Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com
Forfatter
Radio Valladares
Kategori
Podcastens hjemmeside
Seneste episode
29. sep. 2026
Hvor kan du lytte?
Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snartPodcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts
Episoder
Venres 31/07/2020 31.07.2020 1:59:11
Ai, que calor! Como o levades? Trucos. Os vosos. Explicar a pandemia con imaxes. Conversamos coa médica e ilustradora Mónica Lalanda. No tempo de ocio: videoxogos coas recomendacións de Carlos Pereiro dende a Revista Morcego. E festivais de música por Galicia esta semana.
Xoves 30/07/2020 30.07.2020 1:59:36
Furanchos. Remata xullo. Bótanlle a chave á porta. E moitos, por precaución covid, nin abriron. Juan, o dono do da Balsa, un clásico de xuntarse a tomarlle unha e festexar, emocionouse moito no directo. Mais? Cine con Eloy. Sobre unha das protagonistas de "Lo que el viento se llevó", Olivia de Havilland. Tertulia de deportes. Campionato galego de ciclismo e mais traíñas (Meira vs. Tirán). Andan pe...
Mércores 29/07/2020 29.07.2020 1:59:41
Neste novo tempo, como vai ser a volta ó cole? Bertila Fernández, voceira de Foanpas e responsable da comisión de convivencia, cóntanos dos "peros" ós protocolos da Xunta. E teatro e jazz. Dúas propostas de ocio para estes días. A primeira en Ribadavia, celebrando os 20 anos da FEGATEA. A segunda, as Noites de Jazz na Boa Vila, Pontevedra. E para falar cos ouvintes, que? Rotura de stock. Que non t...
Martes 28/07/2020 28.07.2020 2:00:02
Carga mental das mulleres. Levámolo chip incorporado? "No me lo has pedido", o cómic sobre as excusas dos homes coas tarefas do fogar serve de excusa para unha tertulia con mamás de familias numerosas sobre esta carga mental da que moitas non somos conscientes. De turisteo imos ata o Castelo de Castro Caldelas en Terras de Trives e de "cotilleo" conversamos cos directores da banda de Valladares. C...
Luns 27/07/2020 27.07.2020 1:59:28
Vacacións e viaxes de verán. Este ano, habelos hailos? Imos ata un punto quente dos rebrotes peninsulares, Zaragoza. Como o estan a vivir os galegos alí? Non saímos, que nos traen a compra a casa. Dbarrio, app Colleu pulo durante o confinamento e agora estase a implantar en moitos municipios galegos e noutras partes de España. Conversamos con Pablo Sánchez. E tamén coa tenda de Inés, en Valladares...
Venres 24/07/2020 23.07.2020 1:59:38
Vai ser que non. Ás portas do día grande de Galicia, esta noite tocarían os fuegos na catedral. E na tele tamén estaríamos a mirar a ceremonia de apertura dos Xogos Olímpicos. Os deportistas, a que andan? Desirée Vila cóntanos destes meses preparándose para os paralímpicos no atletismo adaptado. Boa finde! E lembrade a máscara. Diso tamén falamos, con Somos Océano. Fannas ben chulas. Plans: música...
Xoves 23/07/2020 23.07.2020 1:59:34
Día do libro. Que estamos a ler, que lemos no confinamento. E tamén moita cultura visual. Os mais cativos cos libros ilustrados (conversamos con Kalandraka) e os mais adolescentes tirando cara os videoxogos e as series. De cine e bandas sonoras, tamén falamos con Eloy.
Mércores 22/07/2020 22.07.2020 48:59
Co Covid-19 entramos nunha lanzadeira no tempo. Imos cambiar hábitos. Moita xente volve ó rural. Osmo, unha aldeiña no Ribeiro, é peculiar. E Martín Touceda fainos de cicerone polo seu proxecto "Horta da solaina". Algúns festivais estivais xa adaptaron os seus formatos e espacios. Conversamos co SinSal e mais coa Mostra de Teatro de Ribadavia.
Martes 21/07/2020 21.07.2020 1:59:42
Un mito a crise dos 40? Moitos deportistas viran as súas traxectorias deportivas uns anos antes. Un chisco de deporte neste Esperta, especialmente fútbol, coa peña Centolos Celestes. E unha voltiña polo noso patrimonio descoñecido e cercano: a catedral de Tui.
Luns 20/07/2020 20.07.2020 1:59:12
Imaxinade a hora de entrada nun cole. Chegan uns moteiros e "escoltan" a un rapaz ata o aula. Impresionados? Esta escenificación serve para visibilizar o acoso nos cativos. Conversamos con P.I.C.A. Radioafeccionados enganchados á maxia e o misterio das ondas tiveron un encontro esta fin de semana no monte Alba. Conversamos con Ramón, de Valladares. E de espacios Covid-free e outros protocolos sani...
Venres 17/07/2020 17.07.2020 1:59:59
Recuperar a bici e sair facer rutas. Exploramos por cal subir ó Galiñeiro. Muíños, petroglifos, aldeas con moito encanto coma Murxido... acompañan a paisaxe no monte. Tempo para a axenda cultural, especialmente adaptada ó Covid: moitos roteiros e concertos reducidos. E tempo para reflexionar sobre quen tivo e ten problemas para poñer un prato de comida na mesa con Cáritas.
Xoves 16/07/2020 16.07.2020 1:59:09
Conciliar... é un verbo que existe? Con Sonia Hermida, do blog "O mundo ó revés", e con María, unha das monitoras no campamento do Centro Cultural de Valladares, conversamos sobre a experiencia nestes últimos meses. E os espacios na casa, reinventáronse? Como foi conciliar, traballo, nenos, ocio... O PXOM de Vigo trae de cabeza á xente de Valladares e van presentar alegacións a través dunha plataf...
Mércores 15/07/2020 15.07.2020 2:00:06
Primeiro Esperta deste 2020 en directo. Como foi o confinamento? En que nos fixemos expertos? A moitos deulle pola cociña e facer pan, pero tamén en novas tecnoloxías facendo reunións virtuais. E conversamos do pan coa panadería de Valladares, que vendeu moito mais pan ca nunca, e co Forno Mosende de Porriño. E na música dos concertos streaming e ensaios virtuais, co Coro Gaos da Coruña e mais coa...
Ocupación do xogo nos patios dos coles 03.01.2020 58:34
Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? Tradicionalmente, os chicos son mais activos e ocupan mais espazo no que son os patios… as nenas son mais pasivas, xogan a xogos mais estáticos. Pero son así de xeito natural ou é porque todo ese tipo de palabras coas que nos educan nos está indicando onde debe ir cada un en función do noso xénero? Cando te comportas de forma obediente, ás nenas...
Batiburrillo ano novo 02.01.2020 59:28
Tempo de rondallas. Musicalmente hai unha tendencia a voltar ás rondallas tradicionais, con mais repertorio folk e menos verbeneiro. Sobre isto, os ensaios e as rondallas que están mais fortes conversamos coa de Valladares. E con Eloy, imos tertuliando sobre o que nos marcou no 2019: a verba top galega "sentidiño", a española "emoji"... e outros feitos, recuperación de animales case extintos como...
Que cousas importan para o ano que comezamos? 31.12.2019 59:30
Non é o fin… é o principio! Traemos desexos da xente e con eles facemos un paneo, ó noso gusto, polo que importa para o ano 2020: -que amainen as cousas en América Latina -que o uso do galego saia do estado de sedación -que rematen os feminicidios e tratar as persoas como persoas -unha mentira contada mil veces é unha verdade? Reflexionar sobre se o que se escoita é certo -o espíritu deportivo dos...
Reflexionamos sobre xogos 30.12.2019 59:19
Hai xogos para nenos e para nenas? Achegámonos ó valor educativo e didáctico dos diferentes xogos tradicionais e mais actuais. A importancia do xogo como instrumento socializador. Temos tertulia. De cultura, das "outras luces" conversamos un anaco con Tamara Novoa, de Amovida.gal
A boa morte. Acompañamento coa Fundación Eomaia 27.12.2019 59:45
Acompañar é o que fai Luzia Titán, dende a Fundación Eomaia. Acompaña no proceso de nacer e no de morrer. A conversa pausada, dende o corazón, abre portas á reflexión: testamento vital, coidados paliativos... como nos gustaría morrer? onde? acompañados ou sós? Para ir ambientándose, un corto e unha peli. "Alumbramiento" https://www.youtube.com/watch?v=vRPlpMEAJpw "Despedidas", peli xaponesa sobre...
Contos radiofónicos e "as outras luces de nadal" 26.12.2019 59:34
Vigo sae no New York Times. Adícanlle unha reportaxe o boom turistico que vive a cidade neste momento coas luces e pregúntanse: "Cando demasiado é demasiado?". Casualidade? "As outras luces de Vigo", as que puxan pola cultura e reclaman cartos, teñen esta tarde poxa solidaria dos 13 retratos a artistas vigueses posando con luces led no Urban Market. Ademáis, viaxamos coas películas navideñas de El...
Batiburrillo navideño III 24.12.2019 58:59
Noiteboa! Traemos programa navideño… batiburrillo navideño IIII. Entón: -significado espiritual do nadal -contos de nadal. Gusta moito isto dos contos radiofónicos. "A historia do apalpador" por escolares galegos e "Mujercitas" e "Peter Pan" na Cadena Ser a mañá de Nadal. -unha peziña radiofónica coa súa visita dos rapaces de "O correo polo vento" e os seus contos dramatizados e ilustrados para ca...
Batiburrillo navideño II 23.12.2019 59:35
Non nos tocou o Gordo da lotería... pero temos saúde. Bo ollo o de Eloy que pronosticou que remataba en 0... e non so o gordo, senón outros premios. Con el facemos un paneo polas estreas no cine mais navideñas e familiares. E que fan os cativos polo nadal? Escoitamos as súas voceciñas: durmir, xogar e, algún, ler. Alguén envía postales navideñas? Chamamos en directo a algunha casa da parroquia.
Batiburrillo navideño I 20.12.2019 58:25
Xogas á lotería? Fixemos unha porra a ver se saen as terminacións 0, 3, 4 e 5. Na verdade, non tires os cartos na lotería, agasalla libros. Houbo agasallo en directo: "Indómita e a semente da inmortalidade" e a "Raíña das tortas" de Álex Mene. E tamén, "Rosalía" de Luisa Carnés. Escoitade o podcast que Álex, farmlax, recomendou uns títulos e inda son unha ristra ben interesante. Púxolle o foco ós...
Panxoliñas nas tabernas & A radio Daspatas & Festival cíCLICKca 19.12.2019 59:22
Pontevedra, Boa Vila, cidade amiga dos nenos... moitas cousas boas para a vila a carón do Lérez. Estes días van sair cantar panxoliñas polos bares e tabernas. Conversamos con Manolo, da asoc. Maravallada, a ver que ruta fan e que repertorio levan. Exportable a Vigo? Polo Casco Vello como complemento ás luces???? Ideas para oano que ven xunto coa pista de xeo!!! En Vigo hai inciativas eclécticas. O...
Rondalla de Valladares 18.12.2019 58:29
Esta cousa tradicional daquí, da parte mais baixa das Rías Baixas… ten representación doble en Valladares. A de Freixo e a do Centro Cultural de Valladares. No estudio están os do centro cultural. E non desvelan o repertorio, eh? Iso que viñeron un feixe deles. O novo director, Juan, o eterno capitán de abanderados, Martín, cun pupilo, Tano, e o responsable de que as padeiretas collan vuelo, André...
Cantos de arrolo en Galicia 17.12.2019 59:21
Cando somos piquirrichiños, uns bebés, adormécemos coas nanas. Ademáis do "ea ea ea", temos un catálogo de cantos de berce galegos: “Tecendo soños” da artista de Noia, Esperanza Mara. Se queremos aprender a cantalos, hai obradoiros dentro do programa "Vigo Arrólate". Conversamos coa mestra de pandeireta e canto tradicional, Margot. Os gañadores dos XIX premios Maketón os comentamos con Germán Son,...
Lignende podcasts
Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.