AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2902

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

1 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

A crónica deportiva 27-08-2025 27.08.2025
A crónica deportiva 26-08-2025 26.08.2025
A crónica deportiva 25-08-2025 25.08.2025
A crónica deportiva 22-08-2025 22.08.2025
A crónica deportiva 21-08-2025 21.08.2025

O Celta, sen Starfelt, buscará reaccionar en Mallorca O dianteiro do Deportivo Zakaria Eddahchouri ten a intención de asinar outro ano no Deportivo e asegura que confía nas súas condicións. Presentado no Rácing David Concha. A final entre o Arousa e o Ourense CF da Copa Federación será o domingo ás 19:00 na Lomba. Marta Domínguez busca meterse nas semifinais do Europeo de Squash.

Os topónimos das praias galegas 20.08.2025

Victen Feijoo desvélanos a orixe de topónimos de praias galegas como Xilloi, Aguete, As Torradas, Canelas, Os Alemáns ou praia América

Remesturas galegas 20.08.2025

As remesturas de cancións naceron como experimento e diversión ata converterse co tempo nunha estratexia de mercado. En Galicia temos bos exemplos deste formato. Escoitamos a Kike Varela, Peter Petrowski, Montedapena ou Mundo Prestigio.

A crónica deportiva 20-08-2025 20.08.2025

O Celta descarta o regreso de Denis Suarez e a fichaxe de Iñaki Peña. Os galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo clasificáronse para a final do K4 500 no Mundial de Piragüismo que comezou hoxe en Milán. O celeste Carlos Domínguez falou ante a prensa despois da súa renovación ata 2028. Presentación no Deportivo do porteiro austríaco Daniel Bachmann. O porteiro Marc Martínez, presentado no Lugo. Fa...

A crónica deportiva 19-08-2025 19.08.2025

O Celta perde ao sueco Carl Starfelt para as vindeiras tres ou catro semanas por mor dunha rotura fibrilar. O Sporting de Lisboa insiste en Yeremay pero o Dépor non cede. Presentados Neco Celorio, Ibaider Garriz e Jon Merino no CD Lugo. Escoitamos o máis destacado da comparecencia do director deportivo do Leyma Coruña, Charlie Uzal. 

A crónica deportiva 18-08-2025 18.08.2025

Denis Suárez podería regresar ao Celta. Falamos con Víctor López da intención do Celta de repescar o de Salceda de Caselas. O Celta perdeu co Getafe 0-2. E o Dépor acadou os tres primeiros puntos en Granada, 1-3. Presentados no Lugo Pablo Trigueros, Diego Caballo e Víctor Pastrana. Jéssica Bouzas estréase hoxe en Monterrey coa rusa Rakhimova.

A crónica deportiva 15-08-2025 15.08.2025

Arrinca a Liga en Primeira e Segunda División. O Celta recibe o domingo, ás 17:00, ao Getafe e o Dépor visita Granada o sábado ás 21:30. Falamos da previa do Celta-Getafe co noso colaborador e ex-adestrador do Celta, Moncho Carnero. Escoitamos o técnico do Getafe, José Bordalás. Falamos da previa do Granada-Depor co xefe de deportes do diario La Opinión, Carlos Miranda. Escoitamos sons de Antonio...

A crónica deportiva 14-08-2025 14.08.2025

O patinador galego Chevi Guzmán gaña dous ouros máis en 200 e 500. Jéssica Bouzas perdeu en oitavos do Másters 1000 de Cincinnati ante a número un, Aryna Sabalenka. O ferrolán Manu Fernández formará parte do primeiro equipo do Celta esta temporada. No Dépor, Alex Petxarromán marcha cedido ao Andorra e José Ángel perderáse o inicio ligueiro por unha lesión muscular. Presentados no CD Lugo Alex Carb...

De onde proveñen os nomes das nosas praias? 13.08.2025
A crónica deportiva 13-08-2025 13.08.2025

Jéssica Bouzas busca esta tarde os cuartos de final do Másters 1000 de Cincinnati ante a número un do mundo, Aryna Sabalenka. A Galega.gal estrea hoxe o documental "Brais Méndez. Adentro". Catro capítulos que percorren a traxectoria profesional e persoal do ex-xogador do Celta. Presentado Miguel Loureiro no Deportivo. Escoitamos o máis destacado da rolda de prensa do director xeral do Ob...

A crónica deportiva 12-08-2025 12.08.2025
A crónica deportiva 11-08-2025 11.08.2025

Montse Tomé non continuará como seleccionadora española de fútbol. A súa substituta é a ex-internacional e lenda do Barcelona, Atlético ou Rayo, Sonia Bermúdez. Jéssica Bouzas mídese hoxe no Masters 1000 de Cincinnati á estadounidense Taylor Townsend buscando praza nos oitavos de final. A pontareá Melania Rodríguez, bronce nos xogos mundiais de ximnasia rítmica que se están a desenvolver en China....

A crónica deportiva 08-08-2025 08.08.2025

A TVG retransmite este sábado o Wolverhampton-Celta, ás 16:00 horas, e o Deportivo-Le Havre do Teresa Herrera, ás 20:00. O adestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, recoñece que Charlie Patiño quedará no equipo esta temporada e que a prioridade agora é asinar un porteiro e un dianteiro. O director deportivo do CD Lugo, Javi Recio, asegura que o dianteiro estará a semana que vén en Lugo e non desca...

A crónica deportiva 07-08-2025 07.08.2025

Williot Swdeberg renova ata 2029. Ademais, o Celta súbelle ao sueco a cláusula de rescisión. Helton Leite marcha ao Fortaleza. O conxunto brasileiro paga a súa cláusula de 300.000 euros. O Barbadás - Arenteiro da Copa Federación atrásase ás 9 da noite polas altas temperaturas. O Ourense CF pasa de rolda na Copa Federación ao derrotar 0-2 á Sarriana. Repasamos os amigables: Fabril 2 - Rácing 3 ; e...

Por que Baralla se chama así? Sabías que o Concello do Val do Dubra tiña antes outro nome? 06.08.2025

O filólogo Vicente Feijoo cóntanos as discrepancias sobre a orixe do topónimo Basralla. Tamén nos lembra que o concello do Val do Dubra ten ese nome dende hai relativamente pouco tempo. Ademáis saberemos a fonte do nome da parroquia carballesa de Rus e da praia de Tal.

Clixés galegos con retranca 06.08.2025

Os clixés adoitan ser norma cando se fala dos galegos con ollada foránea. Moitos músicos galegos aplicáronlle a retranca a eses tópicos para facer cancións que rexuman humor: Os Resentidos, Heredeiros da Crus, Monoulious Doc, Habló Pablo, Verto

A crónica deportiva 06-08-2025 06.08.2025

O Celta presenta esta tarde en Balaidos a Bryan Zaragoza. O Deportivo mídese ó Oviedo na edición número 73 do Trofeo Emma Cuervo. Falamos co presidente do Ribadeo, Valentín Coto. O presidente de CD Lugo, Ronald Baroni, declarou no "Contraataque" que o proxecto para ascender ó futbol profesional é de tres a catro anos. Sarriana- Ourense CF mídense hoxe na Copa Federación. Entrevistamos o...

A crónica deportiva 05-08-2025 05.08.2025

Cervi e Aidoo adestran co Celta recuperados das súas molestias. Giancomo Quagliata e Paula Monteagudo, presentados no Deportivo. Lucas Díaz foi presentado no Rácing de Ferrol. Antonio Montoro reforza a defensa do Pontevedra. O adestrador do Parrulo, Gerard Casas, destacaba en directo na Radio Galega que neste inicio da pretemporada están a traballar con catro xogadores menos por problemas de visad...

A crónica deportiva 04-08-2025 04.08.2025

Markel Artetxe presentado no Rácing de Ferrol. Jéssica Bouzas xoga este luns os seus primeiros cuartos de final na WTA de Canadá ante Mboko. Adrián Ben e Belén Toimil acadan os ouros nas súas disciplinas no campionato de España de Atletismo celebrado en Tarragona. Diego Niebla e Manolo Aller proclámanse campións de Europa sub-18 de baloncesto.

A crónica deportiva 01-08-2025 01.08.2025

Hoxe, ás 21:00h, na TVG, Vitoria Guimaraes - RC Celta. Miguel Loureiro regresa ó fútbol galego, ó Deportivo. Firma ata 2028. O canteirán Álvaro Mardones renova ata 2028 e sae cedido ó Racing Club Ferrol. O Pontevedra CF ficha ó dianteiro centro Dani Selma. 24 anos, canteira do Tenerife, procede do Amorebieta, no que marcou 5 goles esta temporada. O CD Lugo ficha ó lateral lucense Iago López Carrac...

A crónica deportiva 31-07-2025 31.07.2025

1º adestramento de Bryan Zaragoza co RC Celta. 1º adestramento de José Gragera co RC Deportivo. A porteira Inés Pereira encantada de seguir un ano máis. O director deportivo do CD Arenteiro, Joao Farías, presenta a 4 futbolistas: o porteiro Álvaro Abajas, o dianteiro Víctor Mingo, Jaume Cuéllar, que renova, e o mediocentro defensivo Adilson. Repasamos a derrota do CD Lugo co Oviedo Vestusta.

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS