Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Epizody: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

5. lis 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,7+ iOS už brzy

Epizody

Noticias 13.30h - Venres, 16 de setembro de 2016 16.09.2016

As numerosas e variadas citas para esta fin de semana no Baixo Miño e o mundo do deporte centran a actualidade deste venres

Concerto de Vox Stellae ás 19h na Catedral interpretando obras de Matías Gª Benayas 16.09.2016

A obra musical de Matías García Benayas, mestre de capela na Catedral de Tui no século XVII, volverá soar ás sete desta tarde no templo catedralicio nun evento músical no que se poderán escoitar pezas ata o momento inéditas interpretadas polo coro Vox Stellae. Do evento falounos Rafael Antela, undos promotores do proxecto.

A galardoada curta de selo guardés Jeanette pecha o ciclo de Camposancos de Cine 16.09.2016

Oito intensos minutos sobre os problemas dunha adolescente que viviremos a través do seu rostro en primeiro plano. Esta é a proposta da curta de Xurxo Chirro para a última xornada de “Camposancos de Cine” deste sábado. Trátase da curta Jeanette.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración reunión con Patrimonio sobre o PECH 15.09.2016

O Plan Especial do Conxunto Histórico entra na fase final cara a súa aprobación. Hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o tenente alcalde, Miguel Capón, e a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, reuníronse en Santiago co subdirector xeral de Patrimonio. O alcalde valorou positivamente o encontro.

600 deportistas participan na fin de semana no V Torneo de Fútbol 7 e no III de Tenis da Eurocidade 15.09.2016

600 deportistas participan no V Torneo de Fútbol 7 e no III Torneo de Tenis da Eurocidade que foron presentados esta mañá na casa do concello de Tui. Son dúas das cinco actividades deportivas da Eurocidade previstas para este mes, ás que se suman o torneo de Hoquei da pasada fin de semana, e a andaina e o torneo de Xadréz da próxima semana, co que serán 1000 os participantes neste calendario depor...

Noticias 13.30h - Xoves, 15 de setembro de 2016 15.09.2016

A actualidade deste xoves 15 de setembro en Tui e no Baixo Miño recollémola en Noticias 1330h

Licitadas as obras de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños do Folón e Picón 15.09.2016

Antes de que remate o ano deberán estar rematadas no Rosal as obras de acondicionamento da área de recepción de visitantes dos Muíños do Folón e Picón. A obra dun investimento superior aos 220 mil euros, e froito dun convenio con Turismo, vén hoxe licitada no BOP. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, explicou en qué consistirán os traballos.

O Santa Trega na Guarda recibe máis de 100.000 visitantes durante o verán 14.09.2016

O Monte Santa Trega, o epicentro turístico da vila, recibiu nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano 2016 a máis de 100.000 persoas. Trátase dunha cifra récord, con 9.000 persoas máis que na mesma tempada do ano anterior, o que supón un incremento do 10%.

II Encontro de Bombos na praza de Goián 14.09.2016

Este sábado a Treboada Os da Fonte do Frade organizan a segunda edición do Encontro de Bombos de Goián, en Tomiño. A cita pretende agrupar como mínimo aos 11 grupos do ano pasado e contan xa, arestora, con 7 agrupacións de Galicia e Portugal. Dende a organización, Samuel Rodríguez, anima ás bandas interesada en participar en apuntarse. Teñen até este venres.

Noticias 13.30h - Mércores, 14 de setembro de 2016 14.09.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño contámolo nos informativos da RMT

Cursos no Baixo Miño en setembro e outubro 13.09.2016

Son varios os cursos que nas próximas semanas se inician no Baixo Miño

O 1 de outubro celébrase en Tui o 12horas BTT Concello de Tui 13.09.2016

O 1 de outubro celébrase en Tui o 12horas BTT Concello de Tui, unha proba pioneira ao celebrarse en circuíto urbano polo conxunto histórico da cidade. A organización agarda chegar aos 300 participantes. A saída será ás 9h e ás 15h para os que fagan 6 horas de circuíto. A inscrición, cun prezo de 20€ por persoas, está aberta ata o 28 deste mes en http://ow.ly/loGg304af8A . A proba foi presentada es...

Noticias 13.30h - Martes, 13 de setembro de 2016 13.09.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño está nos informativos da RMT

Esta mañá presentouse o segundo volume da obra musical de Matías García Benayas creada en Tui 12.09.2016

Esta mañá presentouse o segundo volume da obra musical inédita de Matías García Benayas, o que fora mestre de capela na Catedral de Tui no século XVII. Na presentación deste libro e disco, estiveron presentes os músicos encargados do proxecto, Rafael Antela, Xoan Trillo e Luis Martínez, ademais do bispo da Catedral, Luis Quinteiro Fiuza, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e o secretario xeral de...

Noticias 13.30h - Luns, 12 de setembro de 2016 12.09.2016

A actualidade deste luns, 12 de setembro, en Noticias 1330h

Ent. Xosé Manuel Álvarez, vicedirector do IES Indalecio Pérez Peche primeiro curso de Electricidade 09.09.2016

A menos dunha semana para que comece o curso a directiva do IES Indalecio Pérez de Tui vén de recibir a comunicación por parte da inspección de Educación de que no curso 2016/17 se suprime no centro o primeiro curso do ciclo formativo de Electricidade. Así nolo explicou o vicedirector, Xosé Manuel Álvarez, indicando que aínda que arestora a matrícula no curso é baixa a experiencia doutros anos fac...

Noticias 13.30h - Venres, 9 de setembro de 2016 09.09.2016

Os sucesos, co accidente ferroviario do Porriño-Mos, marca a actualidade deste venres 9 de setembro.

Este sábado estréase en Camposancos o documental sobre o contrabando “15 Pesetas por Frete”. 08.09.2016

Dentro da programación do ciclo “Camposancos de Cine”, o local da asociación Os Amigos acollerá a partir das 21h da noite do sábado a estrea do documental “15 Pesetas por Frete. A entrada será totalmente de balde. O documental e froito do proxecto de final de ciclo dun grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo. O obxectivo é mostrar cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no...

Preelectoral do CIS: O PP revalidaría a maioría absoluta e En Marea podería ser a segunda forza 08.09.2016

Esta noite comeza oficialmente a campaña electoral e con ela, a enquisa preelectoral do CIS. Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas, o PP de Galicia revalidaría a maioría absoluta. Na segunda posición habería regueifa entre PSOE cunha estimación de 16 escanos e En Marea para quen o CIS prognostica entre 15 e 17. BNG quedaría nos 2 representantes e Ciudadanos podería entrar no Parlamento d...

Noticias 13.30h - Xoves, 8 de setembro de 2016 08.09.2016

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a diario a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Tui pasou de 603 peregrinos que sairon da cidade en 2006 a 4027 en 2016 no mes de agosto 08.09.2016

Esta semana contabamos que Tui foi no mes de agosto o segundo lugar elixido polos peregrinos para iniciar o seu camiño a Santiago. En concreto en Agosto foron 4.027 persoas as que partiron de Tui cara Compostela, é a maior cifra rexistrada nun mes de agosto dende o último Ano Santo en 2010. Neste mes de setembro continúan moitas persoas partindo de Tui cara Santiago. Hoxe falamos con dúas peregrin...

Noticias 13.30h - Mércores, 7 de setembro de 2016 07.09.2016

A actualidade deste mercores, 7 de setembro de 2016, recollémola en Noticias1330h na Radio Municipal de Tui

2.500 alumnos de secundaria, bacharelato e ciclos comezan as clases o xoves 15 no Baixo Miño 07.09.2016

O luns, 12 de setembro, arrancan as clases nos colexios da comarca, e tres días despois, o xoves 15, será a quenda do alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos. En total, en torno a 2.500 alumnos destes niveis volverán novamente ás aulas.

Noticias 13.30h - Martes, 6 de setembro de 2016 06.09.2016

Xornada de intensa calor a deste martes na que coma sempre recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

A Comarca do Baixo Miño estará representada nas listas de todos os partidos para o 25S excepto en En Marea. 06.09.2016

Partido Popular, Partido Socialista, BNG, Ciudadanos e Converxencia 21 contan nas súas listas para as eleccións ao Parlamento de Galicia con membros do Baixo Miño.

Poslouchej podcast Informativos v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály