Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com
Auteur
Radio Municipal de Tui
Catégorie
Site du podcast
Dernier épisode
10 juil. 2026
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Ent. Lucía Melo, profesora do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | V Carreira Solidaria 24.03.2026 3:32
Mañá mércores a partir das 10 h o Paseo da Corredoira de Tui acolle a V Carreira Solidaria organizada polo CEIP Plurilingüe Nº1. Será en favor de Aldeas Infantiles, e haberá puntos de doazón na propia carreira. A participación é aberta. Deu os detalles hoxe Lucía Melo, profesora do CEIP Nº1.
Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas no restaurante O Bartolo 24.03.2026 3:22
Este é o último venres da ruta gastronómica impulsada por ACITUI, Tú-y D'Tapas. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos cal é a proposta do restaurante O Bartolo da man de Ángel García, quen tamén fixo un balance positivo desta edición.
Ent. Tania Otero, de Cucadas | Normativa e consellos sobre cadeiras de coche para bebés 24.03.2026 12:11
De cara á Semana Santa e ás viaxes longas en coche, a tenda tudense Cucadas abre un programa de concienciación e información sobre o que hai que ter en conta á hora de escoller unha cadeira de coche para bebés. Así explicouno hoxe Tania Otero, de Cucadas.
Ent. Reina Gómez | Mrs. +30 Galicia 23.03.2026 5:38
A tudense Reina Gómez participa no certame Mrs. + 30 Galicia, que se celebra este domingo na Coruña. Hoxe coñecemos a Reina, quen contou como xurdiu a súa paixón pola moda e a modelaxe.
Raíces e vangarda | Leite frito con crema de limón e bica 23.03.2026 12:37
Hoxe na sección de cociña "Raíces e vangarda" cociñamos leite frito con crema de limón e bica, unha receita do chef Judicael Romero.
Ent. Mar Rodríguez, de Horta Verde | Taller de fermentados 23.03.2026 6:21
Horta Verde organiza no Mercado de San Antonio un obradoiro de fermentados, chucrut e máis. Será este xoves en horario de 17 h a 20 h. As persoas asistentes aprenderán a elaborar diferentes fermentados probióticos con verduras de temporada. As prazas son limitadas, e a inscrición pode realizarse no 986 600 644. Así o explicou hoxe Mar Rodríguez, de Horta Verde, quen tamén avanzou próximos talleres...
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividade de orientación 23.03.2026 4:18
Este domingo 29 ás 12 h a empresa Altitude organiza unha actividade de orientación no Monte Aloia. As persoas participantes aprenderán a orientarse empregando mapas e brúxulas, todo a través do xogo. A inscrición pode realizarse nas redes sociais de Altitude ou no teléfono 613 23 93 09. Deu máis detalles hoxe Claudia Montes, de Altitude.
Ent. Eva González, xornalista | Pregón Semana Santa 2026 20.03.2026 18:49
Este domingo comezan os actos da Semana Santa en Tui. Será ás 18 h na capela das Reliquias co pregón a cargo de Eva Gonzalez, xornalista, durantes tres décadas corresponsal de Faro de Vigo en Tui e Baixo Miño. Hoxe conversamos con ela sobre o pregón, a súa vida profesional e sobre o patrimonio tudense.
Ent. Cristopher Pérez e David Muñoz, de Cristopher Pérez Quartet | Concerto no Teatro Municipal 20.03.2026 4:15
"Isla de los volcanes" é o traballo que hoxe venres ás 20.30 h presenta Cristopher Pérez Quartet no Teatro Municipal de Tui, nun concerto enmarcado na programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Hoxe coñecemos detalles deste concerto con dous integrantes do grupo: Cristoph...
Ent. Neli Rodríguez | Situación Escola Unitaria da Gándara, na Guarda 20.03.2026 5:18
A Escola Unitaria da Gándara, na Guarda, está en risco de non poder continuar coa súa actividade lectiva o próximo curso. Precisa novas matrículas xa que, dos 12 nenos e nenas de 3 a 6 anos que actualmente hai na escola, 9 pasarán a Primaria o próximo curso cambiando de centro. Neli Rodríguez é unha das nais afectadas. Hoxe explicou na nosa sintonía que características ten esta escola unitaria, a...
Ent. Iria Leirós e Carlos Otero, de Diversidades Acolle | Día da Eliminación da Discriminación Racial 20.03.2026 9:23
Mañá 21 de marzo conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Con este motivo, hoxe conversamos sobre a discriminación e os sesgos que existen coas persoas migrantes no momento en que buscan unha vivenda digna. Coñecemos esta realidade con Iria Leirós, coordinadora do Programa de Protección Internacional de Diversidades Acolle; e con Carlos Otero, educador deste program...
Ent. Nuno Ferreira, pte. de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho | Festival Sabores da Lampreia do Rio Minho 18.03.2026 4:29
Este venres, sábado e domingo celébrase en São Pedro da Torre, en Valença, o Festival Gastronómico Sabores da Lampreia do Rio Minho. Unha cita que comeza ás 12 h ES o venres 20 e se estende até o xantar do domingo. Coñecemos a programación e novidades con Nuno Ferreira, presidente de Carochos - Asociación dos Sabores do Rio Minho.
Ent. Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui | Reforestación poética 18.03.2026 2:32
Alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui realizará este venres unha nova edición da reforestación poética no monte de Areas. Plantarán árbores autóctonas, visitarán as instalacións de Equigalia e cantarán "Cos pés na terra", de Paco Nogueiras. Coñecemos esta iniciativa con Hugo, Iria, Eric e Alex, alumnado do CEIP Plurilingüe Nº1.
Ent. Conchi Martínez, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui | Situación centro de saúde e folgas 18.03.2026 13:47
Coñecemos hoxe a situación actual do centro de saúde de Tui. Unha baixa e unha xubilación máis. Agora mesmo hai 3.000 persoas sen médico ou médica, e máis de 1.000 que teñen atención só os luns, martes e mércores. Ademais, dende o día 1 de marzo está convocada en Galicia unha folga indefinida en atención primaria; e durante esta semana hai outra a nivel estatal, pedindo un estatuto marco propio pa...
Ent. Julio Solleiro, de Solidariedade co Pobo Saharauí; Diego Toucedo e Coco Estévez, de Teatro Xoaniña | Obra solidaria 17.03.2026 6:53
"Vacacións en paz" é un programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, promovido polo goberno da República Árabe Saharauí Democrática e xestionado pola Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí. Co obxectivo de recadar fondos para esta iniciativa, o grupo de Teatro Xoaniña 2.0 vai a presentar a obra "Maribel e a extraña familia" o sábado 21 n...
Espazo Comercio | Ruta Tú-y D'Tapas en Ideas Peregrinas e Cafetaría El Pilar 17.03.2026 5:14
Este venres continúa a ruta gastronómica impulsada por ACITUI, Tú-y D'Tapas. Hoxe no tempo do Espazo Comercio coñecemos cales son as tapas que ofertan dous dos 18 establecementos participantes con Sonia Castiñeira, de Ideas Peregrinas; e Patricia Mota, da Cafetaría El Pilar.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura; e Andrea González, presidenta de JME | Concerto Cristopher Pérez Quartet 17.03.2026 9:29
Este venres ás 20.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle un concerto de jazz ofrecido por Cristopher Pérez Quartet, no marco da programación conmemorativa do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. A entrada é libre até completar o aforo. Este cuarteto foi o gañador do Concurso Nacional Juventudes Musicales de España en 2024. Coñecemos hoxe máis detalles con Sonsoles Vicente, concelleir...
Raíces e vangarda | Empanada de grelos, queixo tetilla e piñóns 16.03.2026 14:22
No espazo Raíces e vangarda cociñamos hoxe empanada de grelos, queixo tetilla e piñóns, unha receita do chef Judicael Romero.
Ent. José Álvarez e David Coimbra, membros da organización | Galimpiadas 2026 16.03.2026 9:10
O 1 de abril abre o prazo de inscrición para participar nas Galimpiadas 2026, que se van celebrar na Ribeira de Caldelas o 12 e 13 de xuño. Dúas xornadas de diversión, xogos populares e competición por equipos. José Álvarez e David Coimbra, membros da organización, explicaron hoxe cales son as probas e premios deste ano.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Sandra Alonso, de A Pelo | Proxección "Mulleres calvas" 16.03.2026 13:17
Coñecer unha realidade invisibilizada é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub co documental “Mulleres calvas”, de Sandra Román. Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 20.45 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Sandra Alonso, da asociación A Pelo, xunto con outras mulleres do mesmo colectivo. Hoxe coñecemos os detalles con Noemí...
Ent. Ana Núñez, Pepe Míguez, Cristina Rey e Sindo de la Fuente | Campaña "O polbo ten premio en Tui" 13.03.2026 12:42
Este domingo a rúa Compostela acollerá un mercado con postos de diferentes comercios de Tui, nunha mañá onde a cafetaría Entrehoras e Pulpeiros Arenteiro do Carballiño sortearán 6 vales de 50 euros para invertir no comercio local tudense. Será o peche da iniciativa “O polbo ten premio en Tui”, que comezou o 5 de febreiro. Unha xornada na que tamén haberá música con "El boludo solitario". A rúa Com...
Ent. Andrea Soutelo, bailarina | Admisión no Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York 13.03.2026 11:00
A bailarina tudense Andrea Soutelo será a única persoa española certificada como especialista na Técnica Horton pola Alvin Ailey American Dance Theater, en Nova York. Comezou a danzar aos 4 anos na Escola Paula Cobián, e dende os 8 tivo claro que quería ser bailarina. Hoxe conversamos con ela, que contou que esta compañía e escola é a única do mundo cun programa de especialización desta técnica, q...
Ent. Alberto Abal, director da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo e do Ciclo Ai Ondas | Concerto na Catedral 13.03.2026 6:22
Ao abeiro do 800 aniversario da Catedral de Tui, mañá comeza no templo catedralicio o IV Ciclo de Música Ai Ondas da Asociación Coro de Voces Graves de Vigo. Este será o primeiro concerto das tres citas programadas en Tui por esta Asociación, e estará centrado na figura da Virxe María, tal e como explicaba hoxe Alberto Abal, director da Asociación e do Ciclo Ai Ondas.
Ent. Pedro Fernández | Curso básico de manexo de móbil no Centro Sociocomunitario 13.03.2026 3:37
Os martes 17 e 24 deste mes, de 10 a 12 h, impartirase no Centro Sociocomunitario de Tui un curso básico de manexo de móbil. No mesmo abordarase a utilización de Whatsapp, o uso de GPS, como facer videochamadas, pedir unha cita médica, instalar aplicación, …. Ten un prezo de 15 € e as persoas interesadas poden inscribirse no 886 110 789. Deunos todo os detalles Pedro Fernández.
Ent.Marisa Giráldez do Bádminton Tui | Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17 13.03.2026 4:47
Máis de 120 nenos e nenas de Galicia e doutros punto de España participarán mañá en Tui no Master Territorial N6 de Badminton en sub 13 e sub 17 de Bádmintos. A competición comezará ás 9 h no pavillón do IES San Paio e ao longo da xornada xogaranse 200 partidos. Como novidade os trofeos que se entregarán foron creados polo proio club como explicaba Marisa Giráldez.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics