AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Podcast'in sitesini ziyaret etmeyi ve yapımcısını desteklemeyi unutma: agalegaaudio.gal
Nereden dinlenir?
Uygulamada podcast'ler Replaio Radio Çok yakındaPodcast'ler çok yakında uygulamaya geliyor. Şimdi yükle ve podcast'lere yepyeni bir bakışı ilk gören sen ol
Bölümler
'Misión imposible' e 'Antes de Nós' 22.05.2025 8:23
Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: Misión imposible. Sentenza final, de Christopher McQuarrie e con Tom Cruise como protagonista absoluto. Antes de Nós, de Ángeles Huerta, sobre o Castelao máis íntimo
De Carlos Ares a Restinga 22.05.2025 15:37
Tito Lesende pica temas de Carlos Ares, Chungo Pastel, Christian Silva e Restinga
A crónica deportiva 22-05-2025 22.05.2025 29:58
Falamos con Víctor López do colexiado do Xetafe - Celta e da última hora do equipo vigués. No Deportivo, protagonismo para a canteira nas últimas semanas. Fala Adrián Guerrero. O CD Lugo afronta a última xornada da 1ªRFEF coa permanencia en xogo. E sen depender de nonguén. O central Juan Rodríguez sabe o que é xogar no campo do Amorebieta. Diego Epifanio dí que está disposto a continuar no Basquet...
'Future stories' 21.05.2025 17:58
“Sentímonos afortunados de participar nesta residencia artística”, “Aprendemos moitísimo de fotografía de moda” A Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) ten aberta a exposición colectiva ‘Future Stories’, con obras de catro creadores galegos emerxentes recén chegados de Milan: Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos. Con estes últimos conversamos.
O café 21.05.2025 9:08
Raquel C. Pico cóntanos curiosidades do café e a súa historia. Sabiades que as primeiras cafetarías galegas datan de comezos do século XX?
Estréase 'Antes de Nós' 21.05.2025 17:26
“Nesta película coñecemos ao matrimonio Castelao, a súa vertente humana e persoal”. O Castelao máis íntimo chega aos cines. Estréase ‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, con Xoán Fórneas no papel protagonista e Cris Iglesias como a súa dona Virxinia.
A crónica deportiva 21-05-2025 21.05.2025 30:59
Juancar Navacerrada, do xornal Marca en Madrid, fálanos do Xetafe, e de como chega á cita co Celta...salvado e coa baixa importante de Luís Milla. No Dépor, o xuvenil xogará o xoves 29 a semifinal da Copa de campións co Betis. A outra "semi" será Real Madrid – Valencia e a final o domingo 1 no estadio do Toralín en Ponferrada. O defensa central Naldo pide despulpas polo descenso do Rácin...
‘Galicia Design Week’ 20.05.2025 16:49
O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano. Está codirixido por Álex Rico, con quen falamos da manchea de actividades que programan, todas de balde. Tamén conversamos con Daniela Arias, coordinadora, que vai moderar a USUAL SUMMIT este xoves
'Os seráns en Vilancosta' 20.05.2025 9:37
Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso. Unha homenaxe dramatúrxica a Avelina Valladares, pioneira da literatura galega e unha das primeiras mulleres en publicar artigos de opinión na prensa do século XIX
'Sophie non é o meu nome de guerra' 20.05.2025 18:56
“É unha oportunidade de tomarmos conciencia das políticas de fronteira” Redrum estrea este venres na Coruña 'Sophie non é o meu nome de guerra', un espectáculo teatral a partir do texto homónimo de Roberto Pascual, que narra a viaxe obrigada da protagonista dende o seu Camerún natal ata Galicia, unha vida atravesada polas políticas migratorias, o racismo e a escravitude sexual. A peza, d...
'Mulleres, traballo, memoria' 20.05.2025 8:51
Mónica Maneiro comenta 'Mulleres, traballo, memoria', a mostra de Mar Caldas no CGAC, que remata esta semana
A crónica deportiva 20-05-2025 20.05.2025 28:58
No Celta, tolemia por ir a Xetafe. Máis de dous mil seareiros estarán no Coliseum. Falamos co presidente de Tapa Celeste, Berto Osorio. No Deportivo comezan os intereses por Yeremay ,
'Fillos do vento: A rapa" 19.05.2025 12:14
“Queriamos que o público sinta que está aí” ‘Fillos do vento: A rapa’, de Brais Revaldería, sitúa o espectador dentro da rapa das bestas de Sabucedo, grazas a unha proxección 270°. Estes días exhíbese no Festival de Cannes na sección “Competición Inmersiva”.
XMaseda65 19.05.2025 13:22
Carlos Crespo tráenos o primeiro disco profesional do viveirense Xosé Maseda Calvo (XMaseda65): ‘ Pontes’
22ª edición do Festival de Cans 19.05.2025 16:31
“Queremos manter a escala humana por riba de todo”."En Cans vaise vendo ano a ano a construción dos cineastas" Alfonso Pato, director do festival de Cans, debulla connosco a programación da súa 22ª edición, que principia mañá.
Música clásica en Lugo, Ferrol e Santiago 19.05.2025 10:29
Pablo Sánchez Quinteiro trae hoxe no repertorio o Festival de Música Cidade de Lugo, a programación da Sociedade Filharmónica Ferrolá e o peche de temporada da Real Filharmonía de Galicia. Con obras de Barbara Strozzi, Shostakovich e Beethoven.
A crónica deportiva 19-05-2025 19.05.2025 30:00
No Celta, repasamos sensacións trala derrota co Raio e a final por Europa do sábado ás 21:00h en Xetafe. Augusto César Lendoiro fala con Javi Torres no 25 aniversario do título de Liga. Polémica en Ferrol con Chiki Borrego, autor do gol co Cádiz.
As cantareiras como motor da pervivencia da lingua 18.05.2025 19:57
O día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras ten moito traballo detrás. O das asociacións que moven a tradición e por toda Galicia
O presidente da RAG convida a celebrar as Letras Galegas en comunidade, "a través da música, cunha pandeireta na man, cantando..." 17.05.2025 6:36
Series documentais como "Se canto é porque quero", proxectos como "Primavera das letras", e distintos contidos divulgativos, súmanse ao acto central, un pleno extraordinario da RAG, hoxe, en Malpica de Bergantiños.
Xosé Manuel Varela presenta "Pandeireteiras" 17.05.2025 8:58
"Pandereiteiras" é unha obra de Xosé Manuel Varela e da súa filla Icía Varela, ilustrada por Nerea Gómez. Durante a entrevista , o filólogo e escritor destacou que "Bergantiños é un verxel", na tradición oral galega. Unha tradición recollida noutro libro seu "Cantareiras", un percorrido, en catro etapas, pola herdanza e pegada da música e poesía popular.
Bergantiños, berce de pandeireteiras e regueifeiras. 17.05.2025 10:40
Destaca a "Ruada nun mar de letras" que se celebra esta tarde no Campo da festa da localidade, coa actuacións de Carcaxía, Malante, Do Revés e Caamaño & Ameixeiras.
O legado das pandeireteiras de Mens 17.05.2025 12:38
Óscar Perez, Leo Cousillas e Candela Lema explican que o principal obxectivo deste post é "recoller o legado das pandereiteiras de Mens e darlle continuidade"; a vez que é unha homenaxe a todas as cantareiras, e ás asociacións culturais que retomaron e proseguiron ese camiño.
Polas cantareiras pasadas, presentes e futuras 17.05.2025 18:51
Ángel Suances achégase ás figuras que personifican, nestas Letras Galegas 2025, a poesía popular oral. E faino falando coas asociacións culturais Raigañas e Malante (herdeiras das pandeireteiras de Mens , Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda), presentes no acto institucional da Xunta. E tamén co gupo "Xunqueira", das Encrobas e coa cantareira Rosa Balbina Barbeit...
Benzer podcast'ler
Replaio bir podcast yayıncısı değildir; program adları, kapak görselleri ve ses içerikleri yazarlarına aittir ve herkese açık RSS beslemeleri aracılığıyla dağıtılır