Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com
Δημιουργός
Radio Municipal de Tui
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de novembro de 2023 25.10.2023 27:20
Hoxe abrimos Noticias 13.30 h dando conta da campaña de control de resiudos abandonados que ten en marcha o Concello de Tui. Amais recollemos a Festa Solidaria que organiza Protección Civil de Tui para o 16 de decembro, o clásico "Pedro e o Lobo" que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui ou a charla sobre os topónimos que haberá mañá en Randufe.
Noticias 13.30 h - Martes, 24 de decembro de 2023 24.10.2023 30:52
As obras que se están a executar en Tui ou están a piques de comezar que detallou o alcalde na nosa sintonía, é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a solicitude por parte dos grupos da oposición dunha reunión sobre a situación do muro da praza da Estrela. Achegámonos á Biblioteca Municipal que hoxe celebra o seu día, tamén falamos de bingos, e de andainas solidarias.
Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias, museo catedral, cárcere vello 20.10.2023 9:00
O Concello de Tui desmontará o muro das escaleiras que van da praza da Estrela ao Paseo Fluvial tras o desprazamento do mesmo sufrido coma consecuencia das intensas choivas e o risco que supón. Así o explicaba hoxe en #Noticias1330h o alcalde, Enrique Cabaleiro. Abordamos tamén outros temas coma o proxecto do museo "Tude" da Catedral presentado hoxe, e o inicio das obras no cárcere vello.
Noticias 13.30 h - Venres, 20 de outubro de 2023 20.10.2023 32:26
En Noticias 13.30 h coñecemos a última hora da situación do muro das escaleiras da praza da Estrela ao Paseo Fluvial co alcalde, Enrique Cabaleiro. Falamos tamén da incidencia rexistrada na nova ponte internacional Tui-Valença onde numerosos vehículos pincharon as rodas coas placas metálicas caídas da carga dun camión. A presentación do proxecto Museo "Tude" da Catedral, as citas da fin de semana...
Noticias 13.30 h - Xoves, 19 de outubro de 2023 19.10.2023 27:42
Comezamos Noticias 13.30 h dando conta das numerosas incidencias que deixaron as intensas precipitacións de onte á tarde en Tui. Recollemos tamén a clausura do obradoiro de emprego que tivo lugar este mediodía, falamos do III Foro da Muller Rural, de froitas tropicais e de citas teatrais.
Noticias 13.30 h - Mércores, 18 de outubro de 2023 18.10.2023 28:15
A partir das 18 h hai un novo aviso de alerta amarela por choivas. Co tempo abrimos hoxe o tempo de información en Noticias 13.30 h, onde recollemos tamén o balance do último pleno do voceiro do PP, Nico Montes, a visita do xurado de Vilas en Flor a Tui, os programas Cine nas Aulas e Cultiva a Mente, xunto ás citas do día e o premio á Tapa Máis innovada colleitado pola empresa tudense Vioncas Bake...
Noticias 13.30 h - Martes, 17 de outubro de 2023 17.10.2023 26:58
O tempo hoxe é protagonista da actualidade pola alerta amarela por choiva e vento. Amais recollemos a valoración do último pleno con Carmen Núñez, voceira do BNG de Tui, falamos de Bingos, e de citas para esta xornada. Tamén de atletismo e balonmán no deporte.
Noticias 13.30 h - Luns, 16 de outubro de 2023 16.10.2023 27:12
O presidente da Deputación, Luís López, presentou hoxe a alcaldes e alcaldesas o plan + Provincia dotado con 48,2 millóns de €.Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde falamos tamén de formación e emprego, e de citas coma a mesa redonda sobre María Tydeska que hoxe ás 20 h haberá na Biblioteca tudense. Amais recollemos os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Mércores, 11 de outubro de 2023 11.10.2023 26:35
Hoxe en #Noticias1330h damos conta da reparación dunha fuga na rede de abastecemento de auga que está a levar a cabo o Consorcio do Louro. Amais recollemos a crónica de sucesos, as citas para esta longa ponte e o deporte.
Noticias 13.30 h - Martes, 10 de outubro de 2023 10.10.2023 24:59
En Noticias 13.30 h lembramos o peche do aparcamento municipal de Tui por obras hoxe. Mañá o Consorcio do Louro reparará unha avaría rexistrada na rede de abastecemento dende a captación do río Miño, polo que solicitan á poboación facer un uso responsable. Tamén en crónica política valoramos con José Palacín o pleno celebrado a pasada semana en Tui. As citas e o deporte completan este tempo de inf...
Noticias 13.30 h - Luns, 9 de outubro de 2023 09.10.2023 28:56
Hoxe comezamos Noticias 13.30 h con dous avisos o traslado da parada do autobús na Avenida de Portugal e o peche mañá por labores de mantemento do aparcamento municipal na traseira do edificio Francisco Sánchez. A crónica de sucesos, as citas destes días, e os resultados deportivos están tamén presentes neste tempo de información.
Noticias 13.30 h - Venres, 6 de outubro de 2023 06.10.2023 28:08
A aprobación da Conta Xeral de 2022 foi o punto máis debatido onte no pleno do Concello de Tui. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta dos 13.300 peregrinos e peregrinas que en setembro percorreron o Camiño Portugués dos que o 40% saíron de Tui. Nas citas da fin de semana destacamos o concerto do Conservatorio hoxe na Corredoira, o inicio da programación de outono no...
Noticias 13.30 h - Xoves, 5 de outubro de 2023 05.10.2023 26:56
Hoxe en #Noticias1330h recollemos a orde do día do pleno que ás 20 h se celebra no Concello de Tui, e o corte no ramal de acceso a Portugal debido ás obras do enlace ao Parque Empresarial de Areas. Amais falamos da ruta Eurovelo Atlántica, do comezo da programación de outono no Teatro Municipal, e do concerto de inauguración de curso no CMUS de Tui. Tamén o deporte con slalom, remo, e balonmán.
Noticias 13.30 h - Mércores, 4 de outubro de 2023 04.10.2023 30:56
O paro subiu en setembro no Baixo Miño. Esta é unha das novas que contamos en #Noticias1330h. Tamén o pleno extraordinario que mañá celebra a corporación municipal de Tui, o sentido único que terá a rúa Ricamonde e os cortes a partir de mañá na A55 debido ao acceso ao parque empresarial de Areas. As citas e o deporte completan este espazo de formación.
Noticias 13.30 h - Martes, 3 de outubro de 2023 03.10.2023 28:18
A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno extraordinario. Este é un dos asuntos que contamos en #Noticias1330h xunto a apertura do curso de Auxiliar de Almacén que a Fundación Érguete Inclusión imparte en Tui. Amais recollemos a entrevista co deputado autonómico Moisés Rodríguez, as citas do día na Biblioteca e o deporte.
Noticias 13.30 h - Luns, 2 de outubro de 2023 02.10.2023 28:44
Hoxe en #Noticias1330h damos conta do inicio dap rogramación de outono no Teatro Municipal de Tui, do investimento de 300 mil euros entre 2022-23 no Parque Natural do Monte Aloia, e de nova en educación e formación e doutras citas da semana. No deporte recollemos as tres medallas de Lino Martínez no Campionato de Europa de Policías e Bombeiros, e os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h - Venres, 29 de setembro de 2023 29.09.2023 30:39
Abrimos #Noticias1330h coa presentación da programación de outono no Teatro Municipal que brindará dende o venres 6 de outubro oito espectáculos. Amais na repasamos as citas para esta fin de semana na que continúan as propostas con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, teremos concertos, festas, .... No deporte mañá celébrase o VII Supercross Cidade de Tui, o policía local de Tui, Lino Martínez...
Noticias 13.30 h - Xoves, 28 de setembro de 2023 28.09.2023 29:59
O Concello de Tui conta con de 7 millóns de euros de fondos europeos para investimentos verdes, Así o deu a coñecer con motivo do Día Mundial do Turismo. Esta é unha das novas que recollemos en #Noticias1330h, falamos do programa Cultiva a Mente, das citas do día, da crónica de sucesos e do deporte.
Noticias 13.30 h - Mércores, 27 de setembro de 2023 27.09.2023 27:03
Hoxe, 27 de setembro, é o Día Mundial do Turismo. En Noticias 13.30 h repasamos as actividades organizadas en Tui por este motivo, tamén recollemos a delicada situación que enfrontará SOS Tomiño Baixo Miño a partir de decembro, e a conferencia sobre "Francisco Sánchez, un tudense universal" que ofrecerá hoxe en Tui Laureano Alonso. Estas son so unha parte das novas deste día.
Noticias 13.30 h - Martes, 26 de setembro de 2023 26.09.2023 29:35
O investimento de preto de 2 millóns euros de fondos europeos en Tui para rehabilitar a Praza de Abastos e o Cárcere Vello é unha das novas que recollemos hoxe en #Noticias1330h. Repasamos o programa co que se celebra en Tui o Día Mundial do Turismo, e o dinamismo que rexistra o Camiño Portugués. Nas citas repasamos os concertos previstos esta semana e no deporte falamos do VII Supercross Cidade d...
Noticias 13.30 h - Luns, 25 de setembro de 2023 25.09.2023 24:31
En Noticias 13.30 h recollemos a licitación do proxecto de rehabilitación do cárcere vello, o programa co que se vai celebrar do Día Mundial do Turismo en Tui, o balance do MUMI, o novo horario dos buses entre Tui e Vigo dende este xoves... así coma os resultados deportivos da fin de semana con Sara Tui campioa de Europa de Fútbol Praia coa Selección Española.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coa empresa Lugove 22.09.2023 4:23
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse esta mañá co responsable da empresa Lugove para abordar os problemas que se están rexistrando no transporte de viaxeiros por estrada na cidade. En Noticias 13.30 h Enrique Cabaleiro detallou o abordado no encontro.
Noticias 13.30 h - Venres, 22 de setembro de 2023 22.09.2023 32:12
En Noticias 13.30 h recollemos o resultado da reunión mantida hoxe polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, con responsables da empresa LUGOVE, visto e prace medioambientel ao proxecto de autovía Tui-A Guarda dende a PO-350 a Estás. Tamén a celebración do MUMI na Eurocidade, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h - Xoves, 21 de setembro de 2023 21.09.2023 15:19
O próximo remate das obras nas rúas Colón e Lugo, sinatura da Acta de Recoñecemento da Liña de Fronteira no Río Miño, a constitución do novo comité directivo do Consorcio do Louro, e o inicio con pasarrúas e un concerto especial de apertura do MUMI son parte das novas que hoxe recollemos en #Noticias1330h. Tamén falamos do inicio da Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis e do Concurso Naci...
Noticias 13.30 h - Mércores, 20 de setembro de 2023 20.09.2023 29:38
Mañá comeza o Mumi que ofrecerá 14 showcases entre outras actividades na Eurocidade Tui-Valença. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde demos conta tamén dos resultados do proxecto FlexiGrobots de Terras Gauda, da conferencia de Suso Vila sobre Francisco Sánchez hoxe ás 20 h, a apertura da inscrición no Club de Lectura da Biblioteca, ou do monográfico de francés turístico na EOI de Tui, entre o...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS