RQR
Cercaronme as ondas
O día a día sonoro do IES Mendiño: actividades, proxectos e todo o que interese a quen se achegue aos micros de RQR, a radio do IES Mendiño.
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.spreaker.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Mulleres con Historia 30.03.2023 10:38
Os integrantes do equipo de viaxes no tempo de Redondela lograron contactar con algunhas das mulleres máis senlleiras da Historia para recoller as súas inquedanzas e vivencias. Grazas aos resultados da súa primeira misión gozaremos das entrevistas a María Pita, Olympe de Gouges e Madame de La Fayette. Participantes: María Bouzón Fernández (3º A), María Collazo Bernárdez (3º A), Petar Ivanov Teijei...
Cousiñas do mar e do rio 27.03.2023 17:57
Estrea mundial de: COUSIÑAS DO MAR E DO RÍO. Unha obra de Fernando González Graña. Dirixida por Olga Nogueira e interpretada por alumnado de 1º da ESO: Narrador: Bruno Alonso Sardiña: Omar Martínez Troita: Brais Couñago Polbiño: Ainhoa Mouriño Escalo: Candela Martínez Salmón: Mélani García Tomade boa nota da historia destes peixiños e… que ninguén vos impida navegar! Esta obra foi montada como col...
Cousas de francés 17.03.2023 10:32
iCon motivo do intercambio do IES Mendiño co Lycée Mauperthuis de Saint Malo o alumnado de 4°ESO, de xeito distendido, vainos contar cousas desta vila da Bretaña, da súa historia e da súa gastronomía. A continuación, alumnado de francés de 1° de Bacharelato contará tamén cousas da obra de teatro que fomos ver a Cangas o pasado 1 de marzo, Le Tour du Monde de Nelly Bly , da compañía BoHèMe producti...
Rodri Míguez, tiktoker galego, e en galego! 13.03.2023 10:46
Unha das actividades máis celebradas da "Semaniña enteira" foi o Coloquio de neofalantes que se celebrou no Multiúsos da Xunqueira e que reuniu alumnado do IES Mendiño e do IES Floriani. Na mesa tres alumnas neofalantes, un músico cubano afincado en Redondela, tamén neofalante, e Rodri Míguez , xornalista, tiktoker (especializado en música galega) e ex alumno do Mendiño. Neofalante tamén. Entre os...
Pilar Moraguez, paixón pola música e o canto 10.03.2023 17:21
O pasado 6 de marzo contamos cunha visita moi especial: Pilar Moráguez, cantante cubana soprano, de recoñecida traxectoria nacional (traballou durante máis de dúas décadas no Teatro Real de Madrid) e internacional, achegouse ao IES Mendiño. Cunha gran simpatía, contounos a súa paixón pola ópera e outros xéneros musicais, como funciona a voz como instrumento e, por suposto, cantou para nós. Pilar t...
Entrevista a Eva Mejuto 04.03.2023 14:07
A escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón , 22 segundos ou Memoria do Silencio , visitou o noso centro, onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño , unha das sesións mensuais. E como colofón a actividade de oralidade en galego "Unha semaniña enteira...", Eva Me...
Popurrí de Filosofía 03.03.2023 15:14
Conversa distentida arredor da filosofía, con música incluída, á que se suman Senén Costas, profesor de Física e Química, e Óscar González, profesor de Filosofía, ambos do noso centro, o IES Mendiño. E acompañándoos coa entrevista, Maeloc, alumno de 1º de Bacharelato. Na técnica do programa, guiando a gravación da conversa, Nicolás, alumno de 1º de Bacharelato do noso centro. Podedes acceder a mái...
A lavandeira de San Simón 27.02.2023 22:24
Entre os libros de lectura recomendada neste curso volveu estar " A lavandeira de San Simón , de Eva Mejuto . A raíz da súa lectura, o equipo de radio acordou entrevistar a Teresa Figueroa Otero, filla dunha desas lavandeiras heroicas das que fala o libro. E, para enmarcar o período, entrevistamos tamén a Guillermo Fontán Feijóo, avó dunha alumna do centro, que nos conta as súas vivencias de loita...
As Pantallas e o Entroido de Xinzo 17.02.2023 11:45
Traemos ao noso podcast a segunda parte da entrevista que lle fixeron hai unhas semanas Martín, Sabela e Antía, de 1º ESO C, a Xosé Manuel Atanes. Nesta ocasión fálanos do Entroido en Xinzo de Limia, das Pantallas e de como se vive o entroido nesta localidade, unha das do triángulo máxico do entroido en Ourense: Xinzo - Laza - Verin. Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do...
A Candeloria, onde casan os paxariños 14.02.2023 6:08
O 2 de febreiro foi o día da Candeloria, día no que casan os paxariños e que algúns consideran o día dos namorados en Galicia. Velaquí unha escolma da nosa celebración e das nosas mensaxes de amor. Neste podcast participan David, Lucía, Rachele e Julia, alumnado de 2º Bacharelato do IES Mendiño, que se coordinaron coa súa profesora de Lingua Galega. Podedes acceder a máis información na nosa web,...
Poemas para a paz 13.02.2023 15:31
Alumnado do IES Mendiño comparten poemas para celebrar o Día da Paz. Galego, castelán, inglés, francés, bable, italiano, éuscaro,malaio, árabe, a pluralidade lingüística presente entre todos quen forman parte da comunidade educativa. Podedes acceder a máis información na nosa web, RQR, a radio do IES Mendiño Lembra que este audio tamén o podes escoitar desde a web de Radio Redondela. A música dest...
11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia 02.02.2023 7:06
O vindeiro sábado 11 de febreiro, celebramos en todo o mundo o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. No programa de hoxe imos afondar nesta cuestión con algunhas alumnas de 4º ESO A e 1º Bacharelato A matriculadas en materias de ciencias. Elas son: Ariana, Flavia, Nayra, Leire, Marta, Lucía, Carmen, Xoana, Antía, Ariadna e Verónica. Ao longo da historia as mulleres viron como as súas a...
Experimentando co teatro radiofónico 20.01.2023 8:43
O teatro radiofónico chega ao IES Mendiño, no marco das actividades da radio escolar que temos en marcha desde hai dous anos. Doce profesores e profesoras do centro realizamos un curso co actor Avelino González o pasado mes de novembro e, froito del, estamos a desenvolver diversas actividades que xuntan teatro e radio. No programa de hoxe contamos esta experiencia radiofónica e ofrecemos un petisc...
A lusofonía 22.12.2022 14:56
Que é a lusofonía? Serve para algo aprender portugués? É o galego unha ponte para o mundo? Noa Blanco, Iago Campos, Iria Fernández e Iago Figueroa, alumnado de 3º ESO, sobre a lusofonía e comparten o que escoitaron nas aulas de Lingua Galega. Obrigado pola vosa escoita. E podedes acceder a máis información na nosa web, https://rqr.gal Sintonía: The following music was used for this media project:...
As funcións dos sindicatos 12.12.2022 9:48
Entrevistamos a Xosé Manuel Atanes, delegado sindical da CIG Ensino, que nos falou sobre os sindicatos e o sindicalismo, ao longo da historia e hoxe en día. Un contido que estudamos na materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial. A entrevista foi feita por Lucía e Gus, alumnos de 4º ESO C. Toda a información na nosa web: https://rqr.gal Sintonía: The following music was used for...
25N: Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller 25.11.2022 11:15
"Porque a violencia non é un xogo" é o lema co que se conmemora este ano 2022 o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller na nosa vila, Redondela. O IES Mendiño participa activamente nas actividades educativas arredor desta conmemoración. NIco e Maeloc, de 1º de Bacharelato, aproveitan a ocasión para conversar con Almudena Suárez, vicedirectora, para que nos explique en que con...
Todas as pegadas levan a ela. Día das Bibliotecas 23.11.2022 3:34
O luns 24 de outubro tivo lugar a celebración do Días das Bibliotecas. Baixo o lema "Todas as pegadas levan a ela" o equipo da biblioteca do IES Mendiño realizou toda unha serie de actividades nas que implicaron a toda a comunidade educativa. Acompaña ao alumnado de 1º ESO A, Uxía Barreiro Gómez, Pablo Boullosa Alonso, Naia Boullosa Zubiaurre, Hugo García Reguera, Marta Barreiro Pérez, Sofía Darro...
Falamos con Fon Conde sobre a música en Redondela 15.11.2022 11:50
Achégase aos estudos de RQR, Fon Conde, quen ademais de ser o responsable da cafetaría do IES Mendiño, fixo a selección musicial para a nosa banda sonora desta semana con artistas de Redondela: músicas e vídeos de Quilometro 0, que se poden escoitar no centro ao longo desta semana. Ademais, agasallounos coa estrea mundial do último tema das Efémeras, do que el forma parte, titulado Formigón. Toda...
Falamos de fútbol sala con Elena e Paula 20.10.2022 9:29
Xa metidas en pleno curso escolar, aproveitamos para falar co noso alumnado das actividades que están a facer fóra do instituto. E temos a sorte de contar con Elena e Paula, alumnas de 1º da ESO, ambas as dúas xogadoras de fútbol sala no Redondela F.S. E como non, explícanos por que escolleron este deporte. dos preconceitos que o asocian ao mundo masculino, do que supón estar nun equipo federado e...
Faladoiros en galego 18.10.2022 0:54
Este venres 21 de outubro de 2022 botamos a andar os Faladoiros de galego do IES Mendiño. Hoxe viñeron a radio Brais Araujo e Uxía Barreiro, de 1ESO A, que gravaron unha cuña para animar a comunidade educativa a participar. Vive a experiencia de falar en galego! Toda a información na nosa web: https://rqr.gal Músicas que acompañan o audio: Deitado frente ao mar, de Dios ke te crew ( https://youtu....
Especial sobre o Orgullo 17.10.2022 24:26
Neste episodio especial do Cercáronme as Ondas "edición Orgullo" facemos algo inédito, alumnado do noso centro traendo aos estudos de RQR do IES Mendiño compañeiros doutros institutos para formar unha mesa de expertos, expertas e expertes de toda clase e condición para poder explicar e dar a coñecer un pouco máis á nosa xente que significa o Orgullo, de onde ven, a dar bastantes datos curiosos, a...
Para que serve unha ANPA? 07.10.2022 22:20
No programa de hoxe, dentro da benvida que lle seguimos dando ao cuso 22/23, Mara Comesaña e Bruno Alonso, de 1º ESO B, acompañados da súa profesora de galego Pilar Cornes, entrevistan a Anxo Lusquiños, o presidente da ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado) do IES Mendiño. Con el falan, entre outros temas, das funcions dunha ANPA, do problema do transporte escolar (un dos temas que máis lles...
Benvida ao curso 2022-23 21.09.2022 12:21
Dámoslle a benvida ao curso 2022-23 entrevistando a catro alumnas/os recén chegados ao noso centro. Falamos con Bruno Silva, Lucía Campos, Melani García e Ainhoa Mouriño, todas alumnas de 1º de ESO C. E acompáñaas a súa profesora de Lingua Galega, Olga Nogueira. Todas/os acaban de chegar ao IES Mendiño, e imos conversar sobre as súas primeiras impresións. Músicas que acompañan o audio: Wholesome b...
Recortes, recortes, recortes no ensino público galego 22.07.2022 11:09
Metidos na fin do mes de xullo achegámonos aos micros, da man do director do instituto, para vos contar como afectan os recortes de persoal docente e o aumento das ratios das aulas a un centro público, coma o noso. Cercáronme as ondas é un podcast de RQR - IES Mendiño: https://rqr.gal Músicas que acompañan o audio: Wholesome by Kevin MacLeod Link: https://incompetech.filmmusic.io/song/5050-wholeso...
Comprendendo os procesos meteorolóxicos de Galicia 24.06.2022 19:43
Ademais do alumnado de 1º ESO A do IES Mendiño, o alumnado das materias de Ciencias da Terra e do medioambiente de 2º de bacharelato e de Cultura científica de 4º da ESO tamen combinaron a súa participación no Proxecta Meteoescolas coa participación en RQR. A profesora de Bioloxía e xeoloxía, Liliana Saco, planteou ao alumnado de Bacharelato a preparación de guións de podcast que axudaran a compr...
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet