COMER E FALAR
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
COMER E FALAR SI RADIO 12_06_22 14.06.2022 52:00
Nesta ocasión comezamos falando con Martín sobre o seu proxecto CienporCel, e o traballo de cria de Porco Celta. Retomamo a nosa viaxe a Ponte de Lima para coñecer o traballo do Centro Equestre Vale de Lima e tamén o proxecto de turismo de aventura Time Out. E pechamos coñecendo o Restaurante AÇude de Ponte de Lima.
COMER E FALAR SI RADIO 29_05_22 31.05.2022 52:02
Viaxamos de novo a Ponte de Lima da man a Confraría do Sarrabulho á moda de Ponte de Lima e da Camara Municipal. Coñecemos de primeira man diferentes accións como "Arte em dialogo" da man do Vicepresidente da Camara e o proxecto "Mercado Agrolimiano" co Vereador de Desenvolvemento Rural. Charlamos con varios artistas participantes en "Artes em Dialogo". E visitamos dous fantásticos restaurantes co...
COMER E FALAR ESPECIAL FESTA DO MELINDRE 2022 06.05.2022 52:00
Neste programa especial da Festa do Melindre falamos con Alberto Rodriguez da Pasteleria Estilo e co Concelleiro Xosé Iglesias sobra a volta da Festa do Melindre neste 30 aniversario da festa máis doce de Galicia
COMER E FALAR SI RADIO 27_03_22 28.03.2022 56:00
Programa especial adicado ás Tertulias Clandestinas que se celebran no Convento de Herbon. Coa participación do xornalista Miguel Piñeiro e outros moitos invitados, plantexamos unha tertulia arredor da Lamprea no Ulla, moito mái alá do gastronómico.
COMER E FALAR SI RADIO 20_03_22 28.03.2022 52:00
Santiago Nine Fernández leva percorrido miles de kilometros e polo tanto ten centos de historias que contar. Dende Australia na nosa sección "Polo mundo adiante" conta parte da sua historia dende os nosos microfonos.
COMER E FALAR SI RADIO 13_03_22 15.03.2022 52:00
Neste programa falamos con Paula Fuentes e Guillermo Carrera que tán a preparar a rodaxe dunha curta moi especial, "Corre o vento", na Aldea de Vilar e a sua historia. Tamén charlamos con Javier Miguez de Hostelería Compostela sobre o gran evento do viño que se vai a celebrar en Compostela "Revera Vinum". E Comemos historia co noo colaborador Suso Mártinez.
COMER E FALAR SI RADIO 05_03_22 15.03.2022 52:00
Nesta ocasión viaxamos ata Ponte de Lima en Portugal na celebración dos seus 897 anos dende a declaración da Vila máis antiga de Portugal. Falamos sobre a presentación do libro "Ponte de Lima na mesa" que recupera unha gran cantidade de receitas tradicionais da zona. E mantemo unha charla pausada cos amigo da Confraría do Sarrabulho á moda de Ponte de Lima.
COMER E FALAR SI RADIO ESPECIAL VILARIÑO DE CONSO 28.02.2022 52:00
2 anos despois voltamos ó Entroido de Vilariño de Cono. Difrutamos cos Boteiros e o Fulión. Charlamos con Marcos Macía, con Elisa Guerra de Panadería Guerra. descubrimos o proxecto "Gandeiria Val de Conso", falamos coa Alcaldesa Melissa Macia e cos compañeiros Pepe Oliveira e Xoanqui Ameixeiras
COMER E FALAR SI RADIO 20_02_22 28.02.2022 52:01
Neste programa falamos con Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro sobre o vento que realizarán un ano máis en colaboración coa Asociación epañola contra o Cancro. Tamén falamo con Pablo Pizarro sobre o proxecto "O Camiño de Boanerges" que se leva a cabo neste establecemento compostelán. E temos sgunda entrega da sección "Dende o fondo do mar" co Capitán Agallas"
COMER E FALAR ARTE E OFICIO EN PAN DA MOA 13_02_22 15.02.2022 52:03
Nova entrega do noso formato "Arte e Oficio". Nesta ocasión voltamos ó mundo da panadería cunha familia moi querida para nos, os Moscoso Moure. Charla sosegada con Manolo, Chus, Guille e Ana no seu obrador, familia entregada con paixón a todo o que fan pola panadería.
COMER E FALAR SI RADIO 06_02_22 15.02.2022 51:59
Neste programa o noso compañeiro Emilio Vila na sección "Polo mundo adiante", levanos de viaxe ata Bos Aires. Alí coñecemos mellor a Manuel Corral Vide. Chef, Xornalista e escritor, descubrimos nel a unha eminencia e sobre todo a un embaixador único da nosa terra. Ademáis decubrimos un fantastico local en Vigo, La Marujita.
COMER E FALAR SI RADIO 23_01_22 15.02.2022 52:00
Neste programa viaxamo ata Portugal para falar con Alberte Xoan de Queijería da Almada, o noso corresponsal en terras portuguesas. Recuperamos tamén a nosa sección de Comemos Historia con Suso Martínez. E inauguramos a sección "Dende o Fondo do Mar" con Javier Botana, o Capitan Agalla
COMER E FALAR SI RADIO 16_01_22 24.01.2022 51:59
Primeira tertulia de colaboradores do ano no Comer e Falar de Si Radio de Galicia con Conchi Zúñiga, Xoanqui Ameixeiras e Emilio Vila, tratando distintos temas de actualidade como a situación da hostelería e cuestión máis gastronómicas como a trufa de verdade
COMER E FALAR SI RADIO 09_01_22 24.01.2022 52:00
Nesta ocasión descubrimo o traballo fantatico de divulgación de Javier Botana de Pescaderias Coruñesas e coñecido como o Capitán Agallas. E o noso compañeiro Emilio Vila levanos polo mundo adiante ata Chile, para coñecer a Jose Luis Pascual, fillo dunha ourensana á fronte de La cocina de Javier.
COMER E FALAR SI RADIO 28_11_21 24.01.2022 52:00
Charlamos con Alberto Lareo que volta cun novo proxecto, neste caso a fronte dos fogóns do Eco Hotel Nós en Silleda. Na sección Polo Muno Adiante Emilio Vila levanos de viaxe ata Noruega para charlar co noso amigo Alex Veiga. E con Celso Gómez falamos do proxecto galego de Sidra Hera
COMER E FALAR SI RADIO 21_11_21 24.01.2022 52:00
Entrevistamos a Jose Picallo de Casa do Morcego e presidente da Asociación de turimo sostible de Galicia pola polémica cos aloxamentos turísticos e a sua falla de regulación. E un día mái difrutamos das historias que nos conta o noso querido Suso Mártinez
COMER E FALAR SI RADIO 14_11_21 Especial Artesanía no prato 16.11.2021 52:00
Programa especial adicado ó evento "Artesanía no Prato" organizado pola Fundación Artesanía de Galicia na Cidade da cultura. Falamos coa ua xerente Elena Fabeiro, coa artesá Sonia de "de Geronimo" e con Jorge Gago como chef e propietario do Restaurante A Maceta sobre esta cita que se recupera no calendario tra-la pandemia.
Comer e falar especial talasoatlantico 07_11_21 09.11.2021 51:45
Programa especial realizado no Talao Atlantico de Oia, Charla con Rosana Canda, Javier Fins e Jacobo Rocha, cos nosos colaboradores Emilio Vila, Adriana Lomba, Conchi Zúñiga, Pepe Oliveira, Isa Crespo e Xoanqui Ameixeiras coa presentación da nova carta na tradicional xuntanza anual deste grupo
COMER E FALAR SI RADIO 31_10_21 09.11.2021 51:59
Nesta ocasión da man do noso compañeiro Emilio Vila viaxamos ata Taiwan para coñecer de preto a Daniel Negreira, chef galego afincado nesas terras e considerado como un dos mellores chefs de Asia. Tamén aproveitamos para falar con Lucho Araujo do Clube Montaña Trives na clausura das Xornadas Micoloxicas.
COMER E FALAR SI RADIO 24_10_21 09.11.2021 51:59
Nesta ocasión na sección Polo Mundo adiante viaxamos ata Basilea para charlar cunha familia maravillosa que rexenta o restaurante do Centro galego de Ourense de Basilea. E tamén viaxamos ata Trives para falar con Lucho Araujo de Clube de Montaña Trives, Miguel de A Cantina do Catro e Anxo de Hostal La Viuda sobre as Xornadas Micoloxica.
COMER E FALAR SI RADIO 17_10_21 19.10.2021 52:00
Unha nova entrega de Arte e Oficio, neste caso falamos de viño. Viaxamos ata A Pobra do Caramiñal, máis concretamente ata Adega Entreosrios para descubrir mellos a Paco Crusat e o seu fillo Jose Crusat. Paixón arredor do mundo do viño e unha vida che de historias.
COMER E FALAR SI RADIO 10_10_21 19.10.2021 52:00
Unha viaxe maravillosa ata Ousá, onde descubrimos a historia de Panadería Concha. Alí a propia Concha, a sua filla Claudina e a sua neta Tania, fan que teñamos todavía máis amor polo mundo do pan. Abrimos así unha nova sección chamada Arte e Oficio que vai a dar moito de si
COMER E FALAR SI RADIO 03_10_21 19.10.2021 52:00
Tempo de charlar sobre o mundo do queixo co noso querido Xesús Mazaira de Airas Moniz de Chantada. Tamén o noso compañeiro Emilio Vila de Cocina&Go ponse ó frente da sección Polo mundo adiante, e acheganos ata o mundo da cervexa Artesá con Luis de Cervexas Meiga
COMER E FALAR SI RADIO 26_09_21 19.10.2021 52:00
Pablo Pizarro, chef de Coruña Cociña remata a sua andadura no Levandier para iniciar un novo camiño pero lonxe da primeira liña dos fogons. Mantemos unha ampla charla con el. E abrimos a nosa seccion "Polo mundo adiante" viaxando ata Tarragona para falar con Susana Pérez e a tenda de Bico de Xeado que alí rexenta.
COMER E FALAR SI RADIO 05_09_21 07.09.2021 52:00
Neste programa charlamos con Pilar Higuero de Lagar de Sabariz, pola situación xerada nas viñas tra-lo pedrizo dos pasados días. Viaxamos ata Vigo para falar con Nestor sobre o rexurdir da Taberna La Bastarda, agora como La Gran Bastarda. E pechamos con historia con Suso Martinez e a participación de Benigno Amor.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály