COMER E FALAR

COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA

Arts GL ↓ Epizody: 270

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.

Autor

COMER E FALAR

Kategorie

Arts

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

25. čvn 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

COMER E FALAR SI RADIO 23_02_25 26.02.2025

Falamos con Noa López de Noa López Produccións e con José Portela, Teniente Alcalde de Taboada, sobre a Festa do Caldo de Ósos, que se celebra o 1 e 2 de Marzo. Repaso tamén a Axenda Festigaleira de Festigaleiros.

COMER E FALAR SI RADIO 16_02_25 18.02.2025

Viaxamos ata Coruña para falar con Pablo Caridad sobre a Escola de Hostelería Alvaro Cunqueiro. Falamos con Gonzalo Salgueiros dende o Restaurante Vilar 64 sobre o comezo do Santiago(é)Tapas. E Vane Rivas trae a Axenda Festigaleira de Festigaleiros.

COMER E FALAR SI RADIO 09_02_25 11.02.2025

Charlamos tranquilamente co cociñeiro Victor Basante, recentemente nominado ó premio Mellor cociñeiro de galicia 2025 no Forum Gastronómico. Descubrimos o seu proxecto "Arrueiro". E por suposto, Vane Rivas, Trae unha semana máis a Axenda Festigaleira

COMER E FALAR SI RADIO 02_02_25 03.02.2025

Neste programa aproveitamos para falar con Uxia Oviedo, alcaldesa de Maceda. Descubriremos o alma dos Felos de Maceda, coñeceremos mellor que é o "reinado", o "Fiadeiro", a "marela" e as xornadas de Tapas do cocido. Ademáis coñecemos a Axenda Festigaleira para a semana con Vane de Festigaleiros!!

COMER E FALAR SI RADIO 26_01_25 27.01.2025

Charlamos con profesor Xavier Castro, experto en Historia da alimentación en Galicia, que ven de presentar o seu novo libro "Ben Mantidos". Tamén tempo para charlar con Vane Rivas dende Fitur e a axenda festigaleira de Festigaleiros.

COMER E FALAR SI RADIO 29_12_24 02.01.2025

Como xa é tradición, pechamos o ano de tertulia cos nosos colaboradores. Charlamos con Conchi Zúñiga, pepe Oliveira e Xoanqui Ameixeiras.

COMER E FALAR SI RADIO 22_12_24 23.12.2024

Charlamos tranquilamente co noso amigo e gran cociñeiro, Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro. Tamén achegamos a nosa Axenda Festigaleira con Vane Rivas de Festigaleiros

COMER E FALAR SI RADIO 15_12_24 16.12.2024

Coñecemos a historia de Pescados Rabina de A Coruña, falamos co Alcande de Begonte e o seu historico Belen e traemos a Axenda Festigaleira para esta semana

COMER E FALAR SI RADIO 08_12_24 09.12.2024

Charlamos con Fran Cañotas, Bego Vázquez e Xulio Mato do programa "A Voltas co prato" pola saída á venda do seu libro de receitas. Unha semana máis Vane Rivas trae a Axenda Festigaleira de Festigaleiros.

COMER E FALAR SI RADIO 01_12_24 02.12.2024

Falamos do II Foro dos Vivos sobre os camiños de San Andres de Teixido con Serxo do proxecto "Eufundevivo" e Jose Picallo da Asociación de veciños de Porto do Cabo. Falamos tamén con Dani Guzman, presidente do Grupo Nove sobre o bonito proxecto levado a cabo con Fagal-Alzheimer Galicia. E estreamos a nosa Axenda Festigaleira con Vane Rivas.

COMER E FALAR SI RADIO 24_11_24 24.11.2024

Nesta ocasión recuperamos a historia dunha elboración tradicional, o Roscón de Vilalba. A concelleira Maria Xosé Fernández, axudanos a poñela en valor. Charlamos con Vane Rivas de Festigaleiros sobre o seu proxecto que tamén se convertirá en sección no Comer e Falar.

COMER E FALAR SI RADIO 17_11_24 18.11.2024

Falamos con Evaristo Méndez da Asociación Fonte do Milagro, sobre a 25 Festa da Pisa da Castaña en Froxán, Caurel. Tamén falamos con Pablo de Bodegas EDV sobre o seu paso por Vaencia levando axuda dende Galicia para os afectados pola DANA.

COMER E FALAR SI RADIO 10_11_24 11.11.2024

Programa especial que fixemos participando nas Xornadas Micoloxicas de Trives organizadas polo Club de Mointaña Trives. Acompañamos ós amigos de Os Cogordos coa nosa compañeira Conchi Zúñiga e charlamos con Geli de Shiitaki Trives.

COMER E FALAR SI RADIO 03_11_24 CAUREL 04.11.2024

Pasamos pola Festa da Castaña do Caurel onde falamos con Antonio Pol un dos asadores, con Kike Piñeiro pregoeiro deste ano e o seu pregón e aproveitamos para falar con Pablo de Bodega EDV pola iniciativa que leva a cabo para levar tres trailers de axuda a Valencia. Ademáis coñocemos un novo aloxamento turitico no Caurel, O Alicornio con Victor e Covi.

COMER E FALAR SI RADIO 27_10_24 TASCA DO LIÑO 28.10.2024

Fixemos un programa especial dende a XVI Tasca do Liño de San Bartolome de Insua en Vilalba. Falamos coas Lavandeiras de Sillobre, Fiandeiras de Cabanas Rural, Filloeiras de Muimenta, Alvaro Pin e Lourdes Otero das Mulleres de Insua.

COMER E FALAR SI RADIO 20_10_24 21.10.2024

Primeiro dos especiais adicado a XXXV Festa da Castaña do Caurel. Falamos con Lola Castro, alcaldesa de Folgoso do Courel. Tamén mantemos unha charla cos membros do xurado profesional da V Ruta de tapas castaña do Caurel. Jose Antonio e Vero de Rutasyrestaurantes, Bea on Road e Isa Crespo

COMER E FALAR SI RADIO 13_10_24 14.10.2024

Falamos con Lourdes e Mirian de Fusaiola, sobre a "Tasca do Liño" que se vai celebrar o 26 de ourubro na aldea de San Bartolomé de Insua en Vilalba. Tamén falamnos cos organizadores das Xornadas Micoloxicas de Trives a segunda fin de semana de novembro.

COMER E FALAR SI RADIO 06_10_24 09.10.2024

Falamos con Mikel Martinez da Academia de la Tapa y el Pintxo. dobre a Ruta da tapa que se celebra en Galicia ata o 14 e 15 de outubro que será a final no Pazo de Vilamarin. Recuperamos a charla cos amigos de A Conserveira e tamén coa cooperativa A Carqueixa.

COMER E FALAR SI RADIO 08_09_24 08.09.2024

Conectamos con alta mar a traves do noso amigo Dani Ferreiro "Capitan Tarteras". Falamos con Pati Blanco que está á fronte o proxecto integral do Faro de Cabo Silleiro e do Faro Pequeno. E falamos con Elida de Enxebre World que estña preparando o 12º Encontro de Bloguers galegos.

COMER E FALAR SI RADIO 01_09_24 01.09.2024

Charlamos con Alberto Lareo e Joé Pazo, sobre Maina Restaurante, proxecto gastronómico que poñen en marcha o dia 5 de septembro en Compostela. Tamén falamos co chef Chechu Rey, que volta á cociña mais cercana e de producto co proxecto Gunnen Restaurante na cidade de A Coruña.

COMER E FALAR SIRADIO 25_08_24 25.08.2024

2º Especial adicado a Artesanía de Galicia no Courel 2024. Neste caso falamos con Hilokune Logaro, Fusaiola, Carlos San Claudio e Amor-o-teu estampaxe artesanal.

COMER E FALAR SI RADIO 18_08_25 18.08.2024

Primeira parte do Comer e Falar Especial Artesanía de Galicia no Courel. Nesta ocasión visitamos o obradoiro de Ouriveria de Susi Gesto, o de Madeira con Rodrigo Mosquera de Tres Oficios e cos amigos de Peixesapop obre coiro e pintura en louza.

COMER E FALAR SI RADIO 21_07_24 21.07.2024

Queres saber máis sobre a gastronomñia de Camboya? Pois neste programa a noa compañeira Conchi Zúñiga levanos de viaxe ata alí

COMER E FALAR SI RADIO 14_07_24 15.07.2024

Neste programa propoñemos unha iniciativa que pon en marcha Destilerías Pepe Albela. A posibilidade e coñecer de primeira man o traballo dun mestre destilador artesanal. Ademáis tamén escoitamos a Sebastian Valvere sobre o Camiño de Santiago da Ria de Muros/Noia.

COMER E FALAR SI RADIO05_05_24 07.05.2024

Falamos con Noa López sobre unha nova edición do encontro da cultura do viño Raizames que se celebra en Taboada. Aproveitando unha visita a Sabadelle en Chantada, coñecemos o proxecto de Xulio Losada en "Casa Losada" e a marca de productos de porco duroc "Landra", criados en liberdade

Poslouchej podcast COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály