptouse a esenovo sistema político, formando unha nación máis da diversa poboación soviética. Durante 70 anos os gregos pónticos da...

#39. Os gregos do Ponto. A Hélade no mar Negro que loita por salvagardar a súa identidade 04.04.2025

Os gregos do Ponto son unha sub-etnia que forma parte da nación grega. Desde hai milenios desenvolveron unha lingua, cultura e identidade de seu que espallaron polas costas do mar Negro, e que aínda se mantén viva en Grecia onde a gran maioría dos gregos do Ponto foron reasentados logo do intercambio de poboación con Turquía no 1923. Aínda así, nos vales e montañas do Ponto existen varios miles de...

#Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste 06.01.2025

As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico. A solución temporal foi crear un estado novo baixo respons...

#38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns. 24.12.2024

Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o...

#Petisco lixeiro. As burrneshas 07.10.2024

As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que as mulleres os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar mante...

#Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka 30.09.2024

Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país. Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo...

#Petisco lixeiro. Os valdenses 17.09.2024

Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses. Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contr...

#Petisco lixeiro. A Gran Excursión 10.09.2024

No verán de 1989 Bulgaria expulsou a Turquía a centos de miles de turcos búlgaros. Unha auténtica limpeza étnica que pasou bastante desapercibida nos medios internacionais e no mundo académico. A Gran Excursión foi unha consumación da política ultranacionalista do estado socialista búlgaro que pretendía a formación dunha identidade nacional homoxénea fundamentada na cultura e lingua búlgaras e no...

#Petisco lixeiro. Os croatas de Molise 04.09.2024

Molise existe e alí conviven 3 diferentes comunidades lingüísticas. Unha delas, a croata é a máis pequena das recoñecidas en Italia e probablemente a máis exótica. A comunidade dos croatas de Molise está formada por arredor de 1000 persoas, que se concentran en 3 vilas da rexión. Chegados á zona no século XVI, foi "redescuberta" no século XIX. Hoxe, o seu idioma esmorece a pesar da protección e re...

#Petisco lixeiro. O monte Athos 29.08.2024

En Grecia hai unha península na que nin as mulleres, nin os animais femia poden entrar, é o monte Athos, un dos lugares máis sagrados pra comunidade ortodoxa. Este territorio leva sendo autónomo desde hai un milenio desenvolvendo un autogoberno, institucións e normas propias pese as idas e vindas políticas en Constantinopla ou Atenas. Hoxe o monte Athos é unha Mancomunidade Monástica Autónoma, cun...

#Petisco lixeiro. O intercambio de poboación Grecia - Turquía 21.08.2024

En 1923 Grecia e Turquía acordaban un intercambio das poboacións musulmá e ortodoxa co fin de acabar cos conflitos entre os dous estados. Esta decisión vai supor unha traxedia pra case 2 millóns de persoas e afectar as sociedades enteiras de Grecia e Turquía e redefinir as identidades de cadanseu país. Os seus efectos políticos e sociais aínda teñen consecuencias hoxe.

#Petisco lixeiro. Nakhicheván 05.08.2024

A República Autónoma de Nakhicheván é un exclave acerbaixano entalado entre Armenia e Irán, porén conta cun paso fronteirizo co maior socio comercial, político e militar de Acerbaixán: Turquía. Isto fai que Nakhicheván sexa un territorio clave para comprendermos a inestabilidade no Cáucaso, e un potencial elo esencial nos corredores de transporte entre Asia Central, o Mediterráneo e Europa.

#Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops 15.07.2024

A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.

#Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia 18.03.2024

Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de réximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.

#Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa 10.03.2024

Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.

#Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito? 06.02.2024

O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933: A representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba ás diferentes nacións sen estado e minorías étnicas e relixiosas de Europa...

#37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica. 31.12.2023

O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos t...

#36. Occitania: 1000 anos resistindo a hexemonía de París 19.12.2023

Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan amplo, existen polo tanto varias formas de sentirse parte da...

#Petisco lixeiro. O mesías que non foi 13.10.2023

Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman...

#Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega 05.10.2023

A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao...

#Petisco lixeiro. O conflito de Adjara 29.09.2023

Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.

#Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual 23.09.2023

En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.

#35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark 03.06.2023

Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.

Écoute le podcast Fóra de Mapa sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics