Todos os podcast | Mar de ardora
AGalegaAudio
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mar de ardora 15-12-2025 15.12.2025 56:58
A consellería do Mar autoriza a captura de ouxas que devoran o berberecho e a ameixa nas rías. Preguntámoslle como se combate esta praga á patroa mnaior de Lourizán, Carmen Vázquez. Imos a un mercado de Vigo para que a pescantina Olaia Suárez nos diga como vai a campaña de Nadal. O director adxunto do porto de Celeiro, Eduardo Míguez, fálanos do seu acordo cunha sociedade irlandesa para capturar l...
Mar de ardora 08-12-2025 08.12.2025 56:58
A flota palangreira galega reclama o remate da veda de pesca do marraxo. A xerente da Organización de Palangreiros Galegos, Juana Parada, fálanos do estado da pesquería. Na última década caeu o consumo de peixe en España un 30 por cento. Un grupo de expertos nutricionistas entre os que están Elvira Larque, Rosaura Leis e Federico Costa dannos motivos para que introduzamos os produtos do mar na nos...
Mar de ardora 01-12-2025 01.12.2025 0:57
Os bateeiros galegos recibiron a desagradable visita da marea vermella ás portas do Nadal ameazando a súa campaña navideña. Falamos co presidente da Asociación de Produtores de Mexillón de Vilanova de Arousa, Manuel Janeiro, sobre as repercusioóns que pode ter o peche dos polígonos de bateas e sobre outros problemas que ten o sector. Comezan as actividades do proxecto Mar e Rías, que impulsan os G...
Mar de ardora 24-11-2025 24.11.2025 0:57
Falamos co Director Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta, Cándido Rial, das posibilidades de modificar o reparto da captura de sardiña nas augas ibéricas. Na próxima tempada non se poderá pescar salmón en Galicia. Explicanos as razóns desta veda o presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo. Camino Gestal, do Instituto de Investigacións Mariñas, cóntanos en que consiste o proxecto Octo...
Mar de ardora 17-11-2025 17.11.2025 56:58
Os cerqueiros galegos seguen capturando bocarte ás portas do inverno. Falamos desta inusual situación co voceiro da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Manuel Suárez. Os españois consumen un 30% menos de peixe que hai unha década. Preguntámoslle os motivos a Luisa Álvarez, directora da federación que agrupa aos comercializadores de pescado. A oceanógrafa Marta Álvarez explícanos en que co...
Mar de ardora 10-11-2025 10.11.2025 56:54
Falamos coa xerente adxunta da Cooperativa de Armadores de Vigo, Mercedes Rodríguez, sobre os efectos da proliferación de megaarastreiros nos caladoiros comunitarios. Carlos Lois, da confraría do Grove, infórmanos da marcha da campaña do ourizo. David Villar cóntanos nunha reportaxe como se xestiona a colleita de algas en Galicia. Tamén coñecemos un proxecto da Universidade de Santiago e a empresa...
Mar de ardora 03-11-2025 03.11.2025 0:57
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, cóntanos o tratado na xuntanza que mantiveron os pósitos do Cantábrico para poñer sobre a mesa os probelas da pesca artesanal. Para facer balance do bono-peixe falamos coa Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e coa propietaria dunha peixería de Lugo, Isabel Peña. Conversamos sobre os accidentes no mar con Fran Pena, coordinador do...
Mar de ardora 27-10-2025 27.10.2025 56:59
O descenso da produtividade das rías galegas alarma á xente do mar. Entrevistamos á directora de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Ángeles Vázquez, para que nos conte como aborda a administración este problema. Nas illas británicas quéixanse da proliferación do polbo nas súas augas. Ángel González, científico do Instituto de Investigacións Mariñas, explícanos as razóns de que haxa variacións pro...
Mar de ardora 20-10-2025 20.10.2025 57:00
Rematou Conxemar e facemos balance da Feira dos productos conxelados do mar falando co seu presidente, Eloy García. Tamén queremos saber como foi a osteira do bonito deste ano e para iso contamos co xeente dos armadores de BVurela, Miguel Neira. Álvaro Roura, director técnico de Octolarvae, explícanos como esta empresa está tentando recuperar a poboación de camarón na ría de Vigo
Mar de ardora 13-10-2025 13.10.2025 56:58
Comentamos con Iván López, presidente da Asociación Internacional de Asociacións Pesqueiras, as intencións da Comisión Europea de recurta-los fondos europeos dirixidos ao sector pesqueiro. Lucía Junquera infórmanos sobre o proxecto da confraría de Cangas de sementar ourizo. David Fernández asistiu ao encontro sobre o "Pacto europeo polo oceano" que se desenvolveu en Ribeira. Fidel Rodríg...
Mar de ardora 6-10-2025 06.10.2025 56:46
O patrón maior de Barallobre, Jorge López, cóntanos como a confraría está tentando recuperar a ostra plana. No día do Mexillón Quique Magdalena repasa a situación da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia. O investigador de Centro Oceanográfico de Vigo, Camilo Saavedra, fálanos da visitas dos rorcuais a augas galegas no perido estival. Outro investigador do IEO, Xulio Valeira, explíca...
Mar de ardora 29-09-2025 29.09.2025 56:59
O naufraxio do pesqueiro galego Tafra 3 sacou a luz as prácticas abusivas dos grandes buques factoría en caladoiros como o de Mauritania. Diso falamos co presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, Javier Touza. En Cambados as mariscadoras exercen tamén como guias turísticas. María Xosé Cacabelos, presidenta da Asociación Guimatur, cóntanos por que. Desvelamos a faceta poética do armador e pre...
Mar de ardora 22-09-2025 22.09.2025 57:00
FP dual marítima. Hai alumnos? Saídas profesionais? Preocupación entre as mariscadoras das Rías Baixas pola ouxa, unha especie de raia que lles papa o marisco. Redes de arrastre selectivas. Imos ata o Ulla. Estamos nos últimos días da pesca da anguía. Percorremos a a costa pra falar de vagar dun oficio tan tradicional como clave prá construción de barcos ata mediados do século pasado: a carptinter...
Mar de ardora 15-09-2025 15.09.2025 57:00
A costeira do bonito encara a súa recta final con bos resultados. Dela falamos co patrón maior de Burela, Basilio Otero. Tamén se rexistraron boas capturas na campaña do polbo, como nos explica o patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas. O coordenador do CEMMA, Alfredo López, explícanos por que as toniñas están en perigo de extinguirse. Presentamos a María José Seoane, bateeira e instagramer. Almud...
Mar de Ardora 17-06-2025 16.06.2025 58:06
Mar de fóra: O Tribunal da UE rexeita os recursos contra 87 prohibicións de pesca en profundidade Técnicos de pesca da flota española van reclamar a equiparación á hora de tributar que os mariños militares. O IEO lanza a campaña Platuxa para avaliar os recursos pesqueiros no Gran Banco de Terranova Mar de proa: Rescates en Camariñas e en Ribeira.
Mar de Ardora 09-06-2025 09.06.2025 56:39
1.- Remuda na Consellaria do mar. Falamos con Basilio Otero, presidente das contrarias españolas 2.- Primeiro libro sobre o naufraxio do Villa de Pitanxo, de Xosé Manuel Solla Santos
Mar de ardora 02-06-2025 02.06.2025 1:00:57
Falamos do comnezo da costeira do bonito co presidente da Asociación de Armadores de Burela, Abelardo Basanta. O percebeiro Toñico Haz explícanos os problemas que xeran os furtivos en Muxía. Analizamos co naturalista Alfredo López a diminución das interaccións das candorcas con barcos en Galicia. O historiador Fernando Patricio Cortizo preséntanos o seu libro "Na escuridade das ondas: a traxe...
Mar de Ardora 26-05-2025 26.05.2025 56:18
Europa: acordo pesqueiro con Inglaterra. Con Danievl Voces de Anaindi, Juan Carlos Corrás, Sergio López e Javier Touza. Mar de vento: Ollada ao tempo, que din os prognósticos do mar? Con Marcial Sar, patrón de Fisterra e armador. Colaboración de Javier García Galdo, Biólogo Mariño e experto en pesca sostible. Hoxe: crustáceos.
Mar de Ardora 19-05-2025 19.05.2025 56:29
Mar de Proa: Foro Galicia de sostibilidade global de produtos do mar. A Asociación de Organizacións de Produtores Pesqueiros de Cantábrico celebrou o mércores a súa IV Xornada Cantábrica Mar Vivido: Falamos do recompilatorio de Susana Rodríguez Barcia, «Cantos do mar» e dun libro no que se explica o nacemento da Cruz Vermella, «Na escuridade das ondas».
Mar de Ardora 12-05-2025 12.05.2025 55:40
Balance da Seafood Expo de Barcelona con Roberto Alonso (ANFACO-Cecopesca) e Manuel Suárez (ACERGA). Mar de fóra: balance da costeira da anchoa con Eduardo Carreño, da frota do cerco de Portosín. Mar de proa: Entrevista a Amalia González ‘Lita’. vicepatroa da Confraría de Pescadores de Camariñas.Vicepresidenta Terceira da Federación Nacional de Confrarías. Empezou como mariscadora aos 16 anos. Lev...
Mar de ardora 05-05-2025 05.05.2025 55:29
Mar de Proa: A próxima semana comezan as xornadas EXPOMAR en Burela Mar de fóra: O comisario europeo de pesca visitou España. A Federación de Confrarías de Pontevedra podería deixar a Federación Galega Mar Vivido: Manolo do Coral. Corenta anos navegando en arrastreiros.
Mar de Ardora 26-04-2025 26.04.2025 56:46
O Bonopeixe, anunciado por Rueda no debate do estado da autonomía. Mar de Proa: O Consello Consultivo das augas do sur celebrou reunións dos grupos de traballo en Santiago de Compostela. Celebrouse en Avilés unha xornada monográfica sobre a pescada. Mar Vivido: Entrevista con Juan José Fernández Prol, xefe de máquinas. Natural de Aguiño. Traballou no cerco, no arrastre e no palangre. Mar de fóra:...
Mar de Ardora 21-04-2025 21.04.2025 57:01
Nuns meses cumpriranse 50 anos exactos da caza da última balea na costa galega. Foi levada a Caneliñas, concello de Cee. Falamos con Paula Castiñeira, unha das autoras do documental "Caneliñas: 100 anos ". Tamén co historiador Santiago Llovo e o escritor Chisco Fernández Naval.
Mar de Ardora 05-04-2025 05.04.2025 56:10
Actos en Aguiño en lembranza do ´Cartagena´. Con Luís Crujeiras. Mar de Proa: ACERGA celebrou xornada anual en Sada. Comeza a veda do polbo. . Mar de fóra: Como afectarán os aranceis ao sector agropecuario? Mar de vento: Ollada ao tempo que espera no mar. Javier García Salido fálanos dos moluscos bivalvos.
About the podcast
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Author
AGalegaAudio
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
118
Latest episode
27. Jun 2026
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.