Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com
Δημιουργός
Radio Municipal de Tui
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Noticias 13.30 h | Mércores, 29 de novembro de 2023 29.11.2023 29:45
Este venres e o luns haberá novos cortes na A55 debido ás obras do acceso ao parque empresarial de Areas. Así o contamos en Noticias 13.30 h xunto aos plenos que celebran as corporacións de Tui e A Guarda. Tamén recollemos a información do Mercado de Nadal de Tui e a apertura do praza de inscrición da II San Silvestre tudense.
Noticias 13.30 h | Martes, 28 de novembro de 2023 28.11.2023 30:26
A orde do día do pleno ordinario que este xoves celebra a corporación municipal é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Damos conta amais do encontro con María Xosé Porteiro hoxe ás 19 h na Sala Félix Rodríguez, doutras novas da actualidade en Tui e na comarca do Baixo Miño.
Noticias 13.30 h| Luns, 27 de novembro de 2023 27.11.2023 25:34
A exposición "Berces de Vida" foi inaugurada este mediodía en Tui. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén damos conta da programación de Nadal en Tui, e da moción que o PP presentará en pleno este xoves sobre o aparcamento en Tui. Tamén recollemos o encontro con María Xosé Porteiro que mañá haberá na Sala Félix dentro da programación do 25N, e os resultados deportivos da f...
Noticias 13.30 h | Venres, 24 de novembro 2023 24.11.2023 28:47
Os actos conmemorativos do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, centran hoxe boa parte do tempo de información en Noticias 13.30 h. Recollemos tamén na crónica de sucesos, as citas da fin de semana e o deporte.
Noticias 13.30 h | Xoves, 23 de novembro de 2023 23.11.2023 29:06
O Equipo VIOGEN da 1ª Compañía da Garda Civil de Tui recibiu esta semana unha mención honorifica dos recoñecementos Menina que concede a Delegación do Goberno en Galicia. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto aos actos do 25N en Tui e na comarca. Tamén nos facemos eco e iniciativas solidarias, das citas do día e do deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de novembro de 2023 22.11.2023 27:36
A conta atrás para o inicio do mercado de Nadal de Tui que reunirá a 50 expositores é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais damos conta da reunión entre autoridades galegas e portuguesas polos casos de lexionela detectados na Guarda, O Rosal e Caminha. As citas do día coa presentación do libro de Aurora Marco, o concerto de Santa Icía do Conservatorio, e o deporte, xunto a outra...
Noticias 13.30 h | Martes, 21 de novembro de 2023 21.11.2023 26:35
O 25N marca parte da actualidade desta semana. Recollemos os primeiros actos previstos en Tui por este motivo. Tamén falamos do Mercado de Nadal que contará con 50 expositores ao longo das tres quendas en que se vai celebrar. As citas para estes días coa presentación do libro de Aurora Marco, o concerto de Santa Icía do Conservatorio e a Escola de Música e a representación de "Hamelin" por Redrum...
Noticias 13.30 h | Luns, 20 de novembro de 2023 20.11.2023 27:51
A campaña "Non máis violencia por ser muller" posta en marcha polo Concello de Tui con motivo do 25N, o gromo de lexionela na Guarda e no Rosal, a presentación da VII Urban Trail Night Eurocidade son parte das novas destacadas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h
Noticias 13.30 h | Venres, 17 de novembro de 2023 17.11.2023 24:44
Este mediodía inaugurouse no Paseo da Corredoira a exposición "A Camelia a flor das galegas e galegos". Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas da fin de semana con teatro, magostos, outonos culturais, concertos.... e tamén os partidos da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de novembro de 2023 16.11.2023 27:46
Dende esta tarde Francisco Sánchez contará cun monolito en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén a presenza do ciclo Jose Gil hoxe en Tui, repasamos outra citas destacadas da semana, a información da comarca e o deporte.
Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de novembro de 2023 15.11.2023 28:47
En Noticias 13.30 h recollemos a intensa actividade esta semana en Tui cos actos entorno á figura de Francisco Sánchez, a presentación do libro sobre Basilio Álvarez, o ciclo sobre o pioneiro do cine José Gil, a exposición sobre a camelia, teatro con Baobab ou o certame Pinta Tui. Tamén outras novas da comarca e o deporte forman parte do informativo.
Noticias 13.30 h | Martes, 14 de novembro de 2023 14.11.2023 30:15
O 70% das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado hoxe en Tui accederon ao mercado laboral. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto aos actos entorno á figura de Francisco Sánchez que teñen lugar hoxe e o xoves, a Xornada de Formación para as familias e profesorado que ten lugar no CEIP nº2, outras citas da semana, e o deporte.
Noticias 13.30 h | Luns, 13 de novembro de 2023 13.11.2023 30:36
A clausura do Programa Integrado de Emprego, os proxectos seleccionados para participar na segunda edición de Ventura, os actos conmemorativos do 400 aniversario do falecemento de Francisco Sánchez, o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui, xunto a outras citas da semana, e a crónica deportivo conformaron o Noticias 13.30 h de hoxe.
Noticias 13.30 h | Venres, 10 de novembro de 2023 10.11.2023 31:44
10.308 persoas realizaron en outubro o Camiño Portugués, que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Repasamos outras novas da actualidade, a citas da fin de semana e os encontros deportivos.
Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de novembro de 2023 09.11.2023 28:13
Comezamos Noticias 13.30 h coas obras que se están a executando ou van comezar en breve, ás que hoxe se refería o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na nosa sintonía. Tamén damos conta da afluencia importante de clientes hoxe na Praza de Abastos de Tui tras a súa reapertura. As citas e o deporte, completan este tempo de información xunto a outras novas do día.
Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de novembro de 2023 08.11.2023 27:43
A visita institucional do presidente da Deputación ao Concello de Tui é a noticia de apertura hoxe en Noticias 13.30 h. Amais recollemos outras novas da xornada, a oferta formativa e lecer na Aula da UNED de Tui e no Espazo Xove, así coma presentación de libros este venres de Sonia Mirón en Tui e de Francisco Álvarez "Koki" na Guarda, entre outras novas.
Noticias 13.30 h | Martes, 7 de novembro de 2023 07.11.2023 27:28
Catro relatorios que afondaran en distintos aspectos da figura de Francisco Sanchez e un concerto centraran a xornada que o próximo martes se celebrara en Tui dedicada ao médico e filosofo tudense. Asi o contamos en Noticias 13.30 h onde tamen recollemos a reunion entre o goberno municipal de Tui e o BNG sobre o proxecto de transporte interparroquial, as citas da semana protagonizadas polo cine e...
Noticias 13.30 h - Luns, 6 de novembro de 2023 06.11.2023 25:24
O sábado recolléronse na estación de MeteoGalicia en Areas máis de 83l/m2, o segundo maior rexistro no que levamos de ano. Así o contamos en Noticias 13.30 h dando conta tamén do peche da praza por obras até este mércores, da nova colección de cine de Somos Océano, e da xornada formativa para familias que organiza o CEIP nº2. Recollemos tamén os resultados deportivos da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Venres, 3 de novembro de 2023 03.11.2023 31:18
Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo o tempo que nos agarda para a fin de semana con choiva e ventos fortes. Recollemos os datos do paro do mes de outubro que subiu no Baixo Miño, o peche da praza de Abastos de Tui o luns, martes e mércores, as citas da fin de semana, e os partidos da fin de semana.
Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de novembro de 2023 02.11.2023 29:12
Debido ao inicio das obras os postos da praza de Abastos de Tui serán trasladados a parte frontal do inicio, polo que a praza permanecerá pechada o próximo luns, martes e mércores. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta dos prazos para solicitar axudas e bolsas do concello de Tui, as citas para estes días, e os resultados deportivos da xornada competitiva de onte.
Noticias 13.30 h - Martes, 31 de outubro de 2023 31.10.2023 24:50
Onte en pleno cos votos a favor do equipo de goberno e abstención da oposición aprobouse a adxudicación das obras de reforma da praza de Abastos á empresa tudense Plaintec. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á peregrinación a Santiago da Eurocidade Tui-Valença, as citas do Samaín e o deporte.
Noticias 13.30 h - Luns, 30 de outubro de 2023 30.10.2023 29:02
En Noticias 13.30 h damos conta do pleno extraordinario e urxente que celebra ás 20 h a corporación municipal de Tui, e da asemblea de ACITUI prevista para este xoves. Amais recollemos as celebracións do Samaín, e o deportes, entre outras novas de Tui e do Baixo Miño.
Noticias 13.30 h - Venres, 27 de outubro de 2023 27.10.2023 28:53
Abrimos Noticias 13.30 h coa visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui para coñecer os proxectos de cooperación entre Galicia e Portugal nun encontro que ten lugar no Parador. Damos conta do accidente no que un mozo de 25 anos veciño de Tui perdeu a vida esta noite na A55. Todas as citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información.
Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de outubro de 2023 26.10.2023 30:15
Comezamos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da visita que mañá realizará a Tui a comisaria europea, Elisa Ferreira. Amais damos conta das incidencias rexistradas polas intensas choivas das últimas horas, do restaurante Beldade de Tui que figura nos recomendados pola Guía Michelín. As citas para esta tarde e o deporte, completan este tempo de información.
Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui 26.10.2023 5:00
Mañá venres visitará Tui a comisaria europea Elisa Ferreira. Por este motivo falamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da importancia da presenza desta responsable europea na Eurocidade Tui-Valença, e tamén dos proxectos tranfronteirizos nos que están a traballar.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS