TAMBO nas ondas
TAMBO bon appétit!
Radio escolar do CEIPP Carballal. Coméndonos as ondas.
Де слухати?
Подкасти в застосунку Replaio Radio Уже незабаромПодкасти незабаром з'являться в застосунку. Встановіть уже зараз і першими побачте зовсім новий погляд на подкасти
Епізоди
6ºB. bon appétit! 13.10.2025 15:18
Hoxe temos ás rapazas de 6ºb que con moita chispa presentarán un programa sen igual.
2ºA nas ondas de novo! 28.05.2025 18:19
Neste programa o alumnado de 2ºA falarán e reirán connosco. As peores brincadeiras xamais escoitadas, os datos máis curiosos e a entrevista máis divertida nun mesmo programa. Pasádeo ben!
4ºB nas ondas, esta vez sen censura e con máis chisme 21.05.2025 16:11
Programa entretido coa rapazada de 4ºB onde falaremos de fútbol, libros e moitas máis cousas.
3ºA nas ondas - especial apagón 08.05.2025 18:05
Programa especial onde a rapazada de 3ºA falaranos da súa experiencia durante o apagón.
3ºB nas ondas - o maio 08.05.2025 11:30
Programa presentado pola xentiña de 3ºB onde nos contarán brincadeiras e incorporamos a sección de espazo cinéfilo.
4ºA nas ondas again! 10.04.2025 15:25
Hoxe temos aos rapaces de 4ºA que volverán á radio para falarnos de curiosidades, brincadeiras e moito máis!
5ºB nas ondas 03.04.2025 8:24
Programa mífero, digo, mamífero, digo... bueno, que está moi ben e que dura ben pouquiño.
5ºA -terceira banana 03.04.2025 15:53
Hoxe temos outro programa máis das rapazas de 5ºA que traen por terceira vez un programa cheo de música, diversión e curiosidades.
5ºA-Second round! 03.04.2025 13:51
Programa especial con visitantes doutro cole! Hoxe teremos curisidades, nervios, vergoña, entrevistas e moito máis.
6ºB nas ondas. Second Round! 19.03.2025 17:11
Hoxe Johel, Noa, Jose, Pablo e Aarón traenos un entretido programa onde teremos brincadeiras, usurpacións de identidade aos de 4º de primaria.
Second Round. 6ºA nas ondas. 10.03.2025 9:20
Hoxe os alumnos de 6ºA traen un programa cargado de humor con preguntas interesantes, un coloquio sobre a empatía, curiosidades...
1ºB nas ondas 10.03.2025 9:54
Neste programa falaremos de xeito caótico coas rapazas de 1ºB onde falaremos, bailaremos, futbolearemos e pasarémolo moi ben.
1ºA nas ondas! 30.01.2025 13:44
Hoxe temos ás rapazas de 1ºA falando sobre os tardigrados, serendipia, zapatos caritos e moito humor cando falan e rifan.
2ºB nas ondas 27.01.2025 25:20
Hoxe a clase de 2ºB aportarán un feixe de datos curiosos, os animais máis raros, leccións de bioloxía, entrevista a unha famosa violinista do Carballal (bailarina e futura profe) e moito máis.
2ºA nas ondas - dinosaureando as redes 16.01.2025 12:54
Hoxe temos un programa coa rapazada de 2ºA. Julia, Dayron, Karina, Natalia e Zoe presentarán un programa cargado de gustos culinarios, brincadeiras, curiosidades e un feixe de cousas interesantes. Ademais contamos cunha entrevista co maior experto de dinosaurio do cole (posiblemente do mundo enteiro), Brais.
4ºA nas ondas 13.12.2024 31:29
Longo episodio onde o alumnado creará grandes seccións e cunha entrevista de primeiro nivel. Non o perdades!
3ºB nas ondas! 05.12.2024 12:40
As alumnas de 3ºB presentarán o programa cargado de brincadeiras, falsas novas, curiosidades e máis.
4ºB nas ondas 21.11.2024 11:18
As alumnas de 4ºB crearon un episodio divertido con brincadeiras, fakenews?, moito chisme, trivial e curiosidades. Non cho perdas!
5ºB nas ondas 14.11.2024 5:12
Hoxe as alumnas de 5ºB do CEIP Carballal traen un novo programa con curiosidades, chistes, brincadeiras, entrevistas... e moito máis!
5ºA nas ondas. 30.10.2024 13:56
Entre chuches Naia, Carmen R and V, Leia e Noelia traennos un programa cheo de comedia. Temos fake news, zombis, brincadeiras e unha equivocación de Leia que quería dicir ArtaGame en lugar de ArtAtack.
6ºB - Tambo nas ondas 24.10.2024 7:33
Hoxe Johel, Nao, Hugo e Mateo traerán unhas brincadeiras, Fake News, unha entrevista bañada en Colacoa e unha pequena historia.
6ºA - Tambo nas ondas. 24.10.2024 7:55
Mael, Celia, Gabriela, JR e Breixo traerán un programa con despistes, "curiosidades", chistes, preguntas e novas do CEIP Carballal.
Схожі подкасти
Replaio не є видавцем подкастів; назви шоу, обкладинки та аудіо належать їхнім авторам і поширюються через публічні RSS-канали