Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ Epizody: 3672

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

5. lis 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,7+ iOS už brzy

Epizody

Noticias 13.30h - Venres, 30 de setembro de 2016 30.09.2016

A actualidade do día, as citas da fin de semana e a información deportiva en Noticias13.30h

A Área Metropolitana de Vigo, a aprobación da conta xeral e dos festivos para 2017 foron tratados onte en pleno 30.09.2016

A inclusión ou non de Tui na Área Metropolitana de Tui foi un dos temas tratados onte no pleno ordinario da corporación municipal de Tui a raíz da moción presentada por C21 onde propuña pronunciarse en contra desta entrada. Unha moción que só tivo o apoio de C21 e APTUI, na que votou en contra o goberno, e se abstiveron o PP e CsT polo que non saiu adiante. Neste pleno foi aprobada a Conta Xeral d...

Este sábado celébrase o I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença 29.09.2016

A igrexa de San Domingos acolle este sábado ás 21.30h o I Encontro de Corais da Eurocidade no que van participar máis de 160 coralistas pertencentes a agrupacións, tres de Tui e dúas de Valença. Con este evento as dúas cidades seguen a tender pontes neste caso musicais. Participarán cinco agrupacións corais as tudenses San Telmo, Ponte das Febres de Ribadelouro, e a do Centro Sociocomunitario e as...

O Rosal, Tomiño e Salceda participan na IX Limpeza simultánea do ríos en 44 concellos galegos 29.09.2016

Este domingo, 2 de outubro, ten lugar a IX limpeza simultánea de ríos do proxecto ríos, un programa de educación e voluntariado ambiental que ten como obxectivo dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais. Buscase tamén amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas que permitan o mantemento e mellora dos ríos coa participación da cidadanía. Esta novena edición de “Móllate polos ríos...

Noticias 13.30h - Venres, 29 de setembro de 2016 29.09.2016

As noticias de Tui e do Baixo Miño contánolas na Radio Municipal de Tui. Aquí telo todo.

Cerveira acolle o Simposio Internacional de Escultura do Miño 28.09.2016

Reforzar os lazos de amizade entre Cerveira e Tomiño a vez que se apoia a creación artística fora dos museos. Esa é a premisa fundamental do II Simposio Internacinal de Escultura do Miño que está a celebrarse en Cerveira. En total, traballan catro escultores chegados de diferentes continentes. Son os taiwaneses Lee Zih-Cing e Teng Shan-chi, o colombiano Fernando Pinto e a búlgara Liliya Pobornikov...

Noticias 13.30h - Mércores, 28 de setembro de 2016 28.09.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño en Noticias 1330h

O Porriño celebra este domingo a 23ª Festa dos Callos 28.09.2016

Corenta hostaleiros participarán na vixésimo terceira edición da Festa dos Callos de Porriño que se espera rache tódolos récords de participación e supere a xa exitosa edición do ano pasado cando a pesares do mal tempo se venderon máis de 15.000 racións. Este ano, o custe da tapa e o pan será de 4€ e inclúe unha cazola conmemorativa desta edición que se celebra o domingo.

Tomiño busca nome para o seu instituto 27.09.2016

Dentro do programa Educación da boa o Concello de Tomiño inicia o día 3 unha iniciativa para porlle nome ao seu instituto. Búscase tamén pór en valor a educación pública e incrementar a conexión coa sociedade. Prográmase un ciclo de conferencias co lema "Qué queres ser de maior?" e reforzarase a presenza do centro en redes sociais.

Este xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario 27.09.2016

A aprobación da conta xeral de 2015, as liñas fundamentais do orzamento de 2017, a modificación da ordenanza de convivencia en espazos públicos e a designación dos festivos locais para 2017 están entre os asuntos que este xoves tratará a corporación municipal de Tui en pleno. O alcalde, Enrique Cabaleiro, comentou estes temas en declaracións á Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Martes, 27 de setembro de 2016 27.09.2016

En Noticias 1330h recollemos a actualidade deste martes, 27 de setembro.

Noticias 13.30h - Luns, 26 de setembro de 2016 26.09.2016

As noticias que escriben a historia deste luns en Noticias13.30h. Agora reemitimos o informativo ás 15h

#OPeche | Europa celebra hoxe a diversidade lingüística 26.09.2016

O máis de sete mil millóns de habitantes do noso planeta falan entre 6.000 e 7.000 linguas diferentes. E namentres que idiomas como o inglés o chinés ou o castelán son faladas por millóns de persoas, outras, en concreto, o 96% dos idiomas soamente o fala o 4% da poboación. Así todo, a Comisión Europea estima que a metade dos habitantes da terra son, dalgún xeito, bilingües. No noso continente fála...

Noticias 13.30h - Venres, 23 de setembro de 2016 23.09.2016

A actualidade deste venres 23 de setembro en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Libreria Valverde Imprenta recibirán o 13 de outubro o Premio Traxectoria do Comercio Galego 2016 22.09.2016

A libreiría e a imprenta Valverde recibirán o 13 de outubro o Premio Traxectoria do Comercio Galego 2016 en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que iniciaron en 1961 e que prosegue xa coa segunda xeración. Nieves Valverde amosou a súa satisfacción por este premio que é un recoñecemento ao esforzo e o traballo.

Máis de 60 postos de diferentes produtos no Bio-mercado de Tomiño 22.09.2016

Este domingo electoral o Tomiño celebra o II Bio-Mercado. Con apertura ás 11:00 horas no edificio do mercado os asistentes poderán gozar de demostracións de cociña e tapas, pero non soamente gastronomía xa que haberá máis de 60 postos de diferentes produtos amais de actividades e obradoiros.

Noticias 13.30h - Xoves, 22 de setembro de 2016 22.09.2016

A actualidade deste xoves en Tui e no Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui

Novas achegas do Plan Concello e outras obras 21.09.2016

O Concello de Tui recibirá 35 mil euros para a demolición parcial dun edificio na rúa Camilo José Cela dentro do Plan Concellos 2016. O mesmo plan concedeu xa en xullo outra achega de 75mil euros para demoler un edificio na Avenida da Concordia, cuxo terreo será posto a dispor da Xunta para a construción do novo edificio xudicial. Así o explicou o alcalde, Enrique Cabaleiro, quen avanzou a licitac...

#OPeche | Os pontevedreses poderemos escoller entre 15 opcións este 25S 21.09.2016

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia en 2009 os pontevedreses puidemos escoller entre 14 partidos diferentes. Nas últimas autonómicas o número de candidaturas creceu até 18 posibles opcións e este 25 de setembro poderemos votar en Pontevedra a 15 partidos diferentes.

Noticias 13.30h - Mércores, 21 de setembro de 2016 21.09.2016

A actualidade deste mércores, 21 de setembro de 2016, recollémola en Noticias 13.30h na RMT

Ent. Emilio Rodríguez - Proxecto de I+D+I e enoturismo en Terras Gauda 21.09.2016

Onte a adega do Rosal Terras Gauda presentou un novo proxecto de vendima baseado no que veñen a denominar vitivinicultura sostible. O proxecto, froito da colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo que comezou fai dous anos, busca aproveitar o bagazo do albariño como abono natural tras ser sometido a un proceso denominado de “vermicompostaxe”. Deste xeito aproveitase o materia...

Noticias 13.30h - Martes, 20 de setembro de 2016 20.09.2016

A actualidade do Baixo Miño en #Noticias1330h na Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30h - Luns, 19 de setembro de 2016 19.09.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 1330h

Fin de semana de cervexa artesanal en Tui coa I Festa da Cervexa 16.09.2016

Dende as 18:00 horas desta tarde e até a noite do domingo, os tudenses e visitantes poderán gozar dunha variada oferta de cervexa artesanal da man de 3 mestres cervexeiros que traerán diversas variedades de lúpulo. Haberá tamén pulpeira e food trucks. Todo no Paseo da Corredoira.

O compositor de Goián Andrés Álvarez premiado por unha prestixiosa academia estadounidense 16.09.2016

O compositor goianés Andrés Álvarez vén de recibir unha mención de honra por parte da prestixiosa Hollywood Music in Media Awards. Fundada en 2009, recoñece e premia o talento musical ao redor do mundo. Un premio que emociona ao compositor de Goián, Andrés Álvarez. A composición pola que recibirá o premio o vindeiro 17 de novembro en Hollywood, chámase Symphonic Sketches foi un encargo do quinteto...

Poslouchej podcast Informativos v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály