Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
30. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Espazo comercio | Lucía Nogueira, de Asesoría Lucía Nogueira 11.11.2025 7:37
Constituir unha empresa, a xestión diaria da mesma e o acompañamento continuo son algúns dos servizos que oferta a asesoría Lucía Nogueira. Hoxe, no noso Espazo Comercio en colaboración con ACITUI, conversamos con Lucía Nogueira sobre a dixitalización e as consultas máis habituais dos clientes e clientas.
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Caldo galego 10.11.2025 16:33
Esta mañá continuamos a nosa viaxe gastronómica con Judicael Romero en "Raíces e vangarda" no programa Día a Día. Falamos de produtos e productores locais, do Mercado de San Antonio, de consellos saudables, e a receita protagonista hoxe foi a do caldo galego.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Funny Games" 10.11.2025 4:24
O Cineclub Tui proxectará mañá martes a película Funny Games, do director austríaco, Michael Haneke. Unha película que reflexiona sobre a xuventude, a violencia ou a falta de empatía da sociedade ante a dor allea. Haberá dobre sesión ás 18:30h e ás 20:45h. Así nolo contou hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui, que tamén adiantou as proxeccións para a vindeira semana. A entrada ten un prezo de 2€ pa...
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Balance campaña de Samaín 10.11.2025 4:34
O pasado venres, 31 de outubro, ACITUI impulsou a campaña "Truco ou trato" polos comercios tudenses. Unha iniciativa na que participaron 56 comercios e a asociación entregou máis de 10 quilos de caramelos. Pepe Míguez, presidente de ACITUI, fixo balance desta campaña e avanzaba que xa están traballando nas propostas que van realizar de cara ao Nadal.
Ent. Ángel Sánchez, João Pedro Rodrigues, Xacio Baño e Aira Portos | Primeira etapa de Ventura 07.11.2025 15:39
Durante cinco días sete realizadores e realizadoras galegas participaron en Tui na primeira etapa de Ventura, unha residencia artística que organiza o Festival Play Doc. Dende a Radio Municipal coñecemos algúns dos proxectos que se están a desenvolver ao abeiro desta iniciativa, conversando tamén con Ángel Sánchez, codirector de Play Doc, e João Pedro Rodrigues, cineasta portugués e titor de Ventu...
Ent. José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antigas | XX Mercadillo e exposición de motos antigas 07.11.2025 3:24
Este sábado e domingo celébrase no pavillón polideportivo de Goián o XX Mercadillo e exposición de motos antigas. Poderase visitar mañá de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h e o domingo de 9.30 h a 14.30 h. Nel poderemos atopar unha exposición de motos antigas, mercar motos e recambios e tamén pezas para coches clásicos. Deunos hoxe todos os detalles José Fernández, da Asociación Amigos das Motos Antiga...
Ent. Elisardo de la Cruz, actor | Esas cousas marabillosas 07.11.2025 5:14
Hoxe ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle a representación de "Esas cousas marabillosas", unha proposta divertida e conmovedora da compañía Empatía Teatro. Elisardo de la Cruz interpreta esta obra escrita por Duncan MacMillan, e traducida e dirixida por Avelino González e hoxe nos daba todos os detalles deste espectáculo participativo co público. As entradas están dispoñibles en tui.gal a un p...
Ent. Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes | Magosto en Paramos 07.11.2025 2:57
Este domingo celébrase o magosto en Paramos. A cita será a partir das 17 h no Centro Cultural Laxes onde haberá xogos populares con O Xogueteiro; un concerto con Cé Orquestra Pantasma, chouripán e salchipapas e o magosto. Así nolo contaron hoxe Alfonso Muñiz e Jorge Martínez, da Asociación Laxes.
Ent. Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36 | Calendario solidario 2026 06.11.2025 8:16
Xa está dispoñible o calendario solidario da Asociación de Afectados pola Deleción 1p36. Os nenos e nenas da asociación posan xunto a varias celebridades coma Silvia Jato, Joan Laporta ou Alejandro Valverde, que colaboraran neste proxecto solidario que chega a súa décima edición. Así nolo contaron hoxe Eva Martínez e Javier Argüelles, da Asociación de afectados pola deleción 1p36. En Tui os calend...
Ent. Marga do Val, do IEAMSo e Tareixa Navaza, xornalista | Programación do Mes Memoria Demócratica 06.11.2025 22:24
Hoxe xoves ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela continúa a programación do Mes da Memoria Democrática en Tui co coloquio “A prensa desde Sobredo á volta de Castelao”. Unha actividade organizada polo Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo na que a xornalista Tereixa Navaza abordará como o agrarismo e os Sucesos de Sobredo tiveron gran repercusión na prensa escrita e...
Ent. Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico | Solicitudes acceso e actuación de urxencia 05.11.2025 12:24
A veciñanza do conxunto histórico solicita que os accesos a esta zona da cidade estean sempre operativos e demanda do concello que actúe de xeito urxente ante os inmobles que consideran teñen risco de derrube. Así nolo contaron hoxe Tete Castillo e Margot Cendón, veciñas Conxunto Histórico de Tui.
Ent. José Ramón Santamaría, José Quinteiro e Ruth Villar | Gran recollida de alimentos 05.11.2025 10:25
Esta fin de semana terá lugar a gran recollida de alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Vigo e SOS Tomiño Baixo Miño. Unha iniciativa solidaria na que agardan superar os 325.000 kilos acadados o ano pasado. José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos; Ruth Villar, responsable de prensa da mesma; e José Quinteiro, presidente de SOS Tomiño Baixo Miño explic...
Ent. Lucía Álvarez, de ACCEM Vigo | Sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española 04.11.2025 10:01
As persoas migrantes do Baixo Miño poderán participar este venres 7 de novembro en dúas sesións informativas sobre estranxeiría e obtención da nacionalidade española, que organiza Accem en colaboración co Concello de Tui. Ambos talleres desenvolveranse na aula Cemit de Tui, no edificio Francisco Sánchez. A primeira comeza ás 10 h, e versará sobre temas de estranxeiría; e a segunda será ás 12 h, so...
Espazo comercio | Iván Carral, de Avatel 04.11.2025 6:07
Avatel cumpre tres anos en Tui, na rúa Compostela, ofrecendo servizos adaptados a cada un dos seus clientes e ampliando a súa rede nas parroquias tudenses. Hoxe coñecemos as ofertas, sorteos e novas iniciativas con Iván Carral, de Avatel, no Espazo Comercio que levamos a cabo en colaboración con ACITUI.
Raíces e vangarda, co chef Judicael Romero | Sopa de burro cansado 03.11.2025 12:59
Hoxe luns abrimos unha nova sección semanal no programa Día a Día, co chef Judicael Romero. En "Raíces e vangarda" falaremos de gastronomía con historia, de tendencias gastronómicas, de historia, de recordos e de intelixencia emocional na cociña. Cada luns Judicael Romero traerá unha receita con historia e vangarda. Hoxe, sopas de burro cansado.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Annie Hall, de Woody Allen 03.11.2025 4:01
Mañá martes o Cineclub Tui rende homenaxe a Diane Keaton proxectando a película "Annie Hall", coa que a actriz acadou o Oscar. Será cunha dobre sesión, ás 18.30 horas e as 20.45 horas. Noemí Guisande do Cineclub Tui lembraba a traxectoria da actriz e o seu papel neste filme, que se poderá ver no Espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. As entradas teñen un prezo de 2 euros para persoas socias...
Ent. Javier Martínez, copiloto de rallies | Campionato de España de Rallies de Asfalto 03.11.2025 3:38
O copiloto de rallies Javier Martínez conseguiu esta fin de semana alzarse co Campionato de España de Rallies de Asfalto, xunto ao seu compañeiro Jorge Cagiao, no Rallie Costa de Almería. O salcedense afincado en Tui deu conta de como viviron esta nova vitoria, na que revalidan título e que supón o terceiro na carreira de Javier Martínez e repasaba a próxima cita que ten no calendario.
Ent. Grupo Partuicipando | Participación no Encontro Autonómico de Consellos Locais 01.11.2025 15:05
Coñecemos como foi a participación do grupo Partuicipando no Encontro Autonómico de Consellos Locais que se celebrou o 18 e 19 de outubro no que traballaron sobre os dereitos dixitais. Tamén nos deron conta das próximas citas que teñen coma é o pleno infantil en Tui, e animaron a nenos e nenas e mozos e mozas tudenses a incorporarse a Parttuicipando. Así nolo contaron Ant'ón, Eva, Xiana, Iria e Pe...
Ent. Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos| XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença 31.10.2025 4:07
Máis de 600 bailaríns e bailarinas de España e Portugal van a participar esta fin de semana no XI Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença que se vai a desenvolver no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui. Dous días intensos de baile nos que se disputarán distintas modalidades. Así nolo contou hoxe Miguel Abreu, director do Trofeo e da Escola de Baile Pasos.
Ent. Narciso Serra, historiador | Conversas na Feira de Santos 31.10.2025 8:38
Mañá 1 de novembro celébrase a Feira de Santos, en Cerdal. Unha cita multitudinaria que está declarada Patrimonio Cultural Inmaterial de Portugal. Previo a esta feira, hoxe venres ás 19 h a Capela de San Bento da Lagoa acolle a terceira edición das Conversas na Feira. Este ano o título é “Feira dos Santos de Cerdal – Unha Feira Transformada en Selo”, onde se presentará a colección de selos dedicad...
Ent. Chechi, Juli e Poli, integrantes de Doroxo Presbiçian | Lanzamento do seu EP "bla, bla, bla" 31.10.2025 12:59
A banda de Mos Doroxo Presbiçian acaba de estrear o seu novo traballo discográfico, titulado “bla bla bla”. Un EP composto de catro temas que conforman un percorrido emocional e reflexivo onde falan de actualidade e crítica social. Hoxe coñecemos a tres dos cinco integrantes do grupo: Chechi, Juli e Poli.
Ent. Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da Sandidade Pública de Tui | Situación no centro de saúde 31.10.2025 9:54
O centro de saúde de Tui ten dúas baixas debido ás xubilacións dunha doutura e dunha enfermeira, postos que aínda non foron cubertos. Unha situación que continuará con outras dúas xubilacións o próximo ano. Esta situación provoca que as listas de agarda aumenten e que as consultas estean sobrecargadas. Desta problemática conversamos hoxe con Conchi Martínez, voceira da Plataforma en Defensa da San...
Ent. Uxía Pérez Bugarín, atleta tudense | Gañadora da Carreira Pedestre Popular de Santiago 31.10.2025 6:14
A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín vén de gañar a Carreira Pedestre de Santiago. Un percorrido de 12 quilómetros, que completou nun tempo de 43:02 malia a dureza da ruta. Coa corredora do Celta feminino conversamos hoxe sobre esta vitoria e sobre as próximas citas no seu calendario que a levarán a competir en decembro e xaneiro.
Ent. Manuel Vázquez de la Cruz e Manuel Fernández de Levada Libre | Acto de memoria 30.10.2025 12:35
Levada Libre organiza hoxe ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela un acto de memoria no que explicarán o porque do mesmo, proxectarán o documental “Unha historia galega, retratos da represión na Galicia de 1936”, e contarán coa interpretación musical de Alex González e Rubén López do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Así nolo contaron hoxe Manuel Vázquez de la Cruz e Ma...
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Mes da Memoria Democrática 30.10.2025 6:02
Hoxe, 30 de outubro, ás 18.30 h terá lugar o descubrimento dunha placa en recoñecemento ao médico Alejo Diz Jurado na fachada do Centro de Saúde de Tui. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, deu conta hoxe deste recoñecemento e da figura de Alejo Diz. O acto forma parte da programación do Mes da Memoria Democrática. Hoxe precisamente cúmprense 89 anos do fusilamento na Alameda de San Domingos,...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály