AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
'Los miserables. El origen' 26.02.2026 5:21
Moncho Lemos fálanos das estreas do documental'Epic: Elvis in Concert', de Baz Luhrmann e da película ‘Los miserables. El origen’, de Éric Besnard
Podcast cultural 112. Bioconstrución 26.02.2026 22:20
Ibuprofeno Teatro estrea Bioconstrución, unha metáfora sobre o fracaso, a crise ecolóxica, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. E despois Crónicas transatlánticas.
Emigrason 2026 26.02.2026 12:37
Tito Lesende debulla o cartel da cuarta edición do Emigrason, un festival musical que a diáspora galega organiza en Bruxelas esta fin de semana. Escoitamos a colaboración de 9Louro e Ortiga, un dos remixes do último disco de Baiuca e o último avance do novo álbum de The Rapants.
A crónica deportiva 26-02-2026 26.02.2026 29:54
20 mil bandeiras celestes agardánse hoxe en Balaídos . Cristiano Ronaldo merca o 25% da UD Almería. Fala Zakaria no Deportivo. Previa do CD Lugo - Bilbao Athletic e do Osasuna Promesas - Pontevedra CF.
'Tortura branca' 25.02.2026 13:23
Malores Villanueva comenta ‘Tortura branca’, da Premio Nobel da Paz Narges Mohammadi. No libro, catorce mulleres (a autora entre ellas) comparten as súas experiencias de encarceramento en Irán: acosadas, golpeadas, illadas e privadas de calquera estímulo sensorial. Traducido ao galego por Fe González para Hércules de Ediciones.
Podcast cultural 111. Exuvia e saliva 25.02.2026 19:43
A escritora Lorena Souto esculca a identidade e a perda, a reconstrución e a linguaxe no libro de poemas de "Exuvia e saliva", publicado por Chan da pólvora
A previa dos Goya 25.02.2026 11:17
Facemos unha previa dos Goya con Moncho Lemos
A crónica deportiva 25-02-2026 25.02.2026 29:58
Previa do Celta - PAOK Salónica, volta de 16ª da Liga Europa. Entran os canteiráns Andrés Antañón e Ángel Arcos. O Deportivo presenta o seu museo. Voces da 1ª RFEF, Joao Resende no Pontevedra CF, Álex Balboa no CD Lugo e Álvaro Juan no Racing.
Dani Cornes 24.02.2026 10:30
Carlos Crespo tráenos ao grovense Dani Cornes, sresidente en Barcelona, que publica o seu segundo disco o 27 deste mes : “Aquí sempre tes casa”, a través de dotbeat.
Podcast cultural 110. Portalén 24.02.2026 18:56
Treixadura publica novo traballo discográfico. Portalén é un disco que dialoga coa historia do grupo e coa tradición que sempre o acompañou, pero que mira cara adiante con novos camiños sonoros.
' Arrieire no camiño Arrieire no lughare se che arrieire morre que camiño has de levare' 24.02.2026 10:37
Mónica Maneiro comenta a exposición ' Arrieire no camiño Arrieire no lughare se che arrieire morre que camiño has de levare' de Sergio Marey, que pode visitarse na Fundación Granell, en Santiago, ata o 5 de abril.
A crónica deportiva 24-02-2026 24.02.2026 29:58
O Celta merca o ganés Barnard Somuah, que asina ata 2030. A Real Sociedad B suma 3 vitorias consecutivas antes de recibir ao Dépor. Arbeloa e Courtois, na previa do Real Madrid-Benfica. Víctor Senra non pode comezar o campionato galego de rallyes por un problema cardíaco.
'Chichi e mais eu' 23.02.2026 4:03
Begoña fálanos da estrea en Agalega.gal de "Chichi e máis eu", o documental no que Nico Campos retrata ao seu pai, unha figura case esquecida da cultura galega, militante comunista, humorista e galerista. Tamén fala de "Contou Rosalía", unha película protagonizado por Melania Cruz que narra a vida da poeta e escritora en madrid.
Podcast cultural 109. Monte 23.02.2026 18:51
Laboratorio Escénico estrea o espectáculo de música e danza “Monte”. E ademais a tradución de "Noites brancas".
De Jane Austen a un elefante multicolor 23.02.2026 11:30
Andrea Jamardo comenta ’O mundo de Jane Austen’, unha obra de Raquel C. Pico publicada por Sushi Books. O libro aborda de maneira accesible a vida e obra da escritora inglesa e está dirixido tanto a público adolescente coma adulto. Tamén nos fala do álbum ilustrado ‘Elmer e as baleas’, unha aventura do elefante multicolor creado por David McKee. A tradución ao galego é de Xosé Manuel González e e...
A crónica deportiva 23-02-2026 23.02.2026 29:58
O Celta preparará a volta co Paok cos deberes feitos. Óscar Gilsanz, candidato ben colocado para o banco da Cultural Leonesa. O BM Cangas sae do descenso coa vitoria 30-31 en Huesca
‘Quando ven a taciturna de limiar en limiar o presente frágil’ 20.02.2026 10:06
Afonso Becerra comenta o espectáculo de danza ‘Quando ven a taciturna de limiar en limiar o presente frágil’, unha creación de Joana von Mayer Trindade e Hugo Calhim Cristóvão. Estreouse este mes no marco do GUIdance, en Guimarães, e o 30 de maio estará no Rosalía de Castro da Coruña.
Podcast 108. New Fashion 20.02.2026 22:23
O Centro Galego de Arte Contemporánea organiza o curso New Fashion de moda experimental e perfomance
A crónica deportiva 20-02-2026 20.02.2026 29:56
O RC Celta aterra en Peinador trala vitoria por 1 a 2 fronte ao PAOK Salónica. Antonio Hidalgo fala, na previa do Dépor - Eibar, da presión polo ascenso. Falamos con Raúl Marqueta na previa do Pontevedra CF - CD Lugo e escoitamos a Rubén Domínguez e a Iago Iglesias. Este domingo derbi na Liga Feminina de baloncesto: Ensino Lugo - Uni Ferrol.
Begoña no Calvario 19.02.2026 6:08
Begoña Vázquez fala con Ramón Nicolás, docente no centro e autor de 'A nena que perdeu un zapato na lama'
'As liñas descontinuas' e 'El agente secreto' 19.02.2026 14:53
Moncho Lemos fálanos de ‘As liñas descontinuas’, de Anxos Fazáns, e adiántanos que mañá estará no Galicia por Diante a súa protagonista feminina, Mara Sánchez. E outra estrea, ‘El agente secreto’, unha película brasileira de Kleber Mendonça Filho.
Podcast 107. Rosalía 19.02.2026 22:58
Percorrido pola programación do Día de Rosalía na conmemoración do 189 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS