Radio Ateneo
Ateneo Barroco
Programa no que se ofrecen, cos comentarios de Maricarmen Sánchez, as gravacións de todas as obras interpretadas no Festival do Ateneo Barroco.
N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.spreaker.com
Où écouter ?
Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponibleLes podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts
Épisodes
Ars Lachrimae II 06.10.2026 24:11
Rematamos o noso repaso da edición 2025 do Ateneo Barroco coa segunda parte do concertto de Enrike Solinis.
Ars Lachrimae 03.10.2026 21:54
Achégase o final do noso percorrido pola edición 2025 do Ateneo Barroco co último concerto de Enrike Solinis.
Capela Compostelana II 01.10.2026 38:19
Segunda parte do concerto de Capela Compostela no Salón Teatro.
Capela Compostelana I 30.09.2026 32:51
Primeira parte do concerto de Capela Compostela no Salón Teatro.
Tenebrae II 26.09.2026 20:47
Segunda parte do concerto de «Tenebrae: lamentacións de Delalande»
Tenebrae I 24.09.2026 41:15
Tenebrae foi o cuarto concerto do Festival Ateneo Barroco 2026 e permitiunos escoitar estas maravillosas leccións de tebras acompañadas pola voz da soprano María Espada.
Ars Atlántica II 22.09.2026 30:43
Continuamos co segundo concerto da edición 2025 do Ateneo Barroco: as danzas francesas na España barroca da man de Ars Atlántica.
Ars Atlántica I 19.09.2026 40:52
Primeira parte do concerto de Ars Atlántica que nos expuxo no Teatro Principal as música compostas para musette e frauta de pico.
Camerata Boccherini II 17.09.2026 32:00
Reescoitamos hoxe a segunda parte do primeiro concerto da edición 2025 do Festival Ateneo Barroco.
Camerata Boccherini I 15.09.2026 37:07
Ás portas dunha nova edición do Festival Ateneo Barroco, en Radio Ateneo comezamos, como todos os anos, lembrando e reescoitando os concertos da anterior edición. Comezamos polo primeiro, «Sonata e triosonata: mestres do Barroco tardío» da Camerata Boccherini.
Rosa del Ciel 30.09.2025 1:05:50
Este derradeiro episodio do curso céntrase en «Rosa del Ciel», un programa de Ars Atlántica (dir. Manuel Vilas) que explora a teatralidade de Monteverdi a través de arias, dúos e madrigais concebidos como pequenas óperas. Coa soprano Roberta Invernizzi e o tenor Marcello Nardis, o concerto percorre «L’Orfeo», «Il ritorno d’Ulisse in patria» e «L’incoronazione di Poppea», amosando como palabra, xes...
Imaginarium II 25.09.2025 48:40
Nesta segunda parte de «Imaginarium», El Afecto Ilustrado interpretou obras de Buxtehude, Schmelzer, Bödecker e Walther. Un percorrido cheo de maxia polo Stylus Phantasticus, con xogos melódicos, diálogo entre instrumentos e pasaxes onde o barroco se inspira directamente nos sons da natureza.
Imaginarium I 23.09.2025 23:26
Primeira parte do concerto «Imaginarium», protagonizado por El Afecto Ilustrado (Adrián Linares, Alejandro Marías e Alfonso Sebastián). O programa percorre Italia e Centroeuropa a través de Frescobaldi, Bertali, Buxtehude, Schmelzer e Biber, explorando o Stylus Phantasticus, unha das formas máis libres, imaxinativas e cheas de frescura do barroco instrumental.
La défense de le blanc II 18.09.2025 41:35
Completámos a escoita de La Défense de le blanc , coa análise de Mari Carmen Sánchez. Trátase dunha obra que recrea en clave musical unha batalla, interpretada polo conxunto Concert Le Phénix baixo a dirección de Fernando Santiago. O concerto tivo lugar na Igrexa da Universidade o 5 de outubro de 2024 e aquí recóllense os tres últimos movementos.
La défense de le blanc 16.09.2025 26:31
Hoxe reinauguramos a nosa serie dedicada a revisitar os concertos do Festival Ateneo Barroco 2024. Mari Carmen Sánchez guía a escoita da primeira parte de La Défense de le blanc ou Le Traité, unha obra concebida como retrato histórico dunha batalla musical. A interpretación correu a cargo do conxunto Concert Le Phénix, dirixido por Fernando Santiago, no concerto celebrado na Igrexa da Universidade...
O retorno das musas II 29.09.2024 47:41
Segunda parte do quinto concerto da edición 2023 do Ateneo Barroco
O retorno das musas I 28.09.2024 36:52
Primeira parte do quinto concerto da edición 2023 do Ateneo Barroco
Cantatas de Haendel: Armida e Agrippina II 27.09.2024 43:19
Segunda parte do terceiro concerto da edición 2023 do Ateneo Barroco
Cantatas de Haendel: Armida e Agrippina I 26.09.2024 38:37
Primeira parte do terceiro concerto da edición 2023 do Ateneo Barroco
Quatours II 24.09.2024 23:06
Segunda parte do segundo concerto da edición 2023 do Ateneo Barroco
Quatours I 24.09.2024 40:20
Primeira parte do segundo concerto da edición de 2023 do Ateneo Barroco
Abel #300 23.09.2024 45:47
Primeiro concerto do festival Ateneo Barroco 2023 interpretado pola violagambista Sara Ruíz
Poeticall Musicke II 28.09.2023 28:05
Segunda parte de Poeticall Musicke, o segundo concerto do Festival Ateneo Barroco 2022, do grupo Capela Compostelana.
Poeticall Musicke I 26.09.2023 18:46
Primeira parte de Poeticall Musicke, o segundo concerto do Festival Ateneo Barroco 2022, do grupo Capela Compostelana.
Isabella Leonarda II 21.09.2023 35:33
Segunda parte do primeiro concerto do Festival Ateneo Barroco 2022, sobre a compositora de Isabella Leonarda.
Podcasts similaires
Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics