AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
'Costa da morte. Cartografía dun naufraxio' 05.09.2025 11:59
Afonso Becerra comenta ‘Costa da Morte, cartografía dun naufraxio’, de Mariña Lestón en coprodución co CDG. A obra xirou este verán por faros, peiraos, praias e outros lugares de numerosas localidades costeiras
Podcast cultural 5. Entre coitelos escoitando o silencio 05.09.2025 26:49
Fernando Castro Paredes fala da novela "O lanzador de coitelos" coa que gañou o premio do 75 aniversario da editorial Galaxia. Achegámonos tamén, escoitando o silencio, ao proxecto do pianista Javier Otero Neira e lembramos algúns subliñados das colaboracións de Malores Villanueva, Afonso Becerra, Andrea Jamardo e Mónica Maneiro
'Romería' e 'El talento' 04.09.2025 24:38
Moncho Lemos recomenda dúas estreas para a fin de semana. ‘Romería’, de Carla Simón, rodada en Vigo e a súa contorna e participada pola TVG. Tamén ‘El talento’ de Polo Menárguez, baseada na novela de 1924 ‘Fräulein Else’ de Arthur Schnitzler
Podcast cultural 4. Entre escenarios e pantallas. 04.09.2025 20:34
O director do Centro Dramático Galego fala da nova temporada que a compañía presenta co lema "O teatro, punto de encontro". E comeza nova edición do FICBueu con 80 curtametraxes no programa .
E chegou setembro! 04.09.2025 14:18
Tito Lesende estrea en primicia ‘Rosalinda’, colaboración de Ortiga e De Ninghures, e adianta concertos e festivais para os días vindeiros, do Osa do Mar a Revenidas
A penaltis 04-09-2025 04.09.2025 2:00:59
A selección de baloncesto, eliminada do Eurobasket. Entrevista a José Barcala, adestrador galego do Bayern de Múnich feminino. Falamos con Álvaro Varela e Xoán Blanco, xogadores do Cire Melide e do Calo, sobre o inicio da Primeira Autonómica.
A penaltis 02-09-2025 03.09.2025 2:01:00
Coa presenza de Alberto Bravo, Javi Guillén e Dani Cabo Con invitados como Laure, excapitán do Deportivo, e Rodrigo Parafita, máximo goleador da Terceira RFEF o ano pasado
Lecturas sobre saúde mental 03.09.2025 13:26
Malores Villanueva estrea colaboración no GxD recomendando dous libros relacionados coa saúde mental: o ensaio ‘As tolas que non o eran’, de Carmen V. Valiña e a novela ‘As obras póstumas’, de Diego Giráldez
Podcast Cultural 3. Compositoras de cine 03.09.2025 22:46
O crítico de cine Diego Salgado fala das compositoras de música para o cinema no Festival FICBueu e lembramos os 75 anos do histórico programa de radio "Sempre en Galicia" que comezaba emisións en setembro de 1950 en Montevideo
A penaltis 03-09-2025 03.09.2025 2:00:59
Debatemos sobre as palabras de Giráldez no Telexornal Serán cos nosos colaboradores e cun ex do Celta, Andrés Túñes. Falamos da actualidade celeste e deportivista, tamén da selección española que este xoves xoga partido de clasificación para o Mundial. Con Álex Melide, do Bergantiños, comentamos a última hora do sorteo da Copa Federación e o inicio da Segunda RFEF. Por último, Raúl Liñares tráenos...
Un carballés en Dinamarca: 10kr 02.09.2025 17:13
Carlos Crespo inaugura temporada coas ‘descubertas’, músicos/as emerxentes. Hoxe tráenos o carballés Pablo Canedo, afincado en Dinamarca, que acaba de lanzar ‘Wh?n the sick rule the world’ baixo o nome artístico de 10 kr
Podcast cultural 2. Metamorfose e Termas 02.09.2025 22:06
"Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, entón que son? Bechos? Insectos?" Sarabela Teatro estrea en Ourense a versión escénica da obra de F. Kafka "A metamorfose" Conversamos con Fernando Dacosta e Carlos Álvarez Osorio. E Beli Martínez fala da estrea do filme de Gabriel Azorín na Mostra de Cine de Venecia
A arte contemporánea de setembro 02.09.2025 10:22
Mónica Maneiro principia temporada nova repasando as exposicións abertas no CGAC e a Cidade da Cultura, en Compostela. Tamén a Bienal de Pontevedra ou a mostra en Vilanova de Cerveira, en Portugal, na que participan artistas galegos. E avanza citas vindeiras como Aberto, da asociación galega de galerías, e moito máis
Podcast cultural 1. Estrías e Ópera 01.09.2025 20:58
Conversa coa poeta Andrea Nunes Brións sobre o seu último libro e inicio da temporada de Amigos da Ópera coa montaxe sobre "Carmen" de Bizet.
Estreamos colaboradora experta en LIX 01.09.2025 14:05
Coñecemos a nosa recomendadora de libros para o público infantil e xuvenil: Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e secretaria de GALIX. No día da súa estrea tráenos dúas propostas: ‘Cando o mundo é azul’, de Óscar Reboira editado por Galaxia, e ‘A busca de Muncho’, de Tiago Delgado editado por Antela
A crónica deportiva 28-08-2025 28.08.2025 27:37
Escoitamos a avaliación de Claudio Giráldez sobre o partido do Celta co Betis e Víctor López fálanos dos posibles rivais dos celestas na Europa League. Primeiras declaracións de Mulattieri como xogador do Depor. Iago iglesias falara na previa da estrea do Lugo.
Festivais de setembro e novidades do outono 27.08.2025 13:41
Carlos repasa o cartel de tódolos festivais cos que remata o verán en Galicia: Boimorto, Rianxo, Carril, Vigo, Burela, Lugo, A Coruña, Vilaxoan...Ademais anuncia próximos lanzamentos: De Ninghures con The Rapants, Tanxugueiras, Arritmia, Lontras, Boyanka Kostova...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS