Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Επεισόδια: 6584

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com

Δημιουργός

Radio Municipal de Tui

Κατηγορία

News

Ιστοσελίδα του podcast

www.ivoox.com

Τελευταίο επεισόδιο

20 Νοε 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android 10 εκ.+ λήψεις · βαθμολογία 4,7+ iOS σύντομα

Επεισόδια

Ent. Ana Rodríguez, do CIM de Mos; e Javier Martínez, experto en intelixencia artificial | Xornadas 25N 20.11.2026

O próximo luns 23 e o martes 24 celébranse en Tui as xornadas "A violencia que se esconde tras a pantalla. Violencias machistas na era dixital" co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. As xornadas comezarán, ambos días, ás 18 h na Sala Félix Rodríguez e o acceso é libre. Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, destacou hoxe na nosa sint...

Ent. Rogelio Cabado, cantautor | Xornada "800 razóns para estar unidos" 20.11.2026

A Catedral de Tui acollerá mañá sábado ás 17 h un concerto de Rogelio Cabado dentro dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración do templo catedralicio. Previamente, ás 12 h, no Seminario Menor o cantautor participará nun encontro de formación co lema "800 razones para estar unidos". Rogelio Cabado destacou hoxe na nosa sintonía que o obxectivo desta xornada é unir ás persoas a trav...

Ent. Menchu, Sío e Sendo | 50 anos do edificio Roma 20.11.2026

O edificio Roma de Tui construíuse no ano 1975 na avenida da Concordia. Este mes de novembro a súa comunidade de veciños quixo celebrar os 50 anos de historia cun xantar compartido, tamén coa veciñanza de edificios da contorna. Hoxe conversamos con Menchu, Sío e Sendo, tres dos organizadores, sobre a historia do edificio e a súa relación coma comunidade.

Ent. Baltasar Garzón, xurista e presidente da Comisión da Verdade | Xornadas de memoria histórica de Tomiño 20.11.2026

O xurista Baltasar Garzón dará comezo hoxe venres ás Xornadas de memoria histórica que organiza o Concello de Tomiño en homenaxe a Francisco Rodríguez, Otero, Paquiño de Figueiró. Será cunha conferencia aberta ás 19 h no auditorio de Goián. Conversamos hoxe con Baltasar Garzón, presidente da Comisión da Verdade, sobre o que é a memoria democrática e sobre a importancia de desenvolver iniciativas l...

Ent. Natalia Lago | Ruta do outono da Fada do Aloia 19.11.2026

Este domingo ás 16 h a Fada do Aloia celebra a ruta do outono. Unha proposta para descubrir as cores, curiosidades e flora desta época do ano no Parque Natural. Vai dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, e o prezo é de 8€ para as crianzas e 10€ para persoas adultas. A cuota inclúe agasallos para os nenos e nenas e os seguros, segundo indicaba hoxe Natalia Lago na nosa sintonía.

Ent. Marisa Giráldez e Miguel da Rocha, do Club Bádminton Tui | Torneo recreativo e cambio na presidencia 19.11.2026

Este sábado celébrase no pavillón do IES San Paio o torneo recreativo que un ano máis organiza o Club Bádminton Tui. Serán preto de 80 os nenos e nenas que participan a partir das 10 h neste torneo. Miguel da Rocha, presidente do club tudense, deu hoxe os detalles desta actividade. Conversamos hoxe tamén con Marisa Giráldez, quen vén de deixar a presidencia do Bádminton Tui. Con ela falamos sobre...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | 25 N 19.11.2026

O Concello de Tui vén de lanzar "Sé parte da solución", a súa campaña polo 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra a Muller. A programación inclúe sete xornadas de actividades e comeza o próximo luns 23 coa primeira das dúas xornadas formativas "A violencia que se esconde tras a pantalla". Ana Núñez é a concelleira de Igualdade de Tui, e hoxe deu conta na nosa sintonía do p...

Ent. Xonqui, músico 18.11.2026

Xonqui é músico, de Salvaterra de Miño, e vén de lanzar o seu primeiro EP con cinco cancións que hoxe presentou na nosa sintonía. Unha delas, Eco de las estrellas, recibiu o Premio á Mellor Composición en Canción Indie nos Premios Talento Latino 2026.

Ent. Bárbara González, responsable de comunicación e marketing de Plaintec | II Fase Cero 18.11.2026

O Teatro Municipal de Tui acollerá este venres ás 20 h a segunda edición de Fase Cero, un evento de divulgación organizado pola empresa tudense Plaintec. Un conxunto de persoas expertas compartirán as súas experiencias, coñecemento e reflexións arredor da construción baixo o lema “Cada vez que o mundo cambia, alguén ten que aprender a construílo”. As ponencias estarán dispoñibles nas próximas sema...

Ent. Julio Llamazares, escritor | Visita a Tui no programa de actividades do 800 aniversario da consagración da Catedral 18.11.2026

O escritor Julio Llamazares, Premio Nacional de Narrativa 2026, estará mañá xoves en Tui dentro do programa de actividades conmemorativas do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui. Ás 19 h, na Capela das Reliquias, participará nunha tertulia sobre o seu libro "Las rosas de piedra" no que o segundo capítulo está dedicado ao templo tudense. Xa ás 20.30 h participará no Espazo Sociocultur...

Espazo comercio | Nattex Tui 17.11.2026

Nattex Tui é unha tenda dedicada ao descanso. Hoxe coñecemos os produtos que podemos atopar neste establecemento da rúa Martínez Padín, en Tui, e tamén as ofertas activas na campaña promocional do Black Friday. Facémolo no Espazo comercio, en colaboración con ACITUI, con Loli Pazos, directora e xerente de Nattex Tui.

Ent. Ana Paula Xavier e Sonsoles Vicente | I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença 17.11.2026

Este xoves 19 terá lugar o I Encontro Senior Tranfronteirizo Tui-Valença que reunirá a un centenar de persoas maiores de 60 anos dos dous municipios. O obxectivo desta xornada de convivencia é abordar a situación actual deste colectivo poboacional e darlle voz. Así, está programado un conxunto de actividades que se van celebrar na Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. As persoas mai...

Ent. Iria Márquez, intérprete de lingua de signos e profesora | Clases no Centro Anarela 16.11.2026

O Centro Anarela, en Tui, ofrece diferentes cursos para aprender lingua de signos española. A súa profesora, Iria Márquez, deu conta na nosa sintonía das diferentes modalidades que ofrecen e da importancia que ten adaptar a cultura ou o ocio á LSE.

Ent. Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civil de Tui | Venda de rifas en favor da AECC 16.11.2026

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui ten en marcha un ano máis unha iniciativa solidaria. Nesta ocasión o obxectivo é recadar fondos para a Asociación Española contra o Cancro, e comezaron xa a vender rifas para o sorteo de 500 € ao número que coincida co primeiro premio da Lotería Nacional do 4 de febreiro. Así nolo contaron hoxe Juan González e Cristina Pazo, de Protección Civi...

Raíces e vangarda | Arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo 16.11.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda cociñamos arroz con leite cremoso con cítricos e crocante de caramelo, receita do chef Judicael Romero. Deu tamén consellos e trucos para mellorar a hixiene na cociña e limpeza dos alimentos.

Ent. Eloy Carrera, director da Banda M. Popular de Tui| Concerto de Santa Icía Recordado a Nino Bravo con Serafín Zubiri 13.11.2026

A Banda de Música Popular de Tui ten preparado un concerto moi especial para celebrar a festividade da súa patroa, Santa Icía, xa que será unha homenaxe a Nino Bravo no que contarán coa participación de Serafín Zubiri. Será o sábado 21 ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda de forma anticipada ao prezo de 10€ e no despacho de billetes terán un prezo de 15€. Falamos deste con...

Ent. Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns - Actividades 13.11.2026

Mañá sábado Amigos da Festa de Rebordáns inicia a temporada de bingos que van realizar todos os sábados ás 21 h no Centro Cultural San Fins de Rebordáns. Haberá servizo de ludoteca para os nenos e nenas. Así nolo contaron Ismael Felgueiras e Sheila Rodríguez de Amigos da Festa de Rebordáns. Avanzaron amais que o domingo 29 no Centro Cultural San Fins terán unha festa gastronómica de carné ao calde...

Ent. Uxía Hermida - Estrea do espectáculo cómico "Curviland" 13.11.2026

A tudense Uxía Hermida estrea mañá sábado o seu espectácuo cómico “Curviland”, unha viaxe polo mundo das influencers na que non faltará a interacción co público. A cita será ás 21 h no Espazo Sociocultural con entrada libre. Con Uxía Hermida falamos hoxe do espectáculo.

Ent. Xron, director da obra | Chévere con "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” 13.11.2026

Chévere chega hoxe ao Teatro Municipal de Tui para representar "Ictus (Anatomía de “A Derradeira Leición” de Castelao” cun cheo no patio de butacas. Sobre o escenario estarán Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Borja Fernández, Gema Santos, Marcos Pereira. A dirección e a dramaturxia da obra corresponte a Xron, responsable tamén da dramaturxia da obra. Con el falamos desta obra accesible que se e...

Ent. Conchi Martínez, farmacéutica | Día Mundial da Diabetes 12.11.2026

Este sábado 14 de novembro é o Día Mundial da Diabetes. Con este motivo hoxe conversamos con Conchi Martínez, farmacéutica, sobre esta enfermidade. En concreto hoxe profundamos na diabetes tipo 1, máis descoñecida que a de tipo 2, e nos síntomas que pode presentar.

Ent. Ana Soutelo, de A Insua de Caldelas | San Martiño 12.11.2026

A partir de mañá venres Caldelas celebra festas na honra a San Martiño organizadas pola asociación A Insua. Música, gastronomía e tradición estarán presentes con tres días de programación que se desenvolverá a carón da igrexa parroquial. Ana Soutelo, de A Insua, daba conta hoxe na nosa sintonía de que terán recinto con carpa e castañas de balde.

Ent. Miguel Abreu de Baile Pasos | Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença 12.11.2026

O baile deportivo será protagonista esta fin de semana na Eurocidade Tui-VAlença coa celebración do Trofeo de Baile Deportivo no pavillón de Valença que vai reunir a máis de 500 bailaríns de España e Portugal para participar nas distintas competicións previstas. Así nolo contou hoxe Miguel Abreu de Bailes Pasos, organizado do evento xunto á Eurocidade.

Ent. Laureano Alonso, tradutor | Tradución de "Adivinación a través do sono", de Francisco Sánchez 10.11.2026

“Adivinación a través do sono” é a cuarta obra do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez que Laureano Alonso traduce do latín ao galego. É a primeira tradución deste texto que se realiza en España. O libro, editado polo Concello de Tui e que inclúe tamén unha tradución dun tratado de Aristóteles, será presentado o próximo luns, ás 20 h, na Sala Municipal no Edificio Francisco Sánchez.

Espazo comercio | La Gran Manzana Lounge Bar 10.11.2026

Cada martes La Gran Manzana Lounge Bar organiza unha noite de xogos coa actividade "Adiviña a canción". A partir das 21 h as súas portas estarán abertas para que grupos de entre 3 e 8 persoas desfruten dunha noite divertida e chea de música. Así nolo contaron hoxe Yaiza Vila e David Palhares no Espazo comercio que semanalmente abrimos en colaboración con ACITUI.

Ent. Manuel Rivas, experto en ciberseguridade | Prepárate para un Nadal Ciberseguro 10.11.2026

Como evitar unha estafa en internet, que debemos ter en conta á hora de realizar unha compra en liña, ou que debemos ter en conta nos dispositivos conectados a internet, son algunha das cuestións que se abordarán este xoves no obradoiro "Prepárate para un Nadal Ciberseguro" que de 17 a 18.30 h terá lugar na aula CEMIT de Tui. Será impartido polo experto Manuel Rivas. Con el falamos deste obradoiro...

Άκου το podcast Día a Día στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS