Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ Epizody: 6540

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

30. říj 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Raíces e vangarda | Lacón con grelos e androlla 19.01.2026

Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos lacón con grelos e androlla, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.

Ent. Juan González, presidente de Protección Civil de Tui | Balance do ano 2025 19.01.2026

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui realizou en 2025 un total de 263 servizos nos que as 21 persoas voluntarias da asociación empregaron 2.153 horas. Hoxe o seu presidente, Juan González, fixo balance do pasado ano e explicou que é necesario para poder formar parte desta agrupación.

Ent. Javi "Maneiro", cantante | Novo sinxelo 16.01.2026

Hoxe lanzouse o novo sinxelo de Javi "Maneiro", o primeiro despois da súa saída de Heredeiros da Crus no pasado mes de novembro. "A miña mellor versión" xa está dispoñible, e formará parte do seu álbum que verá a luz a finais deste ano. Coñecemos hoxe os detalles con Javi "Maneiro".

Ent. Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño | 45 Regata Miño Internacional 16.01.2026

Espectáculo deportivo de primeiro nivel nas augas do río Miño en Tui mañá sábado coa celebración da 45ª Regata Miño Internacional, a única regata cronometrada de embarcacións 8+ de remo que nestes momentos se celebra a nivel nacional. Participarán 24 clubs españois e portugueses. Coñecemos os detalles co presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González.

Ent. José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro | Concurso de Rondallas no Ifevi 16.01.2026

Mañá sábado celébrase no Ifevi o Concurso anual de Rondallas, que nesta edición supera o récord de participación con 17 formacións, tres delas de nova creación. A Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro vai participar neste concurso, e actuará ademais este domingo en Tui na clausura da XI Mostra da Camelia Cidade de Tui. Conversamos hoxe con José Manuel Solleiro e Ana Pedreira, da Rondalla O Mosteiro de...

Ent. Nico Rodríguez, Roque Estévez e Lía Salvado | Tudenses participantes no CESA 2026 15.01.2026

Tres deportistas tudenses participaron a pasada semana en Cataluña no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Balonmán, convocados coa Selección Galega. Conversamos con eles, Nico Rodríguez, Roque Estévez e Lía Salvado.

Ent. Natalia Jorge, historiadora | Segunda edición do libro Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño 15.01.2026

“Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño”, o libro da historiadora Natalia Jorge, consigue a segunda edición despois de gañar o premio Xohana Torres 2024. Unha composición que narra o papel das mulleres trapicheiras da raia. Natalia Jorge deu hoxe os detalles do libro e tamén da presentación que terá lugar este domingo 18 en Sobrada.

Ent. Gachi Fernández e Helena Pousa | Familia de Arxentina dun tudense asasinado en 1936 15.01.2026

Gachi Fernández vive en Arxentina e é a sobriña neta de Manuel Fernández Diz, tudense das Bornetas asasinado en 1936 polos sublevados, cando tiña 30 anos. Ela coñeceu a súa historia grazas ao labor da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, O Condado e A Louriña. Hoxe puidemos conversar con ela, na súa terceira visita a Tui, acompañada por Horacio Corti; e con Helena Pousa...

Ent. Santiago Vega, delegado de Patrimonio | Licitación obras Arquivo Diocesano e Catedralicio 14.01.2026

O actual edificio do Museo Diocesano de Tui vaise converter na sede do Arquivo histórico catedralicio e diocesano. A Diocese de Tui-Vigo vén de sacar a licitación, por case 3 millóns de euros, as obras do proxecto redactado polos arquitectos Iago Seara Morales e Juan Orozco Corredoira. Con Santiago Vega, delegado de Patromonio da Diocese de Tui-Vigo, coñecemos hoxe o obxectivo desta actuación, o p...

Ent. Valentín Carrera, escritor e xornalista | Premio Altaïr de Literatura de Viaxes por El mundo desde abajo 14.01.2026

"El mundo desde abajo", do escritor e xornalista leonés Valentín Carrera é o gañador do I Premio Altaïr de Literatura de Viaxes. No mesmo relata a extraordinaria viaxe do tudense Rosendo Salvado desde Roma até Australia occidental, onde en 1846 fundou a misión de Nova Nursia. O escritor contounos hoxe de onde naceu o interese por levar esta historia a un libro de viaxes despois de dirixir en 2024...

Ent. Ángela Martínez, directora da escola infantil Ohana | Prazo de solicitude de praza 14.01.2026

Dende o 2 até o 23 de febreiro estará aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís privadas de Galicia. Coñecemos os detalles de matriculación, gratuidade e documentación con Ángela Martínez, directora da escola infantil Ohana.

Espazo Comercio | Martes, 13 de xaneiro de 2026 13.01.2026

Abrimos o Espazo Comercio deste 2026 con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, co seu presidente Pepe Míguez. Hoxe fixo balance da exitosa campaña da Ruleta do Nadal e avanzou a liña de traballo da asociación para este 2026.

Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Inicio nova temporada 13.01.2026

O Cineclub Tui inicia unha nova tempora da proxeccións con tres películas que comparten levar un número no seu título. Van ser "Fellini, oito e medio", "El 47" e "Os 400 golpes". Hoxe Noemí Guisande, do Cineclub Tui, así o explicou no programa Día a Día, destacando o inicio cun gran clásico do cinema e o filme máis representativo de Federico Fellini. A cita será ás 18 h e ás 20.45 h no Espazo Soci...

Ent. Serafín Martínez, organizador | Trail do Aloia 2026 12.01.2026

En menos dun mes celebrarase o Trail do Aloia. O sábado 7 de febreiro será o Aloia Trail Kids, e o domingo a proba para adultos con dúas distancias,12 kms e 20 kms. Serafín Martínez, organizado deste evento deportivo, deunos hoxe todos os detalles dunha proba que cada ano atrae a máis persoas. A inscrición está xa aberta en www.traildoaloia.com.

Ent. Lis Montes, Jose Carlos Montes, María José Fernández, Fernando Dacosta - XI Mostra da Camelia Cidade de Tui 12.01.2026

75 expositores de Galicia, Asturias e Portugal participarán esta fin de semana na XI Mostra da Camelia Cidade de Tui. A cita organizada por ATUCA e o Concello de Tui brindará 123 m2 de exposición da coñecida coma flor da invernía. A inauguración será o sábado ás 12.45 h. Poderáse visitar o sábado pola tarde, e o domingo en horario de mañá e tarde. Este ano volverán realizar cunha charla e degustac...

Raíces e vangarda | Estofado de lentellas con cogomelos de temporada e auga do Monte Aloia 12.01.2026

Hoxe en Raíces e vangarda cociñamos estofado de lentellas con cogomelos de temporada e auga do Monte Aloia, unha receita do chef Judicael Romero, que cada luns trae consellos prácticos de cociña de raíz con vangarda.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade - Candidatura Cidade Amiga da Infancia e Biblioteca 12.01.2026

O Concello de Tui agarda ao longo deste ano 2026 ser recoñecida coma Cidade Amiga da Infancia, culminando deste xeito un traballo iniciado hai xa anos como hoxe explicaba a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente. Por outra parte referíase a concelleira de Cultura aos positivos datos da Biblioteca Municipal de Tui en 2025, un ano no que superior os 20 mil libros en préstamo. Av...

Ent. José Fernando Martínez da Comunidade de Montes de Camposancos | Paletada Laconada de San Amaro 09.01.2026

O sábado 17 de xaneiro vaise celebrar en Camposancos, na Guarda, a XXVII Paletada Laconada de San Amaro organizada pola Comunidade de Montes de Camposancos. Os tícket para asistir ao xantar, que vai ter lugar no restaurante El Molino, pódense adquirir esta fin de semana, estando limitado o aforo a 300 persoas. Hoxe coñecemos coma naceu este evento gastronómico, e os detalles da cita deste 2026 con...

Ent. David Acevedo - A Marcha Ultreia celebrarase o domingo 12 de abril 08.01.2026

A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo. Trátase dunha proba xa consolidada que cada ano reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. Na edición de 2025 o máis rápido percorreu en 4 h 17 min a distancia entre as dúas cidades seguindo o Camiño Portugués, e o que máis tempo investiu realizou o traxecto en 11 h 54 min. Así nolo...

Ent. Benjamín Martínez, de El X de la Suerte | Sorteo do Neno 2026 07.01.2026

Días de ledicia para El X de la Suerte, administración de lotarías do Porriño, despois de repartir máis de 24 millóns de euros en premios no Sorteo do Neno. Do local saíu un décimo do primeiro, o número 06703, e todo o segundo en exclusiva en Galicia, o 45875. Coñecemos hoxe con Benjamín Martínez, de El X de la Suerte, algunhas das anécdotas deste sorteo.

Raíces e Vangarda - Roscón de Reis 05.01.2026

No tempo que cada luns compartimos con Judicael Romero en Raíces e Vangarda hoxe coñecemos como elaborar un roscón de Reis. Deixounos a receita e o trucos para o resultado sexa espectacular.

Ent. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença - Cabalgata Internacional de Reis 2026 02.01.2026

As Cortinas de San Francisco, aos pes da Fortaleza de Valença será o punto de partida da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença, que rematará na rúa Compostela en Tui, con posterior recepción real no Teatro Municipal. Óscar Silva, vereador de Cultura de Valença explicaba a importancia que a cabalgata ten tamén para Valença.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata Internacional de Reis 2026 02.01.2026

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, visitarán o próximo luns a Eurocidade Tui-Valença protagonizando a Cabalgata Internacional de Reis que sairá ás 17 h das Cortinas de San Francisco en Valença e rematará na rúa Compostela en Tui. O Teatro Municipal acollerá a recepción real tanto á mañá como tras a cabalgata. A concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, explicou todos os detalles des...

Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Laura Solla, do Club Atletismo Tui | IV San Silvestre Solidaria 30.12.2025

2000 persoas participarán mañá na IV San Silvestre Solidaria que o Concello de Tui organiza en colaboración co Club Atletismo Tui. Ás 10.30 h partirá a carreira dende o Paseo da Corredoira, e a partir das 12 h chocolate quente, badaladas e música na praza da Inmaculada. A recollida de dorsais será no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela dende as 9 h até as 10.20 h. Coñecemos os detalles e o...

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e Jose Manuel Carpinteira, presidente da Cámara de Valença | Cabalgata de Reis 30.12.2025

A Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença é única no mundo. Une dous países, dous municipios e faino a través da maxia e a ilusión pola chegada dos Reis Magos de Oriente. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira, destacaron que se debería potenciar este evento pola súa singulariedade e interese cultural transfront...

Poslouchej podcast Día a Día v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály