Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
10 juil. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Ent. Alberto Fernández, de Rebouras Team | Velada de Fieras 11.06.2026 6:50
Este sábado ás 20 h o Pavillón Gustavo Rodríguez en Tui acolle a Velada de Fieras. Un evento deportivo no que o público asistente poderá ver seis combates de boxeo principiante e un profesional. A entrada anticipada ten un prezo de 15€ e en taquilla 20€, tal e como hoxe explicaba Alberto Fernández, de Rebouras Team.
Ent. Javi Niño, coordinador deportivo do CB Tui | Fase de ascenso a Liga Galega do Infantil Masculino 11.06.2026 4:30
O equipo infantil masculino de 2ª división do CB Tui xógase dende esta fin de semana o ascenso a Liga Galega. Medirase ao Celtas Foz, Basket Ames e Esclavas, da Coruña. O coordinador deportivo do club, e adestrador do equipo, Javi Niño, deu detalles destes encontros.
Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Xantar solidario 10.06.2026 8:02
O vindeiro domingo 28 de xuño SOS Tomiño Baixo Miño organiza o seu XV Xantar Solidario nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. O prezo é de 28€ persoas adultas, 15€ menú infantil e tamén hai unha opción de mesa 0, de 2€ por rifa. O menú está composto por aperitivos, polbo á feira, carne ao caldeiro, café, postres, e bebidas. Unha xornada con dobre obxectivo, tal e coma hoxe explicaban...
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, historiador e arquiveiro de Tui | Visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui 10.06.2026 7:11
Esta é a Semana Internacional dos Arquivos, e o Concello de Tui súmase un ano máis a esta celebración cunha visita guiada ao Arquivo Municipal de Tui. Será este venres 12 ás 12 h, e é necesario inscribirse previamente en arquivo@tui.gal antes do xoves. O arquiveiro tudense, Rafael Sánchez Bargiela, fixo fincapé en que a actividade centrarase en documentos vencellados ao lema deste ano “Arquivos pa...
Ent. Juan Vázquez, canteiro tudense | Gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra" 10.06.2026 8:15
O tudense Juan Vázquez foi o gañador do I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", que se celebrou esta fin de semana no Porriño. Foi cunha obra inspirada no arquitecto porriñés, que foi o tema central sobre o que debían traballar as persoas participantes. Hoxe conversamos con el sobre o funcionamento deste certame e sobre a peza que lle fixo gañador.
Ent. María Xosé Porteiro, escritora e xornalista | "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela" 09.06.2026 11:47
Begoña Caamaño foi a persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Sobre o seu labor e papel como xornalista escribiu María Xosé Porteiro o libro "Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía. De Vigo a Compostela". A escritora, xornalista e política viguesa foi compañeira e amiga de Caamaño, e hoxe contounos como naceu este libro.
Espazo Comercio | María Martínez e Lucas González, de MoMa 09.06.2026 6:25
Carta de tapas, talleres de coctelería e unha colaboración co Pancho 3.0 son as novidades que chegan a MoMa de cara a este verán. Hoxe coñecemos toda a información no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI, con María Martínez e Lucas González, de MoMa.
Ent. Luján Borrás, impulsora da iniciativa; e Montse Mon, de Un Máis | Di sí ao autismo 09.06.2026 18:26
“Di sí ao autismo” é a iniciativa de Change.org impulsada por Luján Borrás, nai dunha persoa autista, na que asociacións e familias reivindican que os servizos públicos en sanidade, educación, ocio, emprego e vida adulta estean garantidos para as persoas con autismo. Hoxe Luján Borrás e Montse Mon, de Un Máis, explicaron cal é a situación das 9.500 persoas con autismo na provincia de Pontevedra. P...
Raíces e vangarda | Ensaladilla rusa 08.06.2026 13:29
Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda o chef Judicael Romero deu consellos e trucos para conseguir unha ensaladilla rusa de verán diferente e mantendo a tradición. Tamén hoxe falamos de intolerancias e alerxias alimentarias.
Ent. Alfonso Ferreira, peregrino e divulgador | Caminho da Fé, en Brasil 08.06.2026 6:38
Alfonso Ferreira vén de completar o Caminho da Fé, en Brasil. É unha ruta inspirada no Camiño de Santiago, que conecta Águas de Prata e o Santuario Nacional de Aparecida. Hoxe conversamos con el sobre este camiño e as súas curiosidades.
Ent. David Coímbra, membro da organización | Galimpiadas 2026 08.06.2026 9:10
Este venres ás 19 h comezan as Galimpiadas 2026 con récord de participantes. Máis de 200 persoas competirán nas diferentes probas, en dous días de xogos populares, música e gastronomía en Caldelas. David Coímbra é membro da organización, e hoxe deu todos os detalles desta edición.
Ent. Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez, de AMEI | Proxecto INTEGRALAB 08.06.2026 9:13
AMEI TUI acompaña a máis de 20 mulleres migrantes a través do programa INTEGRALAB, un proxecto que ofrece atención psicolóxica, asesoramento xurídico, formación e orientación laboral para favorecer a inclusión social e laboral das participantes. Trátase dunha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia. Hoxe coñecemos o seu funcionamento con Anabel Solla, Carmen Raña e Almudena Álvarez.
Ent. Curso de camareiro ou camareira 08.06.2026 14:50
O Concello de Tui organiza un curso de camareiro/a que comezará o próximo luns 15 de xuño. Consta de 44 horas lectivas que se van impartir de luns a venres de 16.30 h a 20.30 h até o 30 de xuño no Mercado de San Antonio. O número de prazas está limitado a 15 participantes. A información sobre este curso pode ampliarse no teléfono do Centro de Formación, 664 55 24 93, ou no teléfono de ACITUI, 604...
Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor guardés | Presentación "Eva e a mazá" 05.06.2026 4:09
"Eva e a mazá" é a antoloxía de poesía que presenta hoxe Francisco Álvarez Koki ás 20 h na Casa dos Alonso da Guarda. Intervirá o autor e Armando Requeixo, profesor e crítico literario da USC. Francisco Álvarez Koki contou hoxe a historia deste libro.
Ent. Cecilia Álvarez e Sergio Veiga, de Amigos da Festa de Rebordáns | Festas na honra a San Antonio e San Xoán 05.06.2026 4:37
Esta fin de semana Rebordáns celebra festas na honra a San Antonio, con música, gastronomía, misa e procesión. Unha programación que organiza a comisión Amigos da Festa de Rebordáns. Cecilia Álvarez e Sergio Veiga, da comisión, avanzaron amais que o venres 19 celebran San Xoán no antigo campo do Mián.
Ent. Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Argalladas | Presentación libro 05.06.2026 13:51
O libro “Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais” será presentado hoxe venres ás 20 h no Espazo Sociocultural de Tui. Trátase dunha obra considerada fundamental no estudo dos xogos tradicionais galegos, pois reúne colaboracións de ata 42 autorías desde moi diferentes perspectivas. Pepe López e Manolo García, investigadores e do Museo O Recuncho das Ar...
Ent. Rafael Pérez e J. Solleiro, da Coral Ponte das Febres; e J. Antonio Fdz., da Coral San Roque | Recunchos de música 05.06.2026 10:26
Mañá sábado ás 19 h parte dende a praza da Inmaculada de Tui o concerto itinerante Recunchos de música, que organiza a Coral Ponte das Febres. Será un percorrido polo conxunto histórico de Tui coas voces da coral organizadora, da Coral San Roque de Vigo e con actuacións do Grupo Folclórico Xuntanza. Rafael Pérez e José Manuel Solleiro, da Coral Ponte das Febres; e José Antonio Fernández, da Coral...
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Andaina do río Tripes 04.06.2026 5:00
Este domingo ás 10 h ES sae dende a Macoca a Andaina do río Tripes, unha actividade que se enmarca no ciclo de Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença. O percorrido é de 6 quilómetros e o prezo é de 6€. Claudia Montes, de Altitude, indicou no programa Día a Día as diferentes vías de inscrición, xa que as prazas son limitadas.
Ent. Víctor García, comandante Naval do Miño - Reunión da Comisión Internacional de Límites 2026 04.06.2026 7:16
A Comisión Permanente Internacional do río Miño, CPIRM, celebrou onte a súa 46ª reunión na casa do Concello de Tomiño. Hoxe o comandante Naval do Miño, Víctor García, explicou o cometido da CPIRM, e os principais asuntos tratados na xuntanza, entre eles as distintas problemáticas que afectan ao río e que precisan dunha resposta conxunta e consensuada entre España e Portugal.
Ent. Juan Vázquez, canteiro | Terceiro posto no V certame Áurea Palacio de Sober 04.06.2026 9:25
O canteiro tudense Juan Vázquez obtivo o terceiro premio no V certame Áurea Palacio de Sober pola súa escultura "Ao carón do torno”, unha homenaxe ao oficio de alfarería. Hoxe avanzou que esta fin de semana vai participar no I Certame de Tala en Pedra "Antonio Palacios escríbese en Pedra", no Porriño.
Ent. Vicky Méndez | Campamento de verán A Raiola (Caldelas) 04.06.2026 5:57
Durante os meses de xullo e agosto Caldelas terá campamento de verán A Raiola para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Está organizado por Vicky Méndez, quen deu hoxe todos os detalles. Será no local da Comunidade de Montes de Caldelas, en horario de 9 h a 14 h, con posibilidade de servizo madruga e tupper.
Ent. Iria Márquez, intérprete de lingua de signos; e Dani Méndez, bailarín e profesor | V Festival de Cancións en LSE 03.06.2026 9:23
O Teatro Municipal de Tui acollerá o mércores, 10 de xuño, ás 18.30 h o quinto Festival de Cancións en Lingua de Signos Española organizado polo Centro Anarela. É un festival solidario polo que a entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño, Protectora Aloia, ou Patudos Peludos. Iria Márquez é intérprete de lingua de signos e a responsable dos cursos de lingua de signos que impart...
Ent. Lía, Laura, Nuria, Anxi e Mara, equipo Alevín A do Club Ximnasia Porriño | Subcapioas galegas en ximnasia rítmica 03.06.2026 7:13
A tudense Anxi é unha das integrantes do equipo Alevín A de ximnasia rítmica do Club Ximnasia Porriño. Lía, Laura, Nuria e Mara completan este conxunto que acaba de proclamarse Subcampión Galego Escolar. Con elas falamos sobre este deporte, a esixencia e o campionato onde conseguiron este posto.
Ent. Silvia Liliana, da Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas | Situación na PO-404 03.06.2026 8:27
A Asociación A Insua de Caldelas, a Asociación de Veciños, a Comunidade de Montes en Man Común, a ANPA do CEIP O Foxo e a Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas reclaman actuacións urxentes para mellorar a seguridade vial en catro puntos da estrada PO-404. Silvia Liliana, da Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueduto de Caldelas, explicou a situación.
Espazo Comercio | Isaac Míguez, de Lúa e 4Elementos 02.06.2026 7:50
No Espazo Comercio, que realizamos en colaboración con ACITUI, hoxe achegámonos a Lúa, que abriu o pasado mes de decembro na praza de San Fernando. Isaac Míguez deu conta da "gastronomía líquida" que ofrecen, así coma as novidades que presenta o local para explorar novos viños. Tamén avanzou que noutro local que xestiona, 4Elementos, comezarán este xoves as sesións temáticas da terraza nómada.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics