Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ Επεισόδια: 3724

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Δημιουργός

Pury González

Κατηγορία

News

Ιστοσελίδα του podcast

www.ivoox.com

Τελευταίο επεισόδιο

9 Ιουλ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android 5 εκατ.+ λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

AROUSA NOTICIAS 09 07 26 09.07.2026

A Xunta de Galicia activa a prealerta por escaseza moderada de auga na captación do río Lérez, que afecta directamente ao abastecemento de Sanxenxo e que se estende tamén a Meis e Meaño. A unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía xa patrulla polos camiños e montes da provincia de Pontevedra co fin de previr os incendios forestais e ofrecer protección ás mulleres que transitan polo Camiño...

AROUSA NOTICIAS 07 07 26 07.07.2026

Evoluciona favorablemente o pequeno de cinco anos ferido tras quedar atrapado semiinconsciente nunha valla da escola infantil de Carril, situada no patio de xogo. O suceso súmase a outros dous casos con paradas cardiorespiratorias con fatal desenlace e esperta novas críticas sobre o traslado da UVI móvil a Sanxenxo durante o verán. Un axente da Policía Nacional fóra de servizo salva a vida dunha m...

AROUSA NOTICIAS 06 07 26 06.07.2026

O chiringuito da praia da Lapa, en Sanxenxo, queda totalmente calcinado tras un incendio declarado de madrugada. Unha embarcación vaise a pique no porto de Ribeira debido ao seu estado deteriorado e provoca un verquido de aceite e combustible. Comezan os traballos de acondicionamento da balaustrada de Carril, contratados polo Concello de Vilagarcía por importe de 8.300 euros e un prazo de execució...

AROUSA NOTICIAS 03 07 26 03.07.2026

Toda a comarca do Salnés, ademáis do Ulla-Umia e Pontevedra, están hoxe en alerta bermella por episodio de calor, con máximas que poden chegar ata os 37 graos. No que atinxe a Barbanza mantense en alerta laranxa. A Consellería do Medio Rural da por extinguido o incendio forestal que se orixinou a pasada tarde no límite entre Vilanova e Cambados, calcinando dúas hectáreas de superficie arborada. O...

AROUSA NOTICIAS 02 07 26 02.07.2026

Entraremos na fin de semana con termómetros á alza, agardándose máximas de 35 graos o domingo e risco extremo de incendios forestais en toda Arousa e gran parte da provincia. O incendio forestal declarado a últimas horas da pasada tarde en Tragove, en Cambados, arrasou finalmente 8.400 metros cadrados de superficie, a maior parte arborado. O Servizo de Gardacostas de Galicia incorpora dende hoxe u...

AROUSA NOTICIAS 01 07 26 01.07.2026

O Salnés e gran parte da provincia entran dende hoxe en risco extremo de incendios forestais, segundo os parámetros que establece a Xunta de Galicia en relación a temperatura, a seca, a humidade do aire ou a forza do vento. O comité provincial de coordinación policial contra os incendios forestais aborda as medidas que se poñen en marcha na loita contra os lumes, como un aumento das brigadas ou pl...

AROUSA NOTICIAS 30 06 26 30.06.2026

O Salnés consolida unha ampla rede de alianzas co mercado turístico chinés durante a viaxe institucional realizada pola delegación comarcal á provincia china de Zhejiang. O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas califica oficialmente a añada 2025 como "moi boa" nunha colleita que o informe técnico define como histórica, tanto polo seu volume como pola calidade da uva. Vilagarcía c...

AROUSA NOTICIAS 29 06 29 29.06.2026

Sigue o seu curso, trala reconstrucción dos feitos, a investigación do atropelo mortal rexistrado o pasado mes de abril na zona do Vao, en Pontevedra, no que morreu un home de 48 anos. A plantilla da oficina de Correos en Vilagarcía inicia mobilizacións, convocadas por CCOO, para denunciar a falta de contratación e a política de recortes que ven aplicando a dirección. Un total de cento trinta pers...

AROUSA NOTICIAS 22 06 26 22.06.2026

Nada máis entrar o verán, xa chega o San Xoan que, ademáis este ano é festivo autonómico o mércores. Concellos e colectivos ultiman os preparativos para a celebración da noite máis longa do ano con chamamentos á prevención e amplos dispositivos de vixiancia. En Vilagarcía prenderanse 345 fogueiras autorizadas polo Concello, tanto a nivel particular como por parte de asociacións e colectivos, quinc...

AROUSA NOTICIAS 19 06 26 19.06.2026

Os dous irmáns Charlíns detidos na última operación antidroga no Salnés quedan en liberdade provisional acusados de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. Outros cinco arrestados xa están no cárcere da Lama. O persoal docente da Escola de Música e Conservatorio de Cambados denuncia unha situación laboral precaria e demandan ao Concello melloras na nova concesión para o vindeiro curs...

AROUSA NOTICIAS 18 06 26 18.06.2026

Pasan a disposición xudicial nos xulgados de Vilagarcía as doce persoas detidas na operación contra o narcotráfico desplegada esta semana en varias localidades do Salnés na que se incautou un alixo de 50 kilos de cocaína. A Garda Civil dá os primeiros pasos para clarexar as circunstancias do acontecido no rexistro da vivenda en Corvillón, que acabou coa morte dun cambadés de 31 anos por un disparo...

AROUSA NOTICIAS 17 06 26 17.06.2026

As doce persoas detidas no operativo contra o narcotráfico desplegado este martes en diversas localidades do Salnés, que rematou de forma tráxica co falecemento dun veciño de Cambados, pasarán a disposición xudicial, previsiblemente, ao longo da xornada de mañá. As rúas de Vilagarcía convértense hoxe nunha aula de aprendizaxe para as persoas asistentes á Escuela de Espacio Público da Red de Ciudad...

AROUSA NOTICIAS 16 06 26 16.06.2026

Falece un veciño de Cambados, de 31 anos, a causa dun disparo recibido no rexistro da súa vivenda en Corvillón durante un operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional. Segundo a familia do falecido e o seu avogado, o mozo non estaba vinculado co narcotráfico, non tiña antecedentes e durante o rexistro nin levaba armas nin tentou fuxir. A Garda Civil asume a investigación do cas...

AROUSA NOTICIAS 11 06 26 11.06.2026

Continúa o operativo de busca do veciño do Grove cuxas pertenzas foron atopadas hai dous días nunha rocha da praia de Lavandeira. De momento ninguén denunciou a súa desaparición nin se puido contactar con familiares ou amizades. Xa hai indicios da autoría das pintadas realizadas esta semana na Igrexa de San Bieito de Fefiñáns, en Cambados. A Garda Civil investiga o incendio rexistrado a pasada tar...

AROUSA NOTICIAS 10 06 26 10.06.2026

A aparición de diversas pertenzas masculinas sobre unhas rochas da praia da Lavaxeira no Grove a pasada tarde mantén aberto un dispositivo de busca para dar co paradoiro do seu dono. As Plataformas Ulloa Viva, En Defensa da Ría de Arousa e Mina de Touro-O Pino Non fan un novo chamamento á manifestación convocada para este domingo 14 de xuño na Illa de Arousa ante a situación agónica na que, asegur...

AROUSA NOTICIAS 04 06 26 04.06.2026

O persoal da fábrica de Nestlé en Pontecesures pon fin á folga indefinida que viña mantendo dende hai seis días tralo preacordo de madrugada nas negociacións en Barcelona. SOS Sanidade Pública do Salnés denuncia o incremento das listas de espera e reclama á Xunta máis investimentos, persoal e recursos. Valga disporá dunha residencia de maiores que ofrecerá un total de 150 prazas entre públicas e p...

AROUSA NOTICIAS 03 06 26 03.06.2026

O proxecto para a instalación dunha terminal de almacenamento de betume asfáltico no porto de Vilagarcía acaba de recibir a aprobación ambiental da Xunta de Galicia. O Grupo Municipal Socialista de Ribadumia e Somos Ribadumia solicitan a a celebración dun Pleno extraordinario para abordar cuestións sobre a piscina e o departamento de Servizos Sociais A Escola de Navegación Tradicional da Asociació...

AROUSA NOTICIA 02 06 26 02.06.2026

A plantilla da fábrica de Nestlé en Pontecesures afronta a segunda xornada de folga indefinida contra o ERE plantexado pola multinacional que, se as cousas non cambian durante as negociacións, suporá o despedimento de 27 traballadores da central arousá. O alcalde de Vilagarcía aborda con responsables de Renfe as melloras que o Plan Galicia introducirá no Eixo Atlántico co aumento das frecuencias e...

AROUSA NOTICIAS 22 05 26 22.05.2026

Vilagarcía celebra hoxe o día grande de Santa Rita. Centos de persoas ateigan xa dende primeiras horas da mañá a contorna de Vista Alegre, entre misas, postos de velas e rosquillas e carpas de ‘pulpeiras’ e churrasco. A avenida Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, recupera definitivamente os dous sentidos da circulación rodada tralo remate das obras do tnque de tormentas. Sanxenxo amplía este verán...

AROUSA NOTICIAS 21 05 26 21.05.2026

A veciñanza da rúa Ameal, no lugar da Lagoa, en Sobrán, dispón a partir de hoxe dos servizos básicos de saneamento de residuais e abastecemento de auga potable tralas obras realizadas polo concello cun investimento de 86.000 euros. A Illa de Arousa e O Grove recibirán 250.000 euros de fondos provinciais para realizar melloras nas súas instalacións deportivas ao abeiro do III Plan Extraordinario de...

AROUSA NOTICIAS 20 05 26 20.05.2026

O grupo de goberno de Vilagarcía contará co apoio do BNG para aprobar no pleno deste mes de maio os orzamentos municipais para este ano de 41,6 millóns de euros cunha partida de 1,6 millóns para a compra dunha parcela destinada a residencia de maiores pública. A Xunta de Galicia saca a licitación por 1,9 míllóns de euros a construcción de 10 vivendas de promoción pública proxectado en Marxión nunh...

AROUSA NOTICIAS 19 05 26 19.05.2026

Unha muller resultou ferida esta mañá nun accidente de tráfico rexistrado na estrada PO-548, que une Vilagarcía con Pontecesures, á altura de Bamio, ao carón da gasolineira. Unha colisión entre dous vehículos rexistrada a primeira hora desta mañá na autovía AG-41, ao seu paso polo municipio de Sanxenxo, saldouse con dúas persoas feridas e complicacións no tráfico. Cambados acolleu esta mañá a camp...

AROUSA NOTICIAS 18 05 26 18.05.2026

O acceso á illa das Goritas, en Cambados, permanece cortado dende primeira hora desta mañá debido ás obras de rehabilitación e reforzo da estructura que comezou a executar Portos de Galicia. O BNG de Sanxenxo propón ao goberno local que poña en marcha un servizo de transporte a demanda en colaboración cos taxistas locais. A transformación do antigo colexio do Cruceiro, en Vilalonga, no que será o...

AROUSA NOTICIAS 15 05 26 15.05.2026

O plantel de Nestlé en PonteceSures volve concentrarse ante as portas da única fábrica que a multinacional ten en Galicia, coincidindo co inicio das negociacións en Barcelona entre dirección e comité de empresa. O grupo de goberno de Vilagarcía está disposto a incluir nos orzamentos unha partida para a compra dunha parcela que permita a construcción dunha residencia de maiores pública pero elude c...

AROUSA NOTICIAS 12 05 26 12.05.2026

Vilagarcía mira xa cara as Festas de Santa Rita, que comezarán o vindeiro xoves 21 de maio. Serán catro días nos que as verbenas volverán a marcar a parte musical, con Kubo e Capitol”, ademáis dun concerto tributo a Alejandro Sanz. EU de Vilagarcía pon unha única condición para apoiar os orzamentos: que se inclúa a compra da casa e a finca dos duques de Terranova para destinala a residencia de mai...

Άκου το podcast Podcast AROUSA SI RADIO στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS