Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Epizody: 6520

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

20. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Ent. Enrique Alonso, presidente Fundación CEO, Ciencia e Cultura - Eclipse Solar 11.08.2026

Mañá viviremos un eclipse solar que na nosa zona será singular aínda que non acadará o 100% de ocultación do sol. Coñecemos todos os detalles deste fenómeno astronómico e cómo velo con seguridade co presidente da Fundación CEO, Ciencia e Cultura, Enrique Alonso.

Ent. Borja Núñez, campión do Mundo sub 19 de remo e Manuel A.González, do Remo do Miño | Campión do Mundo 11.08.2026

Borja Núñez, remeiro do Club Remo do Miño fixo historia esta fin de semana ao colgarse a medalla de ouro no Campionato do Mundo Sub 19 en Catro Sen Temoneiro en Plovdiv. É o primeiro remeiro galego sub 19 en lograr subir ao máis alto do podio nun mundial. Compartiu connosco como viviu esa final . Canda a el estivo tamén o seu adestrador Manuel Angel González, presidente do Club Remo do Mño, que se...

Espazo Comercio | Asociarse a ACITUI 11.08.2026

Cales son as vantaxes que ofrece a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, aos establecementos asociados, e cales son as vantaxes de ser socio foron presidente da asociación, Pepe Míguez. Fomentar o comercio local, darlle visibilidade e ofertar actividades de formación son algúns dos obxectivos de ACITUI. As persoas interesadas poden contactar con calquera membro da directiva, ou...

Ent. Isilda Salvador, museóloga, ténica cultural e investigadora | Visita ao mosteiro de Ganfei 11.08.2026

A vinculación do Mosteiro de Ganfei e de San Teotonio con Tui será dada a coñecer esta tarde na visita guiada “Os tempos do románico en Ganfei: o mosteiro de O Salvador e San Teotonio”. Comezará ás 20.30 h ES no propio mosteiro dentro do ciclo “Coñece o noso patrimonio” que promove o Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Será guiada por Isilda Salvador, museóloga, inv...

Ent. Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns | Semana cultural e festas na honra Virxe do camiño 10.08.2026

Rebordáns prepárase para vivir esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Camiño. Previamente dende mañá celebran a Semana Cultural con teatro, gastronomía e música. Ismael Felgueiras e Ángel Vila, de Amigos da Festa de Rebordáns, presentaron hoxe na Radio Municipal de Tui a programación tanto da Semana Cultural con actos mañá martes e o mércores, como das festas que van celebrar xoves, venr...

Ent. José Álvarez e Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas | Semana Cultural 10.08.2026

Este domingo 16 comeza a Semana Cultural de Caldelas, con cinco xornadas de programación organizadas pola Asociación A Insua de Caldelas. Haberá actividades infantís, música, baile, humor, teatro, cine e playbacks. Todo na ribeira. Contáronnolo hoxe José Álvarez e Vicky Méndez, da Insua.

Ent. Mila González, Manuel Gónzalez e Diego Alonso, de Arume de Malvas | Festival Filet Bleu 10.08.2026

44 integrantes de Arume de Malvas porán rumbo mañá martes a Concarneau, en Francia, para participar no 104 Festival Filet Bleu. Alí ofrecerán un espectáculo de tradición, música e baile, tal e coma hoxe destacaron Mila González, presidenta de Arume de Malvas; Diego Alonso, profesor; e Manuel González, integrante da banda.

Ent. José Ángel Gándara, presidente da Comisión de Festas | Festas do Monte 2026 07.08.2026

Miles de persoas gozarán esta fin de semana da programación das festas do Monte na Guarda. Mañá sábado grupos folclóricos, e 21 bandas mariñeiras participarán no desfile entre a Alameda e o Porto, e o domingo máis de 15 mil persoas subirán ao cumio do Monte. As verbenas e outras propostas culturais e de lecer forman parte do programa festivo. Así o explicou José Ángel Gándara, presidente da comisi...

Ent. José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores | Festas na honra a San Mamede 07.08.2026

Dous días de festa na honra a San Mamede son os van ter esta fin de semana na parroquia tudense de Guillarei. Mañá sábado coincidindo coa celebracións da comunións comezarán xa con ambiente musical, e logo o domingo a xornada festiva que rematará coa presentación das festas da Virxe das Dores que celebra 130 anos e 75 anos do manto da virxe que vén de ser restaurado, cuestións que quedarán reflect...

Ent. Carmen Pérez, da comisión de festas | Festas de San Caetano en Paramos 07.08.2026

Festas na honra a San Caetano vanse celebrar este sábado, domingo e luns na parroquia tudense de Paramos. Gastronomía, verbena, actos relixiosos, e punto de encontro festivo para toda a veciñanza que agarda xa por estes días. Así nolo contou hoxe Carmen Pérez, membro da Comisión de festas de San Caetano, quen indicacaba que o domingo ás 10.30 h terán un pasarrúas da Banda de Gaitas San Xoán de Par...

Ent. Sara Areal, violinista | Concerto Poema Infinito en Música no Claustro 07.08.2026

A violinista tudense Sara Areal regresa hoxe a Música no Claustro para presentar un proxecto moi persoal en ´casa´ e nun ´lugar seguro´ como ela mesma explicaba. Trátase de "Poema Infinito" unha proposta musical na que reflexiona sobre os sentimentos, a emoción, os momentos difíciles, e oregreso. Sobre o escenario estará acompañada por diferentes músicos, entre eles a súa irmá Raquel. Con Sara Are...

Ent. Ana García, pedagoga | Obradoiro Prepárome para o instituto 06.08.2026

O Centro Sociocomunitario de Tui acolle a primeira semana de setembro o obradoiro "Prepárome para o instituto", dirixido ás persoas que comezan esta nova etapa, e poidan aprender a elaborar esquemas, organización e técnicas de estudo. O prazo de inscrición remata o próximo venres 14 de agosto Ana García, pedagoga, indicou que a inscrición se pode realizar no teléfono 659 695 516 ou de xeito presen...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo de Tui | Actividade eclipse no Monte das Penizas 06.08.2026

A eclipse solar do próximo mércores, 12 de agosto, vivirase de forma especial no Monte das Penizas en Paramos, coa actividde organizada polo Concello de Tui en colaboración coa Comunidade de Montes de Paramos. Dende ás 18 h haberá música con Botz, gastronomía...e o concello agasallará gafas homologadas para a observación da eclipse. Así nolo contou a concelleira de Turismo, Ana Núñez.

Ent. Guadi Galego, cantante, e Samuel Diz, director de Música no Claustro | Concerto no festival 06.08.2026

Guadi Galego ofrece hoxe xoves ás 21 h no Festival Música no Claustro o seu único concerto en Galicia deste verán. Faino despois de transitar un periodo de reflexión, no que foi artellando e coñecendo o que nestes momentos quería expresar a través da música. Volver así ao festival para ofrecer unha proposta intimista, na que sentará ao piano e na que estará acompañada de Vic Moliner, produtor dos...

Ent. David Fernández, ciclista | Campus de Ciclismo 06.08.2026

Xogos de equilibrio, frenadas, zig zag, relevos, obstáculos, os cambios, ou puntos a revisar antes de saír en bici, serán algún dos aspectos que aborde o Campus de Ciclismo organizado polo ciclista tudense David Fernández para as dúas últimas semanas deste mes de agosto en horario de 10 a 14 h. Vai dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos, desenvolvéndose na praia fluvial de Areeiros, en Guillarei,...

Ent. Eugenia Roix, soprano; e Silvia Márquez, organista | Salve regina, en Música no Claustro 05.08.2026

Un concerto para deixarse envolver na Catedral de Tui, con voz e órgano e con obras de G. F. Haendel, John Dowland, F. Correa de Arauxo, J. S. Bach, J. Haydn e F. Mendelssohn. Así será o concerto de hoxe mércores ás 21 h no Festival Música no Claustro. A organista Silvia Márquez regresa ao festival xunto á soprano Eugenia Boix para presentar Salve Regina.

Ent. Esther Amado, presidenta do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia | Recomendacións eclipse 05.08.2026

O próximo 12 de agosto está xa marcado no calendario para vivir unha cita histórica co eclipse solar total. Son miles as persoas que observarán o ceo para poder desfrutar deste fito, e quixemos coñecer cales son as recomendacións a ter en conta para facelo con seguridade. Esther Amado, a presidenta do Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, confirmou que o máis importante é observalo con gafa...

Ent. Silvia Leiras, xogadora de balonmán | Fichaxe no Atlético Guardés 05.08.2026

A tudense Silvia Leiras vén de fichar polo Atlético Guardés despois de dúas temporadas no Ikasa Boadilla, en Madrid. Hoxe conversamos con ela sobre esta fichaxe, a súa traxectoria profesional e os seus inicios.

Ent. Samuel Diz, director de Música no Claustro | Programa Resonancias 04.08.2026

As actividades abertas do programa Resonancias do Festival Música no Claustro comezaron onte luns na Catedral de Tui e continuará con máis actividades e talleres. Mañá mércores a cita será sobre saúde mental e o xoves sobre o proxecto "Guitarra: o son da madeira galega". Amais aínda quedan prazas para os tres talleres que se impartirán sobre mantemento de instrumentos musicais e ilustración. Samue...

Ent. Eva Ara, do Club Penedo | Torneo Virxe da Rocha 04.08.2026

Este sábado celébrase na Lagoa de Caldelas o VIII Torneo Virxe da Rocha de Kaiak Polo. Contará coa participación de 70 deportistas. Eva Ara, do Club Penedo, organizador do evento, deunos todos os detalles.

Espazo comercio | Consellos no comercio electrónico 04.08.2026

Os comercios e establecementos que venden produtos a través de internet deben cumprir unha serie de obrigas de cara a garantir un comercio seguro e fiable. Por exemplo, ofrecer información sobre cambios e devolucións, sobre a composición dos produtos ou sobre como contactar coa marca. Hoxe Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, ofreceu no Espazo Comercio consellos e recomendacións para cumprir...

Ent. Natalia Jorge, historiadora | Premio Xesús Ferro Couselo 04.08.2026

A historiadora tomiñesa Natalia Jorge Pereira foi gañadora do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Por primeira vez dende que estes galardóns se celebran, unha mesma persoa obtivo o primeiro premio nas dúas modalidades: Traballos de Investigación e Becas de Estudo. Os proxectos recoñecidos foron “Pasaron polos ollos, pasaron polas mans. O contrabando no Miño” e “Fame na Valga da posguerra?...

Ent. Sara Tui, futbolista tudense | Balance temporada e seguintes competicións 03.08.2026

Temporada a histórica a de Sara Tui e o seu equipo o Higicontrol Melilla: gañaron a Liga, a Copa, a Supercopa e o Europeo. Agora encaran o reto de gañar o Mundialito de Turquía, en outubro. Sobre estes fitos, a Selección Española de Fútbol Praia e o seu proxecto de Fútbol 11 en Melilla conversamos hoxe con Sara Tui.

Ent. Bea Pichel de Planstur e Jose Diz de Nött | Desfile de moda 03.08.2026

Este venres, ás 21 h, celébrase no Nött en Tui un desfile de moda de La Tortoisse e Iván Cross. Será un evento que combinará non só a presentación da colección final de verán senón tamén música en directo coa actuación de D'Crooners, e o sorteo dunha viaxe a Exipto. A entrada será libre. Así nolo contaron Bea Pichel de Planstur e José Diz de Nött.

Ent. Jaime Estévez, Hugo Lomba, Sira Pellicer e Miquel Flores | Concerto de Lítore Quartet en Música no Claustro 03.08.2026

Jaime Estévez, Hugo Lomba, Sira Pellicer e Miquel Flores, conforman Lítore Quartet, o cuarteto que hoxe ás 21 h actuará en Música no Claustro. Hoxe van interpretar un programa pensado especialmente para o festival, no que recollen obras do arquivo da Catedral, do mestre Matías García Benayas, pero amais van realizar a estrea absoluta de Lux Glaciei, unha obra da compositora Irene Cantos.

Poslouchej podcast Día a Día v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály