AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Luisa Cuesta, pioneira na USC 29.01.2025

Raquel C. Pico dedica o seu espazo semanal a Luisa Cuesta, a primeira bibliotecaria da USC, onde tamén foi profesora e das primeiras alumnas da facultade de Dereito.

A banda da Loba entrégase ao 'Lovismo' 29.01.2025

Conversamos con Andrea e Marcela Porto, as dúas irmás que forman a sección rítmica d´A Banda da Loba. O grupo acaba de publicar o seu quinto disco, 'Lovismo', un traballo que explora o amor nas súas diferentes formas, con músicas que van do pop á bachata. 'Lovismo' preséntase en directo na sala Capitol de Santiago o 1 de febreiro.

Voces de BD: Antón Malde O arqueólogo coruñés ábrenos a súa comicteca 29.01.2025

O último mércores de cada mes Manel Cráneo convida un lector de banda deseñada para que comparta coa audiencia os seus gustos e recomendacións comiqueiras. Desta volta é o arqueólogo coruñés Antón Malde quen nos fala dos seus inicios e descubertas no mundo da BD.

A crónica deportiva 29-01-2025 29.01.2025

Última hora do Tenerife - Deportivo desta noite. A bancada de Gol despídese no Celta - Osasuna. O Celta Fortuna ficha a Jaime Vázquez, cedido do Oviedo. E non é a única chegada: Jose Antonio de la Rosa, do Cádiz, moi preto. No Racing, Gelardo fala de Alejandro Menéndez. No Lugo, Ander Zoilo fala de Toni Seligrat. O Pontevedra ficha a Miguel Cuesta, o pichichi do Marino de Luanco.

Viaxamos á Idade Media 27.01.2025

Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea da época altomedieval, na zona de Penedo Xudío. O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visig...

Resaca Emocional 27.01.2025

Carlos Crespo lévanos de ‘Resaca emocional’, co tema en primicia “Ondas sonoras de Xúpiter”. RSK é un colectivo conformado por artistas do mundo da música e das artes visuais, técnicos incluídos, no que a idea de comunidade é a chave do proxecto.

Directores orquestrais de visita. Markus Stenz e Elim Chan coa OSG e Chloé van der Soeterstède coa Real Filharmonía Video 27.01.2025

Pablo Sánchez Quinteiro repasa a visita a Galicia do director alemán Markus Stenz, que conduciu a Orquestra Sinfónica de Galicia en varios concertos, con obras de Schumann e Mahler, entre outras. Tamén avanzamos as actuacións da Real Filharmonía de Galicia dirixida pola francesa  Chloé van Soeterstède e da OSG conducida pola hongkonesa Elim Chan.

A crónica deportiva 27-01-2025 27.01.2025
O último número de Erregueté 24.01.2025

Xa está dispoñible o último número de Erregueté, a Revista Galega de Teatro. O seu director, Afonso Becerra, debúllanos o seu contido, no que encontramos entrevistas a Marta Pazos, Manuel Lourenzo ou María Vázquez, reportaxes sobre a maga Aldara ou o circo de Pinocho e información sobre a ópera que se produce en Galicia.

A vertente infantil de Bernardino Graña 24.01.2025

O compromiso do recentemente falecido Bernardino Graña coa divulgación do idioma galego levouno a escribir unha morea de obras para o público infantil. Eva Mejuto fai unha escolma para nós e comenta: "Lobísimo do saco", "Tragaxán e Tragandiño", "O quirico lambón" e "Rata Linda de Compostela"

A crónica deportiva 24-01-2025 24.01.2025

Borja Iglesias fala do seu contrato co Betis. Ata 2026. Quere quedar no Celta. Óscar Gilsánz fala da marcha de Lucas Pérez, de Yeremay, da lesión de Escudero e do regreso de Diego Gómez. No Racing fala o capitán Álex López. Lesión muscular de Dalisson no Pontevedra CF. Thomas Heurtel non viaxa a Madrid co Basquet Coruña por molestias.

"The Brutalist" 23.01.2025

Moncho Lemos comenta a estrea en salas de "The Brutalist", a película de Brady Corbet na que Adrien Brody interpreta un arquitecto húngaro que fuxe do holocausto e tenta gaña-la vida nos Estado Unidos. A cinta, que dura tres horas e media, aborda os puntos escurros do denominado "soño americano"

Novidades de xaneiro 23.01.2025

Tito Lesende preséntanos os novos discos de A Banda da Loba, "Lovismo"; de Maríagrep, "Is not a crime"; e de Hydn, "Peter Pan".

A crónica deportiva 23-01-2025 23.01.2025

O regreso de Iker Losada ao Celta, máis preto. O Depor recupera a Diego Gómez, cedido no CD Arenteiro. Presentación de Toni Seligrat no CD Lugo.

Historia das publicacións turísticas sobre Galicia 22.01.2025

Raquel Pico repasa as publicacións sobre viaxes nas que se fala de Galicia, dende as primeiras referencias no Códice Calixtino ata as máis modernas, pasando polos textos escritos no século XIX por Richard Ford ou George Borrow

Popeye xa é "dominio público" 22.01.2025

Pronto veremos nos cines a película "Popeye the slayerman". Os dereitos de explotación da popular personaxe xa expiraron e iso permite que calquera creador a utilice. Manel Craneo fálanos desta cuestión legal.

"O enxoval da noiva" 21.01.2025

"O enxoval da noiva", publicada en 1988, é unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes. Galaxia acaba de reeditar esta parábola sobre a fin dos tempos inspirada na voda de Lucrecia Borgia. Dolores Vilavedra fala dos novos significados que adquiriu a obra co paso dos anos.

"Melancholy Moon" 21.01.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición "Melancholy Moon", da compostelá Haya Blanco na galería Metro. A mostra explora novas formas de representar e conceptualizar a contorna natural e urbana a través da pintura cunha estética infantil e evocadora.

A crónica deportiva 21-01-2025 21.01.2025

Mbappé fala dos asubíos recibidos no Bernabéu, na Copa, co Celta: "Son normais". O Racing ficha ao extremo Naim García, de 22 anos, cedido polo Leganés, e ultima as negociación para fichar como adestrador a Alejandro Menéndez, ex do Celta B. O BM Porriño xogará os 4º da EHF European Cup co Ionias de Grecia.

Todo el largo verano 20.01.2025

O grupo ferrolá de pop Todo el largo verano presenta novo disco, unha colleita de cancións dos últimos anos reunidas co título "Cabos sueltos". Carlos fala co alma mater desta formación, Alberto Amigo.

Unnatural e Rottentown 20.01.2025

Falamos de duas bandas cun denominador común, a prenza dunha muller entre os seus compoñentes. Unha delas, Unnatural, xa está disolta. A súa baterista era a ourensá Sonia Albor. O outro grupo, Rottentown, segue dando guerra en Ferrol coa súa cantante Audrey Lutwidge.

A crónica deportiva 20-01-2025 20.01.2025

O Racing destitúe a Cristóbal Parralo. Analizámolo con Raúl Villares. O CD Lugo destitúe a Lolo Escobar. O peor Celta da temporada. Vitoria de mérito do Deportivo. O Pontevedra pensa xa no Numancia.

A crónica deportiva 17-01-2025 17.01.2025

A resaca da polémica eliminación copeira do Celta ante o Real Madrid. A última hora de Deportivo, Rácing de Ferrol e o resto de conxuntos galegos do fútbol da RFEF.

"Babygirl" 16.01.2025

Moncho lemos danos a súa opinión sobre "Babygirl", o thriller erótico de Halina Rejin que protagoniza Nicole Kidman e no que tamén intervén Antonio Banderas

Primicias 16.01.2025

Tito Lesende traenos en primicia "O mundo ao revés" que publican os muradáns Deleiba. Tamén escoitamos o novo ddos vigueses Sila Lúa, "Danzas de amor y veneno", e Pablo Lesuit, "Me equivoqué". Para rematar: "El cuarto dorado", de Cora Velasco.

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır