Radio Ateneo
Paseando por Compostela con mulleres
Este programa fará un percurso por Compostela (as súas rúas, os seus barrios, as súas parroquias...) coas súas mulleres. A maioría das mulleres das que falaremos son pouco coñecidas, moitas anóminas, e a vida de Compostela, como a de moitos outros lugares, sería impensable sen elas, non estaría escrita.
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
A voz do ensino. María Naveira Lago 06.12.2023 7:41
María Naveira Lago foi unha soprano compostelá e bastante descoñecida na cidade e formada inicialmente na escola de música da Real Sociedade Económica de Amigos del País
Mercedes López 22.11.2023 9:37
Mercedes López Ramón naceu no ano 1909 en Corcubión e viviu dende moi nova en Santiago de Compostela, cidade na que tamén faleceu. Foi pianista, organista, directora de coros e docente no instituto Rosalía de Castro. Tamén foi un mando da sección femenina.
Narcisa Pérez Reoyo 08.11.2023 8:30
Hoxe volvemos a pasear polas rúas de Compostela, malia que a choiva destes días non acompañe. E farémolo acompañados por Narcisa Pérez Reoyo.
Carolina de Valga, la Belle Otero. Paseando o Santiago da saúde e a festa 07.06.2023 12:57
Hoxe tócanos pasear con Agustina del Carmen Otero, comunmente coñecida como Carolina Otero, e especialmente, como a Bela Otero. Naceu en Valga no ano 1868, e residiu a maior parte da súa vida en Francia, onde foi das máis grandes e destacadas mulleres do inicio do século XX, como unha das máis representavivas actrices e bailarinas da Belle Époque.
Carmen Alvariño Alejandro. Paseando a Compostela do saber e da cor 24.05.2023 10:22
Carmen Alvariño Alejandro é a muller que hoxe nos acompaña no noso paseo pola cidade compostelá. Unha muller ensinanta en institutos e centros de FP nada nunha familia moi numerosa e que particupou dende nova nas loitas antifranquistas.
Rosa Bassave Roibal. O amor polos libros e pola liberdade 10.05.2023 7:26
Hoxe pasearemos polas bibliotecas e librarías de Compostela xunto con Rosa Bassave Roibal, unha muller libre, revolucionaria, reivindicativa e, ante todo, amante dos libros.
Paz López Facal. Mestra, contista e activista da cultura e da xustiza 26.04.2023 8:26
No programa de hoxe, guiados por Encarna Otero, pasearemos por Santiago de Compostela e os seus parques con Paz López Facal, unha mestra, contista e activista da cultura e da xustiza, e sobre todo unha desas mulleres que fan do mundo, un lugar mellor.
Tres xeracións da mercería Algui (almacéns da rúa do Vilar) 29.03.2023 10:10
Compostela é territorio do bo vestir e do bo coser. Hoxe paseamos polas rúas de Santiago para coñecer as mercerías.
As que coidan 15.03.2023 9:00
Hoxe paseamos cun colectivo que adoita ir empurrando unha cadeira de rodas, un cariño de bebé ou a carón dunha persoa maior cun bastón. Paseamos coas coidadoras.
As invisíbeis que limpan a vida 15.02.2023 10:15
O percorrido de hoxe pode facerse por moitos lugares: hospitais, colexios, a Universidade, a estación, o aeroporto, as rúas... Hoxe falamos das mulleres que limpan.
As mulleres industriosas nas tinerías de Santiago. Empresarias do coiro 26.01.2023 16:33
Hoxe imos pasear por unha Compostela menos coñecida: a Compostela do coiro. Esta cidade ten nas beiras do Sar e do Sarela grande parte da súa memoria de traballo.
Comunidades conventuais 02.11.2022 13:56
Hoxe imos pasear con freiras, monxas e irmás, nas que se atopan as diferentes comunidades relixiosas que tan numerosas son en Compostela.
Chelo Piñeiro Vella, unha traballadora na fábrica de A.G.E. 05.10.2022 11:13
Hoxe faremos un percorrido pola Fábrica de Conficciónes A.G.E., S.L. a través da lembranza de Chelo Piñeiro Vella, imaxinándonos como era unha xornada de traballo para ela e para as súas compañeiras.
Mulleres nas industrias de Compostela 21.09.2022 14:24
Hoxe recuperamos a memoria de todas aquelas mulleres que traballaron en fábricas, co obxectivo de recoñer o traballo de todas elas e pasear figuradamente por eses espazos onde traballaron.
Mulleres das casas de xantares 08.06.2022 14:23
Con este programa iniciamos o estudo de colectivos de mulleres, e o futuro de moitas delas. Comezamos hoxe polo mundo dos xantares, falando das mulleres de hoxe e das que continuarán durante moitos anos.
María del Portal 25.05.2022 10:07
María del Portal Panise Ferrer (Maruxa) podería ser coñecida como a boticaria da liberdade, xa que contribuíu á saúde sexual e reprodutiva das mulleres de Santiago da súa época.
Aurora Liste Forján 11.05.2022 9:06
Aurora Liste Forján foi unha muller que é difícil abranguer e cunha mocidade moi difícil marcada polo golpe de Estado fascista do 1936. Foi coñecida como leiteira, pero tamén foi activista e militante do Partido Comunista.
Elvira Santiso 13.04.2022 9:58
Elvira Santiso foi artista e docente de vocación, cunha grande creatividade que rompeu todas as barreiras da época.
María Antonia Sanjurjo 30.03.2022 10:15
María Antonia Sanjurjo naceu en Santiago e foi pioneira como xogadora de hóckey sobre herba e unha das fundadoras do Hóckey Club de Vigo, que chegou a estar no máis alto do hóckey feminino.
Daría Vilariño Pintos 02.02.2022 9:21
Daría Vilariño Pintos foi especialista en arquivos e bibliotecas. Traballou na Biblioteca Pública de Compostela, impartiu aulas na Universidade e colaborou coa Cidade da Cultura na creación da súa Biblioteca.
Consuelo Otero Rial 19.01.2022 9:51
Consuelo Otero Rial pertence a unha familia popular compostelana. Con 24 anos aparece asasinada xunto co seu marido en Carballo. Era unha traballadora da Praza de Abastos de Santiago, vendía produtos de alimentación e estaba sindicada á UXT.
Pencha Santasmarinas 15.12.2021 11:55
Prudencia Santasmarinas Raposo, tamén coñecida como Pencha, foi unha muller de Compostela do barrio do Restollal. Era feminista, activista na defensa dos dereitos das mulleres e da súa profesionalización e na defensa do medio ambiente.
As irmás Fandiño Ricart 01.12.2021 11:03
As irmás Fandiño Ricart foron moi fotografadas e á vez moi poco coñecidas. Foron populares, vistas, imitadas, pintadas pero cun descoñecemento da súa historia e un silencio interior inmenso.
Tempo de lecer 17.11.2021 10:14
Neste programa abordarase un tema xenérico, onde as mulleres son protagonistas: o tempo de lecer.
As mulleres do estraperlo 29.09.2021 6:31
Este podcast é unha lembranza ás estraperlistas no barrio de Pontepedriña, un medio que permitiu ás mulleres sacar adiante ás súas familias e permitir que Santiago gozase dun bo café.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet