Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Valladares
Kategori
Podcastens hjemmeside
Seneste episode
29. sep. 2026
Hvor kan du lytte?
Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snartPodcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts
Episoder
Feminismo e novas masculinades 16.12.2019 59:45
"Infamia" o novo libro de Ledicia Costas vai sobre as manadas e as vellas masculinidades. Aproveitando, charlamos sobre feminismo e novas masculinidades con Álex Araújo. El é psicólogo social que traballa en atención a persoas vítimas de violencia de xénero e colectivo LGTBIQ+.
Freixo seguro & Os podridos & Ideas para a finde 13.12.2019 59:16
No Esperta hoxe subimos ata Freixo. Imos conversar con Luís da asamblea do domingo onde van explicar o proxecto "Freixo seguro". Prevención dos incendios forestais, caídas de árbores, mapeo de zonas de risco... O rock bravú cumple 25 anos e, ademáis da Sala Madrigás na Coruña, ten celebración na Sala Rebullón en Tameiga. Alí van estar tocando Os Podridos. Con Suso Feixón falamos dos 26 anos deste...
O arte de improvisar, una festa en Valladares 12.12.2019 1:01:02
Case un cuarto de século festexando as regueifas e os cantares ó desafío. Conversamos co mestre de cerimonias do "XXII Certame Internacional de Improvisación oral en verso", o investigador e regueifeiro Kike Estévez. Xustamente, ven de publicar un libro onde recolle algúns brindos do Ribeira de Louzarela, nas montañas do Courel. Outras artes improvisadas tamén teñen cabida neste certame. O teatro,...
Cotilleo máximo ;) Novas antiguas con moita chicha para facer monólogos 11.12.2019 1:01:14
Iñaki Gabilondo anda farto. Ten empacho de Brexit, Cataluña , a cumbre do clima... Critica a entrega informativa torrencial, constante que non da tempo a dixerir. Con isto por bandeira, hoxe imos "dixerir" as últimas novas de Vigo. As curiosas: o narcosubmarino, os achádegos de plantacións de marihuana atopados por casualidade, a hibridación de especies (ameixa japónica coa ameixa fina...)... Un f...
"Os botóns" do Monte Alba e a reciclaxe & Ambulancias que cumplen desexos 10.12.2019 59:35
Imos baixar a Vigo e dar unha volta pola única tenda a granel de deterxentes ecolóxicos. Onte pasaron polo estudio "os botóns", os rapaces de 5 anos do cole preescolar Monte Alba… escoitamos as súas voceciñas sobre a visita ó acuario do Mar de Vigo nun proxecto sobre o mar e a reciclaxe. E se tiveramos que pedir un desexo antes de morrer… que se poidera cumplir, cal sería? “Somos tu deseo”, unha a...
Hortos ecolóxicos cos "canguros" do Monte Alba 09.12.2019 59:06
Mentres pensamos como sobrevivir á ponte da Constitución e á marea de xente visitando Vigo e as súas luces, comezamos a semana. Con quen? Cos mais cativiños do cole Monte Alba, a clase dos canguros. Con 3 aniños xa cultivan un horto... atención, que plantan "pechugas"!!! De música e outras cousas conversamos con Germán Son, que nos acompaña no micro esta mañá.
Cada neno, un xoguete. Ong. 05.12.2019 58:50
Bo momento para escribir a carta ós reis… e pensar nos que non teñen esa posibilidade. Ong cada niño un juguete pensa e actúa neste senso. 10 anos recollendo xoguetes polo nadal. Falamos con Carlos Leiro. Estiveron estes días no cole Monte Alba. Escoitamos á clase dos tigres, de 4 anos. Ademais de levar xoguetes, estes rapaciños tamén escribiron a carta ós reis. As peticións, do mais divertidas. E...
"Sálvora, diario de un farero" en Hoja de Lata 04.12.2019 58:20
No maxín da xente as illas vólvense enigmáticas e misteriosas. Para os galegos a de Sálvora, inda mais. Sendo mariñeiro ou tendo barco propio das chegado fácilmente. Julio Vilches viviu nela ata hai uns anos. Cun oficio igual de exótico que a illa, o de farero. Parte das súas vivencias llas contou as súas fillas nun diario que agora podemos ler todos: "Sálvora, diario de un farero". O publica unha...
20 anos dos Bolechas e VI dos Relatos Vigo Histórico 03.12.2019 58:59
O universo dos Bolechas cumple 20 anos. Moitas son as aventuras destes 6 irmáns perrichiños e o seu can Chispa. Comezaron sendo uns contos ilustrados por Pepe Carreiro e agora acompañan a merenda dos cativos na TVG. Alén do Miño, os monecos dos Bolechas falan en portugués na RTP. E seu universo sonoro leva os ritmos de Novedades Carminha, Sés... Conversamos con Teresa Rocamonde, a responsable de c...
Nande, hotel da natureza. No Condado-Paradanta 02.12.2019 59:12
A Neves, o municipio que quedou prácticamente arrasado cos incendios do 2017, estase a reinventar. Camuflado entre os viñedos e montes atópase o Hotel Nande. 4 estrelas, como a natureza que o rodea. Conversamos co responsable do proxecto vinculado á bodega Señorío de Rubiós, Antonio Méndez. E tamén con Bety, a persoa que coida a horta coa que se cociñan algúns platos. Moi vitalista e moi entusiast...
Vogalía igualdade no Centro Veciñal de Valladares 29.11.2019 59:14
No Esperta de hoxe, as mulleres que forman parte da vogalía de igualdade no Centro Veciñal de Valladares. Dende a parte mais persoal conversamos sobre os micromachismos e situacións de violencia na familia. E como é fin de semana, unha voltiña polos estrenos da carteleira con Eloy: "Puñales por la espalda", "El tiempo contigo" e "Klaus".
Faros de Galicia & Nós Diario 28.11.2019 1:00:26
Os faros, sempre espectaculares. A forza da natureza e a fraxilidade do ser humano. Germán Son retratou os 37 faros galegos da costa atlántica, dende a fronteira con Portugal ata o linde con Asturias. Ó seu estilo, nunha libretiña con boli e rotulador... e algún elemento discordante que os traia á realidade do s. XXI. E outro faro. Sae "Nós Diario" en papel. Novas sobre Galicia, as que non saen na...
Culturgal e Tanxugueiras 27.11.2019 59:17
Á beira do río Lérez, na Boa Vila, entran na conta atrás para os 3 días da festa da cutura galega. Con Xosé Aldea, director do Culturgal, descubrimos o que hai no ámbito cultural en Galicia. E o e o que vai vir: a cultura interactiva con proxectos de realidade virtual ou aumentada e a presentación de videoxogos de orixe e factura galega. E aí, Tanxugueiras van andar presentando o seu segundo disco...
As imaxes do patrimonio con Ponte nas Ondas 26.11.2019 58:41
Unha foto, igual a un anaco dunha historia parada no tempo. Ponte nas Ondas, pioneira na experiencia radiofónica nos coles de Galicia, proponlle ós rapaces recuperar fotografías antigas que atesouran valor patrimonial e usalas nas escolas. A través delas viaxamos 100 anos no tempo e redescubrimos a emigración, as vodas por poderes... aprendemos historia doutro xeito. Próximo e divertido. E como Vi...
Mulleres galegas na música 25.11.2019 59:06
Laura romero, baixista na veterana banda de rock Zënzar, é ademais responsable do proxecto musicas galegas ilustradas. Obxetivo, dar visibilidade ás mulleres nas bandas de música galegas actuales. Rexistradas xa van 200 mulleres, na maioría cantantes... poucas son as baixistas e mais na percusión. Como é 25N damos unha voltiña polas manifestacións que van ter lugar hoxe á tarde en Galicia.
Marcelo Dobode, creador de música tradicional 22.11.2019 59:15
No Esperta de hoxe falamos de? Das músicas de "Turoqua", o novo disco do creador de música tradicional Marcelo Dobode. De cine con Eloy, amante da gran pantalla, que nos recomenda "Los miserables", "Frozen 2" e "Historia dun matrimonio". E ideas se queredes sair da casa esta finde: andainas e plans frikis.
Bernés, 50 anos de "caixeiro" na Banda de Valladares 21.11.2019 59:31
Home cariñoso e divertido a partes iguales. "Bernés, con gorra ou sen gorra?" Esa é a cuestión principal para saber como toca mellor a percusión. Ten mil anécdotas destes 50 anos na banda. Aprendeu o "oficio" do seu pai para axudar na casa e acabou por comprometerse plenamente coa banda. Chegou a pagarlle a outro para que fora ó choio no reparto de fotos no lugar del e así poder ir tocar a un cert...
Cine submarino en Vigo e outras conexións coa natureza e as tradicións 20.11.2019 59:29
Comeza o ciclo de cine submanrino no Teatro García Barbón. 3 días para viaxar ó fondo dos mares!!! De balde. Que hai? Documentais da BBC, de producción portuguesa, tertulias, homenaxe ó campión de vídeo submarino, o vigués Jorge Candán... Unha voltiña pola deconstrucción da música tradicional ou fusión ou tranformación... da tradición á vangarda. Un paneo por grupos "raros" do nordés: Baiuca, Marc...
Amaquía, pan de Porriño & Aceiroga, aceite de Quiroga 19.11.2019 59:04
Os pans do Porriño gustaron sempre ós mais vellos. Ata o forno Amaquía imos conversar con panadeiro Luis. A conto de que? Do seu bo pan (recoñecido este ano entre os 80 mellores pans de España) e do seu enxeño (fan pans de matanza con ourella e lacón, pans con setas, con champán... ). Os adolescentes que queiran aprender a facelos, atentos! Vai impartir un obradoiro de"pans do camiño" en Vigo os p...
Ilustración científica 18.11.2019 57:31
Debuxos que axudan a comprender a labor dos científicos. A viguesa Clara Cerviño, ilustradora científica, cóntanos como son os procesos dende que se recibe un encargo ata que se chega á ilustración final. Os encargos son moi variados: un animal que non existe (dinosaurios), procesos celulares, aves, peixes... O papel do ilustrador é limpiar a mensaxe para que a ciencia nos chegue dun xeito sinxelo...
Medicina gráfica 15.11.2019 58:53
Novos xeitos para novos tempos. Mónica Lalanda, médica e ilustradora. Entre guardia e guardia debuxou as viñetas que compoñen "Con conciencia médica". Un libro que recolle situacións nas que se atopa o persoal médico en consultas e en urxencias. Agora explica a medicina dende a ilustración. Poucos son, polo dagora, os profesionais sanitarios que se adican a facer medicina así. Unha imaxe vale mais...
Ambiente laboral en PSA-Citroën Vigo 14.11.2019 1:00:45
Imos de exploración pola fábrica con Vitor Mariño, secretario da CUT en PSA, e con Carlos, empregado da empresa multiservicios Clece. Dende hai 10 anos aparecen baixas por ansiedade e estrés entre os traballadores. Cada vez as condicións laborais son mais precarias: menor salario, mais cargas de traballo, menos dereitos laborais...
Teatro sentitivo e libros de lectura fácil 13.11.2019 59:26
Lohengrín teatro presenta: "Coa mirada nas súas mans". Anímannos a subir ó escenario cos ollos vendados e experimentar teatro coas sensacións do tacto, ouvido, olfato... Sempre arriscadas as propostas desta compañía teatral con sede en Vigo. Conversamos co director, Pablo Iriarte. E con Elisabet Serra descubrimos que hai adaptacións de libros clásicos e novas creacións pensadas e escritas para ser...
Divulgar a ciencia co CSIC Galicia & crítica teatral 12.11.2019 59:29
Divulgar a ciencia. Que fan nos laboratorios, para que sirve...? O CSIC en Galicia fai comprensible a ciencia con actividades durante todo o ano. O mes de novembro é especialmente intenso por coincidir coa Semana da Ciencia. Conversamos con Luisa Martínez, responsable da unidade de cultura do CSIC Galicia. Sentádevos na butaca que a parte final do Esperta vai de crítica teatral. Imos "destripar" u...
Magostos, castañas e marrón glacé 11.11.2019 59:41
Tempo de magostos. A castaña move case 40 millóns de euros en Galicia. O 90% da producción marcha a mercados exteriores. En Rusia as comen asadas con sal acompañadas de cerveza fresca... no verán!! A idea? De José Posada. Viaxamos pola historia deste empresario da castaña. E tamén polos Records Guinness mais extrambóticos do 2018. O 14 de novembro adícanlle o día mundial a este libro que dende 195...
Lignende podcasts
Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.