AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A crónica deportiva 09-03-2026 09.03.2026 29:58
As voces da derrota do Deportivo. O Celta, centrado no Olimpique de Lyon na ida de oitavos da Liga Europa, chegará con baixas e con malos resultados. Repaso á 1RFEF Previa do Obradoiro - Cartaxena.
‘Oh, mammi blue!’ 06.03.2026 8:53
Afonso Becerra comenta ‘Oh, mammi blue!’, un monólogo teatral cómico-tráxico do colectivo Cinema Sticado (Noemi Rodríguez).Interpretado por Helena Varela, explora con humor e crueza os tabús, dúbidas e culpas da maternidade. Poderase ver esta fin de semana en Allariz.
Podcast cultural 118. “Interritmos” 06.03.2026 19:56
“Interritmos Raíces Vivas” é unha iniciativa que busca acompañar os talentos da música de raíz, e poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial.
A crónica deportiva 06-03-2026 06.03.2026 29:49
Última hora do Celta - Real Madrid. No Deportivo, Yeremay sofre pubalxia e non ten data de regreso. O Noia recorrerá os 8 partidos de sanción a Macedo, que considera moi inxusta. Rubén Domínguez, do Pontevedra CF: "Non nos van regalar o play off"
"La novia" 05.03.2026 4:53
Moncho Lemos comenta a película de estrea “La novia”, terror de ciencia ficción dirixida, escrita e coproducida por Maggie Gyllenhaal. No reparto conta con Penélope Cruz,Christian Bale, Jessie Buckley, Peter Sarsgaard, Annette Bening y Julianne Hough.
Podcast cultural 117. Royal 05.03.2026 17:51
Circo e danza con ritmo, humor e acrobacias en "Royal". O novo traballo da Compañía de Paula Quintas combina o clown poético de Arturo Cobas e os equilibrios en movemento de Quintas . E despois nova edición do Salón Libro de Pontevedra
De Carlos Ares a Sés pasando por Estrogenuinas e M-Clan 05.03.2026 14:35
Tito Lesende pica música de Carlos Ares, que ten cinco candidaturas aos Premios MIN, e das salmantinas Estrogenuinas, que estrean disco co selo galego Ernie Records. E na axenda de concertos, M- Clan estarán no Expo Rock da Coruña a próxima fin de semana, e Sés ten máis datas da súa xira de directos.
A crónica deportiva 05-03-2026 05.03.2026 29:58
Previa do RC Celta - Real Madrid. O equipo branco chega a Vigo con 9 baixas. Yeremay segue á marxe no Dépor. Ecoitamos a Adrián Altimira e a Álvaro Ferllo.
'Aprendede dos lirios' 04.03.2026 8:09
Malores Villanueva comenta “Aprendede dos lirios”, de Iain Crichton Smith en Rinoceronte Editora. Como pano de fondo ten os feitos reais ocorridos cos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850.
Podcast cultural 116. Teatro Clásico 04.03.2026 17:01
Once espectáculos na XXVI edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. E despois "Tortura branca" de Narges Mohammadi.
'Coworkinaos' 04.03.2026 15:22
Moncho Lemos fálanos do inicio da rodaxe da comedia 'Coworkinaos', a primeira coprodución de ficción entre a TVG e a TPA. Conversamos tamén cunha das protagonistas, Esther Estévez, que debuta na ficción.
A crónica deportiva 04-03-2026 04.03.2026 29:58
Javi Barreiro, director deportivo do Noia FS: “O sucedido en Peñíscola é unha vergoña. Acabamos con tres xogadores no hospital. Tomaremos medidas" Víctor López entrevista ao céltico Javi Rueda, canteirán do Real Madrid, e encargado de parar a Vinicius Junior. Yeremay non adestra no céspede, só ximnasio e é dúbida para o domingo.
Kid Mount 03.03.2026 12:57
‘Perreo Paraíso’
A crónica deportiva 03-03-2026 03.03.2026 29:54
Fran opina sobre o Dépor na presentación do libro solidario "Presas de historia". Na 1ª RFEF, Juanfran García candidato a substituir a Jorge Cuesta no CD Arenteiro.
Podcast cultural 114. M8PORLER 02.03.2026 21:22
A Fundación Cultural Galega Xistral crea ‘M8porler’, unha plataforma co obxectivo de espallar a lectura e os libros en galego e xerar un diálogo arredor deles. E despois a novela Mazarelos
Memoria, misterios e menstruación 02.03.2026 13:58
Andrea Jamardo comenta un álbum ilustrado sobre memoria histórica, ‘Alicia e a mestra de Oza’, de Paula Carballeira e Iván R.; a novela infantil de misterio ‘Xulia Belavista, detective animalista’, de Diego Ameixeiras e Jorge Campos e o libro informativo ‘Menstruación en marcha’, que publica en galego Kalandraka.
A crónica deportiva 02-03-2026 02.03.2026 29:56
Analizamos as vitorias do Celta e do Deportivo coas voces máis destacadas. Previa do Barcelona-Atlético de Madrid da Copa. Con 4-0 na ida.
Diario cultural fin de semana 28-02-2026 28.02.2026 56:55
Presentamos diversas propostas culturais que ven a luz estes días. María Bañobre e Santiago Cortegoso fálannos de "Bio Construcción", a última creación da súa compañía, Ibuprofeno Teatro. Tamén estrea espectáculo Laboratorio Escénico. Chámase "Monte" e a el nos convida unha das compoñentes desta cooperativa de danza, Alba Fernández. Do novo disco de Treixadura, "Portalén&q...
'Un deus salvaxe' 27.02.2026 10:17
Afonso Becerra comenta “Un deus salvaxe” de Talía Teatro. Escrita por Yasmina Reza e dirixida por Artur Trillo. Con María Ordóñez, Dani Trillo, Marta Lado e Toño Casais
Podcast cultural 113. ‘Anfibia por veces’ 27.02.2026 18:14
Antía Muíño acaba de publicar o seu segundo álbum. ‘Anfibia por veces’ incorpora novas texturas na produción e explora diferentes camiños sonoros , entre o jazz, o tradicional e a canción de autora.
A crónica deportiva 27-02-2026 27.02.2026 29:56
Reaccións ao sorteo da Liga de Campións. Antonio Hidalgo fala da lesión de Yeremay e de "enerxía negativa" en Riazor.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS