Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
4. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Festas de Rebordáns | Terrordáns e próximas actividades 24.09.2025 4:19
Máis de 400 persoas están xa inscritas para participar en Terrordáns, a andaina nocturna que organiza a Comisión de Festas de Rebordáns este sábado 27 de setembro ás 21 h. O prazo de inscrición remata mañá xoves. Hoxe coñecemos os detalles desta actividade e das próximas que organizan dende a comisión con Marta Romero e Anas Fadoul.
Ent. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor 24.09.2025 5:11
O vindeiro sábado 4 de outubro, ás 20.30 h terá lugar o percorrido nocturno nos muiños do Tripes Lendas ao solpor, que partirá dende a área lúdico-recreativa de Chans do Carrasco en Randufe. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes, explicou como se vai desenvolver esta ruta na que haberá teatralización, música e ao remate chocolate con rosca, castañas e viño do país. É preciso inscrici...
Ent. Jorge González e Germán Soutelo, do Club Tenis Tui | XI Torneo Eurocidade de Tenis e inicio de temporada 24.09.2025 8:04
O XI Torneo de Tenis da Eurocidade vaise celebrar nas pistas de tenis de Areas dende este venres, 26 de setembro até o 5 de outubro. Unha cita deportiva na que están inscritas preto de 100 persoas que competirán nas diferentes categorías. Hoxe falamos desta competición e do inicio da temporada con Jorge González e Germán Soutelo, presidente e secretario do Club de Tenis Tui.
Ent. Luis Cuntín, Inma Rodríguez, e José Font | Traballo de Diversidades Acolle e o reto da búsqueda de vivenda 23.09.2025 24:21
Diversidades Acolle atendeu a máis de 500 persoas refuxiadas dende que abriu o seu centro en Tui, hai cinco anos. Hoxe profundamos no labor que realiza a asociación e coñecemos os retos aos que se enfrontan, entre eles a búsqueda de vivenda. Fixémolo con Luis Cuntín, presidente de Diversidades Acolle; Inma Rodríguez, directora de Diversidades Tui; e José Font, colaborador da asociación.
Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividades extraescolares e Rutas Descubre Tu Entorno 23.09.2025 4:30
Baixo o título de "Descobre o teu entorno" Altitude, Ocio e Educación Ambiental organiza rutas de sendeirismo que van ter lugar as fins de semana entre outubro e xullo. A primeira das citas será o domingo 5 de outubro cun percorrido polos Muíños do Folón e o Picón no Rosal. Por outra parte Altitude vai desenvolver a activade extraescolar a Aula Naturaleza dirixida a nenos e nenas de 6 e os 12 ano...
Ent. José Palacio, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño | Prevención de Incendios Forestais 23.09.2025 6:39
As Mancomunidades de Montes do Baixo Miño, Morrazo, Pontevedra, Val Miñor e Vigo proponen cinco medidas para traballar na prevención dos incendios forestais. Son revisión orzamentaria, a reformulación dos Plans de Ordenación Forestal, a capacitación actualizada dos recursos humanos implicados, a sensibilización social sobre a importancia da prevención e corresponsabilidade cidadá e a execución inm...
Espazo comercio | Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI -Balance Mesa comercio 23.09.2025 4:09
Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo balance hoxe no Espazo Comercio da Mesa do Comercio que celebraron a pasada semana co obxectivo facer unha diagnose realista da situación do sector. Avanzaba que se convocará cada dous meses para abordar a realización de campañas conxuntas, a aposta pola dixitalización e o reforzo da colaboración institucional, entre outros temas. Por outra parte lemb...
Ent. María Freiría, de MarJewelrin | Obradoiro Crea a túa xoia peluda 22.09.2025 3:13
Esta fin de semana María Freiría, MarJewelrin, vai impartir o obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, a partir das 11.00 horas no Mercado de San Antonio. Unha cita para a que é preciso inscribirse previamente a través das redes sociais ou no teléfono 608 27 27 70. O prezo é de 40 euros por persoa. Este taller ten carácter solidario xa que o 20% do que se recaude irá destinado á protecora Aloia. Así no...
Ent. María Fontán e José Antonio Presas, da Comisión de Festas San Miguel Arcanxo | Festas San Miguel Arcanxo 22.09.2025 6:46
A parroquia de Pazos de Reis celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Miguel Arcanxo con música e gastronomía. Coñecemos a programación completa con María Fontán, presidenta da Comisión de Festas San Miguel Arcanxo e José Antonio Presas, secretario.
Ent. Diego Vila, piloto tudense | Copa Pirelli e na Agrupación 2 no VIII Rallie Mix de Cuntis 22.09.2025 4:35
O piloto tudense Diego Vila, xunto ao seu copiloto Álex Sampayo, fíxose coa victoria na Copa Pirelli e na Agrupación 2 no VIII Rallie Mix de Cuntis esta fin de semana co seu Peugeot 205. O tudense referíase a estes novos éxitos deportivos e aos futuros. A finais do próximo mes de outubro competirá na última proba do campionato.
Ent. Carolina Figueroa, adestradora do club de patinaxe artístico Ribex | Inicio de temporada 22.09.2025 5:40
Preto de 100 patinadores e patinadores comezarán coa chegada de outubro unha nova temporada nas escolas e no club de patinaxe artístico Ribex. Carolina Figueroa, adestrador, deu conta de como se están preparando para este novo curso. O prazo de inscrición continúa aberto a través das redes sociais do club.
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación cultural de outono 22.09.2025 7:49
Este sábado comeza a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui. En total serán nove citas que combinan teatro, música, maxia e cinema. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, repasou a programación que se abre co concerto “Ingrávida” de Mercedes Peón, ás 20.00 horas. A entrada para este espectáculo é de balde e é preciso facer reserva en tui.gal. Na mesma web están xa dispoñib...
Ent. Miguel Méndez, concelleiro de Urbanismo; e Alba Martínez, empregada municipal | Ordenanza da zona azul 19.09.2025 16:50
Inicio e fin da zona azul, carga e descarga e prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida son os catro novos sinais informativos que están sendo xa colocados nas rúas de Tui onde o aparcamento estará regulado pola nova ordenanza da zona azul, controladas mediantes cámaras de lectura de matrícula. Hoxe resolvemos dúbidas co concelleiro de Urbanismo, Miguel Méndez, e coa empregada mun...
Ent. Miguel Enríquez, da Asociación Aloia | Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis 19.09.2025 4:28
Hoxe comeza a Semana Cultural de San Miguel en Pazos de Reis cunha cita teatral. Ás 20.30 horas o grupo Aloia interpretará “Cun pé no ceo” no Centro Cultural. Non será a única cita xa que mañá, tamén as 20.30 horas, celebrarase o playback infantil e o domingo será a quenda do contacontos con Bego Bras e “Feliz Feroz” e da maxia con Samuel Moreno, a partir das 18.00 horas. As propostas continuarán...
Ent. Erea Rodríguez, de Skeirrum | Xogo de escapismo "A comunidade xudía de Tui" dentro do Setembro Xudeu 19.09.2025 3:49
Este domingo día 21 haberá unha nova actividade enmarcada no Setembro Xudeu. Será un xogo de escapismo sobre a comunidade xudía de Tui que partirá dende a Oficina de Turismo de Tui. Erea Rodríguez, de Skeirrum deu todos os detalles deste xogo. As persoas que desexen participar deberán inscribirse no formulario dispoñible na páxina web do Concello e pódese contactar co teléfono 674 31 42 78 para re...
Ent. Marina Cruces, sumiller tudense | "Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustación ” 19.09.2025 5:15
Mañá 20 de setembro remata o prazo de inscrición para o acto cívico de homenaxe no Ano Castelao “Os viños de Castelao” que se vai celebrar o domingo 28 deste mes, ás 12 h, no edificio da praza da Inmaculada. Contará coa intervención do historiador Bieto Alonso, que falará sobre “O itinerario político de Castelao” e continuará con “Os viños dos espazos que habitou Castelao. Explicación e degustació...
Ent. Suso Vila, doutor en Historia da Arte | Visita "Patrimonio xudeu na Eurocidade Tui-Valença" 18.09.2025 5:23
"Patrimonio xudeu na Eurocidade Tui-Valença" é a visita que, dentro do Setembro xudeu, vai ter lugar este sábado ás 17 h. Partirá dende a Oficina Municipal de Turismo. Guiará a visita o doutor en Historia da Arte Suso Vila, quen hoxe deu os detalles sobre esta cita.
Ent. José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei |Festas na honra á Virxe das Dores 18.09.2025 15:05
Co acendido do alumeado, mañá venres, ás 21.30 horas dan comezo as festas na honra á Virxe das Dores en Guillarei. Até o luns concertos, verbenas e actos litúrxicos centrarán o programa festivo que hoxe repasou polo miúdo José Ferreira, presidente da Comisión de Festas Virxe das Dores de Guillarei.
Ent. Paula López, do Club Hípico Equigalia | Concurso Nacional de Saltos 18.09.2025 6:42
Un centenar de xinetes e amazonas de Galicia e Portugal, con idades dende os 5 anos, participarán dende mañá en Tui no Concurso Nacional de Salto **. Celebrarase nas instalacións do Club Hípico Equigalia. Coñecemos todos os detalles e cómo será a competición con Paula López, directora do concurso.
Ent. Ainhoa Lameiro, piragüista en slálom | Participación na Copa do Mundo de Piragüismo en Augsburgo 18.09.2025 7:20
A piragüista salcedense do Club Penedo Te Importa de Caldelas, Ainhoa Lameiro, participou a comezos deste mes na Copa do Mundo de Slalom que se celebrou na cidade alemá de Augsburgo. Foi 23º, aínda que chegou a esta cita sen expectativas despois dun verán afastada das piragüas e tres anos nos que chegou a plantexarse a retirada deste deporte. Con ela conversamos sobre este período e dos seus plans...
Ent. Juan Luis Miguéns, secretario do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia| Seminario 17.09.2025 6:55
A Aula CEMIT de Tui acolle este sábado de 9.30 a 14.00 h un dos seminarios do Día de Scratch, organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG. Trátase dunha iniciativa que busca achegar á rapazada ao mundo da programación dun xeito lúdico e práctico. Está dirixido a mozos e mozas de...
Ent. Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda | Proxecto europeo LivingSoiLL 17.09.2025 7:41
A adega rosaleira Terras Gauda adheriuse ao proxecto europeo LivingSoiLL, no que participan 48 empresas. Trátase dun pacto verde europeo que busca mellorar a saúde dos solos para reducir a erosión, mellorar a estructura e minimizar o impacto do uso intensivo de recursos. Asi nolo explicou hoxe Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda.
Ent. Rubén Morais, do Judo Club Tudense | Inicio dos adestramentos 16.09.2025 5:57
Coa chegada do mes de setembro dan comezo tamén as actividades deportivas. No Judo Club Tudense xa iniciaron os adestramentos e ata o momento contan xa con 80 deportistas, entre nenos, nenas e adultos. Durante este mes as inscricións permanecen abertas e pódese probar de xeito gratuíto. Rubén Morais, do Judo Club Tudense explicounos hoxe os beneficios desta disciplina deportiva na saúde.
Espazo comercio | Pepe Míguez, presidente de ACITUI 16.09.2025 6:10
ACITUI, a Asociación de Comerciantes de Tui, celebrará mañá ás 19 h reunión da Mesa do Comercio. Mentres o mércores, 1 de outubro, na Sala Felix Rodríguez, ás 20.30 h en primeira convocatoria, e ás 21 h en segunda, terá lugar a súa asemblea. Así o confirmou hoxe no Espazo Comercio Pepe Míguez, presidente de ACITUI.
Ent. Xurxo Ayán, arqueólogo e investigador | Barferencia no proxecto Fortalezas de Fronteira 15.09.2025 4:23
Hoxe luns rematan as barferencias que organiza "Fortalezas na fronteira". Concluirán ás 19.30 horas no Social de Estás coa charla "Arqueoloxía da explotación sexual en Galicia", a cargo do arqueólogo e investigador Xurxo Ayán. Con el coñecemos hoxe os detalles.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály