AGalegaAudio
Todos os podcast | Convivir deportivo
Cada semana Convivir deportivo percorre Galicia para coñecer, concello a concello, os distintos deportes que se practican neste país, desde a base ata a elite, desde alevíns ata veteráns, desde as emerxentes ata campións lexendarios, ás veces esquecidos.
Обов'язково відвідайте сайт подкасту та підтримайте його автора: agalegaaudio.gal
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
Convivir deportivo - O Bolo 15.06.2024 57:00
Deportes de montaña. Orientación, rutas e andainas. É a principal actividade deportiva do concello do Bolo. Pablo Aller, ex-presidente do Club Peña Trevinca do Barco e agora directivo, é o responsable das Probas de Orientación. A día de hoxe, son 4 probas as realizadas neste municipio, dúas na modalidade de a pé e outras dúas na modalidade de bicicleta de montaña. Proba de BTT da Ruta do Viño de V...
Convivir deportivo - Vilamartín de Valdeorras 08.06.2024 56:58
Luis Nogueira Fernández. Deseñado para o atletismo. Penúltimo de 6 irmáns, é un dos mellores lanzadores de xavelina de España. Comezou con 17 anos no Club Natación Barcelona, a onde emigrara co resto dos irmáns. Primeiro en salto de lonxitude e triplo salto ata que cambiou pola xavelina. O seu descubridor foi Hans Ruf, adestrador do CAR de San Cugat desde o seu inicio no 1981. Na súa longa traxect...
Convivir deportivo - Moeche 01.06.2024 56:58
A Escola de Fútbol Irmandiños naceu durante o ano do andazo. UD Somozas, UD Cebarca( de Cerdido), CF San Sadurniño e ADC Moeche son os 4 clubs, co apoio dos seus respectivos concellos, que están detrás deste interesantísimo proxecto. O obxectivo é agrupar toda a base da comarca nunha actividade- neste caso o fútbol- cunha metodoloxía onde a prioridade é a visión integral e integradora do deporte,...
Convivir deportivo - A Lama 25.05.2024 56:58
O 18 de marzo de 1979 é a data de constitución da LAMA SOCIEDADE DEPORTIVA. Jesús Gómez Besada foi o seu primeiro presidente. A primeira temporada xa ascenden e crean o equipo de xuvenís O resumo é 7 temporadas en Primeira Rexional., 20 en Segunda e 17 en terceira. José Benito Lorenzo, Lois Richa. Comezou na Lama. Xuvenis do Pontevedra e, con 16 anos, foi campión de Galicia en habilidade técnica....
Convivir deportivo - Meaño 18.05.2024 56:58
S.D.C.ASMUBAL MEAÑO. Desde 1988. Un club de balonmán, masculino e feminino, que naceu coa fusión da actividade deportiva que se facía en dous colexios: Coirón-Dena e As Covas-Meaño. Hoxe en día, ten 140 licenzas, con 12 equipos, masculino e feminino. CTM GAM. GRUPO DE AMIGAS DE MEAÑO. En agosto do 2018, un grupo de nais deciden crear un club de Tenis de Mesa. O éxito é tal que no 2019 idearon a fo...
Convivir deportivo - O Corgo 11.05.2024 56:57
Rechamante. Club de Billar de Adai, creado no 2020 en pleno andazo ante a necesidade que tiñan unha serie de xogadores de adestrar e mellorar neste deporte. No momento presente, o Club conta case con 200 licenzas e 40 socios. Ten máis xente que a aldea de Adai, que anda polos 70 habitantes. Pablo Marqués, actual presidente, Iván Rei, Sergio Fernández, Edgar Jesús Redondo e Jaime Fontal son os fund...
Convivir deportivo - Meis 04.05.2024 56:58
Érika Martínez Tilve. 16 anos. Atleta do Rías Baixas de Pontevedra. Exemplo de superación. Debuta en diabetes tipo 1 con tan só 5 anos de idade. Pronto é descuberta por Frank Casaña, en abril do 2022. Aí cambiará a súa vida deportiva: comeza no atletismo, especializándose no lanzamento de martelo. A súa calidade é tal que ese mesmo ano obtén unha bolsa para o Centro Galego de Tecnificación Deporti...
Convivir deportivo - Frades 27.04.2024 57:00
S. D. Ponte Carreira. Fundouse no 1980 como equipo de fútbol. Principia a súa andaina como equipo afeccionado federado na temporada 1980-81. Jenaro Blanco foi o primeiro presidente. S.E. ABELLÁ S.D.C. Nace da fusión de dous equipos: Agrupación Deportiva Abellá e Santo Estevo de Abellá na temporada 2008-09. Comezou en terceira. En dous anos chegou a primeira. No ano 2012 creou o equipo feminino, co...
Convivir deportivo - Xermade 13.04.2024 57:00
Un caso singular. Catro equipos de fútbol- e un que acaba de desaparecer-en 166 quilómetros cadrados onde viven uns 1.700 xermadeses e xermadesas. Afición Club Rouparés. Fundado o 21 de novembro de 1932. Nos anos 70 do século pasado participou na Liga Nabal da Terra Chá, co nome de SDC Roupar. Unión Sporting Club de Cabreiros, actual SDC de Cabreiros. Constituido, co primeiro nome, no ano 193...(...
Convivir deportivo - Begonte 06.04.2024 57:00
Club Violeta de Ximnasia Rítmica. Fundado no ano 1993 por Ana Iglesias e a súa familia. En dous anos xa representaron a Galicia no Campionato de España Federado. O club, agora mesmo, conta con 153 ximnastas, 4 adestradoras e 2 colaboradoras. Ana Iglesias, Oscar Bergantiños, David Vilela e Ana Belén López foron os seus presidentes. Paula Iglesias, Tania Gayoso, Paula Rodríguez e Antía Montenegro- a...
Convivir deportivo - Os Blancos 30.03.2024 57:00
O edificio escola actual do C.E.I.P dos Blancos foi costruido entre os anos 1981 e 1982. No 1983 comezou a funcionar con máis de 200 alumnos. Celso Blanco Taboada foi o primeiro director. O claustro estaba formado por nove profesores. O Colexio Plurilingüe dos Blancos participa en moitos programas que promove a Consellería de Educación. Nos plans Proxect+: Nutriescolas, Rapazas Emprendedoras nas T...
Convivir deportivo - Baleira 23.03.2024 57:00
Un bombeiro de Lugo, Nacho Jorge, integrante do Club de Montaña "Verso Libre", foi o que descubriu unhas paredes no concello de Baleira idóneas para a práctica da Escalada Deportiva e Clásica. As Penas de Vilarín-Pico Rubión- constitúen un espazo ideal para a escalada de autoprotección. As Penas de Fontaneira, pola contra, son un agasallo para a Escalalda Deportiva de Iniciación. No Send...
Convivir deportivo - Calvos de Randín 16.03.2024 57:00
O C.D.Calvos de Randín de Veteranos foi creado no ano 2012. Jesús Magallanes foi o primiero delegado, seguido de José Antonio Domínguez. Luis Fernández é o adestrador. O club comezou na terceria división e xa están na primeira. O deporte de Montaña é a principal actividade deportiva deste municipio, aproveintando a súa privilexiada orografía. O Concello organiza moitas rutas de Sendeirismo. Existe...
Convivir deportivo - As Neves 09.03.2024 57:55
O Club Bádminton As Neves foi creado no ano 2000 polo profesor Manuel Guitián Seijido que traballaba neste proxecto desde o 1997. Raúl Puga e Diana Rodríguez foron os seguintes presidentes ata o actual, Erundino "Lucho" Rodríguez. O seu crecemento foi apoteótico. Hoxe en día ten 110 xogadores e xogadoras, moitos deles entre os 10 mellores do ranking nacional e varios internacionais nas d...
Convivir deportivo - Rairiz de Veiga 02.03.2024 56:58
No ano 1975 creouse o Colexio Nacional Rairiz de Veiga. Clara Novoa Novoa foi a primeira directora dun centro que era o que tiña o maior número de alumnos e alumnas da Limia. Carlos Cid Arregui foi o seguinte dous anos máis tarde. Ángeles Fernández é a actual directora e Xurxo García o profesor de Educación Física. O colexio-con 58 nenos e nenas e 11 profesores-participa en varios proxectos de cen...
Convivir deportivo - A Porqueira 24.02.2024 56:58
Diego Gándara Dacal. 19 anos. Campión de España na súa categoria de Kicboxing no 2018. Foi primeiro no Campionato Galego en dúas categorías e acadou dous subcampionatos de España. No 2019 foi Campión Galego e terceiro no de España. Comezou neste deporte con 9 anos. Antes practicou Karate. Actualmente estuda Enxeñaría Industrial en Vigo e forma parte do UVigo Motorsport, que ten como obxetivo deseñ...
Convivir deportivo- A Bóla 17.02.2024 56:58
Iria Saeta. Unha das grandes deportistas galegas. 25 veces internacional coa selección española de fútbol sala coa que foi campioa no Torneo Internacional de Moscova en dúas ocasións e terceira nos mundias de Costa Rica e Guatemala. É parte do abraiante palmarés deportivo desta celtista convencida que aínda permanece en activo. C.D. A BOLA. Federado no 1984. O " EQUIPO DAS DKVS".
Convivir deportivo - Quintela de Leirado 10.02.2024 53:01
Quintela de Leirado, lugar da primeira ascensión deportiva de Galicia, é para moitos un auténtico centro de alto rendemento para o montañismo. Conversamos con José Rivera, unha figura do golf que de rapaz marchara a Guinea Ecuatorial. Quintela é un caso, probablemente, único en Europa: o 70 por cento das casas deste municipio estiveron en Guinea Ecuatorial.
Convivir deportivo - Xunqueira de Ambía 03.02.2024 54:36
O Club de Montaña e Asociación Cultural Asaltamontes, creado no 2011, é a única entidade deportiva do pequeno municipio ourensán de Xunqueira de Ambía. Os seus obxetivos son varios: darlle resposta á xente que quería e quere correr e desfrutar da montaña, poñer en valor o rural e crear un evento de calidade no concello. Xosé Rodríguez é un dos principais impulsores desta idea que, no 2022, chegou...
Convivir deportivo - Xunqueira de Espadanedo 27.01.2024 56:55
O Convivir vai ao mosteiro de Santa María para resaltar a figura de Antonio Cid Cortés, xogador de boccia con seis medallas paralímpicas e medalla de prata ao mérito deportivo do CSD. Converteuse nun mito superando os grandísimos impedimentos que tiña vivindo no rural.
Convivir deportivo - Baños de Molgas 20.01.2024 56:58
Coñeceremos o parakarateca Marcos Movilla, que comezou neste deporte aos 22 anos tras sufrir un grave accidente de tráfico. No fútbol, conversamos cos responsables da A.D.F. Molgas, que recolleu o testemuño do desaparecido C.D.Molgas. E saudaremos unha promesa do ciclismo, Sabela Rodríguez, un portento da BTT con só nove anos.
Convivir deportivo - Carballeda de Avia 06.01.2024 56:58
O día de Reis temos un Convivir deportivo diferente: ao aire libre, dende o corazón do Ribeiro, na parroquia de Santo Estevo de Nóvoa, concello de Carballeda, onde se conserva un tesouro, a bugalliña, do que nos fala a especialista Manuela Vázquez Coto.
Convivir deportivo - Cualedro 23.12.2023 56:58
Alfonso Pardo viaxa a Cualedro, no sur da provincia de Ourense, para visitar, entroutros o aínda récord galego de triplo salto, José Alfonso Palomanes. Ademáis, xúntanse no programa dous ben coñecidos técnicos do fútbol: Fran Justo, ex do Ourense CF ou do CD Lugo, e Miguel Álvarez, con traxectoria por Arabia, Asia e Oceanía. Os dous son veciños da vila.
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали