Radio Maré
Radio Maré
Nesta canle publicamos traballos elaborados polo alumnado da EOI de Vilagarcía de Arousa, bibliorecomendacións, clubes de lectura, entrevistas a persoas que visiten a escola para achegarnos unha experiencia compartida e todo aquilo que sirva para sacar a vida da EOIVGA á rúa e facer partícipe dela a toda a comunidade.
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Galicia no mundo: Episodio 7 (Despedida) 04.06.2026 6:23
Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 7: Despedida EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Emma (Massachusetts, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyon, Francia)
Galicia no mundo: Episodio 6 (A cultura galega) 04.06.2026 7:08
Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 6: A cultura galega EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Emma (Massachusetts, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyon, Francia)
Entrevista con Elvira Ribeiro 08.05.2026 6:26
Falamos con Elvira Ribeiro, escritora, tradutora e profesora da Universidade de Vigo, antes da súa charla-obradoiro Unha trenza de sete cabos: As escritoras do Día das Letras. A entrevista foi conducida pola profesora Ana Salgado e contou coas preguntas formuladas pola alumna de galego A2 Emma Gabriel.
Comer con sentido 05.05.2026 6:00
Benvidos e benvidas! Neste programa fala o alumnado de alemán do curso B2 sobre a comida e os hábitos alimentarios. Se queres coidarte e entender mellor cómo comes, este programa é para ti.
Viaxes, tempo de lecer 05.05.2026 6:36
Benvidas e benvidos ao programa do curso B1.2 de alemán na EOI de Vilagarcía de Arousa! Neste episodio fala o alumnado sobre as súas viaxes no verán e as actividades que lles gusta facer no seu tempo de lecer. Así que xa sabes, sobe o volume, ponte cómodo/ e goza con nós deste programa.
Voces silenciadas 04.05.2026 5:55
Begoña Caamaño entrevista catro protagonistas de Morgana en Esmelle. ⠀ Con este episodio a equipa Café de Pota gañou o premio no concurso Radio na Biblio 2026. ⠀ Máis info: i.gal/vocessilenciadas i.gal/cafedepota
Galicia no mundo: Episodio 5 (Comida galega) 24.04.2026 6:47
Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 5: Comida galega EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Emma (Massachusetts, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyon, Francia)
Mulleres intrépidas: Barbara Mazzolai 18.04.2026 9:08
Café de Pota colaborou nesta iniciativa cun relato sobre a enxeñeira italiana máis atrevida, intrépida e creativa. ⠀ Música de Fondo: Mimosa Pudica - The Sensitive Plant - youtube.com/@NikTheCat ⠀ Máis info: i.gal/cafedepota
Mulleres intrépidas: Maria Conceição 15.04.2026 3:24
Café de Pota colaborou nesta iniciativa cun relato sobre a deportista portuguesa máis valente, intrépida e solidaria. ⠀ Música de Fondo: Level - The Grey Room _ Density & Time (Biblioteca de audio de YouTube) ⠀ Máis info: i.gal/cafedepota
Mulleres intrépidas: Nicole Reine, Marguerite Durand e Alice Guy 10.04.2026 10:39
Neste vibrante podcast de 10 minutos en francés, producido por alumnado de francés da EOI Vilagarcía, mergullámonos nas vidas de tres mulleres francesas que desafiaron os límites do seu tempo, deixando pegada indeleble na historia. Inspirado na celebración recente do 8M, Día Internacional da Muller, o episodio flúe con entrevistas simuladas, anécdotas fascinantes e unha pregunta reflexiva que invi...
Funny Fake News 10.04.2026 2:21
O alumnado de B2.2 de inglés relata dúas historias: unha fascinante anécdota sobre o Dalai Lama e un enigmático caso das galletas desaparecidas. música: 1 Hour News Music Loop https://www.youtube.com/watch?v=Cjz_8AT25T8
Mulleres intrépidas: María Reiche 07.04.2026 1:54
O alumnado do monográfico "alemán a través da radio conta a historia de Maria Reiche e o seu espírito aventureiro que a levou a conseguir que as Liñas de Nasca sexan consideradas hoxe Patrimonio da Humanidade. Non perdas de escoitar este episodio!
Mulleres intrépidas: Urraka von Galicien 07.04.2026 7:06
O alumnado do monográfico "aprender alemán a través da radio" preséntanos a vida de Doña Urraca, a primeira muller rexente no reino de Galiza, que foi quen de enfrontarse a unha sociedade patriarcal da época e conseguir moitísimos logros para a historia do reino de Galiza. Non perdas de escoitar este episodio!
Galicia no mundo: Episodio 4 (Impresións do Entroido) 27.03.2026 6:14
Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 4: Impresións do Entroido EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Emma (Massachusetts, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyon, Francia)
Mulleres intrépidas: Florence Nightingale 27.03.2026 2:18
O alumno Carlos Pérez de C1.1 de inglés preséntanos a vida de Florence Nightingale, pioneira da enfermaría moderna no século XIX, coñecida polo seu labor durante a Guerra de Crimea, pola súa contribución á mellora das condicións sanitarias e por popularizar o uso dos gráficos circulares (pie charts) para representar datos estatísticos. Non perdas de escoitar este episodio! Image: Gordon Johnson in...
Bea Caamaño 20.03.2026 20:49
Café de Pota e Bea Caamaño falan sobre a figura e a obra de Begoña. ⠀ Música de Fondo: Alalá das Mariñas - Ancient Journey / Xerome Vence ⠀ Máis info: i.gal/cafedepota
Mulleres intrépidas: Isabel Barreto 13.03.2026 3:07
O alumnado de B2.2 de inglés preséntanos a vida de Isabel Barreto, navegante e exploradora galega do século XVI, considerada a primeira muller almirante da historia tras liderar unha expedición polo océano Pacífico. Non perdas de escoitar este episodio!
Mulleres intrépidas: Amelia Earhart, Nina Simone, Agatha Christie 13.03.2026 9:46
O alumnado de C1.1 de inglés preséntanos as vidas de: Amelia Earhart, aviadora pioneira estadounidense e unha das primeiras mulleres en cruzar o Atlántico voando en solitario; Nina Simone, cantante, pianista e activista estadounidense que marcou a historia do jazz e da loita polos dereitos civís; Agatha Christie, escritora británica coñecida polas súas novelas de misterio e importante arqueóloga....
Mulleres intrépidas: Isabella Bird 13.03.2026 4:16
O alumnado do semi presencial C1.1 de inglés preséntanos a vida de Isabella Bird, aventureira, exploradora, escritora, fotógrafa e naturalista británica dos séculos XIX e XX. Non perdas de escoitar este episodio!
Mulleres intrépidas: Helene Deutsch 10.03.2026 2:25
O alumnado de B1.1 de alemán conta como Helene Deutsch cambiou o xeito no que se analizaba e comprendía á muller no mundo da sicoloxía - esnaquizou tabús e facilitou a conversa necesaria sobre o mundo emocional e sexual da muller dende si mesma e para o mundo. Non perdas de escoitar este episodio!
Mulleres intrépidas: Ida Pfeiffer 10.03.2026 2:26
O alumnado de B1.1 de alemán cóntanos cousas sobre esta gran muller, aventureira tardía, intrépida, viaxeira, naturista e rompedora na súa época. Non perdas de escoitar este episodio!
Galicia no mundo: Episodio 3 (Sitios favoritos da cidade) 13.02.2026 7:13
Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 3: Sitios favoritos da cidade EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Emma (Massachusetts, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyon, Francia) Música: Uplifting Bas...
DMR26 - NotebookLM 09.02.2026 16:03
Recensión sobre NotebookLM para o Día Mundial da Radio 2026. ⠀ Por Café de Pota: texto de Marcos Vence (Alemán A1) e voces de Elisa Ruiz (Monográfico de Inglés) e Tiago Vence (Inglés C1.2). ⠀ Música: www.youtube.com/@MHProducindo
Galicia no mundo: Episodio2 16.12.2025 9:25
Descripción de Galicia no mundo: Episodio 2 Galicia no Mundo: explorando Galicia a través das voces e linguas das auxiliares de conversa, unha colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa e Ferrol. Episodio 2: Tradicións do Nadal EOI Vilagarcía: Alessandro (Aveiro, Portugal), Chelsea (Oregon, EEUU) EOI Ferrol: Douglas (Goiânia, Brasil), Ellie (Reno, Nevada, EEUU), Mathieu (Lyo...
A Xente das Bestas 12.12.2025 14:38
Exposición fotográfica de José Cuervo, alumno de Inglés. https://youtu.be/GwGcP8ms9jg ⠀ Por Café de Pota: https://i.gal/cafedepota ⠀ Máis info: https://i.gal/axentedasbestas
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet