Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Valladares
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
29 sept. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Xoves 2/10/2025 02.10.2025 1:59:26
De paseo polos xardíns que Silvia Rodríguez coida no pazo de La Saleta, en Meis. Moitas vivencias e algunhas anécdotas recólleas no libro ‘En la penumbra de un jardín extraño’. Ademáis, imos fisgar nos relatos que andan a ler no clube de lectura de literatura africana, conducido por Carla Figueiras, que estas tardes se xuntan no edificio Redeiras.
Mércores 1/10/2025 01.10.2025 1:56:40
Un chapuzón? Imos coñecer a piscina de Valladares e as súas particularidades. Ademáis, falaremos do proxecto Mitolóxicas coa veciña Judit Santos. Tamén algo dos nomes de lugares da parroquia: Caraña, Caracol e Canaval. E a recomendación literaria da semana, a escritora Amelie Nothomb e o seu traductor Sergi Paimes.
Luns 29/09/2025 26.09.2025 1:57:51
Imos comezar a semana descansando. Non estamos polo cuartiño da radio nin polas ondas da 106.1FM ata mércores. Deixámosvos uns minutiños musicais... Mañá e pasado, música sen palabras, instrumental total.
Venres 26/09/2025 26.09.2025 2:00:09
Á noite hai algo de música no Freixo... Alá que imos! Conversa coa xente do Freixo Rock. E tamén, como é a noite europea das persoas investigadoras, a G-Night, recuperaremos a conversa sobre Minimelis, as gominolas multivitamínicas.
Xoves 25/09/2025 25.09.2025 2:01:37
Mundo fungos... pero os de Madagascar, que non nos quedan moi ó lado... ou sí. O biólogo Mauro Rivas ten algúns no laboratorio da universidade de Vigo e danlle para investigar neles case toda a súa carreira. E seguiremos a pista ós roteiros literarios que andan polo centro da cidade estas tardes. Unha das actividades da facultade de Filoloxía e Traducción para entender as linguas, a literatura e a...
Mércores 24/09/2025 24.09.2025 2:01:47
Os músicos… canto de lesionados andan? Falaremos do esforzo corporal que se precisa ó tocar cada instrumento con Clara Rodríguez, profesora na Facultade de Fisioterapia en Pontevedra. Ademáis, unha voltiña polo universo do Galician Freaky Film Festival… a parte mais internacional, a xente que ven presentar os seus festivais similares en Europa.
Martes 23/09/2025 23.09.2025 1:59:40
Ides escoitar ós actores de Setestrelo Teatro, o grupo de teatro da ONCE de Vigo, a ver porque se meteron nisto de aprender textos e subir ás táboas. Ademáis, libros e nomes de lugares da parroquia, coma todos os martes no #EspertaValladares. Libro, 'Moreno paleta' de Sergio V. Jodar. E topónimos, relacionados co 'castaño' e mais cos 'soutos'.
Luns 22/09/2025 22.09.2025 2:01:51
Recuperamos a conversa sobre ‘The Mind Guardian’, un xogo deseñado para maiores de 55 anos que axuda a identificar os primeiros signos invisibles do deterioro cognitivo.
Venres 19/09/2025 19.09.2025 1:59:28
Revoltallo, cos horarios e todo... para que non vos perdades! Falamos co veciño Dani Figueroa, que domingo vai ensinar a 'fuchicar' na súa pedalera e amenizará a sesión vermú. Ademáis, recuperamos unha historieta da tempada, a conversa con Abel, de La Fiesta Escénica, que viaxa polo mundo pero vive encantado en Oia escoitando a chuvia.
Xoves 18/09/2025 18.09.2025 1:58:20
Pink Porris, King Kids… e Cinbio. Traducción, plis! Os dous primeiros son grupos musicais emerxentes da terra do granito rosa, Porriño, e veñen ó Revoltallo. O outro, o Centro de Investigación da UVigo, especialistas no nanomundo.
Mércores 17/09/2025 17.09.2025 1:59:34
Damos un paseo polas instalacións deportivas que hai na parroquia: piscina, pavillón, campo da Gándara, das Barrocas... Ademáis, falaremos da rosa narcea, unha variedade que estudian na Misión Biolóxica de Galicia para facer perfumes. E un par de conversas con artistas do Revoltallo, Leni Pérez e Setestrelo Teatro, a xente da ONCE en Vigo.
Martes 16/09/2025 16.09.2025 1:59:54
Martes 16/09/2025 Coñeceremos as propostas para Semana Internacional das linguas, a literatura e a traducción que a UVigo vai espallar pola cidade no que resta de mes. Tamén o cartel do Revoltallo, o festival de música emerxente en Valladares desta finde. Ademáis, #EspertaValladares de manta e sofá… Voltiña polos libros. Os recomendados por Álex: 'Fármaco' de Almudena Sánchez e 'Atmósfera de bulos...
Luns 15/09/2025 15.09.2025 2:02:35
Ides escoitar as conversas que fomos tendo con Rodri trompeta, o paso da Banda Sinfónica Galega pola escola de música unha semaniña na primavera e unha das charlas do Saxforum, a da respiración con Adrián Vilaboa.
Venres 12/09/2025 12.09.2025 1:53:16
Achegámonos á ciencia. Imos recuperar a conversa co grupo LaserOn do CINTECX e mais visitaremos ó CINBIO... ambos no CUVI. Con Juan Puig falaremos do reciclaxe de vidros e con investigadores doutorais das proteinas do coronavirus, entre outas cousas. E plans de lecer, que chega a finde!
Xoves 11/09/2025 11.09.2025 1:59:40
O programa 'Aférrate a la vida' de Alborada ten acubillo neste centro veciñal os luns e mércores. Mar e Inés viñeron contarnos un ratiño, que onte andiveron de celebración no Día da Prevención do Suicidio. Ademáis, tamén traeremos propostas na natureza, +Bosques da Deputación. E as actividades no centro veciñal para este novo curso.
Mércores 10/09/2025 10.09.2025 2:00:10
De libros e pelis. Descubriremos rutas pola Galicia xudea no medievo con Gloria de Antonio Rubio. Mais libros, a recomendación semanal de Álex, 'Flores de papel' de Ebbaba Hameida sobre as mulleres no Sahara. Fedellamos nos nomes de lugares da parroquia co da toponimia. Hoxe, ‘O foxo’ e ‘As furnas’. Tamén traemos conversa cinéfila sobre ‘Romería’. A ver que tal. Nos deportes? Comentarios varios so...
Martes 9/09/2025 09.09.2025 1:59:35
Costa abaixo todos os santos axudan… escoitaredes a baixada dos santos dende a capela do Alba ata a igrexa. E xa que estabamos no monte, fixemos unha escapadiña ó Humor Amarillo. Casualmente, acaban de xogar ó paintball a xente do cátering da volta ciclista, que tiñan día de descanso e andaban por alí arriba.
Luns 8/09/2025 08.09.2025 2:00:52
O 8 de setembro hai moitas romerías en Galicia… e en Valladares baixan os santos. Tamén recordaremos a conversa sobre o Erasmus+, o concurso de piano cidade de Vigo e mais a visitiña o súper Rebeca coa profe de xaponés da escola de idiomas.
Venres 5/09/2025 05.09.2025 1:59:48
Imos recordar a conversa coa xente de Árbore Arqueoloxía sobre unha excavación en Fornelos de Montes, onde anda a tumba do mouro Al Malik ou o sartego do general Vilariño… quen sabe nun siitio con tantas lendas! E como é venres, percorreremos a axenda… a ver que ideas ociosas atopamos!
Xoves 4/09/2025 04.09.2025 2:00:45
A viaxe do #EspertaValladares é ben quentiña… fomos ata Curtidos Efrén a coñecer o universo das peles e coiros. E logo, un paseo polo parque forestal de San Miguel de Oia, onde se vai celebrar esta finde o The Wild Fest. Ademáis, unha voltiña polas actividades deportivas que ofrece o centro veciñal esta tempada.
Mércores 3/09/2025 02.09.2025 2:00:58
Hoxe falaremos da pista de surf skate en Patos. Ademáis, conversa sobre os ‘azucarillos’, como lle chamaban os traballadores da serra de Ramilo ós bloques de pedra antes de transformarlos. Conversa con Ñato, que estivo alí máis de 30 anos.
Martes 2/09/2025 02.09.2025 2:01:14
Hoxe vai o paseo que demos baixando coas carrozas e o ambiente do torreiro na sesión vermú do luns de San Campio. E ademáis, recomendación literaria, 'Ítaca' de María Besteiros e algo de toponimia da parroquia, ‘Cañoto’ e ‘Canizo’.
Luns de San Campio 29.08.2025 1:57:28
Esta mañá imos acompañar ás carrozas baixando ata o torreiro… e o escoitaredes martes. Mentres estamos de palique con uns e outros, deixamos preparado un especial. Outros paseos pola parroquia: no monte coa ‘Guía das esculturas’ e ata o Interbarrios, a finais de xullo. Todo na casa! https://hoxe.vigo.org/pdf/medioambiente/guia_esculturas_valadares.pdf
Venres 29/08/2025 29.08.2025 1:59:28
Toca dar unha voltiña pola axenda cultural da finde comezando pola casa... San Campio é noso!!! Ademáis, vai unha conversa desta tempada, a que tivemos co VigoSónico este verán. E moveremos o esquelete a ritmo de Lindy hop cunha das monitoras do campamento de verán.
Xoves 28/08/2025 28.08.2025 1:58:30
Colámonos no obradoiro de slow motion dos rapaces do campamento para mirar as aventuras que andan a grabar. E falaremos coa xente do CEMMA, por se os queredes acompañar nalgunha saída para avistar baleas, golfiños e cetáceos varios na costa.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics