CUAC FM
Alegria
Programa emitido cada mércores de 19:00 a 20:00 horas. Alegría comezou a emitirse en outubro de 2003 e dende entón non falla nas ondas de CUAC FM. Cada tempada tentamos aprender un pouco de todo e que ti o fagas con nós. Falamos de política, temas de actualidade, realizamos entrevistas case en cada programa e adicamos uns minutos á Econova de Bea Ulalume. Todo iso misturado con boa música e un pouco de humor se o tema o permite. Cada martes ás 18 horas en directo. Máis Alegría en: www.facebook.com/groupshttp://www.ivoox.com/podcast-alegria-cuac-fm_sq_f124193_1.html
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: cuacfm.org
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
14x19 Alegría en CUAC FM 31 xaneiro de 2017 T14X19 31.01.2017 1:00:00
Programa no que falamo co concelleiro de Cultura (entre outras cousas) do Concello da Coruña, Xosé Manuel Sande, sobre o programa Cultura de Barrio que lanzaron dende a Concellaría para dinamizar con actividades culturais os barrios. Aquí tedes o enlace: https://www.coruna.es/cultura/es/agenda/historico/detalle-asset/cultura-de-barrio/suceso/1453612110172 Tamén f...
14x18 Alegría en CUAC FM 24 xaneiro de 2017 T14X18 24.01.2017 1:00:00
Programa no que repasamos moitos asuntos de actualidade e medo. Medo é saber que hai unha muller de 75 anos que leva 3 agardando por unha proba do SERGAS para poder operarse. E escoitar a Alicia Keys na Marcha das Mulleres en USA. E saber que a Xunta vai pagar 14 millóns por 7 drones (ou que a Voz de Galicia explicou fatal a operación). E que Arabia Saudí a est&aa...
14x17 Alegría en CUAC FM 17 xaneiro de 2017 T14X17 17.01.2017 1:00:00
No Alegría desta semán falamos con calma sobre o problema grave que están a vivir as familias que teñen a fillas e fillos estudando no colexio Ramón de la Sagra. No colexio estanse levando a cabo obras de sustitución de amianto sen paralizar as clases, algo que ten un risco evidente como incluso corrobora un informe da valedora do pobo. Tamén falamo...
14x16 Alegría en CUAC FM 10 xaneiro de 2017 T14X16 10.01.2017 1:00:00
Primeira emisión de Alegría de 2017. Comezamos cunhas risas, máis pronto fixemos referencia a agresión homófoba que sucedeu a primeira noite do ano nos xardíns de Méndez Núñez. O programa analizou con calma a posibilidade de venda dos terreos da Solana. Centrámonos en concreto nas mocións aprobadas no Pleno Municipa...
14x15 Alegría en CUAC FM 27 decembro de 2016 T14X15 27.12.2016 1:00:00
Último Alegría de 2016! Comezamos falando do falecemento de George Michael, moi sorprendente para a maioría. E escoitamos a sua voz interpretando a canción Somebody to love no homenaxe que se lle fixo en Wembley a outro grande, Freddy Mercury. A continuación falamos con Yosi Hatillo (nome de guerra no Facebook) sobre unha das múltiples actividades do Festi...
14x14 Alegría en CUAC FM 20 decembro de 2016 T14X14 20.12.2016 1:00:00
Programa con Bea Ulalume, Mr. Bugalú e Tomi Desastre no estudio. Comezamos saudando a Soraya Saenz de Santamaría por aparcar o coche oficial diante do Primark. E outras virguerías desta muller que amosan como no PP teñen claro que "España es nuestra". Despois do último asasinato por parte dun home a sua parella. Tomi decidiu facer unha bús...
14x13 Alegría en CUAC FM 13 decembro de 2016 T14X13 13.12.2016 1:00:00
Vaia frenesí de programa!!! Comezamoa lembrando a Gala dos Oscuacs 2016 (algún levamos, grazas compañeiras!) e o concertazo de El Kanka para pechar os actos do XX Aniversario de CUAC FM. Falamos a continuación con Ágeles Huerta sobre a película que dirixiu: "Esquece Monelos", sobre o Río Monelos que a cidade tragou. Estaba en pleno ro...
14x12 Alegría en CUAC FM 29 novembro de 2016 T14X12 29.11.2016 1:00:00
Programón o de hoxe!! Comezamos lembrando a figura da persoa que faleceu a pasada semán á que máis admirabamos: Marcos Ana. Limos un fragmento do seu libro Vale la pena luchar. Escoitamos a música de Ele que actúa o xoves 1 en Ferrol. Falamos tamén cunha coruñesa que estivo de voluntaria en Grecia axudando aos refuxiados sirios. Este xoves &a...
14x11 Alegría en CUAC FM 22 novembro de 2016 T14X11 22.11.2016 1:00:00
Programa do martes 22 de novembro moi completo. Falamos da permisividade ante manifestacións profranquistas o 20N. Tamén entrevistamos a Claudia Delso, concelleira de Participación e innovación social do concello da Coruña sobre un laboratorio de participación que vai ter lugar os días 24 e 25 no Ágora: http://colab.coruna.gal/ Tiv...
14x10 Alegría en CUAC FM 15 novembro de 2016 T14X10 15.11.2016 1:00:00
Hoxe morreu Fran Pérez, Narf, o músico galego que xunto a Uxía estaba facendo unha tarefa de unir nacións e culturas... e compoñía e tocaba a guitarra... unha perda moi importante. Durante o programa estivemos a falar con dous dinamizadores da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, Iría e Fernando sobre programas que poden aproveitar os x...
14x9 Alegría en CUAC FM 4 novembro de 2016 T14X09 08.11.2016 1:00:00
Hoxe tivemos a agardada entrevista con Silvia Cameán, Concelleira de Xustiza Social, Coidados, Sanidade e Educación do Concello da Coruña. Falamos con calma sobre a política en xeral, ainda que centramos boa parte da conversa na Renda Social Municipal. O tema daría para moitos máis minutos. Bea Ulalume falou sobre as maldades do chumbo na Econova. E non, n...
14x8 Alegria en CUAC FM 25 outubro 2016 T14X08 25.10.2016 1:00:00
Hoxe, por fin, estivemos as catro personiñas que facemos o programa co reforzo dunha estudante de xornalismo francesa, Amelie, á que tamén entrevistamos. Tivemos Econova con cifras de moito susto sobre a contaminación do planeta. Tamén realizamos unha ampla entrevista a Adrián García, sindicalista da CGT en EXTEL, que nos contou (en castelán...
14x7 14X07 Alegría en CUAC FM 18 outubro de 2016 T14X07 18.10.2016 1:00:00
Hoxe tivemos duas entrevistas telefónicas sobre dous eventos moi interesantes que se celebran en Compostela e A Coruña ons vindeiros días. O Womex (World Music Expo) http://www.womex.com/ que podes disfrutar en Compostela en varios escearios con 300 artistas de 40 países tocando músicas do mundo. Diso falamos con Rocío Castro, da empresa galega...
14x6 Alegria en CUAC FM 11 outubro 2016 T14X06 11.10.2016 1:00:00
Hoxe felicitamos en antena a Xián Lois Alcayde Dans polo premio Balbino de Relatos que otorga a fundación Neira Vilas e que xa podes atopar nas librarías. Tamén amosamos a nosa Alegría por unha serie de cousas "marabillosas" que están a pasar no noso arredor (algunhas de verdade e outras tirando de retranca). Descubirmos en directo a dimisi&oacut...
14x5 Alegria en CUAC FM 04 outubro 2016 T14X05 04.10.2016 1:00:00
Programa no que, ademáis de comezar repasando moitos motivos de Alegría (ainda que semelle imposible) falamos cun dos fundadores da asociación Sen Ánimo de Nome sobre a actividade que preparan o sábado 8 de outubro na Fundación Luís Seoane dende as 19 horas. Repasamos as cifras catastróficas de participación nas elecci&...
14x4 Alegría en CUAC FM 27 setembro 2016 T14X04 27.09.2016 1:00:00
No Alegría de hoxe falamos sobre as eleccións galegas do pasado domingo. Preguntámonos cal é o motivo polo que Arteixo é o municipio con maior abstención da provincia. E a gran mentira de que a dereita gañou en toda Galicia. E por qué non se contan ás persoas residentes no extranxeiro á hora de facer os cómputos de p...
14x3 Alegria en CUAC FM 20 setembro 2016 T14X03 Parque de Bens 20.09.2016 1:00:00
Hoxe tivemos un programa moi ben aproveitado. Comezamos comentando avatares de Coruña dixital e a Realidade Virtual. Falamos con Xosé Alonso de Espacio Square sobre a xornada de portas abertas desde sábado 24. As eleccións autonómicas tiveron un oco no programa e a Econova tamén. Chegou a entrevista sobre o proceso participativo para novos usos do Par...
14x2 Alegria en CUAC FM 13 setembro 2016 T14X02 13.09.2016 1:00:00
Programa en plena campaña electoral ás Eleccións Galegas. Tomi Desastre implora aos votantes do PP que pensen na familia de Feijóo que vai ser pai primerizo con 55 anos (e a su muller ten 51) e non lle vote para que o seu rapaz creza feliz co seu pai preto. Falamos con Miriam Meda, comunicadora social e amiga de medios comunitarios que vive emigrada en Bruxelas e faloun...
14x1 Alegría en CUAC FM 6 setembro 2016 T14X01 06.09.2016 1:00:00
Chegamos á 14ª Tempada de Alegría! E hoxe tivemos conversa telefónica para saber qué é iso de La Nautilus, un novo espazo cultural na cidade. Tamén falamos sobre a presentación da candidatura de Ciudadanos para as eleccións galegas. Bea Ulalume trouxo Econova e escoitamos a Sam Cooke, Manu Clavijo e Adam Eckersley Band. Ah, e Tomi Desast...
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet