AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
A crónica deportiva 04-03-2025 04.03.2025 29:57
O Celta celebrará o entroido este sábado en Balaídos .O partido coa UD As Palmas, será o luns 31 de marzo ás 21:00h. No Rácing, Alejandro Menéndez ofrece argumentos para crer na recuperación na previa de recibir o Burgos. No Ensino Antonio Pernas fala do potencial interior do Guernika, que mañá visita o Pazo lugués
Cada da vez lemos menos na nosa lingua 03.03.2025 13:25
"Fan falta políticas públicas a prol do libro en galego. A Xunta ten que facer máis" Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego . Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros)
Verter GZ 03.03.2025 14:15
Carlos Crespo tráenos aos lugueses Verter GZ. Miguel e Fiz definen o seu traballo coma unha mistura de diferentes xéneros con música electrónica e letras de humor
'Cantos do mar', a banda sonora do traballo nos barcos 03.03.2025 18:21
Susana Rodríguez Barcia e Bosco García de Gárate son os autores de 'Cantos do mar', un libro que compila, traduce ao galego e contextualiza 60 cantigas mariñeiras de diferentes países atlánticos. A maioría son cantos de traballo e servían para optimizar o labor a bordo, pero neles tamén se fala de praceres, saudade e dereitos laborais. Un código QR permite acceder a unha lista de versión...
Absorbed e Barbarian Prophecies 03.03.2025 9:28
Death metal desde Santiago e Lugo Patty Castro pica música dos composteláns Absorbed, activos nos primeiros anos noventa. Tamén coñecemos os lugueses Barbarian Prophecies, que ademais de facer música colaboran en diferentes iniciativas para fortalecer a escena underground galega.
A crónica deportiva 03-03-2025 03.03.2025 30:00
Vitoria de sona do Deportivo no Carlos Tartiere. O Rácing recibe este mércores ao Burgos na derradeira posibilidade de enganchar coa permanencia. Iago Iglesias, adestrador do Pontevedra , doente coa arbitraxe
‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’ 28.02.2025 9:45
“A mostra articúlase en torno ao legado das nais”. O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a exposición ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’. Comisariada por Violeta Janeiro e Mariña Carrasco, reúne materiais gráficos, obxectos e documentación procedentes do arquivo e a hemeroteca da asociación das nais contra a droga, cadrando co seu 40 aniversario Complétase coa...
'Transeúnte' 28.02.2025 13:35
Afonso Becerra comenta ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez en colaboración co Centro Coreográfico Galego. Danza contemporánea que celebra a diversidade cultural, honra o pasado e abraza o futuro.
Chega aos cines a segunda película de Olga Osorio 28.02.2025 16:55
As viaxes no tempo volven ser protagonistas na segunda longametraxe de Olga Osorio. 'El secreto del orfebre' é unha historia de amor a destempo en tres períodos do século XX, con Mario Casas e Michele Jenner nos personaxes principais. Unha homenaxe ao cine que fai soñar que transita en paralelo á deconstrución da idea de amor romántico.
Patas de Peixe e Verme Editora 28.02.2025 9:30
Eva Mejuto propón hoxe dúas lecturas de editoras galegas de LIX creadas por mulleres. Patas de Peixe, proxecto editorial creado pola tradutora Laura Sáez, publica Cono can e Gato cono, dous álbums ilustrados das canadenses Sarah Howden e Carmen Mok. O título máis recente de Verme Editora, iniciativa de autoedición de Baia Fernández, é Caracol cara de col, que tamén incorpora un audiolibro.
A crónica deportiva 28-02-2025 28.02.2025 29:58
Última hora do Girona – Celta e do Huesca – Rácing. No Deportivo, Óscar Gilsanz ve competitivo o equipo de cara a Oviedo. Luisito quere a mellor versión de Manu Barreiro no Compos. No Breogán, Luís Casimiro encantado de ter a tódolos xogadores dispoñibles para o Palau.
Medea-mamá-monstro 27.02.2025 11:31
“É unha montaxe interactiva na que o público determina cal será o final da protagonista”. Medea–Mamá–Monstro chega ao ciclo Clásicas desfeitas na Cidade da Cultura. Nunha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show, Laura Porto e Helena Varela reúnen as pezas sobre Medea que deixaron Eurípides, a poeta Chantal Maillard e a novela de Christa Wolf para tratar de dilucidar quen...
‘A Complete Unknown’e ‘El secreto del orfebre’ 27.02.2025 13:31
Moncho Lemos comenta dúas estreas : * ‘A Complete Unknown’, de James Mangold, retrata os primeiros anos de Bob Dylan na música. *‘El secreto del orfebre’, de Olga Osorio, adaptación da novela homónima de Elia Barceló. Drama romántico.
Talía Teatro estrea 'Un deus salvaxe' 27.02.2025 29:51
Talía Teatro estrea unha das obras máis exitosas da dramaturga francesa Yasmina Reza. 'Un deus salvaxe' disecciona os valores e contradicións da sociedade contemporánea a través de dúas parellas reunidas despois dunha pelexa dos seus fillos na escola. Cee acolle o 28 de febreiro a estrea da montaxe, que percorrerá no mes de marzo teatros de Bertamiráns, Carballo, Vimianzo, A Coruña, Sant...
Gala i Ovidio e Boyanka Kostova 27.02.2025 13:58
Escoitamos o segundo single do proxecto de Aida Tarrío e Raül Refree, Gala i Ovidio e a última canción de Boyanka Kostova. Avanzamos tamén concertos de Hugo Guezeta.
A crónica deportiva 27-02-2025 27.02.2025 29:58
Balaídos acollerá a selección española de fútbol feminino o 8 de Abril. Liga das nacións con Portugal. Alejandro Menéndez na previa do Huesca - Racing, con Raúl Villares. O malagueño Álex Ortiz regeresa ao Lugo B Polvorín. Thomas Heurtel no Basquet Coruña e Jordan Sako no Breogán, destacados do mes de febreiro.
Favoritas aos María Casares 26.02.2025 13:33
“Exploramos os límites actorais e narrativos” Ánxeles Cuña, directora de “O dragón de ouro” (Sarabela Teatro), favorita para a edición deste ano dos Premios María Casares, con 14 nominacións. E con 12, ‘Iribarne’ (Butacazero), de Esther Carrodeguas “Estamos moi contentos, está a ter moi boa acollida”.
As filloas sonche o máis! 26.02.2025 14:05
Raquel C. Pico pescuda nas orixes das filloas. Sabiades que hai séculos foron moeda de cambio? E que ata chegou aos tribunais un intento de asasinato con filloas envelenadas?
'Delincuente' 26.02.2025 11:39
Nuria Vil preséntanos 'Delincuente', unha curtametraxe de ficción a partir dun poema inspirado por Xela Arias e por 'La Maradona', a líder dunha banda xuvenil no Vigo dos oitenta. 'Delincuente', dirixida por Alba Domínguez, proxéctase o 26 de febreiro nos Multicines Norte de Vigo e o 29 de marzo na Coruña, na Filmoteca de Galicia.
Voces da BD: Neves Rodríguez 26.02.2025 13:46
Neves Rodríguez é comunicadora, actriz, autora do poemario 'Cuspindo miserias' e unha gran lectora de BD. Manel Cráneo convídaa a contarnos como empezou a ler cómics, a facer recomendacións e a explicar a súa experiencia no podcast sobre BD 'Metrópoles delirantes'.
A crónica deportiva 26-02-2025 26.02.2025 29:58
O Celta multado pola caída de obxectos na portería do Osasuna. O defensa central Pablo Vázquez repasa a actualidade do Deportivo. Luisito, novo adestrador da SD Compostela: "Xa podo morrer feliz, cumpro co soño da miña vida". Renovará se acada o obxectivo da permanencia. O Obradoiro presenta ó base Lucas Faggiano. Con Paco Santos.
Montedapena 25.02.2025 17:38
“É unha viaxe pola música pop” Montedapena, o proxecto en solitario do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta cun disco homónimo (Ernie Records) que promete non deixar indiferente a ninguén, con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar
‘Domingo e outras historias’ 25.02.2025 10:26
Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, quince relatos publicados entre 1934 e 1940 en revistas e anos despois reunidos nun libro que agora nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.
De Ninghures lévannos á 'Feira' 25.02.2025 20:06
Feira' é o segundo disco de De Ninghures e representa unha evolución moi significativa no son do grupo, baixo a produción de Juan de Dios. O novo traballo preséntase ao vivo na sala Capitol de Santiago o xoves 13 de marzo, con convidados do ámbito tradi e das músicas urbanas.
Compostela, vista por Lara Pintos 25.02.2025 6:59
A artista coruñesa expón as súas pinturas sobre Santiago na galería Dupla Monica Maneiro comenta a mostra 'Lo que cabe en una almendra', na que a artista coruñesa Lara Pintos ofrece unha mirada poética e íntima sobre Santiago. Pinturas que retratan rúas icónicas de Compostela fuxindo do monumental e tamén espazos interiores que reflicten a atmosfera da cidade.
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır