AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal

Yazar

AGalegaAudio

Kategori

Sports

Podcast web sitesi

agalegaaudio.gal

Son bölüm

1 Eki 2026

Nereden dinlenir?

Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakında

Podcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol

Google Play'den indir Ücretsiz yükle Android 5 Mn+ indirme · 4,8 puan iOS yakında

Bölümler

Voces da BD: Carlos Ares 26.03.2025

O guionista coruñés Carlos Ares abre para nós a súa comicteca Como cada último mércores de mes, Manel Cráneo convida un lector de cómic para que comparta a súa historia lectora, favoritos e recomendacións. Neste caso, é o guionista coruñés Carlos Ares quen se somete ao noso 'Test da BD'. 

A crónica deportiva 26-03-2025 26.03.2025

Día grande para o Uni Ferrol. Comeza a final da Euro Cup. No Celta, 0 director deportivo, Marco Garcés di que"en Europa, eu contaría cos mesmos xogadores". No Dépor, Petxarromán protagonista. Xogará na Malata. No Rácing, o porteiro Yoel, como celtista, dobremente motivado.

'Ata que a morte nos separe' 25.03.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego. Unha homenaxe a Agatha Christie que recupera a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos na ruta marítima do Camiño de Santiago.

'Cantareiras' 25.03.2025

“É unha homenaxe á nosa oralidade” ‘Cantareiras’, de Icía Varela e seu pai, Xosé Manuel Varela. Un percorrido polo legado da música e a poesía popular e a tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda con As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás.

Michu da Rocha debutan con 'Tempos de entroidar' 25.03.2025

Michu Malvar era batería de grupos de rock ata que decidiu dar un paso adiante e cantar as súas propias cancións. Así nace o grupo Michu da Rocha, que acaba de publicar  o seu primeiro disco, 'Tempos de Entroidar'. Once cancións que navegan entre o funk, o blues e o pop, e que miran con ironía a vida cotiá.

'Espazo e tempo A escultura na Colección Abanca' 25.03.2025

Mónica Maneiro comenta a exposición 'Espazo e tempo', que explora a relación entre escultura, pintura e arquitectura a través de pezas da colección Abanca.  Na mostra hai obras de Manolo Paz, Isidoro Brocos, Chillida, Oteiza ou Antoni Tàpies, entre outros. Pode visitarse na sede de Afundación na Coruña ata o 30 de agosto. 

A crónica deportiva 25-03-2025 25.03.2025

Abel Caballero reclama transparencia na Federación Española. Alfon: "Os equipos de Claudio dan máis rendemento na segunda volta" Esgotados os billetes para o derbi da Malata. O Uni Ferrol tenta dominar os nervios na previa da final da Euro Cup.

Víctor Freixanes 24.03.2025

“A lingua galega é moito máis que un ben cultural e un sinal identitario...é un valor económico diferenciador nun mundo globalizado” Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos.

Eris Mackenzie 3 24.03.2025

Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie, un artista e produtor de indie-pop electrónico/urbano

As novas preguntas do forno de Castromao 24.03.2025

Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa. No documental, realizado pola produtora Illa Bufarda, participan Pepa Castiñ...

Estrea de Fernando Buide 24.03.2025

Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galegas ofrecen esta semana. No concerto de abono da Sinfónica de Galicia estrearase 'Cántico', unha obra do compositor galego Fernando Buide. Nas actuacións da Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Ferrol estrearase unha composición da vasca Helga Arias e Sara Ferrández será viola solista. O noso colaborador comen...

A crónica deportiva 24-03-2025 24.03.2025

Abel Caballero pídelle explicacións á Federación Española de Fútbol despios de que saber que Vigo ería sede do Mundial na primeira baremación técnica. No Dépor, lesión de Ximo Navarro. Fractura vertebral, dúas apófeses transversas lumbares que teñen comoa resultado cando menos seis emanas de repouso deportivo. O Pontevedra CF e a UD Ourense aumentan a 7 puntos a vantaxe para o ascenso.

Alguén que respira! 21.03.2025

“A poesía permanece porque dá testemuño” Co gallo do Día da Poesía desenvólvese en Compostela ‘ Alguén que respira! , este ano centrado nos horizontes da poesía e da vida. Un dos recitais máis singulares é o que ofrecerán esta tarde varios dos Neos, entre eles Berta Dávila,  a partir das oito no Teatro Principal. Falamos con ela e mais co director do festival, Antón Lopo.

'Helen Keller, a muller marabilla? 21.03.2025

Afonso Becerra comenta a obra ‘Helen Keller, a muller marabilla?’de Chévere, un traballo que cuestiona a incomunicación entre persoas oíntes e non oíntes e por iso integra na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.

'Salvaxe salvaxe' chega aos cines 21.03.2025

“O lobo é un elemento polarizador” 'Salvaxe salvaxe' , un 'anti-documental de natureza' de Emilio Fonseca, indaga nos límites entre o doméstico e o silvestre. A película mergúllanos sensorialmente nos montes de Galicia e do norte de Portugal nos que sobreviven algunhas mandas de lobos e convídanos a reconectar con outras criaturas.

Libros e películas 21.03.2025

Eva Mejuto propón hoxe unha lectura cinematográfica: ‘A excursión a Cans. Unha veciña de película’, de Iria Misa, e mais un debut literario serodio, Charlotte, de Consuelo Vercher. 

A crónica deportiva 21-03-2025 21.03.2025

Adrian Ben clasificouse para a final dos 1.500 no Mundial de China . O Dépor busca achegarse á salvación a costa do pechacancelas. O Rácing busca un triunfo tras sete partidos sen gañar. O Balonmán Porriño quere facer historia mañá nas semifinais da Eurocup

Cen anos da Polifónica de Pontevedra 20.03.2025

“Foi a primeira coral galega que incluíu mulleres” A exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, pode visitarse ata o 20 de abril no museo da cidade. A mostra inclúe reproducións das escenografías realizadas por Castelao e está comisariada polo presidente da Polifónica, Carlos Valle. Conversamos con el e mais coa directora da agrupación, Na...

"Salvaxe, salvaxe" e "Los aitas" 20.03.2025

Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: * “Salvaxe, salvaxe”, un ensaio de Emilio Fonseca rodado entre Galicia e Portugal que explora a relación entre o lobo ibérico, a natureza e as persoas. * “Los aitas”, unha comedia de  Borja Cobeaga que transcorre no Bilbao de finais dos 80’s e revisa o papel dos pais daqueles anos.

'De rota raposa' 20.03.2025

Celebración do Día da Poesía 2025: De rota raposa. Poesía escénica con Silvia Penas e Samuel Merino Ás 19:30 no Centro Cultural Municipal do Porriño.

Hibernarse con Fillas de Casandra 20.03.2025

Tito Lesende pica a nova canción de 'Fillas de Cassandra', 'Hibernarse', primeiro tema do EP que irán publicando nas próximas semanas, no que se revolven contra a velocidade imposta polo sistema, tamén na creación. Escoitamos tamén a Ortiga, que presenta en directa a súa 'Obra social' o 27 de marzo na sala Capitol de Santiago, e a Monoulious Dop, que continúan co seu...

A crónica deportiva 20-03-2025 20.03.2025

O Numancia demanda perante o Comité de Competición aliñación indebida do Pontevedra CF pola entrada de Yelko Pino no céspede cando estaba no banco de suplentes. Analizamos o Celta Fortuna 1 - CD Lugo 2 e o Compostela 0 - Fabril 3. Escoitamos a Epi, Casimiro e Moncho López nas previas do baloncesto galego. 

'Poscoito' 19.03.2025

“Trata sen tabús un tema universal” Xa está en AGalega.gal  ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións.

A Xeración Doente 19.03.2025

Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’, integrada por Jenaro Carrero, Ovidio Murguía, Ramón Parada e Xaquín Vaamonde. Catro pintores galegos que morreron de tuberculose cando rondaban os 30 anos arredor de 1900.

'Virxilio inédito', no centenario do seu nacemento 19.03.2025

Conversamos con Gabriela Fernández, comisaria da exposición 'Virxilio inédito (1925-2025)' e filla do pintor ourensán, finado en 2011. Coincidindo co centenario do nacemento de Virxilio, un dos integrantes do grupo de artistas plásticos que Vicente Risco bautizou nos anos 60 como 'Os artistiñas', a mostra recupera un cento de obras non expostas anteriormente, de óleos en acríli...

Todos os podcast | A crónica deportiva podcast'ini Replaio'da dinle

Radyo ve podcast'ler tek uygulamada - ücretsiz, kayıt gerektirmez. Bugün yükle ve lansmanı kaçırma

Google Play'den indir

Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır