CEIP PONZOS BIBLIOTECA

CEIP PONZOS BIBLIOTECA

History GL ↓ Epizody: 54

Escucha este podcast y muchos más en www.ivoox.com o en las apps de iVoox para iOS, Android o Windows Phone.

Autor

CEIP PONZOS BIBLIOTECA

Kategorie

History

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

2. čvn 2024

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android 5 mil.+ stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

PNO 3 ANOS 02.06.2024

...E CHEGOU AO FIN O TURNO DOS PEQUERRECHOS E PEQUERRECHAS DO COLE. DESPOIS DE CASE TODO O CURSO ESPERANDO POR ELES, AQUI ESTÁN. VÉÑENNOS CORTAR UNS CONTIÑOS MOI BEN CONTADOS. TEMOS TAMÉN, COMO SEMPRE, AOS NENOS E NENAS DE 5º E 6º COAS SÚAS SECCIÓNS DE CURIOSIDADES E AS BOAS NOVAS. PENÚLTIMO PROGRAMA DO CURSO... AÍ VOS VAI!!!

PONZOS NAS ONDAS 4 ANOS 21.05.2024

IMOS ACHEGÁNDONOS AO TRABALLO DOS PEQUERRECHOS DE PONZOS. AGORA O TURNO É DAS NENAS E NENOS DE 4 ANOS. TRAEN UN PROGRAMA DE ADIVIÑAS. TEDES QUE ESCOITALO BEN E TENTAR ATOPAR AS SOLUCIÓNS E, SE É O CASO, POÑERVOS EN CONTACTO COS NENOS DESTA AULA PARA COMPROBAR SE É A CORRECTA. (NON NOS COMUNICAN SE HABERÍA ALGÚN TIPO DE PREMIO OU NON...) TAMÉN FAN A SÚA RECOMENDACIÓN MUSICAL E LOGO PRESENTAN AS SEC...

PONZOS NAS ONDAS. A CLASE DE 5 ANOS 08.05.2024

CHÉGALLE O TURNO ÁS NENAS E NENOS DA AULA DE 5 ANOS DE FACER O SEU PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS. ESTADE ATENTAS/OS PORQUE VANNOS CONTAR O SEU CONTO FAVORITO E TAMÉN A CANCIÓN QUE ESCOITAN TODOS OS DÍAS PARA RELAXARSE. ADEMAIS, TEMOS AS SECCIÓNS DE 5ºA E 6ºB, AS BOAS NOVAS E AS CURIOSIDADES. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

Ponzos nas ondas 1º 26.04.2024

AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO DANNOS UNHA CLASE MAXISTRAL SOBRE A IMPORTANCIA DA RÍA DE FERROL. TEMOS TAMÉN A ENTREVISTA A UN ESCRITOR NÓVEL, E AS SECCIÓNS HABITUAIS DOS COMPIS DE 5º E 6º. ADIANTE CO PROGRAMA!!!

PONZOS NAS ONDAS 25.02.2024

É O TURNO DO GRUPO DE 3ºA DE POÑERSE AO FRENTE DOS MANDOS E OS MICROS. TRÁENNOS HOXE UN PROGRAMA MOI VARIADO, CON MOITA SUSTANCIA, ASÍ QUE IMOS SABOREALO!!!

3ºB FAI PONZOS NAS ONDAS 06.02.2024

TÓCALLE O TURNO Á AULA DE 3ºB FACER O EPISODIO QUINCENAL DO PROGRAMA RADOFÓNICO DO COLE. CHEGA DE NOVO PONZOS NAS ONDAS, A VER QUE NOS TRAE ESTA VEZ... ESCOITADE, ESCOITADE...

PONZOS NAS ONDAS. CUARTO EP 24.01.2024

NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS. TÓCALLE AGORA O TURNO AO GRUPO DE 4º DE PRIMARIA. TRÁENNOS UN PROGRAMA VARIADO E CHEO DE SORPRESAS, ESCOITADE, ESCOITADE...

Ponzos nas Ondas 5º A. Especial Nadal 19.12.2023

As nenas e nenos de 5º A cóntannos como se celebra o nadal en diferentes lugares do mundo. ademais temos as seccións habituais como As boas novas, As curiosidades, Ao son da nosa música, coa selección dun tema musical en galego, O reto.... Agardamos que vos guste!!!

5ºB FAI O SEU PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS 03.12.2023

AFONDANDO NAS NOSAS TRADICIÓNS FAVORITAS, DE GALICIA E DOUTRAS PARTES DO MUNDO, AS NENAS E NENOS DE 5ºB AMOSANNOS UN NOVO PROGRAMA DO COLE DE PONZOS, QUE CONTA ADEMAIS COAS HABITUAIS SECCIÓNS DAS BOAS NOVAS E AS CURIOSIDADES. AÍ VAI!!!

Ponzos nas Ondas 6º A 23.11.2023

Programa realizado polas nenas e nenos da clase de 6ºA.

6º B recuperan PONZOS nas ONDAS 05.11.2023

Despois dunha longa tempada de pouca actividade radiofónica, voltamos cunha nova edición de Ponzos nas Ondas, o podcast da radio do CEIP Ponzos de Ferrol. Nesta ocasión recuperan o traballo nas ondas o alumnado de 6º de primaria. Temos o estilo de sempre, pero con voces e seccións novas. Ao longo deste curso, cada 15 días aproximadamente, faremos un novo episodio. Aí vos vai!!!

O CPI UxíoNovoneyra está en Ponzos!!! 27.06.2022

Froito dunha convivencia e dun intercambio de comunicacións e experiencias, as nenas e nenos do CPI Uxio Novoneyra, de Seoane do Caurel, están con nós na radio de Ponzos nas Ondas. O alumnado de 4º xa visitou e gozou O Caurel a semana pasada, e agora estamos compartindo o noso cole onde ceamos, durmimos e facemos actividades todos/as xuntos. Na noite do martes 14 ao mércores 15, á 1 da mañá, na ra...

ÚLTIMO PROGRAMA DA TEMPADA. 3º 23.06.2022

AS NENAS E NENOS DE TERCEIRO FIXERON O ÚLTIMO PROGRAMA DESTE CURSO. UN PROGRAMA VARIADO E QUE XA SOA E CHEIRA A VACACIÓNS. ESCOITÁDEO, QUE TEDES TEMPO...

Ponzos nas Ondas 4ºA 05.06.2022

As nenas e nenos de 4ºA fan o seu segundo programa desta tempada. Cóntannos noticias asombrosas, case diriase que incribles...

PONZOS NAS ONDAS 4ºB 25.05.2022

NESTE NOVO PROGRAMA DE PONZOS NAS ONDAS, AS NENAS E NENOS DE 4ºB DANNOS RECOMENDACIÓNS DE CINEMA, LECTURA, MASCOTAS, ROUPA...E MOITAS COUSAS MÁIS. PERO TAMÉN HAI DEBATE, MÚSICA, BOAS NOVAS, E UNHA INTERVIEW AO TEACHER PABLO. AÍ VAI!!!!

Letras galegas 2022. 1º CEIP PONZOS. A MÁQUINA DO TEMPO 24.05.2022

As nenas e nenos de 1º de EP prepararon un podcast para contarnos como foi a vida de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado nas letras galegas deste ano. Para iso, voltan a subir á máquina do tempo e conversan co autor. Esperamos que vos guste...

Ponzos nasOndas 5º A. Letras Galegas 05.05.2022

Que valentes! As nenas e nenos de 5ºA saen do estudio a facer o seu programa. Entrevistas polo cole, pola rúa, polo barrio...e todo acerca do tema deste programa: a celebración do Día das Letras Galegas. Quedou un programa ben chulo(e ben longo!!!) ... é que estes de 5ºA sonche xa uns expertos na radio de Ponzos.

5ºB. Radioteatro, Día do libro...e as seccións habituais. 24.04.2022

Neste novo programa de Ponzos nas Ondas o alumnado de 5ºB proban unha fórmula que foi moi popular hai anos pero que aínda ninguén se atrevera a levar adiante no programa: unha obra de teatro radiofónico. Ademáis fálannos do Día do libro e aparecen as habituais e non menos interesantes seccións de Recomendacións de 4ºB, as Boas Novas de 5ºA e as Apertas Musicais. Agardamos vos guste...

6º de EP. Posiblemente, o último programa destes rapaces e rapazas para Ponzos nas Ondas 18.04.2022

As nenas e nenos de 6º conducen un programa moi especial onde lembran o seu paso polo cole. Seguro que recoñecedes e compartides moitos recordos con eles. Escoitade....

Ponzos nas Ondas. Os Superpeques. Programa da aula de 3 anos. 27.03.2022

Con moito traballo e esforzo, e coa dose habitual de simpatia, as nenas e nenos de 3 aniños fan o seu primeiro programa na radio do cole. Un aplauso enorme para eles e elas, que se escoite en todo o barrio e un pouco máis aló.

Ponzos nas Ondas. Infantil 4 anos 13.03.2022

As nenas e os nenos de 4 anos do cole entraron na radio a divertirse e a facer un pedazo de programa onde nos contan chistes, contos, cancións e nos presentan as Apertas Musicais. Ademáis temos as seccións habituais que nos trae a chavalada de 4ºB e 5ºA. Agardamos que vos guste, e un grande aplauso para os peques que tan ben o fixeron!

PONZOS NAS ONDAS 1º EP 06.02.2022

ESCOITADE QUE PROGRAMA SE MARCARON AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO!! ADEMÁIS DAS SORPRESAS QUE NOS PRESENTAN, TEMOS TAMÉN AS SECCIÓNS HABITUAIS DAS BOAS NOVAS, POR PARTE DE 5ºA...E AGORA TAMÉN AS RECOMENDACIÓNS DE 4ºB. ESCOITADE, ESCOITADE...

Ponzos canta Volver a casa por Nadal 22.12.2021

No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros, Natalia na voz e Roque na batería, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal. A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!! (coa mascariña...por aquelo do bichiño) Bo N...

Ponzos volve a casa por Nadal 20.12.2021

No cole fixemos unha adaptación superchachi do temazo do Xabarín Club. Coa colaboración imprescindible de Fran ás guitarras, baixo e coros e Natalia na voz, as nenas e nenos do cole cantamos con ledicia esta panxoliña rock que celebra estar no cole...e volver a casa por Nadal. A cantala a coro nas casas nos xantares e ceas Navideñas!!! (coa mascariña...por aquelo do bichiño) Bo Nadal!!!

Programa 3º EP. Ponzos nas Ondas 20.12.2021

As nenas e nenos de 3º fan o programa quincenal de Ponzos nas Ondas, o último deste 2021. Dan un repaso á actualidade, cóntannos historias interesantes e presentannos as seccións habituais das Apertas Musicais e As Boas Novas. A escoitalo todo o mundo!

Poslouchej podcast CEIP PONZOS BIBLIOTECA v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály