AGalegaAudio
A volta a Galicia
Un percorrido polos concellos de Galicia
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Ribeira 27.01.2026 1:46
O proxecto do ebanista Fran Millán posibilita que a madeira das bateas, tras máis de dúas décadas no mar, teña unha segunda vida en forma de pezas únicas con atractivos deseños que realiza manténdose fiel a uns valores sociais e medioambientais.
Manzaneda 26.01.2026 2:26
Descendente de galegos, Ricardo Padín deixou atrás unha empresa de transportes en Venezuela para poñer en marcha neste concello ourensán unha forxa na que emprega a técnica de Damasco, ademais de crear un contido moi seguido en redes
San Sadurniño 22.01.2026 1:48
Neste concello da comarca de Ferrol descubrimos o proxecto de Mar, Ana e Lucía, tres amigas que dan forma ás Lolas da Cascarilla, bonecas feitas con follas de millo e cheas de cor
A Pobra de Trives 21.01.2026 2:08
Antonio, da Panadería Caneda, descóbrenos os segredos da bica de Trives, un doce que el elabora coa mesma receita que a súa avoa e cuxa demanda non deixa de aumentar
O Saviñao 20.01.2026 2:45
Tatiana, tradutora de Mos, e Davoud, cineasta do Canadá, dan vida á aldea do Castro, no Saviñao, que pasou de estar abandonada a ser un lugar de residencias artísticas e creación audiovisual, co proxecto Kinoterra en marcha
Meis 19.01.2026 2:05
A escritora Silvia Rodríguez Coladas ábrenos a porta do Pazo da Saleta e do seu xardín inglés, que deixarán de recibir visitas tras 30 anos
Muros 16.01.2026 1:59
Esteiro conta os días para volver celebrar o seu Grand Prix de Carrilanas mentres traballan nun museo co que lembrar a figura de Gerente
Oia 15.01.2026 3:58
A compañía circense La Fiesta Escénica leva 25 anos instalada no Val Miñor, onde traballa nos seus espectáculos, nos que destaca o emprego de animais animatrónicos
Quiroga 14.01.2026 2:44
Ademais de polo mel e polo aceite, Quiroga destaca polo seu Museo Xeolóxico para coñecer ben os restos da última glaciación e as primeiras ocupacións humanas de Galicia.
Larouco 13.01.2026 1:41
Visitamos o concello de Larouco, afectado por un grande incendio no pasado verán de 2025, e coñecemos das adegas tradicionais escavadas en terra. Os viños elaborados nestas adegas están amparados pola D.O. Valdeorras coa uva godello como gran variedade.
Ribadeo 12.01.2026 1:38
Visita a praia das Catedrais, o faro da Illa Pancha, concello con moita pegada indiana. Punto de comezo do Camiño do Mar, oito etapas dende Ribadeo a Neda, e dende aí collen Camiño Inglés e tamén se fala de Ribadeo como punto de partida do Camiño do Litoral , dende Ribadeo a Tomiño ou Ribadeo a Tui.
Mazaricos 09.01.2026 2:57
Abordamos a conexión deste concello con Costa de Marfil grazas ao traballo da oenegué Égueire, que leva a cabo proxectos de cooperación no país africano
Allariz 08.01.2026 2:22
Visitamos o Museo Galego do Xoguete na xornada na que os nenos e nenas volven á escola tras uns días desfrutando dos agasallos dos Reis Magos
Mos 07.01.2026 2:45
As rondallas espertan cada vez máis interese na área de Vigo e neste concello organizaron un festival para poñer en valor estas agrupacións musicais protagonistas do novo filme de Sánchez Arévalo
Forcarei 19.12.2025 2:34
Recuperamos a figura do cineasta Chano Piñeiro, que naceu en 1954 neste concello da comarca de Tabeirós - Terra de Montes, onde lle dedicaron unha escultura
Becerreá 18.12.2025 2:00
A asociación As Candelas transforma esta localidade dos Ancares polo Nadal e o efecto bóla de neve fai que cada vez máis veciños colaboren con eles
Pantón 17.12.2025 2:00
Con Lucas Vázquez, de Segredos de Pantón, visitamos os lugares de Nadal e O Cotillón, con dous topónimos moi acaídos para esta época do ano
Beariz 16.12.2025 2:15
A Botica de Doade está como cando pechou hai 60 anos, o que permite ver a evolución das farmacias ao longo do século XX
Santiso 15.12.2025 2:14
A barcaza do encoro de Portodemouros permite cruzar entre Santiso e Vila de Cruces dende hai 50 anos, realizando en seis ou sete minutos un traxecto que por estrada leva polo menos 40, aínda que os usuarios consideran que o servizo debe mellorar
Taboadela 12.12.2025 3:02
O artista Xosé Cid recíbenos no seu obradoiro e repasamos a súa traxectoria vital e profesional ata converterse nunha referencia da escultura galega, con obras espalladas por todo o territorio
Melide 11.12.2025
No seu décimo aniversario, a asociación de mulleres rurais Alecrín, que ten 900 socias en Melide e arredores, puxo en marcha a exposición '365 Rostros de Mulleres Rurais'.
Láncara 10.12.2025 2:19
Visitamos o Muvicla, que atesoura unha importante colección de tractores, e preguntámoslle ao seu director pola introdución do tractor eléctrico na nosa terra
Redondela 09.12.2025
Da man do Museo Meirande lembramos a batalla de Rande de 1702 e o apetitoso tesouro que se buscou con insistencia na ría de Vigo e ó que se referiu Jules Verne nunha das súas novelas con máis sona.
Petín 08.12.2025 2:14
Descubrimos a historia da ponte da Cigarrosa e cruzámos para coñecer o Museo da Cerveza de Javier López, coñecido como Parra, que atesoura 14.000 botellas de 98 países
Begonte 05.12.2025 2:10
Visitamos o belén electrónico de Begonte, unha tradición que se mantén viva desde hai 53 anos e que este ano está formado por algo máis dun cento de figuras, das que a metade teñen movemento e reproducen escenas do agro chairego
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet